., Apuntes de Lengua y Literatura Gallega. Universidade de Santiago de Compostela (USC)
cousa-2
cousa-2

., Apuntes de Lengua y Literatura Gallega. Universidade de Santiago de Compostela (USC)

26 páginas
10Número de visitas
Descripción
Asignatura: lingua galega 1, Profesor: Rosario Álvarez Blanco, Carrera: Lengua y Literatura Gallega, Universidad: USC
20 Puntos
Puntos necesarios para descargar
este documento
Descarga el documento
Vista previa3 páginas / 26
Esta solo es una vista previa
3 páginas mostradas de 26 páginas totales
Descarga el documento
Esta solo es una vista previa
3 páginas mostradas de 26 páginas totales
Descarga el documento
Esta solo es una vista previa
3 páginas mostradas de 26 páginas totales
Descarga el documento
Esta solo es una vista previa
3 páginas mostradas de 26 páginas totales
Descarga el documento
Microsoft Word - NORMAS XERAIS PARA A PRESENTACIÓN DE TRABALLOS ACADÉMICOS.doc

NORMAS XERAIS PARA A PRESENTACIÓN

DE TRABALLOS ACADÉMICOS NO

GRAO EN LINGUA E LITERATURA GALEGAS

María Álvarez de la Granja Dpto. de Filoloxía Galega

Facultade de Filoloxía

USC

1

ÍNDICE

1 Introdución ........................................................................................................... 2 2 Cuestións xerais .................................................................................................... 3

2.1 Portada ........................................................................................................... 3 2.2 Paxinación e índice ........................................................................................ 3

3 Os signos de puntuación ....................................................................................... 2 3.1 Disposición ..................................................................................................... 4 3.2 Combinación de signos ................................................................................... 4 3.3 Raias, guións e o signo menos ........................................................................ 7 3.4 Outras observacións sobre o emprego de signos de puntuación ................... 8

4 A letra. Tipo, tamaño e estilos .............................................................................. 9 4.1 Tipo e tamaño ................................................................................................. 9 4.2 Uso dos diferentes estilos de letra .................................................................. 9 4.3 Emprego de diferentes tipos, tamaños e formatos para estruturar o texto. Os

títulos das epígrafes ....................................................................................... 11 5 Os parágrafos ...................................................................................................... 11

5.1 Marcación dos parágrafos ........................................................................... 11 5.2 Parágrafo francés ......................................................................................... 13 5.3 Aliñación ....................................................................................................... 13 5.4 Interliñado .................................................................................................... 14 5.5 Liñas soltas ................................................................................................... 14

6 As citas ................................................................................................................. 14 6.1 Citas directas e indirectas ............................................................................ 15 6.2 A referencia abreviada das citas .................................................................. 16

7 A presentación da bibliografía ........................................................................... 18 7.1 Ordenación e disposición das referencias bibliográficas ............................ 19 7.2 Elaboración das referencias bibliográficas ................................................. 19

7.2.1 Libros .................................................................................................. 19 7.2.2 Capítulos de libro ou artigos en actas de congresos ............................ 20 7.2.3 Artigos en revistas ............................................................................... 20 7.2.4 Traballos na rede ................................................................................. 21 7.2.5 Varios autores dunha mesma obra ...................................................... 21 7.2.6 Varias obras dun mesmo autor ............................................................ 21 7.2.7 Varias edicións dunha mesma obra ..................................................... 22 7.2.8 Siglas e abreviaturas ............................................................................ 22 7.2.9 Tipos de obras ..................................................................................... 23 7.2.10 Outras cuestións .................................................................................. 23

8 Observacións finais ............................................................................................. 25

2

NORMAS XERAIS SOBRE A PRESENTACIÓN DE TRABALLOS

ACADÉMICOS

1. Introdución

Aínda que a información que porta un traballo académico é, sen dúbida ningunha, o seu

compoñente fundamental, non é menos certo que a maneira como se presentan os

contidos é determinante á hora de enfrontarse á súa lectura e por suposto, no seu caso, á

hora de avalialo. O concepto de “presentación” ao que acabamos de aludir (entendido

nun sentido xenérico) pode desdobrarse en varios aspectos que deben ser tidos en conta

no proceso de elaboración dun traballo académico:

— Estruturación da información

— Redacción

— Ortografía

— Estilo

No que atangue á estruturación da información, cada traballo, por suposto, é diferente e

cada un deles pode ter unha estrutura distinta, pero en xeral, é recomendable que todos

os traballos de certa extensión nos que se expón unha reflexión sobre un tema presenten

unha introdución e unhas conclusións (ou un final, cabo ou remate). Na introdución

debe indicarse, cando menos, cal é o obxectivo do estudo (tamén se poden explicar

conceptos necesarios para entender a exposición que vén a continuación, o marco no

que se sitúa o traballo, o sistema que se seguiu para elaboralo, de onde se extraeron os

datos analizados [corpus]...). As conclusións (cabo ou remate) deben dedicarse, ben a

presentar información nova, non mencionada na exposición anterior, pero extraíble da

análise previa, ou ben a ofrecer un resumo do que se sinalou antes, os datos máis

importantes.

En calquera caso, debe procurarse que a información apareza de maneira organizada.

Antes de empezar a escribir, cómpre pensar como se van ordenar os contidos e que tipo

de información debe ir en cada lugar.

3

Con respecto á redacción, parece evidente que unha redacción sinxela, sen repeticións,

cunha sintaxe adecuada e cun emprego axeitado dos conectores e dos signos de

puntuación facilita considerablemente o traballo do lector. O autor debe procurar que o

lector non teña que "interpretar" o texto e, neste sentido, debe ofrecerlle todos os

elementos precisos para a comprensión inequívoca do mesmo. Por outra banda, o

respecto ás convencións ortográficas contribúe a esa lectura sen obstáculos e carente de

ambigüidade que todo autor debe ter en mente.

Pero este texto non vai abordar esencialmente as cuestións de redacción, ortografía e

estruturación, nas que, supoñemos, xa se ten insistido abondo ao longo da vida

académica (e nas que, de todos modos, terás que seguir traballando). Deterémonos no

outro aspecto ao que se aludiu arriba, o estilo.

Con estilo facemos referencia a diversas cuestións que afectan á presentación formal do

traballo: emprego de distintos tipos e tamaños de letras, disposición dos signos de

puntuación, presentación da bibliografía, cita doutros traballos... Para todas estas

cuestións séguense unha serie de convencións que se deben ter en conta á hora de

elaborar un traballo.

2 Cuestións xerais

2.1 Portada

O traballo debe ir introducido por unha portada, que non debe ir nunca paxinada. Nesta

debe constar cando menos o título do traballo e o nome do seu autor, aínda que tamén é

recomendable incluír o curso académico e o nome da materia. Cómpre ter moito tino

coa inclusión doutros elementos de carácter meramente ornamental.

2.2 Paxinación e índice

O traballo debe ir paxinado, pero, tal e como se acaba de indicar, a portada non debe

levar nunca número de páxina. Se o traballo ten certa extensión e complexidade, debe

incorportar un índice (que pode aparecer ao principio ou ao final). O índice non debe

4

incluír só os títulos das distintas epígrafes, senón tamén as páxinas en que comeza cada

unha delas.

3 Os signos de puntuación

3.1 Disposición

 Os signos simples (coma, punto...) colócanse sempre pegados á palabra

inmediatamente anterior, sen espazo anterior e cun espazo posterior.

Efectivamente, tes razón. Cometín un erro.

NON

Efectivamente,tes razón.Cometín un erro

Efectivamente ,tes razón .Cometín un erro.

Efectivamente , tes razón . Cometín un erro

 Os signos dobres (parénteses, comiñas...) colócanse como no seguinte exemplo:

Os demostrativos (este, ese, aquel) non levan acento.

Non debes deixar espazo despois do signo de apertura nin antes do de peche.

NON

Os demostrativos ( este, ese, aquel ) non levan acento.

3.2 Combinación de signos

 Despois dos puntos suspensivos nunca se coloca punto:

Había tulipáns, caraveis, rosas... Era un xardín precioso.

NON

Había tulipáns, caraveis, rosas.... Era un xardín precioso.

5

 O mesmo sucede despois dos signos de admiración e interrogación:

Que ben o pasei! Volverei axiña.

NON

Que ben o pasei!. Volvereri axiña.

Que tal o pasaches? Foi divertido?

NON

Que tal o pasaches?. Foi divertido?

 Tampouco se coloca un segundo punto despois do punto que marca unha

abreviatura:

Irei con Vde. Eu coñezo o lugar.

NON

Irei con Vde.. Eu coñezo o lugar.

 As parénteses serven para introducir unha aclaración, de modo que é redundante

situar entre comas o que xa figura entre parénteses:

Os demostrativos (este, ese, aquel) non levan acento.

NON

Os demostrativos, (este, ese, aquel) non levan acento.

Os demostrativos, (este, ese, aquel), non levan acento.

Debes procurar evitar incluír parénteses dentro de parénteses xa existentes. Se é preciso

facer unha aclaración dentro doutra, pódense combinar parénteses e corchetes ou

parénteses e guións longos:

6

Os demostrativos (este [esta...], ese [esa...], aquel [aquela...]) non levan acento.

O lugar estaba cheo de flores (tulipáns, caraveis, rosas —de varios tipos—,

dalias, camelias...).

 Os puntos suspensivos nunca van precedidos de coma:

Había tulipáns, caraveis, rosas..., todo estaba precioso.

NON

Había tulipáns, caraveis, rosas,..., todo estaba precioso.

 Na nosa tradición os signos de puntuación colócanse despois das comiñas de peche,

non antes:

Afirmou que “as cousas estaban mudando”.

MELLOR CA

Afirmou que “as cousas estaban mudando.”

Da mesma maneira, os signos de puntuación colócanse habitualmente despois das

referencias ás notas a pé, non antes.

Deste xeito, parece plausible tanto a comparación como a extrapolación dos

datos encontrados nos textos literarios á lingua e cultura medievais1.

MELLOR CA

Deste xeito, parece plausible tanto a comparación como a extrapolación dos

datos encontrados nos textos literarios á lingua e cultura medievais.1

Sexa como for, tanto no caso das comiñas como das referencias ás notas a pé, cómpre

ser coherentes e optar por unha ou outra opción e aplicala sistematicamente en todo o

texto. Por outro lado, non debes deixar espazo nin antes nin despois das referencias

numéricas.

7

NON

Deste xeito, parece plausible tanto a comparación como a extrapolación dos

datos encontrados nos textos literarios á lingua e cultura medievais 1.

Deste xeito, parece plausible tanto a comparación como a extrapolación dos

datos encontrados nos textos literarios á lingua e cultura medievais1 .

3.3 Raias, guións e o signo menos

Cómpre distinguir entre raias ou guións longos,guións a secas e o signo menos.

 Os guións empréganse sen espazo anterior e posterior. Úsanse nos seguintes casos:

 Na segunda forma do artigo: déille-los libros.

 En certas palabras compostas e prefixadas: épico-lírico, ex-marido.

 Para separar prefixos ou siglas de números: sub-21, AP-9.

 Para separar cifras: pp. 25-36, 1900-1956.

 Na división dunha palabra en final de liña (lembra a este respecto que <nh> é un

dígrafo —como <ch> ou <ll>— e que non se pode dividir):

ca-sa

dalgu-nha

NON

dalgun-ha

De todos modos, nun traballo académico, non é preciso presentar as palabras

con división en final de liña dada a xustificación automática.

 As raias ou guións longos (Control Alt e Guión do teclado numérico ou Control

Guión do teclado numérico dúas veces seguidas) empréganse nos seguintes casos:

 Nos diálogos de textos narrativos, para indicar inicio de diálogo:

—Pepiño, como che vai?

8

 Para incluír un inciso (mesma función ca as parénteses):

As unidades fraseolóxicas —expresións fixas para algúns autores— son

elementos do lexicón das linguas...

É frecuente que tales incisos aparezan en diálogos, para introducir unha frase na

que haxa un verbo declarativo:

—Entre, por favor —dixo Paco—, ¿como lle vai?

 Nunha relación, para introducir cada un dos elementos. Neste caso, fronte aos

restantes usos, é habitual deixar un espazo en branco despois da raia. Ademais

da raia, pode empregarse outro tipo de viñetas, como se observa embaixo:

Hoxe teño que comprar isto:

— Carne

— Pasta

— Fariña

Hoxe teño que comprar isto:

 Carne

 Pasta

 Fariña

 Fronte á raia e ao guión existe o signo menos, que se activa no teclado numérico, e

que se emprega para indicar subtracción.

 Aquí podes comparar o tamaño dos tres signos indicados:

Guión longo ou raia:

Signo menos: –

Guión: -

3.4 Outras observacións sobre o emprego de signos de puntuación

 En galego, a forma etcétera (ou etc.) non vai precedida de coma:

Había tulipáns, caraveis, rosas etc., todo estaba precioso.

9

NON

Había tulipáns, caraveis, rosas, etc., todo estaba precioso.

 Para presentar significados debes empregar comiñas simples:

A palabra can, na súa acepción de 'mamífero cánido macho', empregouse 15 veces

no texto.

 Os títulos das epígrafes non deben ir seguidos nin de punto nin de dous puntos:

1. Introdución

NON

1. Introdución.

1. Introdución:

4 A letra. Tipo, tamaño e estilos

4.1 Tipo e tamaño

Existen diferentes tipos de letra apropiados para un traballo académico (aínda que non

todos son axeitados). Unha suxestión é a clásica Times New Roman, tamaño 12.

4.2 Uso dos diferentes estilos de letra

 Con respecto aos diferentes formatos que se poden aplicar, cando fagas un uso

metalingüístico dunha palabra (isto é, cando uses unha palabra para facer unha

reflexión de tipo lingüístico sobre ela) debes destacar a dita palabra mediante o emprego

de cursiva (e non letra grosa, maiúsculas ou outro formato). Así, por exemplo:

A palabra neno é un substantivo.

NON

A palabra nenoé un substantivo.

10

 Podes empregar a letra grosa cando queiras destacar unha parte dentro da palabra

xa destacada:

Imos analizar o sufixo –eiro que aparece en palabras como azucreiro,

pexegueiro ou lameiro.

 Tamén debes usar cursiva para destacar usos pouco habituais, para latinismos e

estranxeirismos, para alcumes, nomes de cousas ou de animais, títulos, nomes

científicos...:

A miña nena pediume un ioiu, como di ela.

A reunión adiouse sine die.

Traballa full time.

Creo que irán a Cangas no Virxe da Barca.

A miña cadela Lela tivo catro cadeliños.

Xosé Ramón Fernández Oxea, Ben-Cho-Shey,foi un importante galeguista.

Os meus avós ven Luar todos os venres.

Canis lupus (lobo)

 Non combines cursiva e comiñas para destacar unha soa palabra:

NON

A miña cadela “Lela” tivo catro cadeliños.

 É bastante habitual o emprego da letra versaleta, ou ben de maiúsculas, para

presentar as etimoloxías:

A palabra galega coidar vén do latín COGITARE.

A palabra galega coidar vén do latín COGITARE.

 Como indicamos no punto anterior, para presentar significados debes empregar

letra redonda e comiñas simples:

11

A palabra can, na súa acepción de 'mamífero cánido macho', empregouse 15

veces no texto.

4.3 Emprego de diferentes tipos, tamaños e formatos para estruturar o texto. Os títulos

das epígrafes

É frecuente combinar tipos, tamaños e estilos de letra distintos para destacar os

diferentes niveis nos que se organiza un traballo. Aquí tendes un exemplo extraído de

M. Bermúdez: (Breve) manual de estilo universitario

(http://www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/fundamentos/estilo.html), [06/09/2013].

Evidentemente, existen outras moitas posibilidades, pero o que si debes ter en conta é

que os títulos de cada sección deben estar suficientemente destacados e que en todo

momento o lector debe ter claro como se organiza xerarquicamente o texto. Para a

inclusión de títulos é moi útil empregar os formatos que se proporcionan nos

procesadores de texto: iso permitirá xerarquizalos de xeito uniforme e mesmo facer

índices automaticamente. Por outro lado, os títulos nunca deben quedar soltos ó final da

páxina (vid. a este respecto o punto 5.5) e, como xa indicamos, non deben levar punto

final nin dous puntos.

12

5 Os parágrafos

5.1 Marcación dos parágrafos

É preciso marcar con claridade onde empeza e onde remata cada un dos parágrafos que

conforman un texto. Para iso existen dúas posibilidades.

A primeira é o emprego de sangría na primeira liña. Temos así o que se denomina

parágrafo corrente:

Parágrafo corrente

A análise formal das locucións verbais céntrase esencialmente na súa estrutura

sintáctico-funcional e na determinación. En relación ó primeiro aspecto, preséntanse os

distintos esquemas sintácticos fixados nas locucións e explícase a diferente porcentaxe

de fixación dos esquemas atopados.

No que respecta á determinación, despois de ofrece-los datos de frecuencia de

fixación dos diferentes determinantes, xustifícase a preponderancia do artigo definido

sobre outros determinantes e a frecuente ausencia de determinación.

Outra posibilidade é deixar un espazo entre cada un dos parágrafos. É o que se

denomina parágrafo moderno:

Parágrafo moderno

A análise formal das locucións verbais céntrase esencialmente na súa estrutura

sintáctico-funcional e na determinación. En relación ó primeiro aspecto, preséntanse os

distintos esquemas sintácticos fixados nas locucións e explícase a diferente porcentaxe

de fixación dos esquemas atopados.

No que respecta á determinación, despois de ofrece-los datos de frecuencia de fixación

dos diferentes determinantes, xustifícase a preponderancia do artigo definido sobre

outros determinantes e a frecuente ausencia de determinación.

O que non se recomenda é mesturar as dúas marcas, sangría e espazo entre parágrafos.

É conveniente optar por algunha das dúas opcións, pero só por unha:

13

NON

A análise formal das locucións verbais céntrase esencialmente na súa estructura

sintáctico-funcional e na determinación. En relación ó primeiro aspecto, preséntanse os

distintos esquemas sintácticos fixados nas locucións e explícase a diferente porcentaxe

de fixación dos esquemas atopados.

No que respecta á determinación, despois de ofrece-los datos de frecuencia de

fixación dos diferentes determinantes, xustifícase a preponderancia do artigo definido

sobre outros determinantes.

5.2 Parágrafo francés

O terceiro tipo de parágrafo, chamado parágrafo francés, caracterízase pola sangría

francesa (a sangría aparece a partir da segunda liña) e emprégase só para a presentación

da bibliografía (vid. § 7.1):

Parágrafo francés

Fernández González, J. R. (1978): Etnografía del valle de Ancares. Estudio lingüístico

según el método "Palabras y cosas". Santiago: Universidade.

Fernández Rei, F. / C. Hermida Gulías (eds.) (1996): A nosa fala: bloques e áreas

lingüísticas do galego. Santiago: Consello da Cultura Galega, Arquivo Sonoro de

Galicia.

Para escoller un ou outro tipo de sangría podes acudir ás opcións de formato (parágrafo)

ou ben traballar directamente coa regra horizontal.

5.3 Aliñación

Os parágrafos deben figurar con aliñación xustificada, e non con aliñación á esquerda,

que é a que normalmente aparece por defecto:

14

Aliñación xustificada

A análise formal das locucións verbais céntrase esencialmente na súa estructura

sintáctico-funcional e na determinación. En relación ó primeiro aspecto, preséntanse os

distintos esquemas sintácticos fixados nas locucións e explícase a diferente porcentaxe

de fixación dos esquemas atopados.

NON

Aliñación esquerda

A análise formal das locucións verbais céntrase esencialmente na súa estructura

sintáctico-funcional e na determinación. En relación ó primeiro aspecto, preséntanse os

distintos esquemas sintácticos fixados nas locucións e explícase a diferente porcentaxe

de fixación dos esquemas atopados.

Para xustificar o texto, se non tes á vista a icona que marca as diferentes aliñacións,

debes buscar nas opcións de formato, dentro de parágrafo, a que corresponde ao tipo

indicado.

5.4 Interliñado

O espazado entre as liñas que conforman un parágrafo non debe ser nin demasiado

grande nin demasiado pequeno. Un interliñado de 1,5 é axeitado para traballos

académicos.

5.5 Liñas soltas

Debes procurar evitar que queden liñas soltas ao comezo dun texto, que os títulos dun

apartado queden separados do inicio deste etc. Para lograr isto, en vez de incluír saltos

de parágrafo, debes traballar coas opcións que figuran en Parágrafo – Liñas e saltos de

páxina (sobre todo “Control de liñas viúvas e orfas” e “Conservar co seguinte”).

6 As citas

Outro aspecto importante que cómpre ter en conta no que fai referencia ao estilo ten que

ver coa presentación das citas bibliográficas. Por citas entendemos as reproducións,

15

directas ou indirectas, das palabras dun autor. O lector dunha cita debe saber en todo

momento onde debe acudir se desexa consultar persoalmente esa cita ou se desexa

ampliar a información e por tal motivo todas as citas deben ir acompañadas dunha

referencia á obra de que se extraen. Vexamos a seguir cales son as convencións máis

importantes a este respecto.

6.1 Citas directas e indirectas

 As citas directas son aquelas nas que se reproducen textualmente as palabras dun

autor. Existen dous modelos de citas directas. Cando a cita é bastante longa

(normalmente a partir de tres liñas), adoita colocarse en parágrafo á parte, destacada

mediante sangría esquerda en todas as súas liñas (ás veces tamén dereita), normalmente

con tamaño de letra máis pequeno ca o resto do texto e cun espazado anterior e posterior

maior ca o interliñado habitual. Algúns autores tamén a sitúan entre comiñas, aínda que

estas non son necesarias posto que o resto de marcas formais indicadas son suficientes

para destacala convenientemente.

Asemade, téndese a considerar que tales verbos están desemantizados e que portan

exclusivamente valores gramaticais. Así, por exemplo:

El verbo locucional [...] ha perdido en este contexto parte o todo su significado inicial, se presenta

casi desemantizado, por lo que recibe el nombre de verbo funcional; no obstante, aun

encontrándose prácticamente auxiliarizado, puede modificar el sentido de la locución dotándola de

un determinado aspecto verbal (Elena 1991: 25).

O carácter gramatical dos verbos soporte parece quedar de manifesto na equivalencia

semántica destas combinacións con verbos simples da mesma familia léxica do

substantivo: dar un paseo-pasear; facer unha advertencia-advertir.

Cando a cita é breve (normalmente tres liñas ou menos), incorpórase na redacción sen

destacala do resto do texto, agás polo emprego de comiñas, como sucede nesta cita:

Estariamos, daquela, ante meros verbalizadores de substantivos: estes achegan á

combinación o valor léxico e as restricións de selección e os verbos engaden valores

modo-temporais e número-persoais, ademais de "determinados aspectos verbales, como

comienzo, final, duración y causatividad" (Corpas Pastor 1996a: 69).

16

Cando se elimina un fragmento dunha cita (porque, polo motivo que sexa, non interesa

reproducir ese anaco), sitúase uns corchetes ou parénteses con puntos suspensivos no

seu interior, como na primeira liña da cita de Elena que figura arriba ([...]).

 Nas citas indirectas alúdese á opinión dun autor, pero sen reproducir literalmente as

súas palabras. Isto non impide que haxa que ofrecer a referencia de ano e páxina. É o

que sucede, por exemplo, con estoutra cita.

Para algúns autores, como Gross (1988: 8) estamos ante verbos soporte, carentes de

significado léxico. Contrariamente, para outros, como Cowie (1992: 5), o verbo destas

colocacións caracterízase, non pola súa deslexicalización, senón pola asunción de

sentidos figurados.

6.2 A referencia abreviada das citas

Como sinalabamos antes, as citas deben remitir sempre ao lugar do que se extraeron.

 Nos fragmentos anteriores empregamos o sistema americano de citas, o máis

habitual nos últimos tempos. O que se fai neste sistema é situar ao lado da cita unha

referencia abreviada que contén o apelido ou apelidos do autor, o ano da obra publicada

e mais a páxina ou páxinas das que se extrae a cita (páxinas cando a cita ocupa a parte

final dunha páxina e a inicial da seguinte). Esta referencia abreviada remite á

bibliografía final na que se desenvolve a ficha bibliográfica completa.

 A referencia abreviada das citas directas longas pode colocarse ao final da cita

(destacámola en azul),

Asemade, téndese a considerar que tales verbos están desemantizados e que portan

exclusivamente valores gramaticais. Así, por exemplo:

El verbo locucional [...] ha perdido en este contexto parte o todo su significado inicial, se presenta

casi desemantizado, por lo que recibe el nombre de verbo funcional; no obstante, aun

encontrándose prácticamente auxiliarizado, puede modificar el sentido de la locución dotándola de

un determinado aspecto verbal (Elena 1991: 25).

17

ou antes, en función dos intereses da redacción:

Agora ben, debe terse en conta que, como sinala Gibbs (1992: 504), a ausencia de

conciencia de figuración non implica que esta non exista:

The conflation of dead and conventional metaphors is partly due to the mistaken assumption that

things in our cognition that are most alive and most active are those that are conscious. On the

contrary, those that are most alive and most deeply entrenched, efficient, and powerful are those

that are so automatic as to be unsconcious and effortless.

 Como podes comprobar arriba, tamén en función dos intereses da redacción, o nome

do autor dunha cita breve ou indirecta pode ir entre parénteses (exemplo de Corpas

Pastor) ou sen eles (exemplos das citas de Gross e Cowie).

 Ademais, pode facerse referencia a unha obra (libro, artigo...) no seu conxunto.

Neste caso non se ofrecen páxinas e só se indica entre parénteses o ano de publicación

da obra:

Como demostrou o traballo de Lakoff e Johnson (1980), as metáforas e as metonimias son

moito máis ca procedementos retóricos con finalidade estética. Son compoñentes esenciais da

cognición humana, de xeito que boa parte dos nosos conceptos son entendidos e estruturados a

través desas estratexias de comprensión.

 Cando se cita unha obra da autoría de dous ou máis autores, a referencia abreviada

debe incluír a todos eles, como ves no exemplo anterior. En calquera caso, a forma de

cita dos autores nestas referencias abreviadas debe coincidir coa forma de cita na

bibliografía final, para que non haxa dúbidas sobre a obra que se está citando (agás no

que atangue á indicación dos nomes propios, pois estes non se inclúen nas referencias

abreviadas).

 Por último, cando se citan dúas ou máis obras dun mesmo autor publicadas no

mesmo ano, cómpre distinguir entre elas na referencia abreviada. Para facelo, colócase

unha letra (a, b, c...) ao lado do ano, letra que aparece tamén na bibliografía final. Así

pois, o criterio para ordenar traballos que se publicaron no mesmo ano é alfabética

18

(neste caso Manual... vai antes ca "Sobre el..." e por tal motivo colocámoslle <a> á

primeira obra e <b> á segunda).

Para ampliar información sobre este aspecto, pódense consultar Corpas Pastor 1996a e

moi especialmente Corpas Pastor 1996b, no que se desenvolve en detalle a cuestión.

As letras permiten saber de que obra se está a falar en cada momento cando acudimos á

bibliografía final:

Referencias Bibliograficas

Corpas Pastor, Gloria (1996a): Manual de fraseología española. Madrid: Gredos.

Corpas Pastor, Gloria (1996b): “Sobre el concepto de colocación”, Lingüística española actual

13, 17-33.

Cowie, Anthony P. (1992): "Multiword Lexical Units and Communicative Language Teaching",

en Pierre J. L. Arnaud / Henri Béjoint, eds., Vocabulary and Applied Linguistics.

London: MacMillan, 1-12.

Elena, Pilar (1991): "Las locuciones verbo nominales en alemán y en castellano", Anuari de

Filologia XIV A/2, 25-43.

Gibbs, Raymond W. (1992): "What Do Idioms Really Mean?", Journal of Memory and

Language 31/4, 485-506.

Gross, Maurice (1988): "Les limites de la phrase figée", Langages 90, 7-22.

Lakoff, George / Mark Johnson (1980): Metaphors we Live By. Chicago: The University Press.

Precisamente, a seguinte sección amosa un dos posibles modelos a seguir á hora de

presentar as fichas bibliográficas completas das obras.

7 A presentación da bibliografía

A seguir ofrécese un modelo de presentación da bibliografía, que debe figurar ao final

do traballo encabezada por unha epígrafe do tipo de "Bibliografía" ou "Referencias

bibliográficas"1. Por suposto, existen outras formas de proporcionar a mesma

información que tamén son perfectamente válidas. En calquera caso, hai que ser sempre

1 Se utilizas a epígrafe "Referencias bibliográficas" só podes incluír obras que citaches ao longo do traballo.

19

coherentes na maneira de ofrecer os datos e fornecer toda a información precisa para

identificar o traballo a que se fai referencia.

7.1 Ordenación e disposición das referencias bibliográficas

 As distintas fichas bibliográficas ordénanse alfabeticamente polo (primeiro) apelido

do autor. No caso de haber varias obras dun mesmo autor, ordénanse polo ano (desde a

máis antiga á máis moderna):

Kövecses, Zoltán (2000): Metaphor and Emotion. Language, Culture and Body in

Human Feeling. Cambridge: Cambridge University Press.

Kövecses, Zoltán (2002): Metaphor. A Practical Introduction. Oxford: Oxford

University Press.

Lakoff, George / Mark Johnson (1980): Metaphors We Live By. Chicago / London: The

University of Chicago Press.

 Como se observa, as fichas bibliográficas aparecen dispostas con sangría francesa

(todas as liñas están sangradas agás a primeira). Esta sangría ten a finalidade de destacar

o apelido do autor e desta maneira facilitar a busca do lector.

 No que atangue ao nome propio, o máis recomendable é que se inclúa completo,

entre outros motivos, porque permite evitar ambigüidades entre autores que comparten

apelido. No entanto, atoparédelo con frecuencia abreviado (por exemplo, Kövecses, Z.).

En calquera caso, debes ser sistemático no emprego dunha ou outra presentación.

7.2 Elaboración das referencias bibliográficas

7.2.1 Libros

Apelido(s), Nome (ano publicación): Título do libro. Lugar de publicación: Editorial.

Ferro Ruibal, Xesús (1996): Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da

fraseoloxía enxebre. A Coruña: Real Academia Galega.

20

Con respecto ao lugar de publicación, hai que ter en conta dúas cousas:

 Cómpre indicar a localidade, non o país.

 Cómpre indicar o lugar en que ten a súa sede a editorial, non a localidade da

imprenta.

7.2.2 Capítulos de libro ou artigos en actas de congresos

Apelido(s), Nome (ano publicación): "Título do capítulo de libro", en Nome e

Apelido(s) do editor / Nome e Apelido(s) do editor (ed./eds.), Título do libro.

Lugar de publicación: Editorial, páxinas.

Santamarina Fernández, Antón (1995): "Norma e estándar", en Henrique Monteagudo

(ed.), Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto. Vigo:

Galaxia, 53-98.

Con respecto ao lugar de publicación, vid. 7.2.1.

Con respecto á indicación sobre páxinas, cómpre ofrecer sempre as páxinas que ocupa o

traballo, e non a páxina ou páxinas das que se extraen as citas. Esta(s) só deben figurar

nas referencias abreviadas que aparecen ao longo do traballo (vid. o punto 6).

7.2.3 Artigos en revistas

Apelido(s), Nome completo (ano publicación): "Título do artigo", Título da revista en

cursiva nº da revista, páxinas.

Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (1994): "Modelos de lingua e variación sintáctica",

Cadernos de lingua 10, 103-118.

Como se observa, neste caso non se adoita ofrecer o lugar de publicación. Con respecto

á indicación sobre páxinas, vid. o punto anterior.

21

7.2.4 Traballos na rede

Cada vez son máis frecuentes os traballos publicados na rede. Ademais de todos os

datos habituais (agás páxinas, se non teñen), cómpre ofrecer a referencia da páxina web

na que se aloxa o traballo así como a data de consulta.

Kövecses, Zoltan (2001): "A cognitive linguistic view of metaphor and therapeutic

discourse", PSYART: A Hyperlink Journal for the Psychological Study of the

Arts 2 <http://www.clas.ufl.edu/ipsa/journal/2001_kovecses01.sht> [data de

consulta].

7.2.5 Varios autores dunha mesma obra

Recoméndase que o nome propio do segundo autor e, no seu caso, do terceiro se

coloque diante dos apelidos (López Taboada, Carme vs. Mª do Rosario Soto Arias),

porque o nome do segundo e do terceiro autor non participa na organización alfabética

das fichas bibliográficas e daquela, a inversión da orde carece de sentido.

López Taboada, Carme / Mª do Rosario Soto Arias (1995): Así falan os galegos.

Fraseoloxía da lingua galega. Aplicación didáctica. A Coruña: Galinova.

Cando o número de autores é maior de tres, acostúmase citar só o primeiro autor do

traballo seguido de et alii ou et al (con ou sen cursiva).

Fernández Rei, Elisa et al. (2005): "Achega á entoación dunha fala do centro de Galicia:

contribución para o Atlas multimédia prosodique de l'espace roman (Amper)",

Géolinguistique 3, 87-102.

7.2.6 Varias obras dun mesmo autor

Como xa indicamos en 7.1, cando na bibliografía hai que introducir varias obras dun

mesmo autor, deben ordenarse polo ano (desde a máis antiga á máis moderna). Cando

hai varias obras dun mesmo autor publicadas nun mesmo ano, cómpre distinguilas

22

mediante unha letra minúscula (a, b, c…) colocada despois do ano. As entradas

ordénanse entón polo título do traballo.

Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (1991a): "As construccións pronominais en galego.

Proposta de clasificación e caracterización", en Mercedes Brea / Francisco

Fernández Rei (coords.), Homenaxe ó profesor Constantino García, vol. I.

Santiago de Compostela: USC, 101-125.

Cidrás Escaneo, Francisco Antonio (1991b): Construccións pasivas en galego. Santiago

de Compostela: USC (Microficha).

7.2.7 Varias edicións dunha mesma obra

Cómpre citar sempre a edición que se manexa, pero en ocasións pode ser interesante

informar do ano no que se publicou por primeira vez a obra. Pódese facer de diferentes

maneiras (o número en superíndice indica cal é a edición manexada, neste caso,

segunda):

Kloss, Heinz (1952/1978): Die Entwicklung neuer germanischer Kultursprachen von

1800 bis 1950. München, 1952; Düsseldorf: Schwann, 19782.

Kloss, Heinz (19782): Die Entwicklung neuer germanischer Kultursprachen von 1800

bis 1950. Düsseldorf: Schwann (1ª ed. München, 1952).

Kloss, Heinz (1952): Die Entwicklung neuer germanischer Kultursprachen von 1800

bis 1950. München (Düsseldorf: Schwann, 19782).

Kloss, Heinz (19782) [1952]: Die Entwicklung neuer germanischer Kultursprachen von

1800 bis 1950. Düsseldorf: Schwann.

7.2.8 Siglas e abreviaturas

Algunhas obras que se citan recorrentemente nun traballo poden abreviarse ao longo do

texto, especialmente se se trata de dicionarios ou obras similares. A abreviatura ou sigla

pode retomarse na bibliografía final da seguinte maneira (a ficha ordénase tendo en

conta a abreviatura):

23

GDXL = X. M. Carballeira Anllo (coord.) (20092): Gran dicionario Xerais da lingua.

Vigo: Xerais.

7.2.9 Tipos de obras

Os tipos de fontes bibliográficas empregadas para realizar un traballo poden ser

diferentes. Algunhas poden ser obras utilizadas para a confección do corpus, outras

poden ser obras de consulta, outras dicionarios. Cando hai un número suficiente de

obras de cando menos dous tipos ben diferenciados adoita establecerse subgrupos na

bibliografía final, por exemplo Estudos e Dicionarios, ou Estudos e Fontes para a

confección do corpus ou Fontes primarias (as usadas para elaborar o corpus) e Fontes

secundarias (as obras consultadas para elaborar a análise). Cada grupo ten a súa

independencia para a ordenación alfabética.

7.2.10 Outras cuestións

 Volumes de libros

Unha ficha completa dunha obra composta por varios volumes debe indicar o número

de tomos que a conforman:

Fodor, István / Claude Hagège (eds.) (1983-1990): Language Reform / La réforme des

langues / Sprachreform, 5 vols. Hamburg: Helmut Buske.

 Volumes de capítulos de libro ou de artigos en actas de congresos

No caso de que un capítulo ou artigo estea publicado nunha obra constituída por varios

volumes, é preciso indicar de cal deses volumes forma parte:

Dawes, Elisabeth (1998): "Les variantes de la locution dans le système", en Giovanni

Ruffino (ed.), Atti del XXI Congresso Internazionale di Linguistica e Filologia

Romanza, vol. III. Tübingen: Max Niemeyer, 201-211.

24

 Traballos en versión electrónica ou en microficha

Se o traballo se presente en edición electrónica (CD-Rom) ou en microficha, debe

informarse desta circunstancia ao final da referencia.

Cabeza Pereiro, Carmen / Anxo M. Lorenzo Suárez / Xoán Paulo Rodríguez Yáñez

(eds.) (2003): Comunidades e individuos bilingües: Actas do I Simposio

internacional sobre o bilingüismo. Vigo: UVigo (Edición electrónica).

Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (1991): Construcións pasivas en galego. Santiago

de Compostela: USC (Microficha).

 Traballos sen indicación de autor

Nalgúns traballos (moitas veces dicionarios), elaborados con frecuencia por un equipo

editorial, non figura o nome do autor ou autores. Neste caso, o primeiro elemento que

conforma a ficha é o título da obra, e o ano disponse nun lugar diferente ao habitual:

Hachette. Le dictionnaire du français (1989). Paris: Hachette.

ou

Hachette. Le dictionnaire du français. Paris: Hachette, 1989.

 Traballos en xornais

Fernández Rei, Francisco (2003): "O noso patrimonio marítimo", O Correo Galego (6-

1-2003), 12-14.

 Traducións

Cando se cita unha obra traducida é conveniente fornecer os datos bibliográficos da

obra orixinal, así como o nome do tradutor

No hay comentarios
Esta solo es una vista previa
3 páginas mostradas de 26 páginas totales
Descarga el documento