Investigacion y arquitectura. El analisis de la arquitectura - Analisis arquitectonico II - Apuntes, Apuntes de Arquitectura
solamarillo87
solamarillo87

Investigacion y arquitectura. El analisis de la arquitectura - Analisis arquitectonico II - Apuntes, Apuntes de Arquitectura

17 páginas
3Número de descargas
1000+Número de visitas
100%de 1 votosNúmero de votos
Descripción
Apuntes de Analisis Arquitectonico II acerca de la Investigación y de la Arquitectura - El analisis de la arquitectura - Apuntes para la facultad de Arquitectura
20 Puntos
Puntos necesarios para descargar
este documento
Descarga el documento
Vista previa3 páginas / 17
Esta solo es una vista previa
3 páginas mostradas de 17 páginas totales
Esta solo es una vista previa
3 páginas mostradas de 17 páginas totales
Esta solo es una vista previa
3 páginas mostradas de 17 páginas totales
Esta solo es una vista previa
3 páginas mostradas de 17 páginas totales
Microsoft Word - 00- ANALSYNG AN ARCHITECTURE

INVESTIGACIÓN E ARQUITECTURA / A ANÁLISE ARQUITECTÓNICA

1

INVESTIGACIÓN E ARQUITECTURA

A ANÁLISE ARQUITECTÓNICA 2011.01.11 v. plácido lizancos

____________________________________________________________________________

1. A INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA

2. METODOLOXÍAS DE INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA

Lóxicas

Empíricas

3. ANALIZAR

4. A ANÁLISE ARQUITECTÓNICA

Analizar arquitectura: metodoloxías e procedementos operativos

O que non é analizar

Utilidades secundarias da análise arquitectónica

Tipos de análise arquitectónica

5. PROCEDEMENTOS E FERRAMENTAS DE ANÁLISE ARQUITECTÓNICA

6. RELACIÓNS ENTRE ANÁLISE ARQUITECTÓNICA E PROXECTO ARQUITECTÓNICO

INVESTIGACIÓN E ARQUITECTURA / A ANÁLISE ARQUITECTÓNICA

2

1. A INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA

INTRO

O coñecemento e o avance da arquitectura require dun proceso de investigación científica. Isto é, a realización de

modo sistemático dun conxunto de actividades -intelectuais e experimentais, xa veremos en que medida- con aquel

propósito.

A determinación da sistemática do proceso de investigación científica da arquitectura é o obxecto desta lección.

Tamén se darán aquí nocións das técnicas gráficas utilizadas tanto no referido proceso de investigación coma no

de comunicación dos resultados obtidos.

O PROCESO DA INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA

Toda investigación científica caracterízase por ser un proceso único, cun plan de traballo sistemático e unha orga-

nización e obxectivos definidos, tal e como se explica a seguir:

- Sistemático: unha vez definida unha hipótese ou obxectivo, trázase un plan de traballo, de busca de datos

que, unha vez analizados e interpretados, modificarán ou engadirán novos coñecementos aos xa existen-

tes.

- Organizado: tódolos membros dun equipo de investigación deben coñecer o que deben facer durante o

desenvolvemento do seu traballo, aplicando as mesmas definicións e criterios a tódolos participantes e ac-

tuando de forma idéntica ante calquera dubida. Para acadalo é imprescindible escribir un protocolo de in-

vestigación onde se especifiquen tódolos detalles relacionados co estudio.

- Obxectivo: as conclusións obtidas no proceso de investigación non se poden basear en impresións subxectivas, senón

nos feitos que se observan de maneira que na súa interpretación evítase calquera prexuízo que os responsables do estu-

do puidesen introducir.

-

TIPOS DE INVESTIGACIÓN

- Investigación básica: Tamén chamada investigación fundamental ou investigación pura, adóitase levar a

cabo nos laboratorios; contribúe á ampliación do coñecemento científico, creando novas teorías ou mo-

dificando as xa existentes. Investiga leis e principios

INVESTIGACIÓN E ARQUITECTURA / A ANÁLISE ARQUITECTÓNICA

3

- Investigación aplicada: É a utilización dos coñecementos na práctica, para aplicalos, na maioría dos ca-

sos, en proveito da sociedade. Un exemplo son os protocolos de investigación clínica e tecnolóxica.

- Investigación analítica: É un procedemento máis complexo que os anteriores.

Consiste fundamentalmente en establecer a comparación de variables entre grupos de estudo e de

control e a proposición de hipóteses que o investigador tratará de probar ou invalidar.

É o tipo de investigación que fundamentalmente se aplica para o coñecemento dá arquitectura.

- Investigación de campo: Trátase da investigación aplicada para comprender e resolver algunha situación,

necesidade ou problema nun contexto determinado. O investigador traballa no ambiente natural no que

conviven as persoas e as fontes consultadas, das que obterán os datos máis relevantes a ser analizados.

Este tipo de investigación diríxese a descubrir relacións e interaccións entre variables sociolóxicas, psi-

colóxicas e educativas en estruturas sociais reais e cotiás. É por tanto a propia das ciencias sociais e da an-

tropoloxía.

2. METODOLOXÍAS DE INVESTIGACIÓN

A metodoloxía, (do grego metà "más aló", odòs "camino" e logos "estudo"), é o conxunto de procedementos utili-

zados para acadar unha gama de obxectivos que rexen nunha investigación científica.

A metodoloxía nace a partir dunha determinada posición teórica e implica unha selección de técnicas concretas que

determinarán como se vai realizar a investigación.

A metodoloxía dependerá dos postulados que o investigador considere como válidos pois será a través desta como

recolecte, ordene e analice a realidade estudada.

Non existe unha metodoloxía que sexa a panacea, así que as distintas metodoloxías existentes aparecerán nun

proxecto de investigación frecuentemente entremezcladas, sendo preciso aplicalas todas.

As metodoloxías de investigación son o conxunto de procedemento e estratexias de traballo e xa que logo non pro-

ducen automaticamente o saber pero conducen a través dos fenómenos, indicándonos como enunciar os asuntos e

como non sucumbir ante os prexuízos paralizantes.

Podemos establecer dúas grandes clases de metodoloxías de investigación:

- LÓXICAS. Baseadas na utilización do pensamento nas súas funcións de dedución, análise e síntese

- EMPÍRICAS. Aproxímanse ao coñecemento do obxecto mediante o seu coñecemento directo e o uso da

experiencia.

INVESTIGACIÓN E ARQUITECTURA / A ANÁLISE ARQUITECTÓNICA

4

METODOLOXÍAS LÓXICAS

CONXETURAIS

Aplícanse os principios descubertos a casos particulares a partir dun enlace de xuízos.

Descubrir principios descoñecidos, a partir dos coñecidos. Se un corpo cae dicimos que pesa porque é un caso particular da gravitación

Descubrir consecuencias descoñecidas, de principios coñecidos. Se sabemos que a formula da velocidade é v = e/t poderemos calcular a velocidade dun

avión, de calquera avión.

INDUCTIVAS

Partindo do coñecemento de casos particulares estes elévanse a coñecementos xerais.

INDUCCIÓN

COMPLETA

A conclusión obtense do estudo de tódolos elementos que forman o

obxecto de investigación.

Estudar a resistencia mecánica dunha mostra de probetas de formigón, estendéndoo á

totalidade das probetas que temos. As conclusións serán veraces porque temos anali-

zado a totalidade das probetas.

INDUCCIÓN

INCOMPLETA

Os elementos do obxecto de investigación non poden ser numerados

e estudados na súa totalidade, obrigando ao suxeito da investigación

a recorrer a tomar unha mostra representativa, que permita xeralizar

As formas de utilizar a vivenda polos mozos europeos

COMPARATIVO

Inferir da semellanza de algunhas características entre dous obxectos, a pro- babilidade de que as carac- terísticas restantes sexan tamén semellantes.

HISTÓRICO

Está vinculado ao coñecemento das distintas etapas dos obxectos na

súa sucesión cronolóxica. Permite coñecer a evolución e desenvol-

vemento do obxecto investigado. Necesítase avaliar a súa historia,

etapas e inflexións principais no seu desenvolvemento histórico.

SINTÉTICO

Relaciónanse feitos aparentemente illados e formúlase unha teoría

que unifica os diversos elementos. Consiste na reunión racional de

varios elementos dispersos nunha nova totalidade que é hipótese

inicial. O investigador sintetiza as superacións na imaxinación para

establecer unha explicación tentativa que someterá a proba.

INVESTIGACIÓN E ARQUITECTURA / A ANÁLISE ARQUITECTÓNICA

5

METODOLOXÍAS EMPÍRICAS

A OBSERVACIÓN

CIENTÍFICA

O investigador coñece o problema e o obxecto de investigación, estudando o seu

curso natural, sen alteración das condicións naturais, é dicir que a observación ten

un aspecto contemplativo. A observación configura a base de coñecemento da cien-

cia.

A EXPERIMENTACIÓN

CIENTÍFICA

Implica a alteración controlada das condicións naturais, de tal forma que o investi-

gador crea modelos, reproduce condicións, abstraerá trazos distintivos do obxecto

ou do problema.

3. ANALIZAR

O alcance do acto de analizar está colectivamente asumido como demostra a precisión que a linguaxe verbalizada

lle da á palabra ANÁLISE, segundo rexistra o dicionario da RAE

Def. 1: Distinción y separación de las partes de un todo hasta llegar a conocer sus principios o elementos.

Def. 2: Examen que se hace de una obra, de un escrito o de cualquier realidad susceptible de estudio intelectual.

Certamente máis clarificadora é a definición de ANÁLISE que nos da Ferrater1 Mora, para quen ANALIZAR é a

“descomposición de un todo en sus partes”

A análise como procedemento de investigación cinetífica contraponse á síntese, que como tal “é a composición do

previamente descomposto”.

Así pois os procedementos de investigación analíticos e sintéticos serían complementarios.

ANÁLISE

SÍNTESE

1 Diccionario de Filosofía

CONCEPTO SUBCONCEPTOS

INVESTIGACIÓN E ARQUITECTURA / A ANÁLISE ARQUITECTÓNICA

6

4. ANÁLISE ARQUITECTÓNICA

ANALIZAR ARQUITECTURA: METODOLOXÍAS E PROCEDEMENTOS OPERATIVOS

Analizar, como temos dito, é o procedemento de investigación máis idóneo para o coñecemento e avance da

arquitectura. É máis complexo que a investigación descritiva e desde logo, mais útil para os arquitectos que aquela

posto que permite a construción de estruturas mentais da complexas do PROXECTO ARQUITECTÓNICO.

Consiste en establecer a comparación de variables entre grupos de estudo e de control. Ademais, refírese á

proposición de hipótese que o investigador trata de probar ou invalidar.

As súas metodoloxías son

- a conxetura

- a indución

- a comparación

O seu procedemento operativo é a grafiación.

E por tanto o grafismo é tamén o medio de expresión dos resultados obtidos.

O QUE NON É ANÁLISE

Recolectar datos ou describir son operación ben distintas a analizar.

Analizar ten como finalidade o coñecemento da obra arquitectónica e os seus procesos de xeración en tanto que o

acto de enumerar “o que hai” na arquitectura e vertelo nun documento gráfico é unha mera colección de datos, sen

outra intencionalidade que a identificación da información existente.

A análise implica necesariamente a interpretación dos datos. E esa interpretación provoca intelectualmente ao lec-

tor do debuxo na medida en que a análise está construída cunha intención que vai alén da mera enumeración de

datos.

As análises provén a base para a toma de decisións de proxecto na medida en que facilitan a comprensión das

condicións previas e as existentes. A creación da arquitectura –ese proceso que se denomina PROXECTAR- é

consecuencia dun proceso analítico no que se vai poñendo orde a un conxunto de ideas.

UTILIDADES SECUNDARIAS DA ANÁLISE ARQUITECTÓNICA

INVESTIGACIÓN E ARQUITECTURA / A ANÁLISE ARQUITECTÓNICA

7

A análise pode ser utilizada, como diciamos arriba, como punto de partida do proceso de deseño organizando

cuestións de orde material como as referidas á interpretación das forzas do lugar, programa e funcionamento e

tamén asuntos conceptuais tal que a determinación da idea xeratriz dun proxecto, a configuración da imaxe que se

lle quere dar ao edificio ou o papel que este vai desempeñar na comunidade.

A análise utilízase en tódalas fases do proceso de proxecto, dende o momento inicio deste, acompañando ás pri-

meiras decisións.

Tamén nas fases centrais, para permitirlle ao proxectista escoller entre diversas alternativas, ou para clarificar e

reforzar ideas.

Na fase final do proceso de creación arquitectónica a análise aparece unha vez mais como ferramenta poderosa,

neste caso para explicar os fundamentos do proxecto, o que resulta especialmente necesario na presentación pú-

blica deste.

A presentación dun proxecto pode acompañarse de esquemas e diagramas acompañando aos documentos gráfi-

cos convencionais que permitan o entendemento rápido das ideas e conceptos. Así as cousas, a estratexia de pre-

sentar en primeiro lugar esquemas e diagramas relativos a ideas ou conceptos xerais resulta imprescindible cando

o proxecto é de grande complexidade.

Neste contexto a idea principal do proxecto, a súa idea-forza pode ser representada nun diagrama. Pode ser a si-

lueta dun edificio, a traza dun eixo relevante da planta ou o a pauta organizadora dun alzado. Certamente incluso

nos proxectos menores hai moitas ideas, pero sempre, hai unha que é matricial.

TIPOS DE ANÁLISE ARQUITECTÓNICA

O feito arquitectónico é de gran complexidade. Comprende, nunha moi apertada síntese, a configuración do ámbito

da actividade humana o deseño do espazo e por ende, a resolución material de infinidade de asuntos con trans-

cendencia económica e responsabilidade civil.

Así pois a análise ha de ser necesariamente plural e diversa, fragmentándose en diversos tipos analíticos dentro do

marco do coñecemento arquitectónico.

En termos xerais a análise pode entenderse completa cando inclúe os aspectos funcionais, espaciais, formais, to-

polóxicos, tecnolóxicos e semánticos presentes nunha arquitectura dada.

A análise funcional

Fai referencia ao uso que se fai dos espazos construídos. Uso e función non se utilizan aquí dende un punto de

vista sociolóxico, senón dende a expectativa arquitectónica que xeran os espazos en cuestión.

INVESTIGACIÓN E ARQUITECTURA / A ANÁLISE ARQUITECTÓNICA

8

Trátase de establecer, en referencia ao obxecto de estudo que usos se estiman nos espazos analizados, que rela-

ción existe entre a configuración espacial e o uso que alí se alberga e cual é a esencia desa relación.

A finalidade última da análise non está no descubrimento da existencia de distintos espazos destinados a distintos

usos, nin tan sequera na mera clasificación destes, senón no descubrimento das regras e da orde que subxacer na

organización espacial, con relación ao uso esperado, previamente identificado e clasificado.

A análise espacial

A formulación deste tipo de análise formula problemas conceptuais que non se poden eludir.

O concepto de espazo é amplo e resulta difícil establecer unha definición que conveña a todos os supostos nos que

se pode utilizar. Dende o punto de vista arquitectónico cabería entendelo como un a priori substancial. A materia

prima coa que traballa o arquitecto co fin de conformar os recintos, os edificios e as súas relacións. En última ins-

tancia, a propia arquitectura.

Partindo desta premisa, análise espacial e análise arquitectónica serían a mesma cuestión, e para establecer aquel

teriamos que proceder de idéntico xeito que con este. Obviamente isto non é así, xa que os valores espaciais da

arquitectura construída posúen características propias e independentes de cuestións inseparables daquela. Valores

que, por outro lado, serían postergados no estudo se prescindísemos deste tipo de análise.

Temos que convir, para poder seguir avanzando, en que este tipo de análise, que chamamos espacial, non se refi-

re ao espazo como concepto previo senón ás características propias do devandito espazo unha vez realizada unha

determinada arquitectura. Pero ¿acaso non son estas características as que pretendemos estudar mediante os

outros tipos de análise? Só nalgúns aspectos. Como queda dito anteriormente existen valores arquitectónicos que

non son referibles, aínda que sexan inseparables, ás cuestións estudadas nos outros tipos de análise. Estes valo-

res puramente espaciais (non construtivos, nin funcionais, nin formais, nin tan sequera evocativos) son o obxecto

deste estudo.

Os conceptos buscados son os de compresión e expansión, preponderancia e dependencia, illamento e permeabi-

lidade, transparencia e opacidade, intimidade e publicidade, extensión e concentración; e tantos outros que, se ben

necesitan da construción, da forma e da situación para ser expresados, son independentes delas e do uso que se

lle queira dar aos espazos estudados. Estes conceptos son os que chamaremos valores intrínsecos do espazo e

son os que se tratan de establecer con este tipo de análise.

A análise formal

En relación coa súa finalidade pode ser á súa vez clasificado como volumétrico e tipolóxico, segundo propoña co-

mo obxecto de estudo unha ou outra cuestión ou en definitiva busque a posibilidade de clasificar a obra nun es-

quema formal previamente coñecido (un tipo).

INVESTIGACIÓN E ARQUITECTURA / A ANÁLISE ARQUITECTÓNICA

9

Sexa dun xeito ou doutra a cuestión é que o estudo non se establece caracterizando os espazos en función ao uso

esperado ou aos seus valores intrínsecos, tal e como faciamos nas análises anteriores, senón que o faremos en

función da súa forma aparente, sexa esta considerada como colector (o volume), como contido (o recinto) ou como

pertencente a unha familia formal recoñecible (o tipo) que nos serve de referencia.

A cuestión primordial segue sendo non tanto o encontro de figuras recoñecibles e clasificables, asunto este ineludi-

ble, senón lograr establecer as relacións internas que permitan entender unha orde organizativa das formas encon-

tradas capaz de dar conta do conxunto e de cada un das partes do analizado. A asignación dos significados non

será neste caso nin funcional nin espacial, senón figural, e non atende nin aos usos nin aos valores intrínsecos,

senón ás formas.

A análise topolóxica

O topos é o lugar. Este aspecto da obra arquitectónica ten dous grandes campos de consideración. O que refira a

obra á súa contorna, e o que refire cada compoñente da obra aos demais en relación co lugar que ocupa cada un

deles referido a cada un dos outros e ao conxunto de todos.

En todo caso a análise non pode quedar limitado ao establecemento estrito do sitio ocupado e as súas fronteiras

(cuestión similar a limitarse ao descubrimento e clasificación das formas no caso anterior), senón que é preciso

atopar as relacións que fan peculiar determinada disposición. Estas relacións teñen que ver cos valores de perme-

abilidade, preponderancia, conexión, privacidade, etc. que xa viramos na análise espacial.

A análise tecnolóxica

Queda dito que a arquitectura se expresa mediante a construción. Os edificios son obxectos complexos que ten

que resistir requirimentos naturais como os climatolóxicos e os gravitatorios e tamén deben comportarse adecua-

damente ante as solicitudes dos usuarios; isto é, os esforzos e desgastes ocasionados polo uso ou mesmo polo

mal uso dos edificios.

A análise tecnolóxica é de grande amplitude xa que comprende todo o referido á conformación física do edificio:

estrutura e envolvente pero tamén ás instalacións que fan posible o adecuado funcionamento dun edificio; desde un

ascensor a un hidrante de incendios pasando pola evidencia dun punto de luz, ben situado e adecuadamente di-

mensionado.

A análise tecnolóxica deberá achegarse ao procedemento construtivo empregado, separando os distintos elemen-

tos atendendo ao seu valor en relación coa obra fisicamente considerada. Por exemplo: estrutura, envolventes,

particións para a continuación, estudar os procedementos utilizados e establecer as valoracións pertinentes respec-

to ao conxunto.

INVESTIGACIÓN E ARQUITECTURA / A ANÁLISE ARQUITECTÓNICA

10

Tamén está dentro do ámbito da análise tecnolóxica a localización e recoñecemento das compoñentes técnicas

con influencia nas condicións de uso da arquitectura como por exemplo as de alumado artificial, climatización, pro-

tección contra o lume, xestión dos refugallos, transmisión de información, etc.

As análises semánticas e simbólicas

Atende aos significados atribuíbles a unha obra determinada.

A procura de significados, sexan estes lingüísticos (semánticos) ou evocativos (simbólicos) está sempre dentro dun

marco propositivo baseado na conxectura.

5. PROCEDEMENTOS E FERRAMENTAS DE ANÁLISE

PROCEDEMENTOS

Para a análise arquitectónica empregaremos os métodos conxetural2 e comparativo3 como propios. O método indu-

tivo serviranos para estender as nosas conclusións a mostras máis amplas.

Con ese fin e co apoio do grafismo, buscaremos as ideas xeratrices desa arquitectura, as leis lóxicas que dan co-

herencia ós seus distintos aspectos (funcional, construtivo, espacial…), é dicir os pensamentos sobre os que se

ordenou e conformou un deseño.

Metodoloxicamente, o proceso de realización da análise arquitectónica proposta comportará tres momentos perfec-

tamente delimitables:

1. A valoración crítica, consecuencia da interpretación persoal do edificio estudado.

2. A clasificación dos aspectos a destacar do edificio.

3. A expresión a través de documentos gráficos dos xuízos aportados como síntese da análise, apli-

cados a cada un dos aspectos da proposta, illado ou en relación cos demais.

FERRAMENTAS

2 Conxeturar algo é anticipar unha solución que tomada como válida é posible comprobar a súa adecuación como solución ao problema exposto. Para que a conxectura teña valor de coñecemento é preciso formular o campo na que a mesma é posible. É dicir: que condicións deben de cumprirse no punto de partida para que o suposto teña valor de verdade.

3 Comparar con outras realidades coñecidas dá lugar ao establecemento de analoxías por semellanza ou a con- xecturas por oposición que nos servirán para establecer valores de significación e aínda de contidos que permitirán enriquecer a análise e por tanto o coñecemento da arquitectura en estudo.

INVESTIGACIÓN E ARQUITECTURA / A ANÁLISE ARQUITECTÓNICA

11

Tódolos métodos de análise dan lugar a ideas e coñecementos que son susceptibles de porse en evidencia me-

diante debuxos e diagramas, maquetas e todo tipo de representación secundaria da arquitectura sempre e cando

se dea unha clara congruencia entre o documento gráfico a empregar e o obxectivo dá análise a realizar.

Por exemplo: Poderían investigarse os valores formais dunha arquitectura utilizando un diagrama funcional como

base?

Non, esta operación está destinada ao fracaso mais absoluto. Igualmente estao a tentativa de establecer valores

“de función” e “de relación de usos” empregando documentos fotográficos e planimétricos referidos á estrutura e

aos alzados, por exemplo.

Con estes exemplos trato de pór en evidencia a obrigatoriedade de establecer unha relación causal entre o soporte

gráfico e os aspectos a investigar.

O DIAGRAMA

A claridade que se precisa nun proceso de análise arquitectónica condúcenos cara vehículos gráficos simples e ao

tempo moi expresivos, de doada grafiación para facilitar a súa lectura e interpretación.

Nesta orde de cousas o vehículo gráfico que mellor cumpre estes requisitos é o diagrama4.

Usamos diagramas na vida diaria. Por exemplo cando estudamos a rede de transporte colectivo dunha cidade, as

instrucións de montaxe dun moble, as indicacións para orientarnos dentro dun grande edificio ou utilizamos o inter-

face dun ordenador...

En arquitectura os diagramas son o resultado dun proceso analítico de abstracción dun obxecto ou unha constru-

ción nas súas compoñentes.

O diagrama resulta axeitado para mostrar aspectos importantes da arquitectura como por exemplo xerarquías, con-

correncia de usos, accesibilidades, procesos de organización da execución dunha obra, etc.

Un diagrama de arquitectura non é un simple debuxo5, é un artificio gráfico que describe algo dun xeito sintético,

expresando relacións. É unha ferramenta para o razoamento e a ideación, que posúe un valor propio.

O diagrama diferénciase do croquis en que é capaz de ir integrando datos heteroxéneos e de rectificarse a si mes-

mo constantemente. O diagrama é unha cartografía que mostra traxectorias relacionais, evidencia das estratexias e

4 Vidler: O diagrama “ilustra unha definición, axuda na comprobación dunha proposición e representa o curso ou o

resultado de calquera acción ou proceso”.

5 Aspectos gráficos do diagrama: Vidler dinos que un diagrama pode ser unha figura composta por liñas, unha ilus-

tración ou “un conxunto de liñas, marcas e trazas”, sendo a “función destas trazas o que é relevante”.

INVESTIGACIÓN E ARQUITECTURA / A ANÁLISE ARQUITECTÓNICA

12

dos procesos xeradores da arquitectura. Capaz –en palabras de Montaner- de ir integrando datos heteroxéneos e

de rectificarse a si mesmo continuamente”, encontrando que o pensamento sustentado en diagramas está “poten-

ciado pola cibernética,a iteración dixital, o exceso de información e outros fenómenos contemporáneos”.

Do antes dito resulta fácil deducir o crucial papel que estes instrumentos desenvolven na actividade do arquitecto

contemporáneo. E a seguir describirémolos, non sen advertir que tanta relevancia non os pretende situar por diante

do debuxo ou de calquera outra das ferramentas das que dispón o arquitecto.

Tipos de diagramas

O estudio do diagrama ímolo abordar coa taxonomía de Puebla Pons:

- Representacional É unha forma de expresión.

- Estratéxico6 Unha táctica visual de “pensamento”, que desvela os procesos de deseño.

- Pragmático É unha ferramenta que facilita a operación de proxectar, sostendo o proceso de

avance e retroceso, de acerto e erro, que caracteriza ao proxectar.

AS SUPERPOSICIÓNS

Un recurso gráfico de grande utilidade é a superposición de planos semi-transparentes. Esta técnica permite visua-

lizar a iteración entre un elemento, ao que se lle asina un significado dado –por exemplo, circulacións, fluxo de luz,

conectividade...- e un debuxo arquitectónico dado, por exemplo unha planta ou unha sección. As variacións tonais

enriquecen este procedemento.

A GRAFIACIÓN CONVENCIONAL ANTE A ANÁLISE ARQUITECTÓNICA

Os documentos gráficos convencionais, portadores dunha grande cantidade e diversidade de información móstran-

se ineficaces á hora de soportar ou comunicar análises arquitectónicas.

As operacións analíticas requiren do soporte de documentos gráficos simples, esquemáticos, que só mostren os

elementos a analizar, liberadores de todo o que sexa superfluo..

6 ANÁLISE E PROXECTO

6 Sabemos da utilidade dos diagramas para estruturar a información e tamén para explicar algo. Por exemplo: ca-

dros, táboas, gráficos estatísticos e comparativos, liña de tempo listados. En xeral os diagramas estratéxicos so-

portan unha enorme variedade de posibilidades expresivas

INVESTIGACIÓN E ARQUITECTURA / A ANÁLISE ARQUITECTÓNICA

13

A análise arquitectónica está presente continuadamente no proceso de realización do proxecto arquitectónico,

acompañando continuadamente ao proxectista no proceso de toma de decisións, contrastando a validez das súas

ideas.

Noutra orde de cousas, unha vez realizado o PROXECTO ARQUITECTÓNICO, os documentos gráficos resultantes

da análise arquitectónica móstranse tamén eficaces para a comunicación a terceiros das ideas que este contén.

Nun concepto máis amplo a análise é o proceso inverso ao proxecto, como xa dixemos, pois na análise partede da

arquitectura cara a idea en tanto no proxecto o camiño é o inverso.

A CONSTRUCCIÓN DO PROXECTO ARQUITECTÓNICO

Antes mesmo de comezar co deseño arquitectónico dun edificio, deben ser consideradas moitas cuestións previas.

En primeiro lugar, a situación do predio, ou terreo, as súas dimensións e características topográficas, xunto coa

orientación con respecto a elementos que afectan o lugar como a luz, soleamento, as vistas que se poden admirar

as preexistencias coas que hai que convivir ou que se fai preciso eliminar así como as condicións para a subminis-

tración dos necesarios servizos como os subministros eléctrico e de auga e drenaxe, a recollida de refugallos e un

longo etcétera, durante e despois da construción.

Unha vez solucionado o anterior, debe valorarse as necesidades de espazo do edificio tales como superficie cons-

truída, altura de entrepisos ou plantas, as relacións entre espazos, usos, etc. Ao conxunto de necesidades arquitec-

tónicas tamén se lle coñece como Programa Arquitectónico.

Tan importante como o punto anterior é considerar o orzamento dispoñible para a construción, pois antes de elabo-

rar os planos debe quedar claro canto diñeiro pódese investir, para evitar deseñar un proxecto tan custoso que non

poida ser pagado polo propietario ou promotor.

1. Definición de alcances, necesidades ou obxectivos:

Cando se elabora un proxecto arquitectónico, antes sequera de trazar a primeira liña xa bulen na cabeza do pro-

xectista mi e un requirimentos e indeterminacións. A xestión de todo isto precisa do inicio dun complexo proceso de

investigación que guía ao Arquitecto na súa tarefa. A interpretación que fai o Arquitecto dos resultados desta etapa

é o que define en boa medida a personalidade do proxecto. Identifícanse neste arranque do proceso tres activida-

des básicas:

- Formulación do programa. Refírese á etapa inicial onde un Cliente busca un especialista (neste caso, Arquitec-

to) para deseñe un edificio que resolva as súas necesidades específicas de espazo e usos. O cliente tamén lle

describe ao deseñador os recursos dos cales debe partir (terreo ou construción existentes, orzamento asignado,

tempo de execución, etcétera).

- Interpretación do programa. O arquitecto estuda as necesidades do cliente e de acordo á súa interpretación e a

súa capacidade profesional, establece os obxectivos a investigar antes de facer unha proposta. As interpretacións

INVESTIGACIÓN E ARQUITECTURA / A ANÁLISE ARQUITECTÓNICA

14

que o Arquitecto fai das necesidades do cliente serviranlle de guía na seguinte etapa, pero están sempre suxeitas a

modificacións posteriores segundo vaia avanzando o proceso de deseño.

- Investigación. Tomando os resultados das dúas etapas anteriores, faise a análise e tamén a síntese da informa-

ción. En primeiro lugar requírese de investigación de campo e bibliográfica que permita coñecer os detalles do edi-

ficio, segundo a súa tipoloxía.

2. Programa da edificación:

Dos resultados da síntese da investigación, o deseñador fai unha lista identificando os compoñentes do sistema e

os seus requirimentos particulares. A esta lista denomínaselle Programa Arquitectónico, que inclúe con frecuencia

as condicións métricas, de conectividade e outras carácter´siticas fundamentais previas.

3. Diagramación:

A partir do Programa Arquitectónico, o deseñador fai un esquema gráfico, similar un organigrama, que representa

todos e cada un dos elementos do programa e relaciónaos mediante liñas ou frechas de acordo ás relacións entre

os espazos. Por exemplo, a cociña debería estar relacionada co comedor, pero non cos dormitorios. Mediante a

presenza (ou ausencia) de conectores sinálase este tipo de relación.

4. Deseño do esquema básico:

Estudado como etapa da realización dun proxecto arquitectónico, o deseño é o proceso de traducir en espazos e

formas os resultados de tódalas etapas anteriores, que serán representadas graficamente nas etapas posteriores.

Pode considerarse un proceso creativo, no que interveñen elementos como:

- Hipótese de Deseño: É un achegamento conceptual do obxecto a deseñar, que posteriormente será suxeito a

modificacións. Considéranse ao mesmo tempo, con importancia igual ou variable (de acordo á filosofía de deseño

de cada Arquitecto) os aspectos de contexto arquitectónico, criterios estruturais, forma, función, orzamento e mes-

mo gustos e significados.

- Zonificación: É o ordenamento dos compoñentes do deseño establecidos no programa arquitectónico con base en

relacións lóxicas e funcionais entre eles.

- Esquema: É a estruturación tridimensional do Diagrama Arquitectónico, aplicada nun espazo específico con énfa-

se nas calidades do sistema, subsistema, compoñentes e subcomponentes.

- Parti: É a materialización da solución ao problema arquitectónico, dando forma aos espazos deseñados para que

cumpran coa súa función. En ocasións, o deseñador elabora dous ou tres partidos (opcións preliminares de dese-

ño) antes de decidirse por un que converterá nun Anteproxecto.

5. Anteproxecto:

INVESTIGACIÓN E ARQUITECTURA / A ANÁLISE ARQUITECTÓNICA

15

Consta dun xogo de planos, maqueta ou outros medios de representación que explican por vez primeira, de manei-

ra gráfica pero con carácter preliminar, como está deseñado o edificio. Represéntase o edificio en planta (sección

horizontal, vista desde arriba), elevacións ou alzados (vista frontal das fachadas), cortes ou seccións e perspecti-

vas. Xeralmente, aínda que o debuxo está a escala só se inclúen as cotas xerais. O seu propósito é puramente

preliminar, para que o cliente decida se o deseño é do seu agrado e cumpre cos seus requirimentos. No caso de

que o Anteproxecto sexa aprobado, entón realízase o proxecto definitivo, que pode fragmentarse en dúas fase, as

denominadas PROXECTO BÁSICO e o PROXECTO DE EXECUCIÓN.

6. Proxecto Básico:

Serve para describir a concepción xeral do edificio: forma, funcións, distribución, sistema construtivo, representados

en planos, modelos informáticos ou maquetas, cunha Memoria descritiva e un Orzamento xeral. Inclúe as caracte-

rísticas urbanísticas da edificación e adoita utilizarse para consultar a súa viabilidade en organismos oficiais e, en

ocasións, solicitar a tramitación da «licenza de obras», condicionada á presentación do correspondente Proxecto

de Execución.

7. Proxecto de Execución:

O remate de todo o proceso de deseño é o Proxecto Executivo que se define como o conxunto de planos, debuxos,

esquemas e textos explicativos (Memoria e Orzamento xeral) utilizados para definir adecuadamente o edificio que

vai ser construído.

Represéntase exhaustivamente o edificio en plantas, elevacións ou alzados, cortes ou seccións e perspectivas

podendo acompañarse de maquetas físicas ou virtuais.

Tódolos planos deben estar a escala e debidamente acoutados segundo as convencións e códigos do debuxo ar-

quitectónico de xeito que poidan ser descodificados e por tanto interpretados polos seus destinatarios. Os docu-

mentos gráficos deben definir totalmente a configuración dos espazos, as súas cualidades e materiais, e os detalles

de deseño que merezan mención especial.

INVESTIGACIÓN E ARQUITECTURA / A ANÁLISE ARQUITECTÓNICA

16

ANÁLISE FUNCIONAL S GRAFIACIÓN RIGOROSA DO AMOBLAMENTO DOS ESPACIOS QUE CONFORMAN O EDIFICIO.

S RECOÑECEMENTO DE CADA UNHA DAS ÁREAS FUNCIONAIS, CON EXPRESIÓN DAS PAUTAS

HORARIAS DE USO E IDENTIFICACIÓN DO TIPO E NÚMERO DE USUARIOS.

S ESTABLECEMENTO DAS CONEXIÓNS E DESPRAZAMENTOS ENTRE AS DISTINTAS ÁREAS DO

EDIFICIO, CON EXPRESIÓN DAS PAUTAS HORARIAS E IDENTIFICACIÓN DOS TIPOS DE USUARIOS

QUE AS REALIZAN.

S VALORACIÓN DA DISPOSICIÓN DOS USOS NA PLANTA E NA SECCIÓN, CON SIGNIFICACIÓN DA

SÚA DIFERENTE ACCESIBILIDADE.

S XERARQUIZACIÓN DAS DISTINTAS AREAS FUNCIONAIS.

S LOCALIZACIÓN E VALORACIÓN DAS DISFUNCIONALIDADES.

ANALYSING ARCHITECTURE 17

No hay comentarios
Esta solo es una vista previa
3 páginas mostradas de 17 páginas totales