kk de perro, Apuntes de Veterinaria. Universidade de Santiago de Compostela (USC)
koalagz
koalagz

kk de perro, Apuntes de Veterinaria. Universidade de Santiago de Compostela (USC)

DOCX (15 KB)
1 página
3Número de visitas
Descripción
Asignatura: Agricultura Veterinaria, Profesor: luis botana, Carrera: Veterinaria, Universidad: USC
20 Puntos
Puntos necesarios para descargar
este documento
Descarga el documento
Vista previa1 página / 1
Descarga el documento

A taxa turística:

A actividade turística comporta moitas vantaxes, tanto para as persoas que as realizan como para a comunidade que as acolle. Ninguén discute o seu valor no PIB, o seu papel na creación e mantemento de infraestructuras de transporte, ou na xeración de postos de traballo en empresas dedicadas a satisfacer as necesidades dos turistas.

Pode resultar un recurso para a promoción turística das rexións e municipios, unha ferramenta úitl para a preservación do medio dos impactos ambientais.

Que é a taxa turística?

É un imposto que empregan moitos organismos públicos en diversos países, como fonte de financiamento, destinado á promoción turística e/ou á preservación do medio.

O reinvestimento do imposto na cidade ou zona turística:

Os defensores deste imposto considérano unha forma de captar recursos para destinalos á promoción turística da localidade ou rexión. Tamén defenden que é un investimento en espazos públicos que beneficia tanto aos visitantes como aos residentes.

Hai moitos países que cobran desde hai ano como Italia, Francia, Austria, Estados Unidos, diversos países caribeños, Tunisia ou Marrocos.

A taxa como ferramenta de preservación ambiental:

O crecemento do turismo aumentou o seu impacto sobre o medio. Se durante os primeiros anos do desenvolvemento da industria turística este efecto non se tiña en consideración por parte dos gobernos e administracións, hoxe supón unha prioridade.

A concentración e a frecuencia das actividades turísticas constitúen un dos principais efectos negativos do turismo. Desaparecen os espazos naturais para dar paso a edificacións, multiplícase a xeración de residuos e a contaminación das augas en zonas costeiras altera os ecosistemas.

Non á taxa turistica:

Non existe unanimidade respecto á aplicación desta taxa. Algúns colectivos cren que resulta inxusta porque ten un impacto maior nos turistas con menor poder adquisitivo.

comentarios (0)
No hay comentarios
¡Escribe tú el primero!
Descarga el documento