rarezas, Ejercicios de Electromagnetismo. Universidad de Zaragoza
ander_silva
ander_silva

rarezas, Ejercicios de Electromagnetismo. Universidad de Zaragoza

6 páginas
12Número de visitas
Descripción
Asignatura: Electromagnetismo, Profesor: Vicente Azcoiti, Carrera: Física, Universidad: UniZar
20 Puntos
Puntos necesarios para descargar
este documento
Descarga el documento
Vista previa3 páginas / 6
Esta solo es una vista previa
3 páginas mostradas de 6 páginas totales
Descarga el documento
Esta solo es una vista previa
3 páginas mostradas de 6 páginas totales
Descarga el documento
Esta solo es una vista previa
3 páginas mostradas de 6 páginas totales
Descarga el documento
Esta solo es una vista previa
3 páginas mostradas de 6 páginas totales
Descarga el documento

Vázquez Fernández Lois

Historia Contemporánea de España

Grupo B Expositivas

Curso 2017-2018

Práctica non presencial

Amadeo de Saboia chega a España nun momento de inestabilidade política, xunto con

unha aguda crise económica e social, sumándolle a carencia dunha conciencia colectiva

e a ausencia de consenso en torno a un proxecto político republicano que semellaba

utópico.

O novo rei debe afrontar graves problemas de fondo. A crise económica persiste, a

oposición política cada vez é máis poderosa. Unha proba evidente da inestabilidade

política deste período é a rapidez na sucesión dos distintos gobernos. O primeiro deles,

presidido por Serrano, tomou posesión o 4 de xaneiro de 1871, en tanto que o sexto e

último, encabezado polo radical Ruiz Zorrilla, o 13 de xuño de 1872.

No que será o último goberno da monarquía con Zorrilla, os problemas continúan e

mesmo se viron agravados. Rexístanse estalidos revolucionarios, renóvase a guerra

carlista, a facenda pública sofre unha aguda crise e a situación do estamento militar é

complicada debido a cuestión dos artilleiros. Polo tanto, esta situación inestable propicia

a caída de Amadeo de Saboia. Ante este acontecemento prodúcese un agravamento da

crise, que provoca a reunión conxunta de Congreso e Senado. Efectivamente, o día 11 de

febreiro reuníronse ambas as Cámaras conxuntamente, convocadas por Nicolás María

Rivero, presidente do Congreso dos Deputados. Na propia sesión do 11 de febreiro de

1873 presentábase unha moción, subscrita por Pi e Margall, Salmerón e Figueras. Esta

moción recibiu un apoio masivo, concretamente por 258 votos a favor fronte a 32 en

contra, de maneira que a República era froito dunhas Cortes monárquicas. Deste xeito, o

13 de febreiro de 1873 nacía a Primeira República española.

A Primeira República constitúe un breve pero apaixonante período da nosa historia

constitucional no que confluíron unha serie de expectativas que finalmente non puideron

materializarse debido a pervivencia dos chamados “males políticos e sociais” que viñan

afectando ao noso país. Foi un réxime de moi curta duración, debido a que nun período

inferior a un ano sucedéronse catro presidentes: Figueras, Pi e Margall, Salmerón e

Castelar. Esta situación de inestabilidade constante era debida, entre outras razóns, á

propia división que existía no interior do Partido Republicano. Por unha banda atopábanse

os republicanos unitarios e por outra os republicanos federais. Os primeiros eran

partidarios dunha centralización do poder, mentres que os federais propoñían unha ampla

marxe de autonomía para as comunidades nacionais. Efectivamente, a todas as

dificultades existentes hai que unir a continuidade da guerra carlista e a aparición do

movemento cantonalista.

No seo do movemento republicano, a cuestión federal vai ser o referente común no seu

conxunto. A cuestión federal vai ser tamén obxecto de debate e de controversia no seo do

propio movemento republicano en formación, sobre todo cando do ideario xenericamente

federalista pásase a tentar concretar o modelo federal alternativo. Así se pon de manifesto

xa na I Asemblea (1870) da nacente organización republicana, na que a orientación

netamente federalista do directorio republicano (con Pi e Margall á cabeza) é cuestionada

polos republicanos «unitarios». Estas diverxencias iniciais sobre a concreción do modelo

federal reproduciranse despois repetidamente, baixo distintas formas, ao longo da

evolución posterior do movemento republicano. Aínda que o movemento republicano non

foi capaz durante este período inicial (1869-1872) de perfilar un proxecto federal definido

e compartido polo conxunto dos grupos e tendencias que se manifestaban no seu seo, si

hai que apuntar, neste sentido, a aparición do primeiro proxecto constitucional federal,

coñecido como o proxecto Salmerón-Chao (principais autores do mesmo) e presentado á

III Asemblea Federal republicana en 1872.

Posteriormente, ten lugar o período coñecido como Restauración, unha etapa de

estabilidade da Historia de España que se estende desde o ano 1874, no que se restablece

a monarquía borbónica tras a Primeira República, ata 1923, data na que se produce o

golpe militar do xeral Primo de Rivera. Un feito clave durante esta etapa foi a aparición

de diferentes movementos rexionalistas e nacionalistas de carácter político-cultural en

Cataluña, Pais Vasco, Galicia,Valencia ou Andalucía, entre outros.

O rexionalismo é un movemento que reivindica o recoñecemento da identidade

diferencial dunha rexión, tanto culturalmente, economicamente, administrativamente ou

politicamente. Defenden a idea dun Estado descentralizado, que nalgúns casos pode

chegar a estar vencellado ao federalismo. Certo é que no momento no que este

movemento acentúa a súa dimensión política e reivindica altas cotas de autogoberno que

se basean no principio das nacionalidades, e dicir, a cada nación correspóndelle un

Estado, defínese como nacionalismo.

Nesta parte do comentario, seremos testemuñas de como a irrupción dos rexionalismos e

a posterior mutación a nacionalismos é un dos feitos máis característicos e chamativos do

período da Restauración.

Os chamados nacionalismos periféricos xorden a finais do século XIX, como unha

suposta reacción aos cambios políticos, económicos e sociais. Nun principio, o carácter

cultural dominará neste ámbito, en cambio, co paso do tempo, imponse un carácter

político que será esencial á hora de falar do aumento da importancia destes movementos.

Nembargantes, o gran desenvolvemento nacionalista era indicativo de que había un gran

problema en relación a identidade de España, unha singularidade que comezaba a perigar

logo de producirse a crise do 98. Estes nacionalismos e rexionalismos atopámolos na

antiga Coroa de Aragón, nos territorios forais e en rexións que podemos catalogar como

rurais e menos desenvolvidas como Andalucía e Galicia, sendo unha clara oposición as

tendencias uniformadoras que promovía o sistema liberal , ademais da política que quería

impoñer unha cultura oficial castelanizante, ignorando a existencia doutras linguas e

culturas.

Os movementos nacionalistas cataláns e vascos foron os máis importantes, precisamente

as zonas máis desenvolvidas e máis independentes economicamente. A reacción destes

nacionalismos ante o modelo centralista e uniformador do liberalismo español do século

XIX foi encabezado sempre por unha contestación de carácter cultural, reivindicando a

existencia dunha historia e unas tradicións propias e diferenciadas do resto de España

O modelo de Estado adoptado polo liberalismo español desde os anos trinta, a imitación

do francés, foi centralista e unitario, continuando o modelo castelanizante impostos polos

Borbóns no século XVIII, por mor dos decretos de Nova Planta. Ante este intento de

uniformación van aparecer unha serie de nacionalismos periféricos que se opoñen a iso e

defenden as súas peculiaridades como pobos. Expuñan unha nova forma de ver España,

defendían unha España diversa e multinacional, á que consideraban máis acorde coa

realidade social e histórica. Con "o desastre de Cuba" tamén se afunde ese concepto

uniformista de España e aparecen unha serie de rexeneracionismos que critican á España

actual e propoñen un modelo alternativo. Un deses rexeneracionismos foi o nacionalista

periférico, que propoñía unha nova estrutura de España, unha España federal, culpando

dos males actuais ao centralismo existente.

A industrialización de España é de gran relevancia neste apartado, xa que foi moi

dispersa (Cataluña e País Vasco se industrializaron e o resto de España continuou agraria).

Así, a burguesía catalá e vasca demanda políticas proteccionistas e estas reivindicacións

únense e fúndense ás de carácter político. No caso do nacionalismo galego e andaluz,

baséase nos agravios económicos con respecto a rexións ou nacionalidades máis

avanzadas.

A continuación o autor do texto fai fincapé en tres rexionalismos característicos do SXIX:

o catalán, o vasco e o galego, xa que os movementos rexionalistas valencianos e andaluces

foron máis débiles en comparación a estes.

En primeiro lugar, Beramendi comeza expoñendo o caso catalán, destacando a gran

relevancia do movemento catalanista cultural e literario, que pretendía recuperar a lingua

e os acenos de identidade da cultura catalá pero sen pretensións políticas, a Renaixença.

As primeiras formulacións catalanistas cun contido político foron formuladas por

Valentín Almirall que fundou o Centre Català (1882) para conseguir a autonomía.

Nembargantes, un grupo de intelectuais, contrarios ao progresismo de Almirall fundaron

a Unión Catalanista en 1891, de tendencia conservadora, cuxo programa quedou fixado

nas Bases de Manresa que defendía un Estado confederal e a soberanía de Cataluña en

política interior.

O nacionalismo vasco foise configurando tras a última guerra carlista que supuxo a perda

dos foros vascos e a creación dunha corrente reivindicativa de volta ao foralismo. Tamén

xurdiu como reacción á ruptura que supuxo a emigración ás cidades no proceso de

industrialización para a sociedade tradicional vasca, fundamentalmente rural. En 1894

Sabino Arana fundou o Partido Nacionalista Vasco e estableceu os principios orixinarios

do nacionalismo vasco: a raza vasca, os foros e a relixión.

O rexionalismo en Galicia foi tardío, feito bastante chamativo, xa que a poboación galega

estaba formada por unha maioría campesiña, na que a lingua e as tradicións culturais

estaban moi arraigadas. A mediados do XIX iniciouse o Rexurdimento, que significou o

redescubrimiento da lingua e a cultura galega (Rosalía de Castro). Só unha minoría culta

e insatisfeita coa situación, comezou a responsabilizar do seu atraso e a necesidade de

emigrar, á subordinación política que sufría Galicia. Na última etapa da Restauración o

galeguismo comezou a ter un carácter máis político, pero era moi minoritario,

representado por personalidades como Alfredo Brañas.

Á partir da última década do século XIX, como se refire o autor do texto: “a situación

cambia cualitativamente”. Isto foi debido a varios factores: O desastre do 98, onde

España perderá as últimas colonias; “o problema de Marrocos”, logo de que na

Conferencia de Alxeciras (1906) Francia e España repartíranse Marrocos, quedando o

noso país coa franxa norte co posterior desenlace da guerra de Marrocos (1909-1927);

consolidación do movemento nacionalista en Cataluña e o País Vasco, sen ningunha canle

de negociación por parte dos partidos de quenda.

O desastre do 98 provocou que España vivirá unha das máis graves crises de conciencia

da súa historia. Mentres, Europa vive un longo período de paz e de desenvolvemento

económico, unha España atrasada e illada internacionalmente non vai ser capaz de conter

o irresistible empuxe do imperialismo norteamericano. Todo isto provocou que o estado

español recibise crecentes críticas dos sectores opositores (republicanos, socialistas,

nacionalistas), desencadeando na mutación dos rexionalismos a nacionalismos.

Os movementos nacionalistas sempre resultaron potencialmente moi perigosos para a

estabilidade e o suposto benestar dos réximes. O fracaso da "conciencia española" que

seguiu ao Desastre de 1898, que se traduciu nunha certa vergoña de ser español, foi o

mellor viveiro do que se alimentaron estes partidos vascos e cataláns. Véxase o caso do

nacionalismo catalán, que supo aproveitar o erro que cometeu o canovismo ao non

conseguir integrar ás burguesías periféricas, sendo a burguesía industrial unha das bases

sociais de maior importancia do catalanismo, unha burguesía que reclamaba un poder

político que fose acorde coa súa forza económica.

En relación ao nacionalismo español, o auto menciona que nace“por reacción contra a

emerxencia de nacionalismos alternativos”. O desastre do 98 é un feito que marca a

traxectoria da identidade española, xa que comeza a verse unha conciencia antimilitarista

e a antiimperialista, que estiveron en auxe logo de que se producira a derrota cubana, que

resultando moi complicado a existencia dun nacionalismo único español.

No caso catalán, fundase a Lliga Rexionalista en 1901, un partido laico, moderado e

monárquico fundado por Francesc Cambó e Prat da Riba, e que tería un enorme

protagonismo durante as primeiras décadas do século XX. De feito, a Lliga impúxose

claramente nas eleccións municipais dese mesmo ano e sería durante moitos anos o

partido maioritario en Cataluña. O programa da Lliga, con todo, ía máis aló do

estritamente catalán. A súa lema era "unha Cataluña libre nunha España grande", na idea

de que as burguesías periféricas estaban mellor capacitadas que as madrileñas para dirixir

España. Reivindicaba para o conxunto de España a revisión do sistema fiscal e a reforma

da administración local, así como o ensino da lingua catalá nas escolas. Era, sen dúbida,

o gran partido da burguesía catalá. A pesar de todo, accedeu en 1906 a entrar nunha

coalición de partidos republicanos e catalanistas de esquerdas, a chamada Solidaritat

Catalá, que empezou a xestarse co asalto dos militares a revista satírica Cut Cut. Desde

ese momento, Cataluña actuaría á marxe do sistema canovista.

Cambó, nalgún outro momento, pretendeu desafiar ao réxime, ao convocar en 1917 unha

Asemblea de Parlamentarios co loable propósito de que o corpo lexislativo representase

a vontade nacional dunha vez por todas, e non os intereses dos caciques. Cambó, aliado

naquela ocasión coa esquerda liberal e republicana, chegou a esixir unha nova

Constitución que puxese fin á corruptela do réxime. A estratexia deu os seus froitos: en

1914 creouse a Mancomunidade de Cataluña, un organismo semi–autónomo con

competencias en política económica e fiscal, formado pola unión das catro deputacións

catalás. O seu primeiro presidente foi Prat da Riba. Como alternativa esquerdista á Lliga,

o nacionalismo radical e democrático fará acto de aparición nos anos vinte, cando a

demanda dunha verdadeira autonomía xeneralízase. A maiores, fúndanse partidos como

a Federación Democrática Nacionalista, Acció Catalá, Estat Catalá e agrupando a todos,

en 1931 aparece a Esquerra Republicana de Catalunya.

No País Vasco o nacionalismo foi máis radical que en Cataluña. Sabino Arana, fundador

en 1894 do Partido Nacionalismo Vasco (PNV) reclamaba a devolución dos foros vascos,

suprimidos en 1876. Arana, nalgún momento da súa mocidade chegou a propoñer a

independencia do País Vasco, porque segundo as súas palabras, "Euskadi non pode ser

dependente de España aos ollos de Deus". O seu proxecto era entón o dun Estado

independente e teocrático ao servizo da Igrexa católica. Estariamos a falar por tanto dun

nacionalismo profundamente católico e conservador (a súa lema era "Deus e foros"), que

mitifica o caserío e a vida rural, a suposta raza vasca e que odia o capitalismo e o mundo

moderno.

A pesar de todo, Arana tivo a habilidade de evolucionar desde as posicións intransixentes

do racismo vasco cara a outras máis moderadas e pragmáticas. Pouco antes de morrer,

Arana fundaba a liga dos Vascos Españolistas, o que supoñía abrazar as posicións

autonomistas que ata entón rexeitara en nome do independentismo. Desde case o

principio, conviviron dous bloques dentro do PNV, un moderado e un radical, aínda que

xeralmente impuxéronse os primeiros. Aínda así, o nacionalismo vasco durante este

período só será realmente influente en Biscaia.

En Galicia o nacionalismo non contaba con unha burguesía económicamente

desenvolvida, polo que tivo unha fonda raíz cultural e lingüística, e non se articulou

politicamente ata a II República. De feito, os maiores fitos do galeguismo foron a

Solidariedade Galega e as Irmandades da Fala, as cales eran asociacións de intelectuais,

pero non un partido político. Finalmente, en 1909, fúndase O Partido Nacionalista

Galego, que apenas terá incidencia na vida da rexión.

Para concluír, cabe destacar que tras o repregamento da ditadura de Primo de Rivera, na

IIª República acelerouse a loita polas autonomías, a pesar do bloqueo que realizaron os

gobernos radical– cedistas, defensores dun Estado unitario: O Estatuto de Nuria foi

aprobado en setembro de 1932, tras algunhas modificacións. O estatuto vasco foi

concedido o 1 de outubro de 1936, xa en plena Guerra Civil. O Estatuto Galego non puido

ser aprobado no Parlamento polo estalido da Guerra Civil. Todos eles abriron o modelo

para seguir tras o fin do franquismo e a chegada da Democracia.

No hay comentarios
Esta solo es una vista previa
3 páginas mostradas de 6 páginas totales
Descarga el documento