

Study with the several resources on Docsity
Earn points by helping other students or get them with a premium plan
Prepare for your exams
Study with the several resources on Docsity
Earn points to download
Earn points by helping other students or get them with a premium plan
en el primer trimestre de historia, las composiciones de 2 Bach
Typology: Schemes and Mind Maps
1 / 2
This page cannot be seen from the preview
Don't miss anything!


A crise da monarquía absoluta Tras a morte de Carlos III, Carlos IV ocupa o trono, 1788 - 1808. O reinado de Carlos IV comeza como unha continuidade do reformismo ilustrado do seu pai, mantendo incluso ao ministro: Floridablanca. A ilustración comeza a ser considerada unha ameaza despois de que en 1789 estoupe a Revolución francesa o que fai que Floridablanca abandone o seu reformismo e céntrese en protexer a España e á monarquía. A modo de reacción, adóptanse unha serie de medidas para previr a extensión da revolución. Entre elas destacan as seguintes: prohíbese aos estudantes españois estudar no extranxeiro, limítase a movilidade dos extranxeiros por España, establécense tropas na fronteira, aos primeiros refuxiados franceses prohíbeselles vivir en Madrid e prohíbense tanto a publicación de novas relacionadas con Francia coma a entrada de publicacións francesas. Coma consecuencia, produciuse a ruptura das relacións con Francia polo que o rei destitúe a Floridablanca e en 1792 Manuel Godoy chega ao cargo de Primeiro Ministro. Tras a execución de Luís XVI en 1793, Godoy considera que é momento de declararlle a guerra a Francia: a Guerra da Convención. Entre os motivos dela destacan tanto a defensa da familia Borbón e do absolutismo como a demostración de poder político e militar da monarquía española. A pesares dos éxitos iniciais, os franceses remataron por penetrar en territorio peninsular atacando localidades do norte. España é derrotada no 1795 e Godoy firma a Paz de Basilea. As relacións con Francia quedan rotas pero intentaranse recuperar, pois España non pode facer fronte por sí soa aos ataques ingleses contra os seus intereses coloniais e comerciais. Napoleón Bonaparte goberna en Francia desde 1799, feito que condicionará a política española. Napoleón leva a cabo unha serie de campañas militares contra os inimigos da revolución e contra outros países que pretende incorporar ao seu Imperio. Pero nese plan, atópase coa resistencia británica. Ante a imposibilidade de conquistar Gran Bretaña, en 1806 Napoleón decreta o seu bloqueo continental. Ao non poder invadila, tentará afundila economicamente. Mais dous factores fan que este bloqueo non teña éxito: o comercio colonial británico non se ve afectado e Portugal, firme aliado británico, non respecta dito bloqueo. Francia querrá invadir Portugal e para lograrlo fírma un novo tratado franco-español: o Tratado de Fontainebleau de 1807. España permitiría o paso das tropas francesas cara Portugal e, unha vez conquistado, o país sería repartido entre España e Francia. A entrada das tropas francesas en territorio español ten coma reacción un enfrontamento entre o rei Carlos IV e o seu fillo Fernando que desemboca no Motín de Aranjuez en marzo de 1808. O motín foi unha rebelión popular, alentada desde a corte, na que incluso participa
o príncipe Fernando, que acaba coa destitución do valido e a abdicación de Carlos IV a favor do seu fillo Fernando VII. Fernando, novo rei, non lle ía permitir a Napoleón entrar en territorio francés. Ante esta situación, Napoleón convoca á familia real española á localidade francesa de Bayonne onde obriga a Fernando a devolverlle a coroa ao seu pai. Poucos días despois obriga a este a abdicar a favor do propio Napoleón. Estas son as chamadas abdicacións de Bayonne. Mais tras recibir a coroa española, Napoleón cede o trono ao seu irmán Xosé Bonaparte, que será coroado rei de España como Xosé I. Coa entrada de novas tropas francesas en España prodúcese a reacción da poboación. Deste xeito iníciase a Guerra de independencia, 1808 – 1814, que terá unha dobre vertente: militar e política. Un grupo de notables, convocados por Napoleón, reúnense co obxectivo de elaborar unha constitución similar á francesa con poder monárquico e fundamentada no dereito dos cidadáns. Napoleón preséntase como a solución aos problemas españois, pois ía escoitar aos seus representantes. Mais tras a súa declaración de intencións, a sociedade reacciona. Hai unha minoría que se posiciona a favor da invasión, son os afrancesados. Atenden a diversos motivos: persoais, para manter ou conseguir unha posición política e ideolóxicos, pois hai quen considera que a influencia e os cambios que Napoleón planifica realizar son o que España necesita para saír do seu atraso. A postura maioritaria é de rexeitamento ante a invasión. Aos que defenden esta postura se lles denomina patriotas e é un grupo moi diverso. Existe unha reacción violenta, Guerra de Independencia, e unha reacción política, a creación das xuntas de defensa. En todo o territorio xorden grupos armados que serán os que se enfronten ás tropas napoleónicas. A súa composición era do máis diverso, dende campesiños ata burgueses e incluso un certo número de soldados. No campo loitábase nas guerrillas, pequenos grupos armados ben coñecedores do terreo e gran mobilidade que tiñan coma obxectivo crear un clima de medo e inseguridade nos invasores. Nas cidades a poboación intenta resistir refuxiándose tras as súas murallas. Por outra banda, desde maio de 1808 nas principais cidades españolas, paralelamente á guerra, xorden xuntas provinciais de defensa. Estas xuntas convértense nun goberno paralelo ao francés, pois non aceptan as autoridades e institucións francesas. A súa composición é diversa, mais están unidos por un obxectivo común. Hai un claro predominio dos grupos privilexiados pero tamén hai burgueses, soldados e funcionarios. Asumen as funcións de gobernar o territorio, abastecer á poboación e coordinar a resistencia contra os franceses. Finalmente, o número de xuntas provinciais crece, aparecendo a necesidade da creación dunha Xunta Central. Nun primeiro momento situada en Madrid mais trasladouse a Cádiz. Esta, tras a súa decisión de autodisolverse convoca as Cortes a cal será a responsable da elaboración da primeira constitución da historia española: a Constitución de 1812.