

Study with the several resources on Docsity
Earn points by helping other students or get them with a premium plan
Prepare for your exams
Study with the several resources on Docsity
Earn points to download
Earn points by helping other students or get them with a premium plan
composiciones en 2 Bach de historia
Typology: Schemes and Mind Maps
1 / 2
This page cannot be seen from the preview
Don't miss anything!


A revolución Gloriosa e a constitución de 1869 O reinado de Isabel II, 1833-1868, é o periodo no que o sistema liberal se consolida en España, pero tamén no que se produce o enfrontamento entre as dúas tendencias liberais: moderada e progresista. No reinado de Isabel II sae vencedora a tendencia liberal moderada, pois ocupan máis tempo o poder. Pero os progresistas non se resignan a quedar afastados do poder e ao longo deste periodo protagonizarán diferentes pronunciamentos para lograr chegar ao goberno. Tras un breve periodo de goberno progresista, o bienio progresista, 1854-1856. Unión Liberal e os moderados conseguen poñer fin a ese periodo para dar paso a unha nova etapa moderada, 1856 - 1868. En relación á política, vólvese á constitución de 1845 que garante o poder da raíña e o control moderado sobre as institucións grazas a un sufraxio censatario. A raíña elixe goberno decantándose por ministros moderados e para votar ou ser presentado candidato, era preciso ter unha certa posición económica, favorecendo así á alta burguesía. Polo tanto, os moderados son maioría nas Cortes. A volta dos moderados ao poder tamén significa a volta da corrupción. Hai unha elite política que ocupa os cargos de poder de maneira case permanente. Estes están rodeados de camarillas, grupos de achegados, familiares e amigos, que se aproveitan do seu poder para conseguir favores e beneficios. Ante isto, medra a idea de que a raíña é a verdadeira culpable e responsable desta corrupción pois é ela quen a permite. Esta situación política coincide cun momento de crise económica derivada dunha sucesión de malas colleitas que provocan escaseza, carestía e fame. Ademais, prodúcese en EE.UU. a Guerra de Secesión que encarece a producción de algodón, afectando negativamente á producción textil catalá. Tamén chega a súa fin o ciclo expansivo do ferrocarril, afectando a todos os sectores implicados no proceso. Neste contexto de descontento político e de crise económica aumentan as críticas contra a raíña Isabel e os moderados. Teñen lugar intentos de pronunciamento, pero fracasan. O xeneral Juan Prim, progresista, une á oposición da raíña conseguindo a firma do Pacto de Ostende, 1866. Reúnense representantes do Partido Progresista e do Partido Demócrata que acordan expulsar a Isabel II do trono, convocar eleccións a Cortes por sufraxio universal masculino e que estas novas Cortes elaboren unha nova constirución. Isto culmina en 1868 cando o almirante Topete se subleva en Cádiz. O levantamento pronto se xeneraliza baixo o berro “Abaixo os Borbóns!”. O apoio que recibiron os oficiais sublevados foi militar, pois a Topete únense outros xenerais como Serrano e Prin, pero tamén civil: progresistas, demócratas e incluso as incipientes asociacións obreiras únense, dándolle ao pronunciamento unha gran forza. Nas principais cidades xorden xuntas revolucionarias que sustitúen nas principais cidades ás autoridades isabelinas. Crean un novo poder en mans de progresistas, demócratas e representantes das clases populares. Neste contexto comeza a considerarse o que está sucedendo en España como unha revolución, de feito será bautizada como “A Gloriosa” por aqueles que a viviron. Isto débese á forza do
levantamento, tanto polo seguimento militar como polo apoio civil. Ademais, por primeira vez búscase expulsar a un rei, neste caso raíña, do trono. Isabel II marcha do país ante este levantamento comenzando un novo período, o Sexenio democrático, 1868-1874. A marcha da raíña Isabel II provoca un baleiro de poder e para ocupalo formouse un Goberno provisional integrado por membros do Partido Progresista e Unión Liberal. Deixouse fóra aos demócratas e ás clases populares. Ademais, unha das súas primeiras medidas foi a disolución das xuntas revolucionarias por medo á radicalización dos acontecementos. A burguesía progresista temía perder o seu control a causa dos demócratas, máis próximos ás reivindicacións das clases populares. Convocáronse eleccións a Cortes mediante sufraxio universal masculino. Será en 1869 cando se celebren. Resultou gañadora a coalición formada por progresistas e unionistas encabezada por Prim. Estas Cortes, como representantes da Nación depositarias do poder lexislativo, redactarán e aprobarán a nova constitución de 1869. A Constitución de 1869 é unha constitución progresista. Sinal diso é que comeza establecendo os dereitos e obrigas dos cidadáns. Recolle a presunción de inocencia, a involavilidade do domicilio o dereito á propiedade privada e o dereito ao voto, o cal é por sufraxio universal masculino. Ademais, menciona a liberdade de expresión, o dereito de reunión, o dereito de asociación e a liberdade relixiosa, a pesares de establecer que a Nación española ten relixión oficial e é a católica. En canto ás obrigas, os españois están obrigados a defender a patria coas armas e a contribuir cos impostos. Establece que España é unha monarquía. A soberanía é nacional e hai unha división plena de poderes. O poder executivo é do rei, o poder lexislativo reside nas Cortes e o poder xudicial corresponde aos tribunais de xustiza. Coma a constitución de 1869 establece que España vai seguir sendo unha monarquía, ten que haber un rei. Xorden así varias posibilidades, pero finalmente, a maioría progresista e unionista impón a idea de buscar un rei estranxeiro que sexa aceptado a nivel europeo e que se comprometa a vir a España a gobernar coa constitución. O elixido para ocupar o trono español será Amadeo de Savoia. O seu reinado será un breve periodo, 1871-1873, debido á complexa situación política coa que se atopa o novo rei. A oposición ao rei vai en aumento. Ademais, hai unha nova guerra carlista no norte peninsular. Paralelamente en Cuba estoupa tamén unha guerra para lograr a independencia. Ante estas dificultades o rei non ten apoios porque, aínda que todos os partidos din querer a España e procurar o seu ben, o que en realidade fan e enfrontarse e loitar constantemente entre eles. Esta situación é a que leva a Amadeo I a renunciar ao trono. A renuncia de Amadeo I provoca un novo e encendido debate nas Cortes quenes rematan por aprobar a proclamación da Primeira República española.