


Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Ciudad A Coruña libre tardia de
Tipo: Resúmenes
1 / 4
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!



A Coruña María Xosé Silvar, ‘Ses’ | “Nacín en Elviña pero pacín moito en Monte Alto” Doda Vázquez 15/06/2025 13: Compartir en WhatsappXFacebookBluesky A cantautora María Xosé Silvar (A Coruña, 1982) defínese como unha persoa de barrio, no bo sentido da palabra: “As persoas de barrio parecémonos máis ás persoas dunha vila que dunha cidade – explica–; é menos loitar para todo: loitar para aparcar, loitar para camiñar. Nós non loitamos para nada”. Criada en Elviña “pero na Segunda Fase”, cos seus avós, fala con orgullo da zona, na que non pode dar nin dous pasos sen saudar un lote de veciños. Por que Ses? Porque me chamo María Xosé e chámannos Se, Sesiña, Sesi. Miña nai é da Costa da Morte e alí chámanme Sesi e Seíña, pero miña nai chamábame Ses, é o nome da infancia. A primeira persoa coa que traballei na música foi con Touriñán e gustáballe moito como me chamaba miña nai e un pouco escolliuno el, se che digo a verdade. Como foi a súa infancia aquí no barrio? Era un barrio dos anos oitenta, criábamonos na rúa, non había un pai de cada un de nós no parque, os parques eran de cemento, os columpios, de ferro... Había xiringas, lembro que nos ensinaban a collelas cun papel. Era unha infancia moi libre. Todos eramos fillos de clase obreira, estabamos na rúa, subías polo bocadillo e volvías baixar... Recordo todas as tardes xogando no parque, e subir ver Songoku. E así eran os días, un tras outro. Cal son as súas lembranzas da época do colexio?
O parvulario lémbroo con moito cariño, porque tiña unha profesora moi cariñosa, Geli. E logo no colexio, un profesor de Ciencias, don Roca. Aprendín a bailar, a cantar e a tocar no colexio. Durante tres días á semana. Probablemente, non me tería dedicado á música se non tivera ido a ese colexio. O que máis lembro é iso, as tardes cantando e bailando. Fala do profesor de Ciencias pero vostede foi por outro camiño. Por que escolliu letras? Se non me dedicara ao que me dedico tería intentado a docencia e a investigación, nun ámbito entre a lingüística e a antropoloxía. E, ao final, por casualidades da vida... Teño lido nalgunha entrevista que se define máis como contante que como cantante. Eu non son cantante. En absoluto, porque os cantantes cantan ben. Eu carezo da calidade esa e, aínda que me gusta cantar, o que realmente me gusta é facer cancións. Cantante non é un termo co que me identifico. Identifícome máis como cantora ou cantautora. Como eses dos anos oitenta: Violeta Parra, Atahualpa Yupanqui, Víctor Jara... Persoas que coa sonoridade folclórica fixeron canción de autor. E todos eses que cita son, ademais de cantautores, activistas. E, dalgunha maneira, tamén vostede leva iso dentro... Non me considero en absoluto activista. Hai unha frase que utilizo moito: “Non vexas virtudes miñas nos defectos alleos”. Trátase máis ben de que eu non escondo nada. E non é o normal falar do que opinas e posicionarse. Vivo transparentemente os meus posicionamentos. E, cando escribes, falas do que che interesa e a min sempre me interesaron os posicionamentos sociais. Se teño unha paixón, esa é o ser humano. Son demasiado permeable e demasiado intensa nese sentido. Pero moitas veces fala de temas que non son tan habituais nas cancións... Eu non decido sobre o que vou escribir. Vanme pasando cousas e escríboas. Escribo e despois miro o que escribín. Ás veces, incluso falando de amor, utilizo metáforas que teñen que ver co espectro político. Non é tanto un quero facelo como que son unha compositora visceral. E non me dá vergoña. Son orfa de pai dende moi nena e crieime cos avós aquí no barrio, escoitando música doutra xeración, que era normal que antes de cantar che explicaban e a min tamén me gusta explicar de onde nacen as cancións, porque creo que chegan moito mellor. E iso, ás veces, ten un prezo. Si, e pagueino. Estouno pagando. Pero sería moitísimo peor durmir sobre unha almofada suxa. Ademais de Elviña, que outros barrios ten?
impacta pero a idiosincrasia mantense bastante. Eu vivín cinco anos no centro da Coruña e a min non me saudaba ninguén. Véxoa moi fan dos barrios pero que pensa do centro? Eu son moi fan do centro. Cando chegas en barco, por exemplo, a cidade é fermosísima e se non o normalizasemos... Sempre penso que se eu fora de Cidade Real e chegase e vira este sitio nun solpor de xullo con esa cristalada toda... A Cidade Vella é unha fermosura, a rosaleda, a Pescadería... O que pasa é que busco o social e cultural máis que o paisaxístico ou arquitectónico. En Colombia vin a serra de Santa Marta e claro que flipei pero eu fun ver o Festival Vallenato de acordeón (ri). Xa o dixo antes que se algo a namora é o ser humano. O que me gusta é falar cos vellos. Os sitios son a xente, aínda que despois quede marabillada coas paisaxes, e A Coruña é unha cidade moi bonita. Ti imaxina que non somos daquí e ves esa Torre, o monte de San Pedro, o teatro Rosalía de Castro... flipabamos. Se lle deran unha máquina do tempo, a que época iría? Á metade do século XIX e que me puxeran no peirao cos barcos, as peixeiras, as redeiras... Poder ver como falaban, como traballaban, como se vestían. Ver iso.