Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Comentario crítico de textos, Apuntes de Lengua y Literatura

Pautas para o comentario crítico de textos

Tipo: Apuntes

2022/2023

Subido el 13/08/2025

maria-cristina-breijo-pena
maria-cristina-breijo-pena 🇪🇸

20 documentos

1 / 2

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
COMENTARIO CRÍTICO DE TEXTOS
O
texto
defínese como unha
unidade de comunicación concluída e autónoma
, e
presenta os seguintes
trazos
:
Ten independencia semántica plena, posúe sentido completo.
Presenta cohesión, está estruturado en partes relacionadas entre si.
Ten coherencia, a información ofrécese cunha progresión e unha orde lóxica.
Emítese nun contexto determinado, que lle o seu sentido; son importantes para a
súa interpretación o emisor, o receptor, a situación na que se emite, as referencias ao
mundo real etc.
Posúe unha intención comunicativa (informar, convencer, explicar, entreter etc.).
.
Metodoloxía do comentario crítico de textos
Realizar un
comentario crítico dun texto
supón elaborar un
texto expo
sitivo no que se
expliquen as súas características fundamentais e se faga
unha
interpretación e análise das
ideas
contidas no mesmo
1.
Para comezar
Hai que realizar, como mínimo, un par de lecturas do texto que imos comentar.
Na primeira delas intentaremos comprender perfectamente o sentido do mesmo, buscaremos
no dicionario todas as palabras e expresións descoñecidas. Para referírmonos posteriormente ao
texto n ume raremo s as súas liñas, de cinco en cinco.
Na segunda lectura destacaremos, subliñándoas, as ideas principais e as secundarias
dependentes delas e intentaremos dividir o texto en partes tendo en conta o seu contido.
2.
A estrutura do texto
Débese sinalar como se organiza o contido do texto en ideas principais, ideas secundarias e as
relacións que manteñen entre elas. A resposta debe presentar forma
dun
esquema sen excesivas
subdivisións.
Habitualmente os parágrafos determinan en gran medida a estrutura do texto e conteñen, cada
un deles, unha idea principal e outras secundarias.
Parágrafos dedutivos: a idea principal está ao principio do parágrafo e a continuación as ideas
secundarias dependentes desta primeira que conteñen as razóns, argumentos ou conclusións que
se extraen da principal.
Parágrafos indutivos: parten de ideas que conteñen probas, datos ou constatacións das que se
induce unha afirmación que se fai ao remate e que constitúe a idea principal. Parágrafos
mixtos, unha combinación dos dous anteriores.
Tamén existen parágrafos que conteñen máis de unha idea principal.
A estrutura xeral do texto está habitualmente en relación coa división en parágrafos.
Xustificaremos a opción elixida (por que hai, por exemplo, dúas partes, e non unha ou tres ou as
que sexan) e precisaremos en que liña comeza e remata cada unha delas.
pf2

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Comentario crítico de textos y más Apuntes en PDF de Lengua y Literatura solo en Docsity!

COMENTARIO CRÍTICO DE TEXTOS

O texto defínese como unha unidade de comunicación concluída e autónoma , e presenta os seguintes trazos :

 Ten independencia semántica plena , posúe sentido completo.  Presenta cohesión , está estruturado en partes relacionadas entre si.  Ten coherencia , a información ofrécese cunha progresión e unha orde lóxica.  Emítese nun contexto determinado , que lle dá o seu sentido; son importantes para a súa interpretación o emisor , o receptor , a situación na que se emite, as referencias ao mundo real etc.  Posúe unha intención comunicativa (informar, convencer, explicar, entreter etc.).

. Metodoloxía do comentario crítico de textos

Realizar un comentario crítico dun texto supón elaborar un texto expo sitivo no que se expliquen as súas características fundamentais e se faga unha interpretación e análise das ideas contidas no mesmo

1. Para comezar

Hai que realizar , como mínimo, un par de lecturas do texto que imos comentar.

Na primeira delas intentaremos comprender perfectamente o sentido do mesmo, buscaremos no dicionario todas as palabras e expresións descoñecidas. Para referírmonos posteriormente ao texto numeraremos as súas liñas, de cinco en cinco.

Na segunda lectura destacaremos , subliñándoas, as ideas principais e as secundarias dependentes delas e intentaremos dividir o texto en partes tendo en conta o seu contido.

2. A estrutura do texto

Débese sinalar como se organiza o contido do texto en ideas principais, ideas secundarias e as relacións que manteñen entre elas. A resposta debe presentar forma dun esquema sen excesivas subdivisións.

Habitualmente os parágrafos determinan en gran medida a estrutura do texto e conteñen , cada un deles, unha idea principal e outras secundarias.

Parágrafos dedutivos: a idea principal está ao principio do parágrafo e a continuación as ideas secundarias dependentes desta primeira que conteñen as razóns, argumentos ou conclusións que se extraen da principal.

Parágrafos indutivos : parten de ideas que conteñen probas, datos ou constatacións das que se induce unha afirmación que se fai ao remate e que constitúe a idea principal. Parágrafos mixtos , unha combinación dos dous anteriores.

Tamén existen parágrafos que conteñen máis de unha idea principal.

A estrutura xeral do texto está habitualmente en relación coa división en parágrafos. X ustificaremos a opción elixida (por que hai, por exemplo, dúas partes, e non unha ou tres ou as que sexan) e precisaremos en que liña comeza e remata cada unha delas.

O xénero ao que pertence o texto (literario, xornalístico etc.) tamén condiciona a organización do contido. Numerosos textos xornalísticos de opinión adoptan un método de exposición dedutivo cunha organización canónica: tese ao comezo, desenvolvemento no medio e conclusión ao final; outros seguen o proceso inverso (método indutivo).

3. Resumo do texto

O resumo non debe confundirse co tema. Sería o desenvolvemento lóxico do esquema elaborado anteriormente: unha redacción na que se relacionen as ideas substanciais do esquema, omitindo as ideas complementarias.

Características que un bo resumo debe reunir:

 ser breve, preciso e claro : non debería superar o 25 % do texto orixinal;  estar redactado coa nosa propia linguaxe : non co piaremos oracións ou expresións do texto;  recoller o contido substancial do texto : limitarémonos ás ideas principais , prescindindo dos detalles e sen incluír valoracións persoais.

4. O tema

É unha frase que sintetiza ou engloba todo o texto , isto é, unha exposición moi breve da idea central do escrito. Para lograrmos unha boa enunciación do tema, p r e s c i n d i r e m o s dos detalles do resumo para quedarnos coa intención do/a autor/a , co que quixo dicir ao escribir o texto.

Un bo tema ha de ser conciso (unha frase breve sempre que sexa posíbel), claro e concret o. Un procedemento válido para elaborar a idea fundamental do texto é comezar a formulación por un substantivo abstracto seguido de complementos : Perigos da enerxía nuclear.

5. Comentario crítico

O comentario crítico do contido do texto debe abranguer os seguintes aspectos:

Localización do texto : detallarase brevemente o/a autor/a, a obra, emisor e receptor, circunstancias espazo-temporais etc.  Clasificación do texto , atendendo á modalidade textual (narración, descrición, diálogo, exposición ou argumentación), á finalidade (informativa, prescritiva, persuasiva, estética) e ao ámbito de uso (científico-humanístico, periodístico, literario, publicitario, xurídico- administrativo...).  Xuízo crítico do texto : trátase de expor un xuízo razoado asentindo, disentindo ou matizando o contido das ideas expostas no texto e a súa organización , con razóns de peso e rigor.  Asociación e relación do texto : hai que asociar o seu contido con outras facetas do noso saber. Interese do texto : con relación á súa época, corrente ou movemento; pola súa vixencia na actualidade; pola orixinalidade do contido, do enfoque ou da forma etc. Indicaremos os aspectos que se consideran de maior interese no texto