Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


COMPOSICIÓN 2 SELECTIVIDAD SIGLO XIX, Tesis de Bachillerato de Historia de España

composición 2 del siglo XIX, selectividad 20221

Tipo: Tesis de Bachillerato

2020/2021

Subido el 14/11/2022

carmensesto
carmensesto 🇪🇸

2 documentos

1 / 2

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
A presente composición de texto ten como tema central as Cortes de Cádiz
e a constitución de 1812. Paralelamente á guerra da Independencia,
desenvolveuse unha revolución política que tentou asentar as bases do
liberalismo e que tivo a súa mellor plasmación na obra das Cortes de Cádiz.
En primeiro lugar cómpre destacar que Napoleón decreta o Bloqueo
occidental para derrotar a Inglaterra. Portugal, ao negarse a acatalo, é invadido
por Francia que pactará con España, a través de Godoy (valido de Carlos IV) no
tratado de Fontainebleau (1807) as condición do paso das tropas francesas cara
Portugal. En 1808, as tropas napoleónicas entran en Españainiciándose a Guerra
da Idependencia.
A reacción popular contra os franceses, o desprestixio das autoridades
e o non recoñecemento da renuncia de Fernando VII nin da lexitimidade de Xosé
I, deu lugar á toma do poder por parte do pobo organizándose en Xuntas, que
tiñan como función gobernar (encher o baleiro de poder) e coordinar a defensa,
así é a primeira vez que podemos falar de “gobernó do pobo”.
Comenzaron tendo un ámbito local, posteriormente provincial, ata formar
a Xunta Suprema Central, transformada en 1810 no Supremo Consello de
Rexencia.Este convocou as cortes que finalmente se reuníron en Cádiz en 1810.
A celebración das Cortes de Cádiz estiveron compostas na súa mayoría
polos burgueses: profesións liberais (avogados, médicos, arquitectos),
comerciantes, funcionarios, intelectuais…, aínda que tamén era significativa a
presencia de nobres (militares) e eclesiásticos. Non asistiu ningún campesiño.
Ideolóxicamente podemos agrupar aos deputados en : absolutistas ou
realistas (defendían o Antigo Réxime, a sociedade estamental, a soberanía real,
ausencia de dereitos e liberdades para a ciudadanía…) ou liberáis ( partidarios
dos cambios, da sociedade igualitaria, da soberanía nacional, da ampliación de
dereitos e liberdades…)
As Cortes de Cádiz realizaron diversas obras lexislativas, encadradas no
liberalismo, entre as que destacan os decretos que significan o desmantelamento
económico e social do Antigo Réxime. Entre eles están : a abolición dos
privilexios da nobreza e do clero de orixe feudal: impartición de xustiza,
monopolios feudais..., o establecemento da propiedade privada, baseada na idea
de que tiña que ser libre e plena. Isto significaba a supresión das propiedades
vinculadas e amortizadas, o establecemento da liberdade de comercio, industria e
de contratación de traballadores (que supuxo a supresión dos gremios) e a
supresión do Tribunal da Inquisición.
A maiores, realizouse a Constitución de 1812 que é coñecida
popularmente como a Pepa por ter sido aprobada o 19 de marzo de 1812. Recolle
as ideas liberais aceptadas pola maioría dos deputados presentes en Cádiz e éa
obra máis importante das cortes, esta estaba baseada no liberalismo :
pf2

Vista previa parcial del texto

¡Descarga COMPOSICIÓN 2 SELECTIVIDAD SIGLO XIX y más Tesis de Bachillerato en PDF de Historia de España solo en Docsity!

A presente composición de texto ten como tema central as Cortes de Cádiz e a constitución de 1812. Paralelamente á guerra da Independencia, desenvolveuse unha revolución política que tentou asentar as bases do liberalismo e que tivo a súa mellor plasmación na obra das Cortes de Cádiz. En primeiro lugar cómpre destacar que Napoleón decreta o Bloqueo occidental para derrotar a Inglaterra. Portugal, ao negarse a acatalo, é invadido por Francia que pactará con España, a través de Godoy (valido de Carlos IV) no tratado de Fontainebleau (1807) as condición do paso das tropas francesas cara Portugal. En 1808, as tropas napoleónicas entran en Españainiciándose a Guerra da Idependencia. A reacción popular contra os franceses, o desprestixio das autoridades e o non recoñecemento da renuncia de Fernando VII nin da lexitimidade de Xosé I, deu lugar á toma do poder por parte do pobo organizándose en Xuntas, que tiñan como función gobernar (encher o baleiro de poder) e coordinar a defensa, así é a primeira vez que podemos falar de “gobernó do pobo”. Comenzaron tendo un ámbito local, posteriormente provincial, ata formar a Xunta Suprema Central, transformada en 1810 no Supremo Consello de Rexencia.Este convocou as cortes que finalmente se reuníron en Cádiz en 1810. A celebración das Cortes de Cádiz estiveron compostas na súa mayoría polos burgueses: profesións liberais (avogados, médicos, arquitectos), comerciantes, funcionarios, intelectuais…, aínda que tamén era significativa a presencia de nobres (militares) e eclesiásticos. Non asistiu ningún campesiño. Ideolóxicamente podemos agrupar aos deputados en : absolutistas ou realistas (defendían o Antigo Réxime, a sociedade estamental, a soberanía real, ausencia de dereitos e liberdades para a ciudadanía…) ou liberáis ( partidarios dos cambios, da sociedade igualitaria, da soberanía nacional, da ampliación de dereitos e liberdades…) As Cortes de Cádiz realizaron diversas obras lexislativas, encadradas no liberalismo, entre as que destacan os decretos que significan o desmantelamento económico e social do Antigo Réxime. Entre eles están : a abolición dos privilexios da nobreza e do clero de orixe feudal: impartición de xustiza, monopolios feudais..., o establecemento da propiedade privada, baseada na idea de que tiña que ser libre e plena. Isto significaba a supresión das propiedades vinculadas e amortizadas, o establecemento da liberdade de comercio, industria e de contratación de traballadores (que supuxo a supresión dos gremios) e a supresión do Tribunal da Inquisición. A maiores, realizouse a Constitución de 1812 que é coñecida popularmente como a Pepa por ter sido aprobada o 19 de marzo de 1812. Recolle as ideas liberais aceptadas pola maioría dos deputados presentes en Cádiz e éa obra máis importante das cortes, esta estaba baseada no liberalismo :

A Soberanía Nacional, que corresponde a tódolos españois, peninsulares e americanos. O pobo é, por tanto, o posuidor do poder o exerce por delegación mediante os seus representantes. Queda abolida a teoría da orixe divina do poder. A esto engádese o sufraxio universal masculino de tipo indirecto, é decir, os representantes políticos (deputados a Cortes, alcaldes) son elixidos polos cidadáns por medio do voto. A monarquía segue sendo a forma de goberno, pero o Rei está limitado pola Constitución. (Monarquía Constitucional). Ademáis establécese a separación de poderes : o poder executivo (Goberno) é exercido polo Rei, dado que ten a facultade de elixir ós ministros, o lexislativo exérceno as Cortes e o xudicial reside nos Tribunais de Xustiza. En conxunto, establécese a preeminencia das Cortes sobre o Rei. Realízase unha defensa dos dereitos e liberdades dos cidadáns espallados por toda a Constitución. Destacan: recoñecemento da liberdade (de opinión, de imprenta, económica…), a igualdade ante a lei (igualdade de oportunidades, pago de impostos proporcional á riqueza, servicio militar obrigatorio). Recoñécese a propiedade privada individual como un dereito básico e garantido polo Estado. Para asegurar a orde pública e a defensa das liberdades e da Constitución creábanse as Milicias Nacionais. Por último declárase a Relixión Católica como oficial e única autorizada e practícase o centralismo político. Os liberais impoñen unha única lexislación para todo o Reino e eliminan os particularismos dos antigos reinos. En síntese, trátase dunha Constitución revolucionaria dado que cambia radicalmente as bases sobre as que se asenta o sistema político e a sociedade. Está na mesma liña da Constitución dos EE.UU. de 1787 e das francesas de finais do s. XVIII .A súa eficacia práctica foi limitada pola oposición dos privilexiados e a que non conseguiu o apoio popular. De todas formas, ten unha importancia capital, non só por ser a primeira Constitución española, senón tamén por ser un punto de referencia política durante todo o s. XIX. Estivo en vigor ata 1814, cando é derrogada por Fernando VII e volveráse a poner en vixencia durante o trienio liberal (1820-23), ademáis empregouse como base para otras constitucións ( C. de 1837) aínda que no momento da súa aprobación tivo escaso apoio popular.