Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Conceptos artísticos ABAU, Apuntes de Historia del Arte

Conceptos artísticos que se necesitan saber para efectuar la prueba de ABAU, están en gallego

Tipo: Apuntes

2018/2019

Subido el 17/09/2019

aandyy_01
aandyy_01 🇪🇸

1 documento

1 / 12

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
1
Ábsida
Arco visigodo
Arco musulmán
CONCEPTOS ARTÍSTICOS PARA ABAU
A
- Ábsida: parte que sobresae na cabeceira dunha igrexa e onde
se sitúa o altar maior. Pode ter planta semicircular, poligonal,
cadrada…
- Altorrelevo: en escultura, relevo que sobresae
do fondo máis da metade do vulto.
- Aparello1 almofadado: peza rectangular abom-
bada no centro e afundida nas esquinas (como unha
pequena almofada) que está ben traballada. Os apa-
rellos dispóñense no muro de forma regular e ordenada. Moi em-
pregado no Quattrocento italiano.
- Aparello de cachotería: peza con forma irregular e sen traballar ou
traballada de forma basta. Os aparellos dispóñense no muro de forma
irregular e desordenada.
- Aparellode perpiaño: peza rectangular que está ben labrada. Os
aparellos dispóñense no muro de forma regular e ordenada.
- Arcobotante: arco exterior (aproximadamente a metade dun arco de medio punto) situado
por enriba das naves laterais que conduce o peso da bóveda da nave
central cara a contrafortes que, á súa vez, o levan ao chan. Propio do
Gótico.
- Arco apuntado: tamén chamado oxival. Consta de
dúas porcións curvas que forman un ángulo na clave.
Propio da arquitectura gótica.
- Arco de faixa: arco que sostén a bóveda e a separa
en tramos. Empezou a utilizarse na arte prerrománica asturiana e
acadará o seu auxe no Románico.
- Arco de ferradura: arco ultrasemicircular (supera un pouco o semicírculo).
Introducido en Hispania polos visigodos, acada o
seu auxe na arte hispano- musulmá, sendo
este arco máis pechado que o visigodo.
1 Cada unha das pezas que forman un muro
pf3
pf4
pf5
pf8
pf9
pfa

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Conceptos artísticos ABAU y más Apuntes en PDF de Historia del Arte solo en Docsity!

Ábsida

Arco visigodo Arco musulmán

CONCEPTOS ARTÍSTICOS PARA ABAU

A

- Ábsida: parte que sobresae na cabeceira dunha igrexa e onde se sitúa o altar maior. Pode ter planta semicircular, poligonal, cadrada… - Altorrelevo: en escultura, relevo que sobresae do fondo máis da metade do vulto. - Aparello^1 almofadado: peza rectangular abom- bada no centro e afundida nas esquinas (como unha pequena almofada) que está ben traballada. Os apa- rellos dispóñense no muro de forma regular e ordenada. Moi em- pregado no Quattrocento italiano. - Aparello de cachotería: peza con forma irregular e sen traballar ou traballada de forma basta. Os aparellos dispóñense no muro de forma irregular e desordenada.

  • Aparellode perpiaño: peza rectangular que está ben labrada. Os aparellos dispóñense no muro de forma regular e ordenada. - Arcobotante: arco exterior (aproximadamente a metade dun arco de medio punto) situado por enriba das naves laterais que conduce o peso da bóveda da nave central cara a contrafortes que, á súa vez, o levan ao chan. Propio do Gótico. - Arco apuntado: tamén chamado oxival. Consta de dúas porcións curvas que forman un ángulo na clave. Propio da arquitectura gótica. - Arco de faixa : arco que sostén a bóveda e a separa en tramos. Empezou a utilizarse na arte prerrománica asturiana e acadará o seu auxe no Románico. - Arco de ferradura : arco ultrasemicircular (supera un pouco o semicírculo). Introducido en Hispania polos visigodos, acada o seu auxe na arte hispano- musulmá, sendo este arco máis pechado que o visigodo.

(^1) Cada unha das pezas que forman un muro

Rebaixado Medio punto

Orde xónica Orde dórica

- Arco de medio punto: arco de forma semicircular. - Arco formeiro: arco que separa unha nave de outra. - Arco peraltado: arco un pouco máis alto que o de medio punto que se prolonga máis alá do semicírculo con dúas con liñas paralelas rectas. Ca- racterístico da arte prerrománica asturiana. - Arco rebaixado : arco un pouco inferior ao semicírculo. - Arquitrabe: parte inferior do entaboamento que se apoia directamente sobre a columna. É unha viga horizontal simple na orde dórica mentres que nas ordes xónica e corintia está formada por tres bandas horizontais cada unha das cales sobresae un pouco con respecto á inme- diata inferior. - Arquivolta: cada un dos arcos concéntricos que forman a portada dun edificio. A arquivolta máis afundida deixa un espazo no seu centro chama- do tímpano. Característica do Románico e do Gótico.

B

- Baixorrelevo: en escultura, relevo que sobresae do fon- do menos da metade do vulto.

Volutas

Follas de acanto

Ábaco Equino

Pequenasvolutas

Follas deacanto

Volutas Ovas

Ciborio

- Cadro de xénero : xénero pictórico creado no Barroco. Represéntanse esce- nas domésticas, intimistas, da vida cotiá protagonizadas por tipos populares. - Canon: conxunto de normas que establece as proporcións ideais do corpo humano. O canon de proporcións ideais foi creado no século V a.C. polo escultor grego Policleto na súa obra o Doríforo: é o canon das sete cabezas, se- gundo o cal a cabeza é a sétima parte do corpo pe- ro todas as partes deste deben ser proporcionais entre si e ao conxunto. No século IV a.C., o escul- tor Lisipo creará o canon das oito cabezas co Apoxiomenos. - Capitel composto : parte superior da columna composta, creada polos romanos. O capitel presenta unha mestura do xónico (volu- tas) e do corintio (follas de acanto). Aspecto naturalista. - Capitel corintio: parte superior da columna corintia (creación gre- ga). Formado por follas de acanto na parte inferior e pequenas volutas na superior. Aspecto naturalista. - Capitel dórico: parte superior da columna dórica (cre- ación grega). Formado por unha peza inferior en forma de disco (equino) e unha superior cuadrangular (ábaco). Aspecto xeométrico. - Capitel xónico: parte superior da columna xónica (creación gre- ga). Decorado con ovas na parte central e con formas enroscadas chamadas volutas nas partes laterais. Aspecto naturalista. - Ciborio: torre cadrada ou poligonal que se levanta sobre o cruceiro dun edificio. A súa función é iluminar o interior.

  • Claroscuro: técnica esencialmente pictórica (que tamén se aplica á escultura) que consiste en diferenciar as zonas de luz e de sombra. Pode ser moi contrastado (Barroco) ou sua- ve (Renacemento). O seu obxectivo pri- mordial é producir sensación de profundi- dade.

CORNIXA

Semiesféricas Octogonal De cuarto deesfera

- Clave dun arco: doela (peza en forma de cuña) central dun arco que, polo tanto, ocupa a posición máis alta. É a peza máis importante do arco. - Columna salomónica: soporte creado no Barroco. Presenta un fuste en espiral xeralmente decorado con follas de vide. Produce sensación de dese- quilibrio e de movemento ascensional. - Contraforte: soporte pegado ao exterior dun muro que serve para reforzalo e soportar o peso das cubertas curvas do interior da construción. - Contraposto: propio da escultura. Contraposición harmónica das extremidades do corpo que se produce cando unha delas está en tensión mentres a simétrica está relaxada e cando un brazo e a perna contraria están en tensión e o outro brazo e a perna contraria están relaxados. Foi creado en Grecia.

  • Cornixa: na arquitectura clásica, parte superior do entaboamento: é unha peza horizontal que sobresae por debaixo do tellado. Tamén se utiliza para separar os pisos dunha construción. - Cor plana : cor que se aplica sen claroscuros nin sombreados polo que non produce sensación de volume ou profundidade. - Cor primaria: cor que non nace da mestura doutras cores. As cores prima- rias son: amarela, azul e vermella. - Cor secundaria : cor que se obtén coa mestura de dúas cores primarias. As co- res secundarias son: verde (azul+amarela), laranxa (amarela+vermella), violeta ou anil (vermella+azul). - Cor complementaria: cor situada ao lado de outra que non entra na súa com- posición. As cores complementarias son: amarela e violeta (vermello+ azul) , azul e laranxa (vermello+amarelo), vermella e verde (azul+ amarelo). - Cúpula : cuberta semiesférica, po- ligonal ou de cuarto de esfera. Pode cubrir un espazo cilíndrico, cadrado, poligonal... As cúpulas semiesféricas e poligonais adoi- tan situarse no cruceiro e as de cuarto de esfera nas ábsidas. Chámase tambor ao anel situado debaixo da cúpu- la que axuda a sostela e lle dá maior altura. - Curva praxiteliana: curvatura que se imprime ás cadeiras das figuras pro- vocando sensación de desequilibrio e un aspecto efeminado e ambiguo. Debe o

Dórico Xonico ou corintio

- Estatua-columna: propia do estilo gótico inicial. Son esculturas que se adaptan á forma ci- líndrica do fuste da columna sobre a que se colocan, polo que presentan forma cilíndrica e gran estilización. Exemplo: estatuas-columnas das xambas da Catedral de Chartres. - Estatua ecuestre: escultura que representa a unha figura humana sobre un cabalo. - Estilo: conxunto de características propias dun artista, dunha época, escola ou zona xeográfica, que permiten identificar as obras feitas por ese artista, nesa época, escola ou zona xeográfica.

F

  • Friso: parte do entaboamento dunha orde arquitectónica situada entre o arquitrabe e a cornixa. Pode estar dividido en tríglifos e métopas no caso da orde dórica ou ser continuado no caso das or- des xónica e corintia. Adoita estar decorado con relevos. - Fuste: parte central da columna. Ten forma cilíndrica.

I

- Iconografía: descricion e identificación de imaxes, historias ou alegorías^2. - Iconoloxía: interpretación dos valores simbólicos que ten unha obra de arte - Imposta: peza horizontal que sobresae debaixo dun arco. A liña que forma chámase liña de imposta.

L

- Liña serpentinata: forma en espiral que adoptan as esculturas producindo grande sensación de desequilibrio. Propia do Manierismo.

M

- Ménsula: peza sobresaínte e decorada que soporta as cornixas ou aleiros. Cumpre unha tripla función: construtiva (soporta o peso da cornixa ou do aleiro), decorativa (ten decoración xeométrica, vexetal ou figurativa), e, sobre todo, pedagóxica. Caracterí s- tica do Románico.

(^2) Consisten en representar unha idea por medio de persoas, animais ou obxectos. Por exemplo, a xustiza adoita repre- sentarse como unha muller cos ollos vendados e sostendo unha balanza nunha man e na outra unha espada

Románico

- Métopa: peza cadrada do friso dórico intercalada entre dous trí- glifos. Adoita estar decorada con relevos. - Modelado: - En escultura consiste en dar forma e volu- me ás figuras. Cando as esculturas non están modeladas dise que son planas ou bidimensionais. - En pintura é todo aquilo que lle dá aspecto de vulto redondo ou de relevo(as luces e as sombras, as cores...).

N

- Nártice ou nártex: na arquitectura paleocristiá e bizantina é a nave transversal situada antes de entrar nunha basílica que estaba reservada aos neófitos ou catecúmenos (os que se es- taban iniciando na relixión cristiá). Nas igrexas románicas po- de identificarse co vestíbulo que precede á portada principal. - Natureza morta/bodegón: obra fundamentalmente pictórica que repre- senta seres inanimados (animais mortos, vexetais ou obxectos). Iní- ciase no Barroco.

P

- Paisaxe: xénero pictórico que reproduce directamente a Natureza ou que se inspira nela. A paisaxe sen figuras aparece no Barroco. - Parteluz: tamén chamado mainel. É un soporte vertical (a modo de piar) situado debaixo do tímpano (na parte central) que serve para soster o seu peso e que divide en dúas partes a porta ou a ventá. - Pendente: cada un dos catro triángulos invertidos situados debaixo dunha cúpula semiesférica que permiten apoiala sobre o espazo cúbico inferior. - Perspectiva xerárquica: consiste en que o tamaño dos personaxes dunha escena é proporcional á súa im- portancia. Así, o personaxe importante é de maior ta- maño ou máis alto que o resto: unha figura divina ma- ior que unha humana, un rei maior que un súbdito, etc. Moi empregada na arte exipcia e románica, aínda

que tamén se empregou noutras artes.

- Perspectiva aérea: creada por Leonardo da Vinci no Renacemento. Entre os obxectos e o observador existe unha masa de aire, por iso a medida que os

Paleocristiá

cancelo e situado a maior altura.

R

- Retrato: xénero escultórico ou pictórico que reproduce a imaxe dunha persoa ou dun grupo de persoas. Pode ser realista ou estar idealizado e pode tratar de plasmar a psi- coloxía da persoa. - Rosetón: abertura circular nun muro, pechada cunha vidreira decorada. É o símbolo da Virxe e de Cristo. Característico das Catedrais góticas.

T

- Técnica dos panos mollados: técnica escultórica creada polo escultor grego da Época clásica, Fidias, autor da decoración escultórica do Partenón. Consiste en representar as roupas como se estivesen molla- das e isto provoca dúas consecuencias: transparentar a anatomía e crear multitude de dobras na roupa de aspecto naturalista con direccións e volumes moi variados aportan- do sensación de movemento equilibrado. Esta técnica fai que a expresividade das figuras proceda das propias roupas non só dos corpos. - Tímpano : 1. Espazo delimitado por un frontón triangular. 2. Na portada dunha igrexa, espazo semicircular ou triangular delimitado polo lintel e as arquivoltas. - Torso: escultura que carece de cabeza e extremidades. - Tribuna: segundo piso que presentan algunhas igrexas situado por enriba das naves laterais e coa mesma anchura que estas. Comezou a utilizarse nas basílicas paleocristiás e acadou o seu auxe no Románico, sendo un dos elementos característicos das igrexas de peregrinación románicas. - Triforio: arcos xemelgos situados enriba das na- ves laterais ou da tribuna; detrás teñen un corredor moi estreito. Non debe confundirse coa tribuna, que posúe igual anchura que a da nave lateral sobre a que se sitúa. Xeralmente son tres arcos xemelgos, de aí o nome de triforio. Propio do Gótico.