

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Conceptos clave del siglo xix en españa, desde la colaboración de españoles con napoleón hasta el movimiento agrario. Se encuentran conceptos como los afrancesados, las abdicaciones de bayona, el tratado de valençay, la manifestación de persas, el pronunciamiento, la pragmática sanción, el estatuto real de 1834, la unión liberal, el sufraxio universal, el sufraxio censatario, la desamortización, el cantonalismo, el manifiesto de sandhurst, el sistema de quenda, el pucherazo, el encasillado, el caciquismo y el rexeneracionismo. Además, se incluyen conceptos relacionados como el ludismo y el agrarismo.
Tipo: Esquemas y mapas conceptuales
1 / 3
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!


Afrancesados: Españois colaboracionistas co goberno de Xosé I, irmán de Napoleón. Uns, influídos pola Ilustración aceptaron o cambio dinástico convencidos de que a colaboración con Napoleón era útil para a modernización de España, pois os últimos Borbóns demostraran unha notable incapacidade de goberno, outros son simples arribistas que aproveitan a oportunidade para poder ocupar postos importantes. Co regreso de Fernando VII serán perseguidos. Abdicacións de Bayona: Renuncias obrigadas ao trono do Reino de España efectuadas por Carlos IV e por Fernando VII ante o emperador Napoleón Bonaparte na cidade francesa de Bayona, o 5 de maio de 1808. O trono pasaría a Xosé I Bonaparte. Nunca foron coñecidas polas cortes de Cádiz. Tratado de Valençay: Acordo da localidade francesa de Valençay, o 11 de decembro de 1813, onde o emperador Napoleón I recoñecía a Fernando VII como rei de España, como consecuencia das derrotas sufridas na Guerra da Independencia. Permítese o regreso de Fernando VII a España e efectuábase o intercambio de prisioneiros. Tamén se establecía que os colaboradores do rei Xosé I non serían perseguidos. Este tratado non foi respectado na súa totalidade polas Cortes españolas. Manifestación dos Persas: Documento asinado por deputados (69) absolutistas das Cortes de Cádiz solicitando ao rei Fernando VII -que volveu, derrotado de do seu exilio- a nulidade da Constitución Liberal de Cádiz de 1812 e a volta ao absolutismo, o 12 de abril de 1814 en Madrid, a cuxa cabeza se atopaban Bernardo Mozo de Rosales e Juan López Reina. Pronunciamento: Tentativa revolucionaria, empregada polas faccións liberais, que pretende derrubar ó Goberno ou facer presión sobre el para que adopte reformas ou cambie o sistema político vixente. Tiña que contar co apoio de determinados xefes e forzas militares que se manifestaban e pronunciaban a favor desas peticións de cambio. Podía ir acompañado de revoltas populares nas cidades. Propia da España do s. XIX. Pragmática Sanción: Chamada así a Pragmática Sanción de 1830. Disposición do rei con rango de lei (Pragmática) que fora disposta por Carlos IV e aprobada polas Cortes en 1789, pero que non entrara en vigor pola falta de sanción real. Fernando VII a firma e fai pública no contexto de asegurar a descendencia para os seus futuros fillos/as. Vólvese á lei de sucesión tradicional española que permite reinar ás mulleres se non hai herdeiros homes elimínase a Lei Sálica imposta por Filipe V en 1713. Estatuto Real de 1834: Carta outorgada ou autolimitación do poder que fai a rexenta María Cristina. O seu artífice foi o liberal Martínez de la Rosa, ao que a rexenta confiara o Goberno para salvar o trono ante o avance carlista. O Estatuto fundaméntase nas leis tradicionais da monarquía, aínda que recoñecía algunhas liberdades, non foi elaborado nin aprobado polas cortes. Establecía un réxime baseado na soberanía do rei. As Cortes estaban formadas por dúas cámaras: a de próceres constituída por nobres, clérigos, e burgueses designados pola Coroa, e a de procuradores cuxos membros eran elixidos, por sufraxio censatario, entre as persoas que tiñan unha renda anual elevada.
Unión Liberal: Partido político español fundado por Leopoldo O’Donnell en 1858. Aparece en 1854 como una tendencia,non partido propiamente dito, formada polos moderados “puritanos” que estaban en desacordo co goberno extremadamente moderado dos anos 50 e algúns progresistas. De ideoloxía confusa, defenden a concordia, a estabilidade, afastar a raíña do excesivo moderantismo, o respecto á lei, a soberanía compartida, o centralismo, etc. Sufraxio Universal: Sistema electoral que outorga o dereito de voto aos cidadáns maiores de idade de acordo coas condicións de maioría de idade fixadas pola constitución e a lexislación electoral. En España instaurouse en 1868 e en 1890 aínda que só concernía aos homes. O voto feminino foi incorporado ao proclamarse a constitución republicana de 1931. Sufraxio Censatario: é o que limita o dereito para participar no sistema electoral a un número reducido de persoas en relación á súa riqueza, nivel de estudos, raza... Foi o máis utilizado durante o s. XIX ata 1890, excepto una paréntese durante o Sexenio Democrático. Desamortización : proceso xurídico que fixo posible a expropiación e/ou venda en pública subasta de bens que antes non podían venderse como os bens pertencentes ás mans mortas eclesiásticas, as terras de comúns e propios dos concellos, e outros pertencentes a diversas institucións ou do Estado. O proceso iniciase a finais do S. XVII e continúase no XIX ,sendo as principais as realizadas polos liberais progresistas Mendizabal, Espartero e Madoz. Cantonalismo : movemento de rebelión de carácter federalista que xurde en España na I República, aspiraba a dividir a cidade en cantón con capacidade de autogoberno. O seu obxectivo era implantar a república federal e levar o federalismo ata as últimas consecuencias: democracia directa, autonomía de municipios e deputacións, supresión de consumos e quintas, reparto da terra, anticlericalismo e defensa das clases medias e populares. Non cuestionaban a unidade de España. Manifesto de Sandhurst : Declaración do Príncipe Alfonso de Borbón, este ofrecese para voltar a España e encabezar unha monarquía constitucional de carácter conservador e católico que defendese a orde social e o funcionamento do sistema político-liberal. Días despois, o xeneral Martínez Campos pronunciouse con éxito Sagunto proclamando rei de España a Alfonso XII. Sistema de quenda : Alternancia no poder entre o partido conservador e o partido liberal durante a restauración borbónica (1875-1923.O poder non estaría en exclusiva nunha forza política estes partidos alternaríanse no goberno e a alternancia non podía depender das eleccións. Cando o partido gobernante sofre unha crise importante o rei nomea novo xefe de goberno ao líder do outro partido, disolve as cortes e convoca eleccións, que gañará, grazas ó fraude, o partido de goberno. Pucherazo: designa dun modo xeral a calquera manipulación electoral. O procedemento consistía na substitución masiva dos votos emitidos nunha urna en beneficio dun candidato concreto con fin de asegurarse o resultado electoral desexado polas autoridades e caciques para situar o encasillado no Parlamento. Era unha práctica habitual na restauración Borbónica para asegurar a alternancia entre partido conservador e liberal. Encasillado :operación realizada antes das eleccións ,as cortes no ministerio da Gobernación que facía as lisas correspondentes aos distritos electorais cos nomes dos candidatos que o goberno querían que saísen elixidos,do goberno e da oposición durante a Restauración Borbónica..Os