









Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: Gramática galega II, Profesor: Xosé Xove, Carrera: Lengua y Literatura Gallega, Universidad: USC
Tipo: Apuntes
1 / 17
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!










TAMARA RAMILO SOLIÑO MORFOLOXÍA GALEGA Curso 2011-
Ao longo destes últimos trinta anos levouse a cabo unha importante labor de estudo sobre a lingua galega por distintas vías. A descrición da súa gramática é un dos eidos nos que se leva traballado dende os anos setenta.
O presente traballo consiste na comparación e confrontación do tratamento das perífrases temporais nas seguintes gramáticas da lingua galega: a Gramática Galega de Rosario Álvarez, X.L. Regueira e H. Monteagudo (1986) (en adiante Gramática1986 ); a Gramática da lingua galega, II Morfosintaxe de Xosé Freixeiro Mato (2000) (en adiante GLG2000 ); e a Gramática da lingua galega de Rosario Álvarez e Xosé Xove (2003) (en adiante GLG2002 ).
En primeiro lugar procederei a elaborar un resumo do tratamento que se lle dá en cada gramática ás perífrases verbais e ao tema concreto das perífrases temporais, seguindo a orde de publicación das obras; en segundo lugar, procederei a facer unha comparación entre as tres, subliñando as diferenzas e as partes comúns.
A Gramática Galega de Rosario Álvarez, X.L. Regueira e H. Monteagudo recolle que as perífrases verbais son:
atopamos o tratamento das perífrases verbais, e concretamente das perífrases temporais. Deste xeito, Freixeiro Mato considera que as perífrases verbais son:
A. Criterio formal:
b. Segundo os seus constituíntes: A eventualidade dunha preposición ou conxunción de enlace permite clasificar as perífrases en:
B. Criterio significativo: Freixeiro Mato distingue entre perífrases temporais , aspectuais e modais.
No que se refire ás perífrases temporais, Freixeiro Mato recolle que todas as que existen en galego indican posterioridade respecto dun determinado punto de orixe. Recolle, pois, a evolución da futuridade desde o latín clásico, que remata coa desaparición do futuro sintético –feito ao que lle atribúe distintas causas que aquí non convén recoller en detalle-. Deste xeito, os medios de expresión da categoría de futuro en galego están en constante renovación. Neste sentido, Freixeiro Mato indica que, actualmente, o galego presenta unha serie de perífrases que poden indicar futuridade en xeral ou futuridade inmediata (sempre co infinitivo como forma auxiliada, pois é este, coa súa máxima tensión, o que ofrece unha perspectiva de realización futura).
A. Futuridade en xeral
Na Gramática da lingua galega de Rosario Álvarez e Xosé Xove (2003), recóllese que unha perífrase verbal é:
A. Posterioridade
a. Significado só `modal´: sobre todo co IPte. (posterioridade á orixe: Hase coñecer tarde ou cedo quén é ) e o Cpto. (anterioridade á orixe: Había de roubarllo).
b. `Temporal de posterioridade + modal´
c. `Aspectual de inminencia´
“Perífrase verbal” Como podemos observar, no que respecta á caracterización xeral de “perífrase verbal” observamos que na Gramática(1986) entendían as “perífrases verbais” como complexos verbais, na GLG(2000) como formas conxugacionais e na GLG(2002) describen a “perífrase verbal” como unha forma máis da conxugación do verbo. Cómpre resaltar que na Gramática(1986) consideran as perífrases un procedemento morfolóxico que, aínda que non estean totalmente integradas no sistema conxugacional, ocupan unha posición moi próxima ás formas do paradigma verbal. Podemos observar, pois, nestas obras unha certa evolución á hora de entender as perífrases verbais como parte do propio paradigma do verbo, xa que na GLG(2002) se definen claramente como “unha forma máis da conxugación do verbo”.
Máis alá destas diferenzas técnicas, observamos que no relativo á constitución formal das perífrases e ás súas funcións dentro do complexo verbal están de acordo. As tres gramáticas falan de: un verbo auxiliado en forma non persoal ou non temporal ( Gramática1986 e GLG2000 , respectivamente) que é o obxecto da conxugación perifrástica ( GLG2002 ), actúa como unidade significativa básica da perífrase ( GLG2000 ); e un verbo auxiliar en forma finita, que porta os morfemas de modo-tempo e persoa-número do verbo auxiliado. Cómpre resaltar que na GLG2002 recóllese a posibilidade de que haxa “un ou máis verbos “auxiliares””.
“Perífrases temporais” A continuación pasarei a análise da descrición das “Perífrases temporais” en concreto. No relativo a este apartado as coincidencias entre as gramáticas son menores, xa que parten de divisións técnicas distintas e algúns autores teñen en conta perífrases que outros non rexistraban. Deste xeito, procederei a analizar primeiro as distintas formas de denominación das divisións; e segundo, analizarei as características de cada unha das perífrases tratadas.
Na Gramática1986 atopamos que as perífrases temporais poden ser de futuridade e de inminencia; porén, non presentan unha división práctica entre as distintas perífrases que expoñen a continuación, senón que enumeran catro perífrases e describen os posibles significados que estas poden ter segundo o matiz que expresen. Estas perífrases son: ir + inf., haber ( de ) + inf., estar a ~ para + inf., querer + inf. Na GLG2000 Freixeiro Mato recolle que tódalas perífrases temporais existentes en galego indican posterioridade a respecto dun determinado punto de orixe, polo que el divide as perífrases temporais en perífrases que poden indicar futuridade en xeral ou futuridade inmediata. No primeiro grupo (futuridade en xeral) agrupa as perífrases: ir + inf. e haber ( de ) + inf.; no segundo grupo (futuridade inmediata) inclúe os complexos verbais: estar a ~ para + inf., andar para + inf., querer + inf. e as formas en pretérito ou antepretérito de haber ( de ) + inf.. Por último, na GLG2002 atopamos que as perífrases temporais se dividen en perífrases temporais de posterioridade e de anterioridade. Nas perífrases de posterioridade agrupan: haber ( de ) + inf. e ir + inf.; nas de anterioridade inclúen: ter + part. e acabar de + inf.. Como podemos observar, a relación entre as gramáticas de 1986 e de 2000 é máis estreita que entre estas e a de 2002. Freixeiro Mato cambia a denominación da división das perífrases temporais con respecto á Gramática1986 , pero o transfundo significativo é o mesmo: futuridade e inminencia fronte futuridade xeral e futuridade inminente. A maior diferenza dáse na GLG2002 , na que a distinción da denominación pasa a ser posterioridade e anterioridade ; porén, a pesar da diferenza que parece haber entre estas formas coas de Freixeiro Mato, por exemplo, no fondo desta nomenclatura atopamos como teoría de base a deste autor, que di na súa gramática que: “as perífrases temporais existentes en galego indican posterioridade a respecto dun determinado punto de orixe”; deste xeito, Rosario e Xove escollen unha nomenclatura que ten como elemento vertebrador o punto no que se leva a cabo a acción: este pode estar proxectado cara o futuro ( posterioridade ) ou pode ser o reflexo dun feito anterior ( anterioridade ).
sobre a dificultade de distinguir o valor de futuro do primitivo valor obrigativo; ao igual que a perífrase anterior, esta pode perder o seu valor de futuro en cláusuas interrogativas ou exclamativas para expresar simultaneidade´; e finalmente, Freixeiro Mato recolle que co verbo auxiliar en Pto pasa a indicaracción que estivo a piques de ocorrer pero non se deu´. Na GLG2002 preséntansenos que esta é unha perífrase á vez modal e temporal e que ten tres posibilidades: pode ser só modal´ - restrinxe o alcance da aseveración, dialectalmente pode ter significad deprobabilidade´ e expresa compromiso de realización obrigada-; pode ser `temporal
simultaneidade´ se o locutor reforza o dito pero non se compromete coa súa realización-; ou pode seraspectual de inminencia´, cando está en IPto. ou Apto..No que respecta ás demais perífrases observamos que Freixeiro Mato agrúpaas baixo a denominación de futuridade inmediata , e neste grupo inclúe dúas das perífrases que xa recollían na Gramática1986 e que engade outras dúas. No caso da GLG2002 non aparecen as perífrases recollidas nas dúas gramáticas anteriores, senón que aparecen dúas novas baixo a denominación de perífrases d e anterioridade.
A continuación exporei as distintas características de cada unha destas perífrases. Comezarei polas de Freixeiro Mato e dentro destas farei os comentarios que sexan pertinentes sobre as perífrases que xa aparecían na Gramática1986 ; a continuación, explicarei o recollido na GLG.
Futuridade inmediata ( GLG2000 )
Freixeiro Mato di que esta é unha perífrase con menos uso ca anterior. Do mesmo xeito, con a como enlace ten un valor normal de aspectual imperfectiva.
Esta perífrase non se atopa recollida na Gramática.
Na GLG2000 recóllese que como perífrase esta forma expresa `acción a punto de acontecer´, principalmente con verbos referidos a fenómenos meteorolóxicos; normalmente constitúe un complexo verbal non perifrástico de carácter volitivo.
Na Gramática1986 dáse esta mesma información, aínda que se aclara que tamén pode aparecer con outro tipo de verbos que non sexan só relacionados con fenómenos meteorolóxicos.
Segundo Freixeiro Mato esta perífrase indica `acción que estivo a punto de acontecer no pasado, pero que non se chegou a realizar. Este é un tipo especial de inminencia propiciada polo carácter perfectivo do verbo auxiliar. É unha das construcións máis características do galego.
Esta forma non se rexistra na Gramática.
Perífrases temporais de anterioridade ( GLG2002 )
Na GLG2002 recóllese que esta perífrase ten un valor característico no galego: `acontecemento feito con anterioridade máis dunha vez´. Atopamos, ademais, que a perífrase co participio non concordado co OD pode ser de aspecto perfectivo; aínda que este caso é infrecuente.
Esta perífrase pode expresar aspecto de face terminativa ou pode expresar relación de anterioridade recente.
maior atención a aqueles aspectos máis peculiares, ou máis necesitados dun tratamento específico, da morfosintaxe do galego”; entre eles certas perífrases verbais.
No tocante á Gramática da lingua galega de R. Álvarez e X. Xove (2002) cómpre salientar que se comezou a xestar “no mesmo momento en que se rematou a Gramática Galega publicada (...) en 1986. E non pretende substituíla, senón ofrecer ao público unha gramática fundamental que dea conta do mellor coñecemento do galego adquirido na ducia de anos que pasou desde aquela”. Esta gramática contén o resultado dos estudos que se levaron a cabo dende que se comezaron a impartir as materias de gramática galega nos cursos universitarios da especialidade de Filoloxía Galega. Esta diríxese, pois, a un público que usa con normalidade a terminoloxía e o estilo, debidos a un traballo especializado; porén, os autores procuraron redactala de xeito comprensible, na medida do posible, para un público máis amplo. “A pesar da súa extensión, esta é unha gramática procuradamente sintética (...). Non hai nela, por iso, espazo para xustificacións teóricas, e isto impón certo comedimento á hora de propoñermos análises ou opcións que non coinciden coas tradicionalmente asumidas (...)”.
R. Álvarez, H. Monteagudo, X. L. Regueira (1986): Gramática Galega. Vigo. Editorial Galaxia, pp. 404-406.
Xosé Ramón Freixeiro Mato (2000): Gramática da lingua galega. Vigo. Edicións A Nosa Terra, pp. 437-443.
R. Álvarez, X. Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo. Editorial Galaxia, pp. 335-337 e 353-359.