Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


contemporanea, Apuntes de Historia Contemporánea

Asignatura: Historia Contemporanea Universal, Profesor: Eduardo Rico Boquete, Carrera: Historia, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

2016/2017

Subido el 31/05/2017

cosimodemedici
cosimodemedici 🇪🇸

3.4

(51)

11 documentos

1 / 101

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
Índice
Historia Contemporánea Universal (Século XX)
UNIDADE 1: A Primeira Guerra Mundial (1914 –
1918) e a Nova Configuración Mundial............. 1
UNIDADE 2: Cambios Políticos e Transformacións
Socioeconómicas (1918 – 1939)................... 19
UNIDADE 3: As Relacións Internacionais Durante a
Guerra Fría (1945 – 1991)....................... 74
Historia Contemporánea
Universal s. XX
[1]
pf3
pf4
pf5
pf8
pf9
pfa
pfd
pfe
pff
pf12
pf13
pf14
pf15
pf16
pf17
pf18
pf19
pf1a
pf1b
pf1c
pf1d
pf1e
pf1f
pf20
pf21
pf22
pf23
pf24
pf25
pf26
pf27
pf28
pf29
pf2a
pf2b
pf2c
pf2d
pf2e
pf2f
pf30
pf31
pf32
pf33
pf34
pf35
pf36
pf37
pf38
pf39
pf3a
pf3b
pf3c
pf3d
pf3e
pf3f
pf40
pf41
pf42
pf43
pf44
pf45
pf46
pf47
pf48
pf49
pf4a
pf4b
pf4c
pf4d
pf4e
pf4f
pf50
pf51
pf52
pf53
pf54
pf55
pf56
pf57
pf58
pf59
pf5a
pf5b
pf5c
pf5d
pf5e
pf5f
pf60
pf61
pf62
pf63
pf64

Vista previa parcial del texto

¡Descarga contemporanea y más Apuntes en PDF de Historia Contemporánea solo en Docsity!

Índice

Historia Contemporánea Universal (Século XX)

UNIDADE 1: A Primeira Guerra Mundial (1914 –

  1. e a Nova Configuración Mundial............. 1

UNIDADE 2: Cambios Políticos e Transformacións

Socioeconómicas (1918 – 1939)................... 19

UNIDADE 3: As Relacións Internacionais Durante a

Guerra Fría (1945 – 1991)....................... 74

Universal s. XX

UNIDADE 1: A Primeira Guerra Mundial (1914 – 1918) e a Nova Configuración

Mundial

Obxectivo do tema: Explicar o desenvolvemento e as consecuencias da Primeira Guerra Mundial a partir dos antecedentes e mediante a análise das súas causas, condicións nas que se desencadea e análise descritivo das fases que atravesa, destacando as súas consecuencias, con especial fincapé no aspecto social. A partir de aí, explicar a reordenación do mapa político mundial, os cambios no mundo colonial e o papel hexemónico que van a desempeñar novas potencias extraeuropeas.

  1. Os antecedentes e as causas.

Entre o ano 1871 e o 1914 non houbo ningún conflito en Europa no que os exércitos das grandes potencias atravesaran unha fronteira inimiga^1. Anteriormente, nunca se producira unha guerra mundial. No século XVIII, Francia e Gran Bretaña enfrontáranse en diversas ocasións na India, en Europa, en América do Norte e nos diversos océanos do mundo. Sen embargo, entre 1815 e 1914 ningunha gran potencia enfrontouse a outra máis alá da súa rexión de influencia inmediata, aínda que é verdade que eran frecuentes as expedicións agresivas das potencias imperialistas. A maior parte delas eran enfrontamentos desiguais, como as guerras dos Estados Unidos contra México (1846 – 1848) e España (1898) e as sucesivas campañas de ampliación dos imperios coloniais británico e francés.

Todo iso cambiou no ano 1914. Na Primeira Guerra Mundial participaron todas as grandes potencias e todos os estados europeos excepto España, os Países Baixos, os países escandinavos e Suíza. Ademais, diversos países de ultramar enviaron tropas, en moitos casos por primeira vez, a loitar fóra da súa rexión. Así, os canadenses loitaron en Francia, os australianos e neozelandeses forxaron a súa conciencia nacional nunha península do Exeo (Gallípoli), e o que é máis importante, os Estados Unidos desatenderon a advertencia de George Washington de non deixarse involucrar nos “problemas europeos” e trasladaron seus exércitos a Europa, condicionando con esa decisión a traxectoria histórica do século XX. Os indios foron enviados a Europa e ao Próximo Oriente, batallóns de traballo chineses viaxaron a Occidente e houbo africanos que serviron no exército francés. Aínda que a actividade militar fóra de Europa foi escasa, excepto no Próximo Oriente, tamén a guerra naval adquiriu unha dimensión mundial: a primeira batalla dirimiuse en 1914 cerca das illas Malvinas e as campañas decisivas, que enfrontaron a submarinos alemáns con convois aliados, desenvolvéronse no Atlántico norte e medio.

O ano 1914 supón o inicio dun dos peores conflitos que vai sufrir o século XX. En 1914 se pon fin tamén a un período que iniciárase en torno a 1871, o período da “Paz Armada”. Esa etapa marcaría un certo período de estabilidade en Europa , que finaliza abruptamente en 1914, aínda que hai antes desa data toda unha serie de feitos que xeraban inestabilidade e un incremento dos medos, das ambicións...entre as grandes potencias. Os anos finiseculares son anos de período de globalización económica , auxe do colonialismo , determinadas crises internacionais que aumentan a tensión entre as grandes potencias...Nese contexto o asasinato do Arquiduque Francisco

Universal s. XX

1 Aínda que no Extremo Oriente, o Xapón enfrontouse con Rusia, a que venceu en 1904-1905, nunha guerra que acelerou o estalido da revolución rusa.

Bóers en Sudáfrica (1899-1900). Algúns países como Alemaña elevan a tensión a nivel internacional intentando aumentar a súa presenza a súa influenza colonial en África.

Alemaña tentaba incrementar a súa presenza no ámbito colonial, como a Primeira Crise de Marrocos no 1905 , no que Alemaña intenta limitar a presenza francesa e española no norte. Posteriormente tamén vai haber a crise de 1911 , que finaliza cun acordo entre os países Francia e Alemaña: Alemaña permite que Francia controla toda esa zona, a cambio Alemaña consegue unha maior presenza en África , na fronteira de Camerún e do Congo francés. Alemaña non cuestiona así a presenza francesa no norte de África.

Esta situación demostraba que a Conferencia de Berlín había tido éxito, pero que 20 anos despois a situación cambiara totalmente, e había países que aspiraban a modificar eses acordos.

Francia e Alemaña tiñan ademais outras contas pendentes: Alsacia e Lorena. Nese momento estaban en mans alemáns dende o 1871 coa guerra Franco-Prusiana. Francia aspiraba que eses dous territorios volvesen a control francés. Esas zonas eran motivo de tensión entre ambas potencias.

Os Balcáns tamén eran unha zona moi conflitiva naquel momento. Por un lado temos o Imperio Austrohúngaro e por outro as tendencias eslavistas que entroncaban co nacionalismo eslavo promovido por Rusia, e defendido amplamente polos nacionalistas serbios. Tamén tiñan intereses nesa zona o Imperio Otomano , que dominara esa zona ata esa época. Era tamén un actor fundamental nesa zona. Os Balcáns era unha especie de polvoreira , porque o Imperio Otomano era un imperio en clara decadencia e descomposición, e fronte a súa posible desaparición as grandes potencias veciñas estaban expectantes porque a súa aparición podía posibilitar que elas aumentasen a súa zona de influenza.

O Imperio Otomano era un imperio en descomposición , tal e como se ve co conflito que ten con Italia xa no 1911. Italia aspira a ter mais presenza no Mediterráneo, e ten un conflito cos otománs e vaise dilucidar a favor dos italianos, que conseguirán o dominio de Libia, así como algunhas das illas gregas que están na costa de Turquía (illas do Dodecaneso). Sobre todo, o conflito Italo-Turco pon de manifesto a debilidade do Imperio. Esa debilidade xa se había reflectido no 1908 cando Austria-Hungría ocupa parte do Imperio Turco.

Aqueles pobos que vivían baixo a dominación turca en Europa únense para acabar coa presenza otomán en Europa, na chamada I Guerra Balcánica. En 1912 Grecia, Serbia, Bulgaria e Montenegro atacan o Imperio Otomano e os restos que quedaban del en Europa, e expulsan practicamente os otománs en Europa. Vanse quedar soamente coa rexión circundante a Istambul.

As alianzas eran bastante fráxiles , e as ambicións dalgúns países eran desmesuradas. Nese momento, todos os estados eslavos atacaron Turquía, pero no 1913 na II Guerra Balcánica foron Grecia, Serbia, Macedonia e Montenegro quenes loitan contra Bulgaria, que expandira moito o seu territorio. Estes países, antes aliados, agora enfróntanse a Bulgaria.

A situación nos Balcáns era moi complexa, había moitos intereses opostos, o imperio zarista tiña interese en ampliar a súa presenza na zona, os británicos non o permitirían posto que era unha zona de paso e de acceso ao Mar Mediterráneo...

Universal s. XX

Os intereses do Imperio Zarista chocaban tamén con Austria-Hungría. Pero había tamén moitos nacionalistas eslavos que loitaban contra ese imperio e que tiñan o apoio de Moscú.

  1. As forzas en presenza e o comezo das hostilidades. As fases do conflito.

As ambicións das grandes potencias van a xerar enfrontamentos. As ambicións de moitos estados d Europa en torno aos Balcáns que van xerar máis inestabilidade. Eses enfrontamentos van a ir obrigando a cada país a buscar posibles aliados para defender os seus intereses, e é así como se van constituíndo as chamadas grandes alianzas dende finais do XIX e comezos do XX.

As dúas alianzas máis características son:

A Intente Cordial (tamén chamada Tripla Intente // Aliados ): Francia e Gran Bretaña , ao que se sumará posteriormente o Imperio Ruso. Esta alianza constitúese en 1907.

Alemaña preocúpase moito desa alianza, posto que p retendía que Francia estivera sempre illada en Europa. Alemaña quedará en medio deses dous aliados, posto que en caso de conflito tería que loitar en dúas frontes: Oeste e Este.

Os medios bismarckianos tentaran evitar esa situación, pero a súa morte e a actuación agresiva de Guillerme II.

Gran Bretaña únese porque estaba preocupada polas ambicións coloniais de Alemaña , así como polo seu reforzamento moi significativo da súa armada e do seu exército.

A segunda alianza ( Imperios Centrais ) é a que vai constituír Alemaña , Austria-Hungría e Italia. Pero en 1915 Italia vai a cambiar de bando. Coñecerase como Tripla Alianza. Se lle sumará o Imperio Otomano.

O Imperio Otomano era un imperio en decadencia, pero o imperio austrohúngaro tampouco pasaba polos mellores momentos. Era un imperio moi debilitado polos movementos nacionalistas en Serbia, Bosnia, Montenegro...e tamén cos checos, os eslovacos e mesmo os húngaros.

Era ademais un imperio que estaba moi presionado nas súas fronteiras polo Imperio Zarista. A pesar de non alcanzar o grao de descomposición do Imperio Otomano, estaba moi debilitado.

O cambio de Italia debese a varias razóns. Esa alianza tiña algúns puntos débiles. Ese punto feble en concreto estaba situado entre Austria e Italia , porque seguían sendo inimigos , porque Italia consideraba que a súa unidade nacional non estaba asegurada porque había zonas do norte de Italia que seguían baixo o dominio de Austria. Os aliados da Tripla Intente dinlle a Italia que se pasase a súa alianza prometéndolle os territorios que tiña Austria baixo o seu dominio.

En ese contexto de crise internacional había unha tensión acumulada en cuestión de tempo. Esa situación de conflitividade en Europa e esas ambicións imperialistas dos estados europeos en África e en Asia e os conflitos que xeran nalgúns casos, o conflito italo-túrquico... contribúen a que a situación a nivel europeo, e a nivel mundial, se faga cada vez máis explosiva.

Todos os países europeos tiñan ambicións e medo de que o inimigo aumentase a súa influenza as súas costas, o que vai definindo cada vez máis a estratexia das dúas alianzas que se

Universal s. XX

que moitos deses gobernos estaban mesmo convencidos de que o conflito sería moi breve. Inicialmente os estados maiores pensaban que podía ser un conflito curto. Incluso había unha sensación de euforia que se estendeu por moitos sectores sociais.

Non obstante, non todos os sectores sociais estaban convencidos a este belicismo. O anarquismo e o socialismo, e mesmo algúns grupos pacifistas, desde o primeiro momento denunciaron ese conflito como un conflito imperialista, no que a grande masa de traballadores non tiñan nada que gañar e sí moito que perder. Esas sociedades viven nun momento de exaltación nacionalista pero tamén hai algúns sectores minoritarios que comparten esas campañas nacionalistas que levan a cabo os gobernos.

É certo que nun primeiro momento os gobernos conseguen o apoio de case todo os grupos políticos. O mesmo sucede no caso alemán e no caso francés, onde consegue que o goberno e a totalidade do parlamento apoien na súa totalidade a declaración de guerra. Iso será o que se deu a coñecer como a “Unión Sagrada” de todos os sectores de poboación dun país contra un inimigo externo; a “nación por riba de todo” , en Francia e en Alemaña. Todos someteron as súas actuacións a esta idea. Pero os partidos da II Internacional sí que lles presentaba algún problema : tiñan que deixar de lado os principios internacionalistas de solidariedade entre os traballadores, e aceptaban unirse as súas burguesías e oligarquías nacionais en contra dos demais países.

Uns gobernos estaban convencidos de que o conflito sería rápido. Nese contexto de efervescencia nacionalista se produce neses países belixerantes, unha “Unión Sagrada” da maior parte dos sectores sociais e políticas da maioría dos gobernos dos estados belixerantes. Esa Unión Sagrada que vai a unir a sectores políticos conservadores con sectores liberais e de esquerdas. A primeira vítima da guerra mundial ía a ser a II Internacional , posto que esta unión sagrada chocaba con ese internacionalismo (unidade de tódolos traballadores por encima das súas fronteiras).

En contra desta Unión Sagrada teñen aparecido algúns sectores, minoritarios, ligados ao sindicalismo ou ao anarquismo. Os sectores de esquerda do partido socialdemócrata , e incluso algúns sectores pacifistas o caso do inglés máis coñecido Bertrand Russell. Todo parece indicar que a maior parte dos sectores sociais comparten a idea da unión sagrada en contra do inimigo externo. Os sectores discordantes, que definían a guerra mundial como unha guerra imperialista , tiñan que loitar para conseguir parar o que sería unha auténtica carnizaría en Europa.

Destes sectores opostos á participación van saír os partidos comunistas, e este feito vai ter moita importancia por exemplo no caso de Rusia, onde o partido bolxevique oponse moito.

É importante ter en conta a constitución de cada unha das alianzas e como estas se van ampliando unha vez que comeza o conflito. Había puntos débiles en cada unha desas alianzas. Se falamos dos Imperios Centrais, sabemos que aí inicialmente contamos coa Alemaña guillermina, Austria-Hungría e tamén Italia. O punto débil era a conflitividade entre Italia e Austria , o que explica a súa saída a partir do 1915. O Tratado de Londres do 26 de abril de 1915 marca o paso de Italia ao outro bando. As potencias aliadas lle garantiran a Italia que unha vez que triúnfen sobre os imperios centrais, Italia conseguía aquelas zonas que tiña en disputa con Austria-Hungría. Os

Universal s. XX

Bibliografía recomendada: M. Howard. “A 1ª G.M.”.

aliados lle garantían que a zona do norte de Italia ou a costa de Dalmacia pasarían ao poder de Italia unha vez que finalizase o conflito.

Isto nos leva a outra cuestión: durante a Guerra Mundial todos os estados manobran para conseguir o maior numero posible de aliados que fortalezan as súas posicións. En moitos casos trátase dunha diplomacia secreta , que non é pública, mesmo de acordos que mesmo son contraditorios. Un exemplo desas contradicións vémolo por exemplo no Tratado Sykes-Picot asinado en 1916 entre Francia e Gran Bretaña e que establecía a distribución as zonas de influencia en Oriente Medio. Ata entonces esa zona estaba toda en poder do Imperio Otomano. Segundo este tratado ingleses e franceses íanse a distribuír eses territorios: Francia íase quedar co Líbano e Siria, mentres que Gran Bretaña asumiría o control da actual Palestina e o actual Iraq. Son eles os que establecen as fronteiras deses países.

Isto contradicía coa promesa que os ingleses habían feito aos pobos árabes que estaban sometidos aos otománs nesa zona. Prometéranlle a independencia se se levantaban contra os otománs. Lawrence de Arabia conseguiu a sublevación das tribos árabes para intentar acabar coa presenza dos otománs na zona. Esa promesa non se cumpriu, porque optaron por aplicar o tratado Sykes-Picot.

En 1917 asistirmos a publicación da chamada declaración Balfour. Significaba que os ingleses e Gran Bretaña estaba disposta de apoiar a constitución dun fogar nacional xudeu en Palestina , o cal era bastante contraditorio coas promesas feitas aos árabes. Teñen aquí moita importancia os grupos ligados ao sionismo mais nacionalista que están presionando para a consecución dun estado propio. Para as potencias occidentais era interesante meter en medio das nacións árabes un estado cuxos dirixentes estaban moi impregnados da cultura occidental. Para un dos presidentes de Exipto, os árabes ven iso como un enclave europeo nun mundo exclusivamente árabe. Xa nos anos 30 farase a primeira división de Palestina para localizar a comunidade palestina e a xudía. Desde 1918 a Sociedade de Nacións establece o mandato da zona de Gran Bretaña. Nese momento estábanse sentando as bases do conflito de Israel-Palestina.

É unha diplomacia pouco respectuosa cos intereses dos pobos de Oriente Medio, e que seguiría mantendo que as potencias europeas tiñan que seguir mantendo esa concepción de intromisión en oriente medio.

  1. Evolución e consecuencias políticas e socioeconómicas da guerra.

Se tiveramos que caracterizar o período dende o punto de vista bélico serían a Guerra de Movementos e a Guerra de Posicións. A guerra de movementos desde finais de 1914, que se inicia coa ofensiva alemá sobre Francia (mediante a chamada ofensiva Schlieffen ), que fracasa coa resistencia de Bélxica co apoio francés.

Isto levará a unha guerra de posicións onde as frontes están estabilizadas e vanse manter con moi poucas variacións. Supoñen a morte de centos de miles de soldados pero sen avances significativos. Prodúcense neste contexto batallas cun gran costo de vidas humanas como a Batalla do Marne ou a Batalla do Somme.

Universal s. XX

tratado de paz cos alemáns de Brest-Litovsk , e supoñía grandísimas perdas en superficie para Rusia.

A comezos de 1918 destacan os chamados “ 14 puntos” de Wilson que tampouco tiveron éxito ningún. Ninguén estaba disposto a ceder, e non houbo posibilidade de chegar a un acordo de paz.

1917 vai ser un ano decisivo na evolución da guerra mundial. Prodúcese a revolución bolxevique polo que Rusia abandona o conflito e a entrada de EEUU no conflito desde a primavera de 1917. A súa entrada vai ser decisiva e vai ser o que incline a balanza en favor dos exércitos aliados.

É certo que Alemaña non ten que combater en dous frontes (debido ao pacto con Rusia), pero non foi suficiente o esforzo levado a cabo para frear o empuxe das tropas estadounidenses. A situación vólvese cada vez máis insostible para o estado Alemán. Convéncense da imposibilidade de triunfar, e algúns dos seus altos mandos a finais de novembro de 1918 plantéxanlle ao káiser a posibilidade dun armisticio para evitar a destrución total. A iniciativa desa busca debémolo ter en conta xa que parte procede dos altos mandos alemáns: Hindemburg, Ludendorf...

O 9 de novembro de 1918 a situación no interior de Alemaña cambia totalmente; o Kaiser abandona do poder e abdica , e en Alemaña instálase unha república que logo vaise coñecer co nome de República de Weimar. Prodúcese un auténtico cambio político. Seguidamente, o día 11 de novembro, fírmase o armisticio entre Alemaña e as potencias aliadas. O armisticio non é outra cousa que unha capitulación de Alemaña, se ben os exércitos aliados chegaran a entrar en Alemaña (a diferenza do que acontece tralo final da II Guerra Mundial). Iso explicaría despois a evolución política en Alemaña nos anos seguintes.

Os que firman o armisticio son os novos dirixentes de Alemaña que estaban vinculados ao partido Socialdemócrata Alemán (SPD), cuxo principal líder era Friedrich Ebert. Tempo despois, meses despois, algúns dos sectores militares en Alemaña, os sectores ultranacionalistas van acusar as novas autoridades alemás de capitular diante dos aliados e dar unha puñalada polas costas aos exércitos alemáns. Esta idea será empregada profusamente polos sectores nacionalistas, máis concretamente polos sectores nacionalsocialistas. A inestabilidade social e política de Alemaña nos anos vinte está moi ligada polo Tratado de Versailles e os sectores nacionalistas que tratan de cualificar a República de Weimar e aos políticos da república como os sectores que venderon Alemaña ao inimigo occidental (Francia, Inglaterra...) deste modo pódense entender as dúas tentativas de golpe de estado durante a década dos vinte.

Nas zonas do Alto Adigio, e Dalmacia e a península de Istria son as zonas que os aliados lle prometeran a Italia no acordo de Londres de 1915. Estas zonas estaban en poder de Austria- Hungría, e que segundo o tratado deberían pasar ao poder de Italia. Pero iso non sucedeu así , de tal maneira que os gobernos italianos sairán moi descontentos dos acordos de paz do 1919 posto que non van ver cumpridas todas as promesas territoriais que se lles prometeran.

Consecuencias do conflito

Ata entonces nunca existira un conflito que tivese xerado tan gra n número de perdas humanas , nin militares, nin civís. Entre a Tripla Intente e os Imperios Centrais o número de

Universal s. XX

falecidos situábase en torno aos 10 millóns de persoas, cifra que nunca antes se alcanzara en ningún conflito. Hai países que teñen un maior número de perdidas como Rusia (1,7 millóns), Francia (1, millóns), Gran Bretaña (arredor dun millón) ou Italia (650.000).

A esas perdas hai que engadirlle tódalas persoas desprazadas , as persoas que quedaron incapacitados de por vida estando nunha idade de traballar, o que tivo un enorme impacto psicolóxico e económica neses países que perden unha grande cantidade de man de obra. As secuelas físicas e psicolóxicas teñen provocado un dano social considerable.

Tamén destaca o chamado xenocidio Armenio , cometido polo exército otomán sobre a poboación armenia que vivía en zonas do imperio otomán, cuestión que é motivo de disputa entre ámbolos países hoxe en día. A iso debemos engadirlle a chamada Gripe Española na inmediata posguerra, que ten provocado millóns de persoas falecidas en case tódolos países.

A esas perdas de capital humano, temos que engadir a perda de capital físico , das vías de comunicación, da maquinaria, dos edificios, do intercambio comercial...é algo que tamén vai incidir moi negativamente na economía dos anos posteriores. Estas consecuencias de carácter humano e esa perda de seres humanos e os problemas derivados da participación da guerra ten sido obxecto de numerosas novelas e ensaios, que queren dar a coñecer cómo se vivía nas trincheiras (Exemplo: Sin novedad en el frente de Erich Maria Remarque, ou o texto de Ernst Hemingway Adiós a las armas ). Grosz ten publicado algunhas caricaturas satíricas que denunciaban que mentres os altos mandos militares estaban gozando dunha boa comida, os soldados eran os que se mataban nas frontes. Unha especie de darwinismo social era o que influía no pensamento de Ernts Junger no seu libro Tempestades de acero.

A guerra supón unha mobilización sen precedentes de medios humanos e medios materiais. Tódolos países poñen o seu empeño en mobilizar os medios. Toda a economía vaise orientar a conseguir un único obxectivo: conseguir gañar a guerra. As potencias aliadas contaban cunha gran capacidade de recursos debido as colonias , debido ao seu maior potencial económico. O estado interviña en determinados sectores económicos, tratando de orientar a produción con fins bélicos. Tratábase de producir canóns, tanques...o estado mesmo planifica para incrementar a produción e abastecer aos exércitos en campaña. Esta situación extrema provoca que se abandonen algúns dos dogmas do liberalismo económico e o Estado vai intervir na economía.

O esforzo bélico vai supoñer un gran esforzo financeiro. Para atender a ese esforzo bélico os estados vanse ver endebedados. A débeda pública increméntase moito, dentro dun proceso inflacionario coñecido tamén pola iniciativa dos estados coa creación de cartos para superar ese déficit financeiro. Todos eses estados van a ver cómo aumenta a súa débeda pública e exterior. O país que tiña capacidade suficiente para prestar cartos a esas potencias unha vez rematada a guerra será Estados Unidos , que convertérase no gran acredor da maioría dos países europeos. Os países vencidos inda tiñan maior débeda. Os países vencidos van ser obrigados a pagar cuantiosas indemnizacións aos países vencedores. Eses países vencidos van ter unha enorme débeda externa e van verse inmersos nun agudísimo proceso de inflación, como o caso alemán, nunha situación que vai xerar inestabilidade política e conflitividade social.

Universal s. XX

vitoria mutilada. Ese feito vai ser utilizado profusamente polos sectores ultranacionalistas e o partido fascista italiano que se funda no 1918 e que terá na súa cabeza a Benito Mussolini. O primeiro ministro italiano, Vittorio Emmanuelle Orlando, abandona a conferencia antes de que esta finalice como demostración do seu desencanto.

Os demais países van ver esta conferencia como unha imposición de sancións que van limitar o desenvolvemento deses países nos próximos anos. Gran parte da sociedade alemá considerará que o acordado será un diktat , unha auténtica imposición. Tódolos gobernos tratarán de levantar e impedir que esas sancións se apliquen. As grandes potencias asinan con cada país perdedor un tratado específico: Con Alemaña o Tratado de Versailles, con Austria o Tratado de Saint- Germain, con Hungría o de Trianon, con Bulgaria o de Neuilly sur Seine e finalmente o Tratado de Sevrès será o que se asina co Imperio Otomano. Estes cinco tratados van cambiar de modo substancial a situación en Europa e tamén no ámbito internacional.

Tratado de Versailles (28/06/1919). As imposicións territoriais que se lle impoñen son varias: Alsacia e Lorena pasan a Francia (e permanecerán na súa órbita ata a II Guerra Mundial). Tamén dúas pequenas comarcas na fronteira con Bélxica que pasan a esta última: Eupen e Malmedy. A zona do norte de Alemaña, na fronteira con Dinamarca, pasa a esta última. Na fronteira occidental queda tamén unha zona desmilitarizada na zona de Renania e do Sarr e. O exército alemán non pode estar presente en toda esa zona que fai fronteira. A zona do Sarre quedará en poder da sociedade de Nacións ata 1935 mediante un plebiscito se queren incorporarse a Francia ou a Alemaña (finalmente incorporarase á Alemaña). É unha zona desmilitarizada, e era unha zona moi rica en canto aos minerais.

As perdas de Alemaña na zona oriental son a zona do oeste de Prusia, Poznania e Silesia. Danzing quedará configurada como unha zona libre, administrada baixo a Sociedade de Nacións. A zona de Memel pasa nun principio a mans de Lituania (no novo estado que se constitúe neses anos, ao igual cas outros países bálticos). Na zona leste ademais das perdas en canto a superficie, Alemaña queda separada polo chamado “pasillo polaco” , porque é o que permite o acceso a nova Polonia por mar (se constitúe como estado independente nesta época). Iso implicaba a separación física de Alemaña e a Prusia Oriental. A circulación entre os alemáns dunha zona e outra dependía da autorización polaca. Ese pasillo polaco vai ser un dos argumentos que esgrima Hitler en 1939 para xustificar a súa conquista de Polonia. Sufre en definitiva considerables perdas en canto a superficie, Alemaña perde arredor dun 12-13% da superficie que tiña antes, e vai haber poboación alemá que pase a vivir en países de nova creación, que foron constituídos nese momento.

Grosso modo perde o 10% da súa poboación, que equivalería a uns 6-7 millóns de habitantes. Vai ser tamén un elemento de inestabilidade para o futuro. Ademais diso Alemaña perde as súas colonias no Pacífico , e pasan aos países vencedores e administradas pola Sociedade de Nacións. Iso vai ser un gran hándicap no período seguinte dado que Alemaña necesitaba materias primas das colonias para manter o seu nivel de industrialización.

Alemaña tamén vai a ser condenada a pagar unha considerable indemnización a todas as potencias vencedoras. Estas consideran que Alemaña foi a principal responsable de inicio do conflito, e a condenan en calidade de estado agresor. As cantidades superaban os cen mil millóns de marcos. Os economistas máis notables da época, como Keynes, consideraban que era excesiva e que

Universal s. XX

Alemaña non podería facer fronte a esas indemnizacións tendo ademais en conta as perdas de man de obra, materias primas...

Desde o punto de vista militar se suprime o exército alemán , que queda reducido a uns 100.000 soldados, para que as potencias vencedoras puideran sentirse seguras e que os alemáns non poderían volver a agredir aos demais. Limitación da súa Armada. Iso interesáballe sobre todo a Gran Bretaña, xa que a Mariña alemá supoñía unha ameaza nos mares para Gran Bretaña.

Prohibíase a unión de Alemaña e Austria para o futuro, esa posible unión estaba explicitamente prohibida. Tamén se lle prohibe a Alemaña ingresar nesa nova organización internacional constituída en París en 1919 que se coñece co nome de Sociedade de Nacións , ata o ano 1926 (Non está a URSS, que accede no 1934; había países que tiñan un gran peso; Alemaña abandona a Sociedade de Nacións cando Hitler accede ao poder, Xapón tamén, Italia tamén, EEUU nunca estivera... faltaban países de importancia xeopolítica) A partir de 1929 a Sociedade de Nacións entra nun claro declive que provoca que non se cumpran os seus prefectos. As imposicións máis duras da Conferencia de París afectaban indubidablemente á Alemaña.

Asináranse outros “tratados de paz” (realmente son imposicións), como o de Saint-Germain en Laye (10/09/1919). Neste caso este afectaba a Austria. O Imperio Austro-húngaro desaparece como consecuencia da derrota de 1918 , e desa desaparición van a saír distintos países. Cambia profundamente o mapa político de Europa central e meridional neses anos. Austria perde aquela zona que se disputaba con Italia que os italianos chamaban o Alto Adigio. Austria queda limitada a un estado moito máis reducido , tamén perde zonas de Checoslovaquia, perde zona do sur de Polonia, tamén na zona de Bosnia-Herzegovina no que despois vai ser Iugoslavia. Xorden novos países , unha nova Austria, unha nova Hungría, un estado Checoslovaco...

Austria non foi consideraba nese sentido como tan agresora como Alemaña , Austria tivo que pagar moi poucas indemnización s, viu como se limitaba tamén o seu exército que quedaba profundamente limitado, e como se lle prohibía a futura unión con Alemaña. Era algo que facían as grandes potencias para impedir que esa Alemaña aumentase o seu territorio coa inclusión de Austria. Iso preocupaba moito a Italia. De feito, cando Hitler ascende o poder e se perfila como obxectivo a unión de Austria, Mussolini vai estar en contra para impedir esa unión nos momentos iniciais.

Tratado de Trianon (04/06/1920). No caso de Hungría o estado húngaro é o que máis superficie perde e máis habitantes. É un estado que tamén vai ter que pagar unha importante indemnización , que vai ver limitado o seu poderío militar e o seu exército e vai perder unha grande cantidade de territorios en favor de novos estados como Checoslovaquia, Polonia, Iugoslavia, e na zona cara o leste perde case a totalidade de Transilvania en favor de Romanía. Perde unha gran cantidade de superficie e millóns de habitantes. Aínda que no momento da guerra Austria-Hungría eran un só país, as consecuencias da guerra dividíronse, e Austria saíu mellor parada que Hungría.

Hungría vai experimentar un movemento revolucionario ao longo de 1919 , un goberno dirixido por Belakun, un goberno comunista-socialista que é o que goberna en Hungría cando os aliados están en París. Os aliados deciden que Hungría debe ser castigada duramente precisamente para impedir que ese goberno de socialistas e comunistas se acabe instalando no poder (medo co que pasou na Rusia Soviética) A República Húngara De Consellos durou tan só uns

Universal s. XX

O país máis interesado en aproveitar a descomposición turca foi Grecia , o seu primeiro ministro Venizelos quería dalgún modo avanzar a súa zona de influenza en Anatolia de aí que buscase a penetración a costa de Esmirna ou a costa sur do Mar Negro.

Iso levou aos exércitos gregos a intervir na península de anatolia para obter territorios. Iso inicia o proceso que se coñeceu como Guerra Greco-Turca. O resultado dese conflito van a modificar o dito no Tratado de Sevrès. En 1923 establécese un novo tratado coincidindo coa formación de Turquía como un novo estado independente. En 1923 se firma o Tratado de Lausana (24/06/1923), polo que Grecia se viu obrigada a abandonar todas aquelas zonas que ocupara na península de Anatoli a, de tal modo que supón o nacemento da Turquía actual. Se deseñan as fronteiras co límite cos soviéticos (mediante un tratado) e tamén a fronteira cos sirios e iraquís. Non hai ningún tipo de autonomía para Armenia e tampouco para a zona do Kurdistán. Non poderán constituír un estado independente a pesar dos chamados 14 puntos de Wilson. Prodúcese un gran éxodo de poboación grega desde Turquía a península helénica , que son expulsados de Turquía ao mesmo tempo que moitos turcos que vivían na zona que queda no poder de Grecia foron expulsados a Turquía. Intercambio obrigado-forzoso de poboación.

Con estas imposicións, ¿os aliados pretendían conseguir a paz? ¿Se estaban establecendo as bases dun novo orden político internacional de maior cooperación e defensa dos pobos ou dos estados máis pequenos ou se estaba xerando inestabilidade cara un futuro? Da a impresión de que os tratados da Conferencia de París non contribuíron demasiado a estabilizar a situación europea e a situación mundial. O sucedido nas décadas seguintes está bastante ligado coa maneira que se tomaron as decisións en Versailles. Non obstante, non todo se xustifica por Versailles, pero é indubidable que ésta tivo un impacto importante. Alemaña viu o Tratado como un diktat , como unha imposición, como algo inaceptable, polo tanto como algo que debería de ser modificado no futuro, considerábano inxusto e que castigaba excesivamente a Alemaña.

Alemaña non foi ocupada desde o punto de vista militar, como acontecerá no 1945, e mantiña bastante do seu poderío industrial e económico. Se lle impuxeron unhas imposicións aínda que seguía tendo certo poder e certa capacidade de resistencia. Esa imposición o que vai xerar son ansias de modificar esa situación e moitas ganas de revanchismo por parte de moitos sectores da sociedade e da política alemá. Isto vai ser un caldo de cultivo para todas aquelas tendencias ultranacionalistas, como o partido nacionalsocialista de Hitler mais outros. Alemaña era o país máis descontento, pero incluso países vencedores como Italia tamén saíra descontento. O primeiro ministro italiano, Vittorio Emmanuelle Orlando, abandonara a Conferencia de París cando Wilson négase a cumprir os preceptos do Tratado de Londres de 1915, polo que os italianos van considerar que a súa vai ser unha vitoria mutilada. Iso tamén foi aproveitado por moitos sectores nacionalistas para facer axitación política , para ter máis audiencia dentro da sociedade italiana, como por exemplo dentro dos antigos combatentes, que constituíron unha parte importante do partido fascista de Mussolini.

A Conferencia de París tamén xerou bastante descontento en moitos pobos que aspiraban seguindo o principio de autodeterminación que aspiraban a converterse en estados independentes , e tampouco cumpriu as expectativas de moitos movementos que nas colonias loitaban pola súa independencia (os nacionalistas alxerinos, os vietnamitas, ou mesmo os chinos) con esa aplicación “selectiva” do principio de autodeterminación. As grandes potencias seguían mantendo todas as

Universal s. XX

colonias no seu poder, senón que aumentaran a súa presenza en Oriente Medio ou seguían sometendo a China ao cumprimento daqueles tratados tan lesivos para a soberanía china. Wilson pretendía aplicar estes 14 puntos ao mesmo tempo que invadía Haití ou Nicaragua.

Desde o punto de vista xeoestratéxico, as potencias europeas foron as grandes perdedoras neste conflito. 1914-1918 significan o principio do fin da hexemonía europea a nivel mundial , e ese lugar vaino ir ocupando progresivamente Estados Unidos. Prodúcese o declive das potencias europeas, e ascenso de Estados Unidos e Xapón (no continente asiático). Incluso Francia non conseguiu impedir por moito tempo o rexurdimento de Alemaña, e a política exterior de Hitler é bo exemplo da incapacidade de Francia para seguir mantendo esa contención con Alemaña. A negativa de EEUU de participar na Sociedade de Nacións debilitou o proxecto de novo orden político internacional (pero iso non significa illamento internacional, xa que por exemplo mediante o plan Dawes aumenta a súa presenza económica en Europa, así como a actuación noutras zonas en América e no Pacífico).

Tamén en 1920 aparece o que logo se chamou o “ problema soviético ”. Os aliados condenan a actitude e a decisión dos bolxeviques de abandonar a I Guerra Mundial e firmar a paz por separado con Alemañ a e establecen un certo cordón sanitario para que o exemplo soviético non alcance outras zonas como sucedera en parte en Hungría e nalgúns estados alemáns en 1919/ (exemplo en Baviera).

As grandes potencias occidentais van a apoiar e mesmo van levar a cabo unha intervención na URSS dos sectores conservadores que durante a guerra civil nese país pretendían botar abaixo e acabar co goberno soviético. A Unión Soviética se lle vai negar o acceso a Sociedade de Nacións ata mediados dos anos 30. Incluso se vai apoiar a ofensiva que leva a cabo o exército polaco contra o estado soviético en 1920. Francia especialmente vai levar a cabo unha actuación de apoio ao exército polaco contra a unión soviético.

Debemos de ter en conta a emerxencia de Xapón como unha nova potencia a pesar da escasa participación neste conflito. Xapón era unha das grandes potencias navais a nivel mundial, a terceira no mundo. Acabará disputándose a hexemonía no Pacífico con Estados Unidos.

Algúns países como no caso de Alemaña foron os máis afectados por esas decisións dos aliados e mesmo nalgúns países aliados houbo sectores que eran conscientes de que Alemaña sería incapaz de facer fronte a todos os pagos. Entre eles destaca Keynes , que estaba na Conferencia de París como asesor económico do goberno inglés. Era consciente de que Alemaña ía ser incapaz de asumir ese costo. As imposicións tan elevadas derivarían a aparición desas tendencias vingativas e dese revanchismo, iso só ía fomentar o odio e o desexo de vinganza por parte da poboación civil, a que sufriu as consecuencias máis negativas desas decisións.

Os ingleses lles interesaba manter a zona de Iraq baixo a súa influencia, basicamente polos campos petrolíferos existentes.

En Europa constitúense países como Finlandia , Estonia , Letonia , Lituania e Polonia. As posesións alemás en África pasaban a ser administradas teoricamente pola Sociedade de Nacións pero en realidade quedaban baixo poder de Gran Bretaña e Francia. En Oceanía destaca a maior presenza de Xapón e de Estados Unidos.

Universal s. XX

UNIDADE 2: Cambios Políticos e Transformacións Socioeconómicas (1918 –

Obxectivo do tema: Estudio das principais características que presentaba o mundo de entreguerras, facendo especial fincapé na evolución económica (reconstrucción e crise), política (declive da democracia, auxe dos fascismos, revolución soviética), e social.

  1. A REVOLUCIÓN RUSA E A CONSTRUCIÓN DO SOCIALISMO.

Un dos episodios máis importantes da época foi a desaparición do Imperio Zarista e o xurdimento dun novo Estado que funcionará como alternativa ao sistema capitalista. En 1914 o Imperio Zarista era o imperio máis grande, ocupaba gran parte da zona asiática e mesmo zonas europeas como Finlandia, os Estados Bálticos, Polonia... Era un Imperio que limitaba con potencias coma Alemaña e o Imperio Austrohúngaro.

En 1917 vanse producir dous acontecementos fundamentais neste país: A Revolución de Febreiro e a Revolución de Outubro. A primeira consecuencia da Revolución de Febreiro será a caída da Monarquía Absoluta e do zarismo de Nicolás II. A consecuencia da Revolución de Outubro será a instauración do Estado Soviético. En ocasións en vez de Febreiro ou Outubro fálase de revolucións de Abril ou Novembro, posto que os rusos empregaban un calendario distinto ao das potencias occidentais, xa que aínda empregaban o calendario xuliano e non o gregoriano.

O antecedente máis inmediato deses sucesos produciríase no ano 1905. Éste vai ser un ano moi conflitivo e moi convulso. Debido ó clima de grande conflitividade social, a autocracia zarista virase obrigada a facer unha serie de concesións políticas. Este vai ser un feito moi importante, posto que se debilita dalgún xeito ese modelo autocrático zarista que ata entón parecía monolítico. A creación da Duma dende o punto de vista institucional vai ser fundamental, así como a creación do

Universal s. XX

“Soviet” dende o punto de vista non institucional. Estas dúas novos organismos serán claves no período que vai desde Febreiro a Outubro de 1917. No desencadeamento destes feitos, tamén xogou un papel importante e decisivo a Primeira Guerra Mundial.

Por outra parte, no ano 1905 asístese a Guerra Ruso-Xaponesa, que contribúe a aumentar moito esa conflitividade e descontento co réxime dos zares. Entre 1904 e 1905 Xapón está presionando sobre o continente asiático, posto que é o momento cando empeza a avanzar nas súas posesións sobre o continente asiático, establecéndose na península de Corea, a illa de Formosa, en dirección da Manchuria, etc. Nese momento, o conflito entre Rusia e Xapón, que supón un triunfo evidente da Armada xaponesa, vai poñer en evidencia a debilidade que comezaba a mostrar o exército zarista.

O Zar Nicolás II gobernaba o país de xeito autocrático. Rusia era un país daquela habitado fundamentalmente por campesiños, cunha economía de base agrícola, aínda que con algúns centros industriais en torno a determinados enclaves xeográficos. O réxime político estaba marcado pola absoluta falta de liberdades e dereitos individuais.

O Imperio Zarista considerábanse unha gran potencia europea, pero desde 1905 vaise poñer de manifesto a ineficacia do seu goberno en moitos aspectos. Hay que ter en conta que era un Estado esencialmente de base agrícola, e en relación con esta cuestión, foi un dos Estados onde máis tarde foi suprimida a servidume, posto que ésta mantivérase ata o ano 1861. A partir desa data o campesiñado abandona esa condición de servidume, e constitúese un campesiñado libre, aínda que cunha grande diferenciación interna, posto que é un país onde a estrutura da propiedade do solo é moi desigual. Os denominados kulaks eran os que tiñan a maior parte do solo, e despois habería unha inxente cantidade de campesiños moi pobres, que se vían obrigados a traballar nas terras dos propietarios acomodados.

Todas estas tensións tiveron consecuencias políticas evidentes. Destacará o episodio do “Domingo Sangriento” en San Petersburgo o 9 de xaneiro do ano 1905, onde o exército zarista comete unha auténtica masacre con campesiños e os traballadores da cidade que se manifestan ante a residencia do Zar, esixindo o cumprimento de certos dereitos individuais. Nese momento a autocracia contesta empregando o exército, pero en vez de aplacar a sublevación a súa actuación terá un efecto contraproducente, pois o que fai en definitiva é estendela, polo que nos meses seguintes vanse vivir continuas folgas, manifestacións, etc. Seguiranlle a este episodio varios meses de grande conflitividade política e social.

A finais do ano 1905, Nicolás II vese obrigado a establecer por medio do Decreto de Decembro as Liberdades Fundamentais, e constitúese a constitución dunha Asemblea Parlamentaria chamada Duma, que sería elixida inicialmente medianre sufraxio universal e que parecía ser o primeiro paso na construción dun sistema Monárquico e Constitucional, similar ao dos outros países europeos. Pero esa non era a pretensión do núcleo de poder, polo que a partir de 1907, sendo Primeiro Ministro Piotr Stolypin, ese sufraxio faise cada vez máis censatario, de tal modo que as clases populares ven como os seus dereitos se ratifican e os seus representantes apenas poden conseguir algúns dos asentos da Asemblea (aínda que tampouco é que tivese unha grande capacidade de lexislar).

Universal s. XX