










Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Este documento discute la importancia de ambas la gramática descritiva y prescriptiva en el estudio de la lengua gallega. Se analizan dos casos concretos y se destacan las diferencias y similitudes entre ellas. Además, se discuten los problemas que surgen cuando se ignora la gramática descritiva y se aplican normas inadecuadas.
Tipo: Diapositivas
1 / 18
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!











Cadernos de Lingua 10 (1994), 19-
ROSARIO ÁLVAREZ Universidade de Santiago / Instituto da Lingua Galega
Marco conceptual
A lingüística galega ten pendentes aínda dúas tarefas de singular importancia para o desenvolvemento, en condicións axeitadas, do proceso de normalización: a redacción dunha gramática descritiva completa e a elaboración dunha gramática prescritiva ou normativa. En tanto unha e outra non acaden resultados aceptables para a comunidade científica, e asumibles pola comunidade lingüística, que se debe sentir reflectida nelas, cómpre actuar con extremado rigor nas descricións ou normas que se fagan públicas e con moito tino e sentido crítico no seu seguimento e aplicación práctica. A gramática descritiva debe proporcionarnos unha descrición adecuada do sistema lingüístico, de xeito que nela obteñamos información completa e correcta de cales son as súas características, o seu fun- cionamento, as múltiples posibilidades de expresión que ofrece e os tipos de construccións gramaticais que poden produci-los falantes desta lingua. Dito con outras palabras, é a exposición do conxunto de regras que cons- titúen a gramática da lingua galega, feita por un gramático que mantén unha posición “neutral” con respecto a todas elas. A gramática prescritiva ou normativa recolle as regras que de- finen a lingua considerada correcta polo gramático ou por un sentir co- lectivo forxado por tradicións culturais ou ideolóxicas de diverso tipo. A gramática prescritiva supón, por tanto, un encausamento previo da gra- mática dunha lingua e, metodoloxicamente, a preexistencia da gramática descritiva. As outras variantes lingüísticas existentes segundo a gramática descritiva, pero non “autorizadas” pola gramática normativa, considé- ranse coloquiais, vulgares, dialectais ou espurias, impropias do nivel culto estándar.
En galego só se estableceu ata o de agora unha Normativa orto- gráfica e morfolóxica, non sintáctica, e polo xeral predícase que son co- rrectas tódalas variantes que se poidan describir dentro dos límites da gramática do galego. Partindo desta premisa, podería crerse que a súa
gramática descritiva e a súa gramática prescritiva son coincidentes. Mais iso non ocorre nin sequera nunhas condicións tan favorables, e podemos poñer algúns exemplos coñecidos para sustentarmos esta afirmación:
b) O perigo de dictar normas incorrectas ou abusivas, ou de con- verter en regras prescritivas opinións ou valoracións sobre determinados feitos gramaticais, co conseguinte abandono doutras opcións igualmente válidas rexistradas pola gramática descritiva.
Liñas mestras de actuación
A descrición gramatical dunha lingua debe contemplar tódalas posibilidades que se ofrecen no interior dela. Ante a variación só cabe, ó noso xuício, un posicionamento metodoloxicamente aceptable: non pro- ceder por simple adición, senón indicando se as distintas variantes son to- talmente equivalentes ou, máis probablemente, salientando a diferencia e indicando en que contextos e en que situacións se usa cada unha delas. Cómpre ter sempre presente que a gramática prescritiva pode de- sautorizar construccións galegas por non consideralas adecuadas ó nivel da lingua funcional que se trata de establecer, o que non significa que noutros niveis non sexan igualmente correctas.
1. Variantes diatópicas
Nesa gramática descritiva cómpre acoller variantes dialectais, in- dicando sempre, para mellor coñecemento, como se distribúen xeografi- camente; en tódolos casos corresponderá á gramática prescritiva decidir sobre a súa corrección no nivel culto estándar. Vallan a título de exemplo os seguintes:
a) Non se lles vía / non se vían
Nunha correcta descrición gramatical do galego cómpre referirse ós distintos procedementos, que deben explicitarse, para indica-la inde- terminación do axente, entre os que se encontra / se + verbo activo + FN/: a FN pode ser suxeito (paciente) e daquela concorda co verbo ( Tíranse es- tradas e érguense pontes ); mais tamén pode funcionar como CD, polo que non hai concordancia ( Tírase estradas e érguese pontes). Cómpre re- ferirse tamén a que a pronominalización con acusativo non é posible tras se , nin tralos outros pronomes reflexivos^2. Isto verifícase tanto na cons-
(^2) Inexistentes en todo o galego, a pesar de que as secuencias to , ta , tos , tas e so , sa , sos , sas aparecen recollidas, e con exemplos do seu uso, en tódalas edicións de R. Carballo, Gramática (vid. 1979^7 , 195-96), iso si, con referencias ó escaso uso e á tendencia a evitalas: “aunque todos estos ejemplos están tomados de la literatura o del uso oral de ciertas comarcas, el gallego común evita en general, como el portugués, estas construcciones, por no sentir verdaderamente al pronombre se como capaz de admitir para objeto las formas
trucción de reciprocidade ( Os dous irmáns déronse bicos e abrazos →
b) Está chovendo / está a chover
Unha gramática descritiva do galego debe consigna-la existencia do xerundio ( chovendo ), que coma tódalas formas verbais é capaz de funcionar como núcleo do seu predicado. Problema á parte, do que tamén se debe ocupa-la gramática, é a descrición das posibilidades funcionais dun predicado nucleado por un xerundio, da correlación temporal que debe gardar, dos valores aspectuais que deben terse en conta, das posibi- lidades de ser relacionado por preposición, etc., por non falarmos tamén das posibilidades de variación persoal do xerundio (con relativa, aínda que moi minoritaria, presencia na primeira persoa de plural, puramente ocasional na segunda de plural e inexistente no resto das persoas). Esta gramática debe indicar así mesmo que o xerundio forma parte de numero- sas perífrases verbais aspectuais: Están rematando a casa , Andan facendo
pronominales o , a , os , as , a causa de su valor de signo de pasiva”. Parece esquecer que te non participa dese carácter pasivo e que tal explicación non vale para tódolos casos de activa en que segue sendo imposible. Cómpre engadir que en portugués son imposibles e que to só cabe nesta lingua, coma nas comarcas galegas teístas , sendo te CI, non reflexivo.
dar , téñollo que dar ), entre o nexo e o auxiliado ( teño que llo dar ) ou tralo auxiliado ( teño que darllo ); dialectalmente, cabe a separación dos dous pronomes sempre que cada un se sitúe no lugar que lle corresponda onda un dos verbos, e a gramática descritiva debe facerse eco ( téñolle que dalo , pero * Teño que lle dalo ). A diferencia do que ocorría nos exemplos anteriores, parece que neste caso houbo un pronunciamento normativo non contestado, a favor de mante-los dous pronomes unidos^3. É dicir, a gramática descritiva ten que condenar * Teño que lle dalo pero non Téñolle que dalo , pois é pro- ducible dialectalmente por galegofalantes; a gramática prescritiva, en cambio, pode declarar que o correcto no nivel culto estándar é manter unidos os dous pronomes.
2. Variantes diafásicas, diastráticas e diacrónicas
A gramática descritiva debe acoller tamén variantes pertencentes a distintos niveis, rexistros ou a estadios lingüísticos anteriores e que pro- gresivamente van quedando en desuso, mais sempre caracterizándoas como tales. Coidamos que, entre os moitos exemplos posibles, son ilus- trativos os seguintes:
a) Nós non o facemos / Nosoutros non o facemos
A descrición gramatical sería tan insuficiente se só recollese Nós non o facemos , coma se só recollese Nosoutros non o facemos , se ben é certo que coa primeira se describe a lingua dun número moi superior de falantes e a tendencia observada na evolución cara ó futuro. Unha descri- ción gramatical correcta debe constatar que existe unha ampla zona de nós para a primeira persoal de plural e unha zona máis reducida de nosoutros , -as : en ámbalas situacións a forma existente oponse ás das demais persoas, pero non establece ningunha oposición dentro da primeira persoa de plural. Agora ben, en falantes maiores da zona que podemos chamar de nós , mantense aínda, certo que de maneira cada vez máis infrecuente, a antiga oposición entre nós inclusivo e nosoutros , -as exclusivo. Daquela, á oposición mantida coas demais persoas amécese a existente entre as dúas formas de primeira de plural e entre as dúas de segunda de plural:
(^3) Coido que é unha escolla normativa, e non un erro de descrición, a xulgar pola procedencia xeográfica dos redactores, o que sustenta as seguintes afirmacións: “No es admisible * téñoche que o dar , porque los dos pronombres no pueden ser disociados” (ILG, Galego 1 , 4 ed., l980, 65) e “Se son dous ou máis os pronomes oblicuos, teñen que aparecer sempre xuntos e non se poden disociar. Nas variacións da frase que sigue sóio son posibles as que non leven asterisco: Teño que dar llo , Teño que llo dar , Téño llo que dar , * Téño lle que o dar , * Téño lle que da lo , * Teño que lle da lo .” (ILG, Galego 2 , 2 ed., 1977, 101).
Nós non o facemos oponse a Nosoutras non o facemos , porque a segunda delimita un grupo cerrado arredor de eu. Corresponde á gramática prescritiva establecer se se mantén nese nivel a oposición ou se, pola contra, renunciamos xa a ela. De responder afirmativamente, sempre que nos referisemos a un grupo delimitado vi- riamos obrigados a usar nosoutros , - as e vosoutros , - as , pois só así ren- dería efectivamente a oposición. Se a gramática normativa non dictamina e nos guiamos unicamente pola gramática descritiva, só sabemos que tó- dalas opcións existen en galego, pero non como interpretar cada caso concreto: ante un enunciado coma nosoutros non sabemos nada diso , ¿debemos interpretar nosoutros como exclusivo, presupoñendo que o emisor ten a oposición nós/nosoutros , ou como neutro porque cremos que só posúe esa forma?
b) Mira que llo non fagas / Mira que non llo fagas
Cando describímo-la posición do pronome con respecto ó verbo, indicamos se a forma átona debe situarse antes ou despois do verbo: Eles dixéronllelo , Eles non llelo dixeron , Aseguroume que llelo dixeron eles. Na actualidade, o pronome que se sitúa proclítico tende a situarse inme- diatamente antes do verbo, desprazando calquera outro elemento, incluída a negación. Antigamente, o pronome podía situarse inmediatamente antes do verbo, pero con moitísima frecuencia non desprazaba nin o adverbio de negación, nin o pronome suxeito, nin outros elementos que quedaban in- terpolados entre pronome átono e núcleo do predicado. Todo parece indi- car que ámbalas posibilidades non eran absolutamente equivalentes e que había diferencias pragmáticas entre unha e outra. Na descrición lingüística do que acontece na actualidade, cómpre indicar que a posibilidade de interpolación dalgúns elementos segue existindo en falantes maiores de determinadas zonas ou en frases repetidas que se poden relacionar ( Fai o que che eu digo , Por iso che eu digo que... ), mais dificilmente se poderá establecer esta secuencia como parte dun sistema comunicativo operativo e en pleno rendemento na actualidade. A gramática normativa deberá pronunciarse sobre a pertinencia de usar estas secuencias, sobre o nivel a que corresponden e sobre a súa equivalencia ás habituais hoxe en día.
c) Un rapaz que lle tocou a lotería / Un rapaz a quen lle tocou a lotería / Un rapaz ó que lle tocou a lotería
A gramática descritiva debe informar das distintas unidades que poden funcionar como modificador do núcleo dunha FN, así coma das
3. Tendencias evolutivas
A gramática descritiva debe acolle-la descrición das tendencias evolutivas que se estean dando no funcionamento do sistema, tanto se se producen de xeito autónomo coma se se deben á presión doutros sistemas lingüísticos. O gramático, cando describe, non pode aceptar ou rexeitar con criterios puristas nin manifestar resistencia ó cambio lingüístico; en todo caso, deberá indicar en que medida esa caracterización vale para a lingua de toda a comunidade ou só para un segmento definido dela.
a) O infinitivo conxugado
Entendemos que non se pode describi-lo funcionamento do infini- tivo conxugado facendo caso omiso da situación de relativa infrecuencia en que se atopa na lingua de grandes camadas da poboación galegofalante, pero tampouco entoando un canto tan alarmista que faga pensar que se trata dun arcaísmo. Debido ó desexo de protexe-lo infinitivo conxugado, nos últimos tempos déronse usos erróneos e abusivos semellantes ós indicados ante- riormente. A descrición gramatical debe restaurar con toda claridade cal é o seu ámbito de uso e en que construccións cabe usalo. Parece evidente que nuns esquemas é máis frecuente ca noutros, mais tamén que nalgúns outros o uso do infinitivo roza a agramaticalidade; conviría termos unha boa descrición gramatical para separar usos forzados pola discriminación positiva a favor do infinitivo conxugado, de posibilidades tradicionais que pola súa infrecuencia van caendo en desuso e son virtualmente descoñe- cidas para amplos sectores da comunidade galegofalante.
b) Chameille / chameino
A gramática debe constatar que actualmente o verbo chamar ten dous significados básicos con cadansúas construccións: ‘ chamar por un para que veña’ constrúese con acusativo ( Chamouno dende a porta ), pero chamar no senso de dar nome ou apelativo rexe, polo xeral, dativo ( Ó máis vello chámanlle Ricardo , Non lle chamou cousa mala ningunha )^4. Nesta descrición estamos aceptando a construcción que inexora- blemente se impón co paso do tempo, co triunfo do esquema Chamáronlle Pedro sobre o antigo Chamárono Pedro , do que aínda se poden recoller abundantes mostras e que tamén debe ocupa-lo seu lugar na descrición. Mais para o primeiro significado tamén se apunta unha innovación, que debe ser igualmente recollida na descrición: nalgúns lugares recollemos o
(^4) En latín tanto CLAMARE coma APPELARE só admitían acusativo.
uso do dativo con ‘ chamar por teléfono’: Cando queiras darme algún recado, chámalle á miña nai. Hai, logo, un proceso evolutivo para cada construcción posto en marcha en distintos momentos históricos. A gramática normativa debe es- tablecer se para o significado ‘appelare’ xa dá por concluído o proceso de cambio ( chamárono O Bravo → chamáronlle O Bravo ), e se para o sig- nificado ‘clamare’ acepta tamén a innovación ou non.
c) Quitouse a gorra / quitou a gorra
O gramático que describe debe recolle-la innovación aínda tendo a certeza de que se trata dunha interferencia lingüística. Sabemos que en galego, para que poida usarse a construcción reflexiva, cómpre a identi- dade total entre suxeito e complemento directo, polo que salvo en casos moi particulares e definidos non caben reflexivas indirectas coma as do español. Por iso, tradicionalmente, dicimos: Eu visto a María / Eu vísto- me , fronte a María vestiu a camisa / * María vestiuse a camisa. Mais non podemos pasar por algo que existen, e cada vez con maior frecuencia, enunciados coma Pedro entrou e quitouse a gorra , que non poden ser ig- norados pola gramática descritiva; agora ben, dado que se considera con toda probabilidade un castelanismo, corresponde á gramática prescritiva aceptar ou condena-lo seu uso.
4. Posibles efectos perversos da discriminación positiva
En situacións sociolingüísticas delicadas, coma a nosa, ocorre con frecuencia que a declaración na gramática descritiva de que unha forma tradicional cae en desuso provoca unha reacción nos falantes conscientes (e nos gramáticos, ensinantes, normalizadores...) a prol do seu uso contino e da súa recuperación; a eles súmanse os sempre dispostos a favorecer unha forma ou unha construcción por puro afán diferencialista e mailos temerosos de que os riscos comúns sexan en realidade producto da inter- ferencia lingüística. O que menos parece importar nestes casos son as ra- zóns de por que cae en desuso, mesmo se é debido a unha evolución do sistema á procura da súa coherencia interna, nin a maior ou menor pureza dunhas e outras formas, pois sempre prevalece o valor do tradicional agredido pola capacidade innovadora atribuída por principio á lingua po- derosa. Sendo dúas construccións igualmente galegas, a discriminación positiva que se poida exercer a favor dunha non debe levar nunca á con- dena da outra. E mais aínda, debe terse en conta que na maior parte das ocasións as dúas posibilidades non son totalmente equivalentes, polo que
español, chamando a atención sobre as posibilidades de interferencia deste. En concreto, advírtese adoito que hai toda unha serie de construc- cións en que o español emprega o reflexivo e o galego non ( se comió una manzana / comeu unha mazá , se hizo un traje / fixo un traxe , se puso la chaqueta / puxo a chaqueta. ..), así como a diferencia na construcción de determinados verbos moi frecuentes en ámbalas linguas. Isto ten provocado reaccións tendentes a unha supresión case sis- temática de pronomes reflexivos con algúns verbos, que están fóra de toda mesura ou son claramente incorrectas. Así, da constatación da existencia de sentar como non reflexivo pasouse á práctica condena de sentarse , forma igualmente galega e con ampla documentación na lingua oral moderna e na nosa tradición ( Senta aí, rapaz / Os asistentes sentáronse arredor da mesa e comeron ). Algo similar acontece con casar(se) , que admite varias construccións: O pai casou a filla co panadeiro , Casáronos os pais , O crego casou a filla de María co fillo de Andrea , O crego casou á filla de María e ó fillo de Andrea , Casounos o crego de San Xosé , Ma- ría casou(se) con Pacucho , María e Pacucho casaron(se) , María ca- sou(se) para Monforte ... Como pode verse, non hai razón para a condena de casarse como forma tamén propia do galego. Mais o problema agráva- se cando se condena unha construcción facendo que outra, de significado diferente, ocupe o seu posto, como ocorre con rir / rirse de : rir ‘celebrar con risas’ é intransitivo ( Rimos canto quixemos a conta das súas parva- das ), fronte a rirse de ‘facer burla de’, que se constrúe cun suplemento ( Rímonos das túas parvadas ). A ignorancia ou o exceso de celo provocan cruces entre significa- dos e construccións con resultados claramente erróneos. Botamos man de exemplos de verbos moi coñecidos, moi usados nas descricións gramati- cais, mais cos que segue habendo problemas por mala utilización dos ma- teriais lingüísticos, para chama-la atención sobre a necesidade de coñe- cérmo-las variadas posibilidades de construccións de cada verbo, en re- lación coa variación de significado, pois parece que neste punto se actúa cunha lixeireza que nos fai corre-lo risco de mutila-la lingua ata só termos unha construcción por verbo.
5. Os prexuízos lingüísticos
Nin a descrición lingüística nin a norma subseguinte poden basear- se en prexuízos do gramático nin na falta de adecuación entre os feitos lingüísticos e o modelo teórico elaborado. Tomemos como exemplo a seguinte afirmación, a propósito de dado o grande interese como reserva avifaunística da zona : “Esta se- cuencia é inaceptable xa que non pode existir un complemento circuns-
tancial de modo (“como reserva avifaunística da zona”) que non comple- mente a un verbo”^5. A argumentación é inaceptable porque parte dunha premisa falsa: os sintagmas introducidos por como non só funcionan como complemento circunstancial de modo, e con frecuencia teñen funcións dentro da frase ( despois da súa elección como Presidenta parecía a muller máis feliz do mundo ); desde logo hai unha evidente relación entre a función de complemento circunstancial con respecto ó verbo e a función de modificador de substantivos relacionados lexicamente con estes ( interesar como reserva , elixir como Presidenta ...). Pero a argumentación tampouco é aceptable porque somete a lingua á análise gramatical feita, chapodando por incorrecto todo o que non cadre con esta, en lugar de modifica-la análise para que dea conta das múltiples opcións existentes na realidade lingüística. Termos unha boa descrición gramatical do galego é indispensable para coñecermos e usarmos ben a lingua, para podermos planificar ben calquera acción no ensino e na divulgación das súas características, para deseñarmos ben un proceso normalizador. A ignorancia de moitas das posibilidades que ofrece a lingua ou descricións imperfectas poden con- ducir a un rexistro cada vez máis empobrecido ou a un uso erróneo. Ve- xamos algúns exemplos en que isto ten acontecido:
a) Eu acordo iso / a min acordame iso / eu acórdome diso
O verbo acordar ‘lembrar’ presenta varias construccións posibles: SUX[persoa]+V+CD[lembranza] Eu acordo os trens a carbón , SUX[persoa]+V se +SUP de [lembranza] Eu acórdome dos trens a carbón , SUX[lembranza]+V+CI[persoa] A min acórdanme os trens a carbón. Sendo todas elas posibles e todas tradicionais, o certo é que a tendencia actual, posiblemente apoiada polo influxo do español, é a un maior uso de eu acórdome dos trens a carbón. O coñecemento das posibilidades que ofrece o verbo debe levarnos, dunha banda, ó enriquecemento polo uso doutras posibilidades tradicionais; doutra, a non malinterpreta-la coinci- dencia co español como inxerencia desta lingua.
b) Teño feito / fixen
Os que menos saben da nosa gramática deben saber, a poder de oíreno repetir, que en galego non existen os tempos compostos con haber , que si existen en español. O que quizais non saiban tantos é que non hai substituto en galego para eses tempos: entre a complexa rede de relacións que pode expresa-lo noso sistema verbal, non figura nada equivalente á oposición establecida en español entre llegué / he llegado , polo que resul-
(^5) A. González Montañés, “Algunhas cuestións...”, en Cadernos de Lingua , 5, 18.
Unha descrición correcta e unha prescrición mesurada, deberían servir para poñer fin a esta sorte de persecución do futuro^8 , que por efecto compensatorio está levando a unha proliferación nos medios de comunicación dun / haber + infinitivo/ que o substitúe incorrectamente: O enterro partirá da casa familiar ás doce en punto transfórmase así en * O enterro ha partir da casa familiar ás doce en punto. A descrición correcta serve para situar no seu espacio xusto a perífrase / haber + infinitivo/, pois da comprensión correcta do seu comportamento debe desprenderse que en galego non ten o mesmo valor obrigativo que en español, referido ó presente, e que polo tanto non son posibles exemplos coma * O locutor dun telexornal ha de contar nun estilo informal, coloquial e cotián , en vez de debe contar , ten que contar.
Conclusión
Esta contribución pretende ser unha sorte de voz de alarma, unha chamada a lingüistas, normativizadores, traductores e, moi especialmente, ensinantes, para, xuntos, tomarmos conciencia dos perigos que corre o galego pola ignorancia da nosa gramática, pola lixeireza dictando normas, pola intransixencia ó aplicarmos recomendacións, polos prexuízos ó de- cidirmos que é ou non é galego, e mais polos defectos das nosas descri- cións gramaticais. Quere ser tamén un pronunciamento a favor dunha gramática des- critiva e unha gramática prescritiva, que seguramente haxa que concibir como obras colectivas. Só partindo dunha boa e segura descrición grama- tical chegaremos, con moita cautela e maior rigor, a unha boa gramática prescritiva. Nese camiño cómpre diferenciarmos ben o que non é posible, por non galego, do que non é recomendable na construcción dese nivel estándar, pois a actuación sobre uns e outros feitos de lingua, e o seu tra- tamento no ensino e no traballo normalizador, debe ser moi distinto. A lingua está viva, foise facendo distinta das demais e diversa no seu interior; sometida a unhas regras e cambiante; vella e sempre nova. A lingua ofréceno-la posibilidade de seguir usando recursos que teñen unha tradición de séculos, transmitidos dun galego noutro ó longo dunha xa longa historia, mais tamén ofrece a posibilidade de producir sintagmas nunca oídos antes, de seguir renovando e innovando. Que non sexamos os seus valedores, os que maior empeño manifestamos en cultivala e anovala, os que malia o noso agarimo e a nosa entrega a firamos de morte.
(^8) Sobre o futuro e as perífrases relacionadas, véxase Xosé Xove, “ Haber (de) + INFINITIVO en galego. Das perífrases modais ó futuro de indicativo”, en Actas do IV Congreso da Asociación Internacional de Estudios Galegos (Oxford 1994) (en prensa).
Cadernos de Lingua 10 (1994), 37-
X. L. REGUEIRA Universidade de Santiago / Instituto da Lingua Galega
1. Antecedentes
Desde hai algúns anos o galego vén adquirindo usos orais de rele- vancia pública, tanto nos rexistros formais (como lingua administrativa, científica, xurídica, etc.) coma nos rexistros informais (lingua coloquial, familiar). Esta situación é relativamente nova para a nosa lingua. Da época do Rexurdimento dicía Pardo Bazán, nunha frase moi ci- tada, que o galego "no lo hablan los que lo escriben". A maior parte dos escritores e homes de cultura que escribían en galego mantiñan discursos públicos en español, ademais de usar esta lingua na súa vida diaria (Cfr. Hermida 1992: 180). E esa realidade continuou en boa medida no século XX. Non hai máis ca facer un repaso da nómina de autores da literatura galega e mesmo dos estudiosos da lingua para comprobar que moitos de- les foran educados en español e tiñan o español como lingua familiar. O profesor Alonso Montero tense referido varias veces en público a esta cuestión, con nomes e datos que non cumpre repetir aquí. O feito relevan- te que nos interesa é que o galego, moito tempo despois de ter un desen- volvemento importante como lingua escrita, seguiu sen ter un desenvol- vemento semellante como lingua oral. É certo que xa desde as Irmandades da Fala e o Grupo Nós se utiliza o galego en reunións públicas, pero case sempre de xeito restrinxido ós círculos galeguistas, cunha incidencia social escasa. O gran soporte para a lingua oral van se-los medios de comunicación falados (radio e TV), pero cando estes medios chegan á nosa sociedade non falan en galego. Durante os anos 60 poucas mostras de galego oral se podían oír na radio. Ata hai máis ou menos 15 anos non existía un teatro profesional en galego. Nas escolas a presencia desta lingua era reprimida, mesmo entre nenos practicamente monolingües. O galego falado non chegaba á sociedade desde ningunha tribuna que lle dese prestixio. A lingua oral culta de Galicia era o español e o galego só era utilizado como lingua popular e en rexistros informais (coloquial e familiar). Carecía