Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Gallego, Apuntes de Idioma Inglés

Asignatura: Lingua Galega I, Profesor: , Carrera: Inglés: Estudios Lingüísticos y Literarios, Universidad: UDC

Tipo: Apuntes

2016/2017

Subido el 14/09/2017

adri_carbo
adri_carbo 🇪🇸

4

(12)

9 documentos

1 / 4

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
PROBA B (ORAL)
Caderno dos examinadores
C2-B-04
pf3
pf4

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Gallego y más Apuntes en PDF de Idioma Inglés solo en Docsity!

PROBA B (ORAL)

Caderno dos examinadores

C2-B-

PARTE 1 (Texto escrito)

A continuación, lea vostede o seguinte texto. Tome as notas que precise.

 Que é un Banco de Tempo?

Un Banco de Tempo é unha rede de colaboración entre particulares e consiste no intercambio de actividades entre as persoas participantes. Permite resolver problemas ou atender necesidades da vida cotiá dun xeito cooperativo, solidario, participativo e autoorganizado. O funcionamento é sinxelo: ti dás a axuda que podes e gañas horas, que máis tarde podes gastar solicitando o tempo doutras persoas da rede para colaborar nas tarefas da túa vida diaria.

Podes quedarme unhas horas coa cativa? Mañá axúdolle coa horta ao Manuel. Sei facer traballos de electricidade e fontanaría.

 A quen vai dirixido?

O banco de tempo está aberto a todas as veciñas e veciños do concello: mulleres, homes, maiores, xente nova... Todos teñen a oportunidade de ofrecer e de recibir dentro desta rede, converténdose en membros da comunidade.

Lucía sabe cociñar moi ben e a súa especialidade é a pescada con ameixas. Pola súa banda, Lhosca vai ter convidados na casa e precisa que alguén lle bote unha man para preparar un menú sorprendente. Lhosca entrégalle un cheque por 1 hora a Lucía, tempo que ela empregou en axudarlle co menú. Lhosca recibiu a axuda de Lucía e agora ten a oportunidade de devolver ese tempo axudando a Mila, que precisa que alguén lle bote unha man para pintar un cuarto.

 Como funciona?

Cada integrante do Banco dispón dunha lista onde pode consultar as actividades e os servizos que se ofrecen e que se demandan. A listaxe actualízase periodicamente. A unidade de intercambio nestes bancos é a hora, independentemente do servizo que se realice ou que se reciba. Todas as actividades teñen o mesmo valor, todo vale o tempo que se tarda en realizar o servizo. Cada persoa que participa no Banco dispón dun talonario que empregará no momento de facer o “pago en horas” polos servizos que lle foron prestados. De igual xeito, cando esta persoa lle vaia facer un servizo a outra persoa da comunidade, recibirá un cheque polo valor do tempo que empregou no seu intercambio.

Mensualmente a Secretaría do Banco de Tempo fará un balance, anotando os intercambios feitos e actualizando o saldo da conta corrente de tempo das súas socias e socios.

 Que se pode intercambiar?

As contribucións de todas e todos son benvidas e valoradas por igual. Velaquí algúns exemplos:

 Tarefas da horta: recoller as patacas…

 Coidado de persoas maiores ou enfermas: dar un paseo…

 Reparacións domésticas: colocar unha billa...

 Coidado de animais e/ou plantas: pasear ao can …

 Coidados persoais: peitear …

 Tarefas cotiás: pasar o ferro...

 Nenos e nenas: axudalos cos deberes...

 Outras actividades: ensinar a tocar un instrumento…

Texto adaptado de http://www.bancodetempodeallariz.org/

4. INTERACCIÓN 4 minutos aprox.

OPCIÓN A

 Cales pensa que son as principais vantaxes dos bancos de tempo? Por que?

 Cre que estas iniciativas poden ser negativas para algúns profesionais? Explíqueo.

 Se vostede decide participar nun banco de tempo, con que tarefas pode contribuír?

 No lugar onde vostede vive, existe algunha iniciativa semellante? Vostede participou

nela? Gustaríalle facelo?

OPCIÓN B

 Que inconvenientes observa nos bancos de tempo? Por que?

 Cre que facilita o acceso das persoas a determinados servizos?

 Imaxine que decide participar nun banco de tempo. Que tarefas ou servizos pediría a

cambio? E vostede cales daría?

 Pense no lugar onde vive, sería posible un banco de tempo? Cales serían os servizos

máis solicitados? Coincidirían cos ofertados?

OPCIÓN C

 Que diferenzas cre que hai entre os bancos de tempo do rural e os da cidade? Por que?

 Que tarefas poden ter máis demanda no campo e cales na cidade?

 Cre que os nenos e as nenas poden participar nestas iniciativas? Con que servizos?

 Imaxine que vostede participa nun banco de tempo. Que actividades lúdicas podería

ofrecer para traballar con cativos? E con persoas maiores?