













































Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: Guerra, violencia e memoria, Profesor: Miguez Macho, Carrera: Historia, Universidad: USC
Tipo: Apuntes
1 / 53
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!














































Enya Antelo
Enya Antelo TEMA 1: INTRODUCCIÓN TEÓRICA O primeiro apartado do temario ten como propósito fornecer aos estudantes dun marco teórico e conceptual que lles permita comprender o fenómeno da violencia como un proceso histórico de interrelación social. A tales efectos, analizaranse criticamente as dificultades de definición do feito violento, así como as distintas correntes interpretativas histórico-sociolóxicas existentes para entendelo. A partir destas premisas, presentarase unha breve caracterización tipolóxia dos fenómenos violentos, con especial atención ao estudo da guerra e da súa evolución no mundo contemporáneo e a definición e significado dos procesos xenocidas no curso do século XX. O obxectivo da terceira parte deste tema céntrase no estudo de diversos casos históricos de procesos de xutiza transicional, no que se inclué o conxunto de medidas políticas, xurídicas, económicas e simbólicas que se adoptan co obxecto de facilitar os procesos de transición dun período ou réxime de violación das liberdades e dereitos das persoas, a un novo contexto de democracia e preeminencia do dereito.
1. A VIOLENCIA COMO FENÓMENO HISTÓRICO (conceptos e interpretacións) O concepto de violencia é un concepto importado da ciencia social. Non ten un carácter exclusivamente científico. Dentro da vida cotiá relacionase cunhas características negativas, pero debemos tentar fuxir desta concepción, xa que historicamente non ten unha valoración única, e ten sido fundadora de liberdades, dereitos, etc. Así pois, as apreciacións existentes darredor da violencia son moi subxectivas. Se temos en conta a definición etimolóxica a palabra en si mesma procede do latín vislatus , onde vis significa forza e latus levar, polo que se pode interpretar como a aplicación da forza de algo sobre alguén. Tamén foi definido como un abuso sobre as persoas, tanto a nivel físico como psicolóxico. Un acto violento presenta tres compoñentes esenciais: a intencionalidade, a forza, e os resultados. Destas definicións podemos dicir que a violencia non implica a ruptura das relacións sociais, senón que é un modo particular de relacionarse. Moi vencellado a esta idea, considerouse que a violencia era aquelo que se opoñía ó social, habendo autores que defenden que é un síntoma de disgregación social. Segundo os mesmos, trátase dun ataque cara as persoas, cara a súa integridade física e moral, e neste sentido pode supoñer privar a unha persoas dos seus dereitos. De calquera xeito, esta non é a única forma de violencia, xa que pode ser tamén entendida como tal a pobreza, a
Enya Antelo participantes na ouleada revolucionaria dos anos 60. Estes xovenes non consideran que tivesen actuado de xeito irracional ou caótico. Propoñen unha alternativa; para calificar as súas actuacións comezan a usar unha terminoloxía de acción colectiva. Esas actuacións seguían unha lóxica e tiñan uns patróns identificables que estaban presentes nas actuacións colectivas, tanto pacíficas como violentas. En particular, Charles Tilly, insiste na idea de que os grupos sociais, cando actúan de xeito colectivo fano seguindo unhas pautas cambiantes ó longo da historia. A violencia xerada a partir destas accións pode comezar como unha protesta pacífica e os factores externos rematan tornando esta acción en violenta. Charles Tilly preséntanos un análise da violencia dende dúas perspectivas:
Enya Antelo complexas e radicais. Igual que a violencia non está fora do social, a guerra tampouco o está; forma parte da sociedade. A guerra é unha forma de violencia que ten distintas características. En xeral entendese entre colectividades. Procura, por un lado, borrar calquera tipo de proximidades que poidan existir entre esas colectividades (e dicir, trata de borrar os parecidos co contrincante) e por outro lado trata de establecer diferenzas. Moi vencellado a isto atopámonos con que hai determinados actos violentos que nun contexto de “non guerra” non son aceptados, cando nun contexto de guerra si o son. Nunha guerra o soldado pode chegar a descoñecer as razóns concretas da acción que está perpetrando. Este soldado non vai ser responsable individualmente polas accións que cometa neste contesto de guerra. a) Cambios na concepción da guerra. “ A guerra total “. Aínda que a guerra é unha constante dende as orixes da humanidade, a partir do s. XVIII pódese considerar que hai un cambio na valoración feita do que é a guerra. A partires de entón as guerras pasan a ser consideradas como unha forma de acción totalmente inevitable. Tamén muda o seu carácter ou a súa imaxe; antes do XVIII, os escenarios viñan sendo delimitados, e existían toda unha serie de protocolos darredor da mesma, limitando o alcance da violencia que se ia desencadear. Nembargantes, todos estes acoutamentos vanse esvaecendo. Por suposto, cambian tamén as armas cada vez máis rapidamente. Esta guerra propia do Antigo Réxime deuse en chamar “guerra limitada”, e caracterizase por ter ese carácter acoutado. A partires do XVIII comeza a ser denominada como “guerra total” (un exemplo das primeiras guerras así denominadas foi a Guerra Francoprusiana). Klausentz: Cando falamos da transformación desta visión da guerra, é moi citada a figura de Klausentz (xeneral prusiano), quen escribe posteriormente ás guerras napoleónicas un tratado titulado “Sobre a Guerra”, no que el define algúns aspectos do que considera que son as características do novo tipo de guerra que se ven impoñendo. Segundo o mesmo, a guerra é un instrumento racional de política nacional. A guerra é unha parte da política das novas nacións, un conxunto de actos que serven para obrigar ó inimigo a cumprir a vontade propia. Como é un proceso de carácter nacional, a nación ten a obriga de empregar todos os medios que poida para conseguir a vitoria. Klausentz é o primeiro en usar o termo “ guerra total ”. Outra característica é que toda a poboación se ve implicada na guerra, non soamente os
Enya Antelo poboación, xa que polo xeral os campesiños e traballadores eran contrarios ó apoio á guerra. Recentemente o historiador A. Gregory demostrou que en Inglaterra houbo revoltas contra o conflito bélico. No tocante á tolerancia xerada darredor da violencia, cómpre dicir que esta foi estudada por diversos autores nos últimos anos. Un exemplo son os estudos de Allan Kramer, quen nos fala da radicalización como un fenómeno de longo prazo. Na década de 1910 (guerras dos Balcáns 1912 – 13) houbo violencia masiva contra civís, dándose xenocidios, como o xenocidio do pobo armenio na provincia de Anatolia. Hai tamén estudos a cerca dos traumas físicos e psicolóxicos que deixou a guerra. En xeral hai aspectos pouco coñecidos, por exemplo, a raíz da guerra deuse un desenvolvemento da cirurxía plástica, ou o consumo de produtos ata o momento descoñecidos como os cosméticos.
2. O XENOCIDIO R. Lemkin, no contexto da II Guerra Mundial escribe un libro no que explica os procesos polos que a Alemaña NAZI estaba dominando o conxunto de Europa (“O dominio do eixo na Europa ocupada”). Dentro destas técnicas que nos describe cómpre destacar o xenocidio. Lennkin dinos que se trata dun plan coordinado por diversas accións encamiñadas á destrución dos fundamentos esenciais da vida dos grupos nacionais, que tiña como peculiar o seu obxectivo, que sería acabar cos grupos propiamente ditos (non asasinar a individuos na súa individualidade). Dende o punto de vista histórico, o punto de partida contemporáneo do xenocidio ten lugar no marco da Revolución Francesa, e particularmente no período do Goberno Xacobino. Isto debese a que é aquí onde comeza a usarse o terror revolucionario para suprimir colectividades ou grupos sociais enteiros. Non é que a Revolución Francesa invente as prácticas xenocidas, pero si e certo que con ela estas prácticas van aparecer combinadas con outras (por exemplo co proxecto de nacionalización das masas). Os revolucionarios vanse atopar cunha oposición moi férrea na rexión francesa da Vendée. A raíz desa oposición vaise dar unha xeneralizada insurrección nesta rexión, da cal vai estar detrás toda unha coalición de campesiños, fidalgos, sectores do clero, clases medias, etc. A resposta revolucionaria a esta insurrección vai ser unha guerra, e haberá unha práctica de exterminio sistemático á poboación de Vedée, coa convicción de que este é o único xeito de poñer fin á revolta. Tamén nos atoparemos con modernas prácticas de tipo euxenéstico (control da natalidade) para evitar que eses revolucionarios puidesen reproducirse.
Enya Antelo 2.1- Xenocidio nas colonias O s. XIX en xeral presenta diversos exemplos de violencia masiva cun marcado carácter no ámbito colonial. Moitos estudosos do xenocidio tenden a expandir o concepto alén do s. XIX, falándonos dun xenocidio que se remonta á conquista de América e ó exterminio destes pobos. Outro antecedente sería o caso de Tasmania, onde foi exterminada unha poboación completa. Ademais da idea de homoxeinización (de rematar cos diferentes), aquí están tamén presentes as teorías de superioridade racial. 2.2- O xenocidio armenio Outro caso moi relevante sería o xenocidio armenio, considerado por Lennkin o antecedente inmediato ó xenocidio desenvolvido polos alemáns. O pobo armenio era un dos distintos pobos que confluían no Imperio Otomán. En concreto habitaban unhas amplas zonas da península de Anatolia (o asentamento en Anatolia era o máis importante, pero tamén tiñan poboamentos alén do Imperio Otomán). No curso da I Guerra Mundial levase adiante unha deportación masiva desta poboación cara zonas interiores do imperio (Siria, Mesopotamia, etc). Foron levados en condicións moi duras, e calculase que arredor de un millón de armenios foi asasinado. A consecuencia disto, nunca máis volveu existir unha comunidade armenia en Anatolia. Considerouse que os armenios non respondían a lealdade do Imperio Otomán, senón que estaba de parte dos que se enfrontaban ó mesmo, como é o caso do Imperio Ruso. No marco dun contexto de guerra, estamos a ver unha práctica que ten a vontade de aiquilar a un grupo diferenciado, e que se trata de poboación non combatente. Por outro lado, todo o proceso é levado adiante por un estado gubernamental moderno (o Imperio Otomán). Por úñtimo, constatase que hai unha implicación do conxunto da sociedade, xa que a poboación que vive no marco territorial do Imperio Otomán vai colaborar activa ou pasivamente. Respecto ó impacto que causou o xenocidio armenio, este deixouse ver nas potencias aliadas (Francia, Inglaterra e Rusia). Fan unha declaración conxunta na que condenan o que deron en chamar “crimes contra a humanidade cometidos polas autoridades do Imperio Otomán contra a poboación armenia”. Din tamén que, independentemente do resultado da guerra, se comprometen a xulgar ós responsables desa matanza. No Tratado de Sèvres proponse analizar as responsabilidades dos dirixentes. Isto deuse en chamar “Os xuízos de Malta” que son un antecedente dos “Xuizos de Nuremberg”.
Enya Antelo
Enya Antelo O xenocidio é unha práctica organizada, onde ten un protagonismo singular o propio estado. Esta organización vai acompañada polo uso de unidades de carácter informal (milicias, unidades armadas especiais, etc; Ex/ Batallón 101^1 )
Enya Antelo 3.1- Xuízos e busca de responsabilidades tras a guerra O Tribunal Militar Internacional Comezando polo primeiro momento, o da posguerra, xa comentamos que os Aliados esfórzanse por realizar unha serie de procesos contra os que son os xerarcas e dirixentes de primeira instancia. Teñen memoria da I Guerra Mundial, coma o Xuízo de Malta, pero neste caso o esforzo é maior e efectivo. Con tal propósito, os Aliados aprobarán un referente penal que permita levar estes xuízos adiante, e será o Estatuto de Londres do Tribunal Militar Internacional. Este estatuto dará amparo ós procesos que se darán lugar a continuación. Este Tribunal será competente para xulgar crimes de guerra, crimes contra a humanidade e crimes contra a paz, e dará lugar a unha sucesión de procesos coñecidos como os Xuízos de Nüremberg. O máis coñecido é o primeiro, no que foron xulgados 24 xerarcas Nazis, como Hess, Rosemberg, etc. Tamén foi este primeiro proceso no que os xuíces pertencían ás catro grandes potencias (EE.UU, Grab Bretaña, URSS e Francia). Máis adiante, seguiron outros procesos, realizados tamén en Alemaña, pero cada unha das potencias xulgou por separado, sendo coñecidos de distintas maneiras segundo os acusados (Ex/ “ o xuízo dos doutores ”, centrado nos médicos que levaron a cabo os experimentos; “ o xuízo dos xuíces ” contra oficiais e funcionarios de xustiza do III Reich ; tamén ós comandantes das SS, e algúns de carácter individual). A estes procesos que forman parte do Aparato Militar Internacional, hai que sumar os procesos que os propios tribunais alemáns da posguerra levaron a cabo, que comezaron no 1947 e continuaron durante varias décadas. Produto destes procesos xulgáronse a máis de 60.000 persoas. A maiores, tamén se levaron a cabo procesos nalgúns dos países vítimas da ocupación ou violencia dos nazis coma Austria, Bélxica, Holanda… E tamén nas nacións do leste de Europa, que se solaparon cos producidos nos países da URSS e os comunistas. O Tribunal Penal Internacional para o Lonxano Oriente Neste contexto de xustiza transicional, tamén terá lugar a creación doutro tribunal, o Tribunal Penal Internacional para o Lonxano Oriente, para xulgar aos xerarcas do Imperio Xaponés. Participaron todos os representantes dos países Aliados, comezando por EE.UU, logo a URSS, Gran Bretaña, Francia, os Países Baixos, China… Deu pé aos Xuízos de Tokio (1946-1948) onde foron procesados algúns dos principais
Enya Antelo xerarcas do imperio Xaponés. Tamén no caso do Lonxano Oriente, cada un dos países levou a cabo os seus propios procesos contra aqueles que eran acusados de crimes de guerra. En xeral, este primeiro ciclo quedou interrompido a partir do ano 1948. Nese momento, as circunstancias da política internacional, coma a Guerra Fría e o desexo dos países Aliados de gañarse a confianza dos países derrotados, provocou que se puxera freo a esa petición de responsabilidades retrospectivas. Simultaneamente, tamén se foron aprobando medidas de amnistía en distintos países, sendo a máis temperá Italia (en 1946) na que exoneraba a boa parte dos responsables fascistas. Foi aprobada polo Primeiro Ministro cun espírito de unificación e creación da República Italiana (das 6.000 persoas que nese momento estaban condenadas, saíron practicamente todas de prisión). Logo tamén se aprobáron a comezos dos 50 en Francia distintas leis de amnistía para sacar da cadea a moitos dos que estaban en prisión, e outorgouse a expatriación. Xurdiu aquí o que se coñece como Síndrome de Vichy , a quebra do mito da resistencia, e ten derivacións en todos os países europeos que viviron a guerra, fortaleza do colaboracionismo. 3.2- A “transición” no Sur de Europa O segundo gran momento, comeza no sur de Europa e correspóndese en particular a tres casos: o de Grecia, o de Portugal e o de España. Coinciden coa década de 1970, sendo case procesos sucesivos, pero non coinciden os modelos de saída. a) Grecia No caso de Grecia, estivo gobernada por unha Xunta Militar entre 1966-1974 , o que se coñece como o Réxime dos Coroneis. Cando cae a Xunta Militar, o goberno de transición en 1974 toma a decisión de encadear ós principais dirixentes da Xunta con Papadopoulos á cabeza, e púxoos diante dun tribunal, dando pé a un xuízo contra 24 destes militares (o chamado “ xuízo dos instigadores ”) con moi fortes condenas por alta traizón, comportamento deshonroso… Ó mesmo tempo, tamén houbo un proceso de purga do funcionariado (dentro das diferentes medidas que existen, empréndese unha acción xurídica e de carácter administrativo, botando fóra ós que colaboraron co réxime) que afectou a 10. funcionarios. Ademais diso houbo un xuízo concreto por un suceso que foi o levantamento da Universidade Politécnica de Atenas de 1973, polo que uns estudantes ocuparon o edificio central da universidade. Foi aplastada dun xeito moi violento, provocando a morte a
Enya Antelo A democracia nacente construíu todo un relato total oposición á ditadura. c) España O caso de España, constitúe un exemplo substancialmente diferente a estes dous. Fundamentalmente porque estivo marcado polas medidas de amnistía, adoptándose sen que houbese antes xuízos. Entre novembro de 1975 e a aprobación da lei de amnistía de 1977 aprobáronse unha serie de medidas de amnistía que estiveron destinadas a posibilitar a saída daqueles presos políticos que quedaban nas cadeas da ditadura. Ó mesmo tempo, estableceuse a clausura de calquera tipo de posibilidade de xulgar a oficiais, funcionarios, criminais, distintas persoas involucradas coa represión na ditadura. Isto fíxose cun consenso a nivel das principais forzas políticas moi amplo, en concreto, cando se aprobou a lei de Amnistía de 1977 , foi aprobada con 296 votos a favor, 2 en contra, 18 abstencións, e 1 nulo. Ademais aprobáronse unha serie de medidas de reparación, entendidas como medidas que poden incluír reparación económica, na dignidade profesional, moral ou simbólica. Recoñecéronse indemnizacións económicas para sucesivas persoas que foran obxecto ou vítimas da violencia do réxime franquista: as primeiras foran destinadas a aqueles combatentes do bando republicano mutilados na Guerra Civil. Tamén se incluíron a todos aqueles que dende 1934 participaran dalgún xeito, como carabineiros republicanos, soldados milicianos da Revolución de Outubro. No ano 90 recoñeceuse a compensación a todos os individuos presos por 2 anos como mínimo vítimas da represión franquista. Despois, diversos gobernos autonómicos levaron a cabo varias medidas autonómicas, incluso a nivel local. Procesos de substitución de nomes de rúas, sacar estatuas… Todos estes procesos dependeron en gran medida dos equilibrios políticos do momento. Xa no século XXI, tomouse no 2002, unha medida no parlamento que foi a aprobación dunha resolución de condena do Golpe de Estado de 1936, que foi aprobada por unanimidade, dentro do marco de medidas de carácter simbólico. No 2007, aprobouse a chamada Lei de Memoria Histórica, que coincidiu co 2006 ou ano da Memoria. Houbo un debate público arredor desa lei, que foi aprobada, pero non con unanimidade. A lei presenta unha serie de exposicións de carácter normativo, que se ocupan de aspectos de reparación e particularmente de aspectos de carácter simbólico. Por exemplo, a lei estableceu medidas para conceder a nacionalidade española a fillos e netos de exiliados a consecuencia da Guerra Civil e do Franquismo. Por outra parte, tamén deu automaticamente a nacionalidade española a aqueles que combateron nas Brigadas
Enya Antelo Internacionais. A lei establecía ademais que escudos, insignias e placas de exaltación do levantamento militar, a guerra ou a represión deberían ser retirados de espazos públicos, exceptuando razóns artísticas ou arquitectónicas. Outra das medidas da lei, era despolitizar o “Valle de los Caídos”. Non se establece con claridade o que hai que facer con iso. Outro ámbito, era a previsión de axudas na escavación e exhumación de fosas comúns, así como un amplo capítulo de subvencións a asociacións da recuperación da memoria. Finalmente, está a declaración da ilexitimidade dos xuízos do franquismo, pero sen anular directamente a súa validez. A política de escavación e fosas nunca se levou a cabo, retirada de subvencións, a non retirada de monumentos… e isto deu como resultado que moi recentemente o redactor especial das Nacións Unidas para estes temas, fixo un informe do caso español, no que sinala graves deficiencias na cumplimentación desa lei, e fai referencia da necesidade urxente de que a xustiza interveña no caso das fosas comúns (máis de 2.300 fosas con 45.000 corpos). 3.3- “Transición” en América Latina Nesta última etapa tamén incluíamos América Latina, a partir especialmente dos anos 80. a) Arxentina O primeiro exemplo, é o arxentino. En Arxentina, tivo lugar unha ditadura militar entre o 1976-1983 , coñecida como o Proceso de Reorganización Nacional , na que se levaron a cabo unha serie de actos de violencia incluíndo a morte e desaparición de persoas (unhas 30.000), torturas, e procesos de apropiación de menores… A finais de 1983 produciuse un proceso de desaparición lenta. Antes de marchar, os dirixentes aprobaron unha lei de autoamnistía, en previsión de que logo puideran exercerse contra eles accións xudiciais. No caso arxentino, cando vai tomar poder o novo goberno democrático, vaise derrogar esta lei, e vaise dar pé a que se abran uns procesos que levarán a implicación e xuízo dos dirixentes da ditadura. O primeiro que fará o goberno vai ser encargar a unha comisión a creación dun informe sobre as desaparicións, torturas, violación de dereitos humanos, etc (a CONADEP). Foi feito nun tempo moi rápido, e coa súa base comezaron os xuízos contra os principais dirixentes do goberno da ditadura militar. Aparecerá o fenómeno das Comisións da Verdade. Non é unha fórmula xudicial, están constituídas por distintas personalidades como avogados, intelectuais, xornalistas… Que
Enya Antelo verdugos e torturadores. No ano 90, acabada a ditadura de Pinochet, e o novo goberno democrático chama a unha serie de expertos e autoridades a formar a Comisión Nacional de la Verdad y Reconciliación. Que deu pé a un informe, o Informe Rettig que presidía a comisión, que evidencia os múltiples casos de violacións dos dereitos humanos cometidos por Pinochet e a magnitude deses casos. Creouse unha corporación nacional de reparación e reconciliación, que atende todos os casos de persoas vítimas da ditadura e foise ampliando o Informe Rettig con novas achegas. Agora xusto se está plantexando no caso chileno a derrogación da lei de amnistía. c) Uruguay En Uruguay tamén houbo un golpe de estado en 1973 , que deu paso a unha ditadura ata 1985. Neste caso tamén se aprobou unha lei que amnistiaba os posibles delitos cometidos por militares, policías e distintos oficiais, aprobada no 1986, e foi respaldada por un referendo. Máis adiante houbo intentos de derrogala, pero non houbo maneira. No 2011, co novo goberno, a lei foi declarada inconstitucional, pero no caso uruguayo, ata o momento aínda non se levou a cabo ningún proceso xudicial contra os perpetradores da ditadura. 3.4- Europa Central e Alemaña Oriental O último caso, é o de Europa Central e a Alemaña Oriental. Estes procesos tiveron en común, que se levaron a cabo purgas como depuración administrativa e funcionarial, e tamén houbo amplos debates sobre a apertura ou non dos arquivos policiais. En Checoslovaquia levouse a cabo unha purga moi rápida inmediatamente despois da Revolución do Terciopelo en 1968 ; creouse un organismo específico para a investigación dos crimes do comunismo. Máis adiante, cando se partiu en dous, en Eslovaquia creouse o I nstituto da Memoria do Pobo , encargado de investigar os crimes do comunismo e tamén aqueles que o estado eslovaco fascista tivera participado na II Guerra Mundial en colaboración cos Nazis.
Enya Antelo TEMA 2: IDEOLOXÍA, GUERRA E XENOCIDIO (1917 – 1959) Este tema refírese a diversos procesos de violencia que conflúen no período que comprende o momento final da I Guerra Mundial e os procesos de descolonización. Comezarase abordando o período de entreguerras, prestando especial atención ao auxe dos chamados “totalitarismos”, fascismo e comunismo, presentando unha revisión das prácticas violentas que lle foron características. Adoptarase en todo momento unha perspectiva global na análise dos fenómenos, alén dos casos europeos de referencia. A continuación, abordarase o período da II Guerra Mundial desde a perspectiva da tipoloxía da violencia que se desenvolveu, incluíndo os casos de crimes de guerra, crimes contra a humanidade e xenocidio. Finalmente, un último apartado deste tema adicarase a tratar o tema da violencia que sacude ao mundo no período da inmediata posguerra, así como a cuestión específica dos procesos de descolonización e os conflitos que lle son propios.
1. AS PRÁCTICAS DE VIOLENCIA NO PERÍODO DE ENTREGUERRAS Durante a guerra xorden unha serie de conceptos, como o concepto de entusiasmo e o concepto de xeración da fronte de guerra. O primeiro deles, o concepto de entusiasmo , sabemos que non foi algo tan unánime como se quixo facer ver; si houbo persoas que se sumaron voluntariamente ó servizo militar, pero esa vontade de sacrificio pola nación non chega a tódolos sectores. Destacan fotografías das grandes capitais europeas cheas de xente que celebran a entrada da súa nación no conflito para aplastar o inimigo. No tocante á xeración da fronte (xoves que loitaron como soldados de a pe) moitos acadaron un papel dirixente na década dos 20 – 30 – 40 (exemplo disto é o caso de Hitler ou Mussolini, Harold McMillan, etc). Crease a imaxe dunha comunidade entre todos aqueles participantes na guerra que evaporaba todas as diferenzas sociais. Esta xeración do fronte veuse marcada pola experiencia da guerra; persoas feridas físicas e psicoloxicamente. Desta xeración xurdiu tamén o sentimento de continuar co espírito da guerra (no sentido de comunidade, entusiasmo nacional, etc). Algúns destes integrantes da xeración da fronte constituíron un dos apoios iniciais do fascismo italiano (en concreto os chamados arditi del popolo ). Outros conformaron os Freikorps , unha especie de corpo paramilitar que tivo un protagonismo singular na Alemaña de posguerra. No caso de Alemaña o panorama de posguerra está marcado pola derrota, a inestabilidade política e social, e a desmobilización de milleiros de soldados, o que dará lugar a sucesivos intentos de golpes de estado (Ex/ Golpe de Munich) que