Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Guía como elaborar composiciones históricas, Apuntes de Historia de España

Indicaciones para hacer las composiciones de Historia de España en B

Tipo: Apuntes

2013/2014

Subido el 05/11/2024

laura-ces-romero
laura-ces-romero 🇪🇸

1 documento

1 / 2

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
Departamento de Historia, Hª da Arte e
Xeografía, curso 2022/23
GUÍA para ELABORAR COMPOSICIÓNS en HISTORIA
Obxectivo dunha composición en Historia
:
explicar o tema requerido (sincrónico ou
diacrónico) partindo da análise dos documentos que se ofrezan para usar o seu contido
como exemplo ou proba nun texto expositivo no que se expliquen os antecedentes, o
contexto e as consecuencias derivadas dese proceso ou feito histórico.
Debe ser unha redacción explicativa dos asuntos requeridos facendo referencias
concretas aos documentos, demostrando coñecementos rigorosos deses temas e madurez na
capacidade argumentativa con precisión no uso dos conceptos e coherencia nos razoamentos.
Fases de elaboración da composición
1ª. Análise dos documentos.
a)
Lectura atenta do encabezamento da proba na que se describe o traballo que se
require
. Exemplo:
“Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre a revolución agraria e a súa
influencia na revolución Industrial. Tendo en conta os documentos, o seu contexto e antecedentes históricos, debes
atender cando menos aos cambios no sistema de produción na economía agraria do s XVIII, os seus efectos sobre a
demografía e finalmente a súa relación co desenvolvement o industrial do s XIX”.
b) Lectura atenta dos textos e análise das imaxes, gráficas ou mapas que se propoñan.
c) Subliñado dos elementos principais (palabras, conceptos, ideas clave…).
d) Apuntamentos nas marxes deses documentos identificando persoeiros, institucións e
acontecementos que se explicarán na composición. Indica a relación cos contidos teóricos.
2ª. Elaboración dun esquema ou mapa conceptual co guión básico dos asuntos a
desenvolver indicando:
d) Tema- idea central.
e) Localización ou contextualización: espacial (onde?= territorio) e temporal (cando?= período
histórico concreto)
f) Conceptos principais / secundarios.
g) Tipoloxía dos documentos: primaria (históricos: coetáneos do asunto que tratan) ou secundaria
(historiográficos: posteriores ao tema abordado neses documentos)
Indica tamén si abordan temas de tipo político (ideoloxías, xestión do poder e administración dun
territorio), social (colectivos, relacións entre eles, condicións de vida…), económico (produción e
reparto de bens materiais), cultural (relixioso, xurídico, pensamento…).
3ª. Redacción da composición histórica cos seguintes apartados:
Introdución breve na que:
i) Presentamos o tema central que relaciona aos diferentes documentos seguindo o que se nos
require na proposta de composición histórica.
pf2

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Guía como elaborar composiciones históricas y más Apuntes en PDF de Historia de España solo en Docsity!

Departamento de Historia, Hª da Arte e

Xeografía, curso 2022/

GUÍA para ELABORAR COMPOSICIÓNS en HISTORIA

Obxectivo dunha composición en Historia : explicar o tema requerido (sincrónico ou

diacrónico) partindo da análise dos documentos que se ofrezan para usar o seu contido

como exemplo ou proba nun texto expositivo no que se expliquen os antecedentes, o

contexto e as consecuencias derivadas dese proceso ou feito histórico.

Debe ser unha redacción explicativa dos asuntos requeridos facendo referencias concretas aos documentos , demostrando coñecementos rigorosos deses temas e madurez na capacidade argumentativa con precisión no uso dos conceptos e coherencia nos razoamentos.

Fases de elaboración da composición

1ª. Análise dos documentos.

a) Lectura atenta do encabezamento da proba na que se describe o traballo que se

require. Exemplo: “Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre a revolución agraria e a súa

influencia na revolución Industrial. Tendo en conta os documentos, o seu contexto e antecedentes históricos, debes atender cando menos aos cambios no sistema de produción na economía agraria do s XVIII, os seus efectos sobre a demografía e finalmente a súa relación co desenvolvemento industrial do s XIX”. b) Lectura atenta dos textos e análise das imaxes, gráficas ou mapas que se propoñan. c) Subliñado dos elementos principais (palabras, conceptos, ideas clave…). d) Apuntamentos nas marxes deses documentos identificando persoeiros, institucións e acontecementos que se explicarán na composición. Indica a relación cos contidos teóricos.

2ª. Elaboración dun esquema ou mapa conceptual co guión básico dos asuntos a

desenvolver indicando:

d) Tema- idea central. e) Localización ou contextualización: espacial (onde?= territorio) e temporal (cando?= período histórico concreto) f) Conceptos principais / secundarios. g) Tipoloxía dos documentos: primaria (históricos: coetáneos do asunto que tratan) ou secundaria (historiográficos: posteriores ao tema abordado neses documentos) Indica tamén si abordan temas de tipo político (ideoloxías, xestión do poder e administración dun territorio), social (colectivos, relacións entre eles, condicións de vida…), económico (produción e reparto de bens materiais), cultural (relixioso, xurídico, pensamento…).

3ª. Redacción da composición histórica cos seguintes apartados:

Introdución breve na que: i) Presentamos o tema central que relaciona aos diferentes documentos seguindo o que se nos require na proposta de composición histórica.

Departamento de Historia, Hª da Arte e

Xeografía, curso 2022/

j) Contextualizamos espazo-temporalmente os feitos ou o proceso histórico partindo das referencias a datas e lugares mencionados nos documentos que se ofrecen. 3.1. Desenvolvemento dos contidos esenciais do tema requerido con referencias precisas e concretas ao contidos dos documentos xa lidos e analizados para describir: k) Antecedentes ou causas dos temas requeridos e aos que se refiren os documentos. l) Intereses dos actores implicados e os obxectivos da súa actuación. Explicaremos neste apartado a importancia das institucións, acontecementos, persoeiros , etc que aparecen nos documentos facendo citas textuais entre vírgulas (“…”) ou referencias precisas ao parágrafo e liña dun contido concreto (por exemplo: artigos dunha constitución). m) Contexto político, económico e/ou social deses acontecementos, feitos e persoeiros que aparecen nos documentos e remiten ao tema que debemos desenvolver. n) Consecuencias ou efectos derivados dos feitos e actuacións xa descritas.

3.2. Conclusión ou síntese final na que destaquemos:

  • As características esenciais do tema desenvolvido.
  • Unha valoración histórica sobre a importancia e transcendencia dos feitos analizados fundamentando a argumentación en coñecementos específicos sobre a Historia sin apelar á percepcións individuais con frases do estilo “paréceme ben/mal” ou “penso que…”.

RECOMENDACIÓNS

1ª. Redactar con claridade, demostrando coñecemento rigoroso dos asuntos requeridos, usando os termos específicos con precisión e desenvolvendo unha estrutura argumentativa coherente (como a proposta nos apartados anteriores).

2ª. Utilizar os documentos sen parafrasealos (repetir o seu contido ou copialo directamente). Debe usarse ese contido como exemplo ou proba das argumentacións facendo referencias

precisas (parágrafo e liña ou asunto concreto) evitando as citas xenéricas do estilo “como se di no

documento 4”.

3ª. Evitar o “ escapismo ”: non se valora positivamente a reprodución de contidos teóricos memorizados sin relacionalos correctamente cos documentos e, menos aínda senón responden

aos asuntos requeridos no parágrafo de orientación da proba. Os coñecementos sobre o tema

requerido deben estar ao servizo deses temas requeridos e vencellar o contido dos

documentos.

4º. Respectar as normas básicas da comunicacíón escrita: lexibilidade e presentación pulcra

(evitando tachóns ou borróns, abusos de tip-ex), corrección ortográfica, precisión léxica usando a terminoloxía (conceptos específicos) adecuados, sintaxe correcta e uso correcto de conectores textuais, construción adecuada de frases que reflictan claridade expositiva.