Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


informe sobre el holocausto, Ejercicios de Historia

informe sobre el holocausto, historia 4º eso

Tipo: Ejercicios

2019/2020

A la venta desde 27/10/2023

luna-rodriguez-25
luna-rodriguez-25 🇪🇸

34 documentos

1 / 2

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
INFORME HOLOCAUSTO: Luna Rodríguez Lojo 4º B
O odio hacia os xudeus (antisemitismo) non tiña unha base relixiosa, senón que
consideraban que ser xudeu era unha condición innata, racial, que non
desaparecía por moito que tratasen de integrarse na sociedade e polo tanto
debían ser segregados e excluídos dela. E ademais, o nacionalismocreía na
idea dunha nación caracterizada pola homoxeniedade cultural e lingüística da
súa poboación.
Tras a crisis económica do 29, necesitaban buscar un inimigo ao que botarlle as
culpas de todo o que sucedía, así consideraron que os xudeus eran os inimigos
e por tanto eran a orixe de todos os seus males (internacionalismo, pacifismo,
democracia e marxismo)
A “solución final” foi un plan levado a cabo polo Partido Nazi en 1942 durante a
Conferencia de Wannsee que consistía na eliminación masiva e planificada dos
xudeus en cámaras de gas e a súa desaparición nos fornos crematorios dos
campos de exterminio.
Os campos de concentración eran plantexados como simples prisións para a
opinión pública e internacional, o réxime nazi ofrecía unha fachada
completamente distinta do que en realidade estaba pasando. A través de
carteis e artículos se recordaba á poboación alemá que a propaganda aliada
difundira atrocidades sobre os alemáns durante a Primeira Guerra Mundial.
Nun folleto impreso en 1941 se informaba que na Polonia ocupada, as
autoridades alemás puxeran a traballar aos xudeus, construíran hospitais,
estableceran comedores comunitarios para os xudeus e ofrecido capacitación
vocacional.
Antes e despois do sucedido, os alemáns utilizaron eufemismos para explicar e
xustificar as deportacións de xudeus a guetos ou a campos de exterminio.
A situación económica en Alemania mellorou debido a política de roubo,
extorsión e exterminio a os xudeus (ademais dos comunistas, socialistas,
socialdemócratas, estranxeiros ou non nazis en xeral) de todos os seus bens,
riquezas e propiedades, do uso do sistema monetario en divisas nos bancos
alemáns ao antollo de Hitler e a expansión a outros territorios que dotaban de
recursos económicos a Alemania. Por outra parte, nos campos de exterminio, as
empresas para as que traballaban os prisioneiros tiñan que pagar a SS 6 marcos
diarios polos obreiros cualificados e 4 marcos polo non cualificados, algo que
lles saía ben a ambas partes xa que o custo de mantemento por obreiro non
chegaba ao marco diario.
Nos campos de exterminio eran obrigados a traballos forzosos, neles pasaban
revista dúas veces ao día e podía chegar a durar horas, apenas comían, a
comida era racionada en 3 comidas ao día e en moi malas condicións. A súa
xornada laboral consistía en labores agrícolas, mineiras, industrias… A hora de
pf2

Vista previa parcial del texto

¡Descarga informe sobre el holocausto y más Ejercicios en PDF de Historia solo en Docsity!

INFORME HOLOCAUSTO: Luna Rodríguez Lojo 4º B

O odio hacia os xudeus (antisemitismo) non tiña unha base relixiosa, senón que consideraban que ser xudeu era unha condición innata, racial, que non desaparecía por moito que tratasen de integrarse na sociedade e polo tanto debían ser segregados e excluídos dela. E ademais, o nacionalismo só creía na idea dunha nación caracterizada pola homoxeniedade cultural e lingüística da súa poboación. Tras a crisis económica do 29, necesitaban buscar un inimigo ao que botarlle as culpas de todo o que sucedía, así consideraron que os xudeus eran os inimigos e por tanto eran a orixe de todos os seus males (internacionalismo, pacifismo, democracia e marxismo) A “solución final” foi un plan levado a cabo polo Partido Nazi en 1942 durante a Conferencia de Wannsee que consistía na eliminación masiva e planificada dos xudeus en cámaras de gas e a súa desaparición nos fornos crematorios dos campos de exterminio. Os campos de concentración eran plantexados como simples prisións para a opinión pública e internacional, o réxime nazi ofrecía unha fachada completamente distinta do que en realidade estaba pasando. A través de carteis e artículos se recordaba á poboación alemá que a propaganda aliada difundira atrocidades sobre os alemáns durante a Primeira Guerra Mundial. Nun folleto impreso en 1941 se informaba que na Polonia ocupada, as autoridades alemás puxeran a traballar aos xudeus, construíran hospitais, estableceran comedores comunitarios para os xudeus e ofrecido capacitación vocacional. Antes e despois do sucedido, os alemáns utilizaron eufemismos para explicar e xustificar as deportacións de xudeus a guetos ou a campos de exterminio. A situación económica en Alemania mellorou debido a política de roubo, extorsión e exterminio a os xudeus (ademais dos comunistas, socialistas, socialdemócratas, estranxeiros ou non nazis en xeral) de todos os seus bens, riquezas e propiedades, do uso do sistema monetario en divisas nos bancos alemáns ao antollo de Hitler e a expansión a outros territorios que dotaban de recursos económicos a Alemania. Por outra parte, nos campos de exterminio, as empresas para as que traballaban os prisioneiros tiñan que pagar a SS 6 marcos diarios polos obreiros cualificados e 4 marcos polo non cualificados, algo que lles saía ben a ambas partes xa que o custo de mantemento por obreiro non chegaba ao marco diario. Nos campos de exterminio eran obrigados a traballos forzosos, neles pasaban revista dúas veces ao día e podía chegar a durar horas, apenas comían, a comida era racionada en 3 comidas ao día e en moi malas condicións. A súa xornada laboral consistía en labores agrícolas, mineiras, industrias… A hora de

durmir, convivían en espazos pensados para 40-50 persoas arredor de 200 persoas, polo que apenas tiñan espazo e era moi complicado durmir. Algo destacable é que na rutina do campo de concentración, os prisioneiros demostraron heroísmo e imaxinación no intento de preservar a vida, a súa condición humana e os valores morais básicos expresados no compañerismo e a solidaridade ao prójimo. Pero non só había xudeus, xitanos, comunistas, homosexuais ou calquer opositor aos nazis, tamén había opositores ao Réxime franquista, que habían fuxido a Francia en 1939 e foran capturados posteriormente. Nun primeiro momento foron tratados como prisioneiros de guerra pero o Réxime franquista insistiu en que estes foran a campos de exterminio, alí eran chamados apátridas españois, representado polo triángulo de cor vermella e cunha “S”. Máis da metade dos encarcerados foron asasinados de diversas formas: fusilados, apaleados, gaseados, ahorcados, polas condicións inhumanas de traballo, pola fame… Unha vez rematada a Segunda Guerra Mundial, concretamente entre 1945 e 1946 realizáronse os xuízos de Nuremberg, onde por primeira vez, os vencedores (dirixidos por E.E.U.U.) promulgaron uns Estatutos mediante os cuales foron xulgados de maneira individual os responsables dos crimes cometidos, non sancionaron xeralmente a potencia perdedora. Ademáis foi a primeira vez que se empregou o termo “criminais de guerra”. Outras das consecuencias do Holocausto, foron que os seus simpatizantes realizaron a coñecida como “negacionismo do Holocausto”. Estes afirman que os nazis non asasinaron a seis millóns de xudíos, que a existencia de cámaras de gas para matar masivamente é un mito, e que calquer morte de xudeus ocurrida baixo o dominio nazi foi resultado da guerra, non duhna persecución sistemática organizado polo Estado. Actualmente, en países como Alemaña quen públicamente ou nunha reunión negue, aprobe ou minimice un acto cometido durante o réxime nacionalsocialista será castigado cunha pena privativa de liberdade de ata cinco anos.