Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Oriente e Roma, cultos e poder, Ejercicios de Historia antigua

Asignatura: antiga II, Profesor: be , Carrera: Historia, Universidad: USC

Tipo: Ejercicios

2017/2018

Subido el 27/06/2018

guille_orio
guille_orio 🇪🇸

1 documento

1 / 9

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
Oriente e Roma,
Cultos e poder
Guillermo Orio Fernández
pf3
pf4
pf5
pf8
pf9

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Oriente e Roma, cultos e poder y más Ejercicios en PDF de Historia antigua solo en Docsity!

Oriente e Roma,

Cultos e poder

Guillermo Orio Fernández

Índice

  1. Introdución p
  2. Estado da cuestión p
  3. Desenrolo 3.1. Os cultos misterios: denominación e principais cultos (Mitra, Cibeles-Atis e Isis-Ossiris) 3.2. O culto imperial e as súas raíces orientais. Culminación no Sol Invicto
  4. Conclusión
  5. Bibliografía

Introdución

Neste traballo ademais de presentar de maneira non moi extensa algúns dos principais cultos, perséguese aclarar o encaixe e importancias dentro das institucións e o discurso para lexitimar ó imperio.

Estado da cuestión

O pioneiro deste campo dende un punto de vista moderno, mais aló dos cultos orientais coma seitas corruptoras do mundo grecolatino, é Franz Cumont, que a principios do século XX “Les religions orientales dans le paganisme romain”(1905), onde incorpora a epigrafía e a arqueoloxía como fontes de investigación. Estes estudos expándense por todo o continente europeo con relativa rapidez a vez que o primeiro debate sobre a cuestión que e se é correcto incluír ao cristianismo dentro deste colectivo. Na segunda metade moitos estudos céntranse en recoller o impacto dos cultos orientais en diferentes provincias e no estudo focalizado en cada un dos cultos coa elaboración de catálogos arqueolóxicos nos “Études préliminaires aux religions orientales dans l ́ Empire romain” (dende 1961). Por último no cambio de século as visións sintetizadoras de autores coma Walter Burkert “Ancient Mystery Cults” (1987) e Jaime Alvar “Los misterios: religiones "orientales" en el Imperio Romano” (2001) que traen consigo o debate sobre que consideración, culto (W. Burkert) ou relixión (J. Alvar), é mais correcta nos distintos casos. Actualmente autores coma Mar Marcos en “Current Perspectives on the Notion of Toleration in the Ancient World” (2016) apuntan a que estas fes reciben de Roma un trato de tolerancia sempre que non supuxera un desorden público ou un risco para a lexitimidade do estado romano.

alcurnia, fronte ós participantes nos thiasoi de Grecia, cuxo carácter popular era indiscutible [...] realizábanse tamén xogos circenses [...] e representacións teatrais” 4 coma algo mais conmemorativo cara os favores da deusa a Roma. Pero no que atane o mito de Cibeles-Atis non recibía unha igual simpatía. Para entender esa paralela gratitude festiva e unhas practicas relixiosas que non estaban normalizadas hai que coñecer estas últimas: O mito conta, de forma resumida, que Zeus accidentalmente o soñar con Cibeles fecunda unha roca, Agdos, da que xurde Agdistis (un ser hermafrodita moi luxurioso) a cal perde o sexo masculino por mandato divino, do membro amputado crece unha amendoeira da cal a hipóstase de Cibeles (forma feminina resultante de Agdistis) come coñecendo a Atis (o seu fillo) que o chegar a súa adolescencia namora a Cibeles pero vai casar cunha princesa frixia pero no momento da celebración Cibeles causa un éxtasis sexual a todos os varóns, Atis castrase baixo un pino (o seu símbolo) o sogro segue a Atis e a noiva arrancase o peito da ansiedade e por último Cibeles dáse de conta do mal cometido e pide a Zeus a resurrección de Atis o que decide manter en eterno letargo (so lle crece o pelo coma sinal de inmortalidade)5. En resumidas contas, Cibeles pretende cometer incesto con Atis pero este impide a consumación castrándose e a cambio opten da súa nai/amante a inmortalidade, este mito transmitise a comunidade de crentes en concreto o corpo sacerdotal (xa que se toda a comunidade imitaba o mito, extinguiríase o pouco) que para poder acceder ó servizo a deusa tiñan que autocastrarse. Esta forma de alcanzar o máximo status social mais a seu pouco encaixe na moralidade romana trae consigo que os sectores conservadores da sociedade coma a aristocracia limitaran o servizo sacerdotal nun principio a Cibeles-Atis a individuos frixios (non cabía a posibilidade de expulsar a deusa despois da axuda prestada) que estaban en maior ou menor medida manipulados polas elites. Sobre a súa organización baseábase en gaili (castrados) e archigaili (clero superior que non tiña que castrase), existen moitas dúbidas sobre o papel destes cargos, pero no caso dos archigaili: “non hai certeza do momento no que se crea este grupo, cuxas prerrogativas parecen vinculadas a supervisión oficial [...] non só por un sutil desexo de supervisión ideolóxica se non moi especialmente polo prurito de controlas as finanzas”^5. O papel dos gailis parece quedar nun segundo plano xa que os archigali chegan a presidir o taurobolio (rito de sacrificio e castración dun toro para un devoto. A súa significación foi converténdose nun rito de purificación e logo algo semellante a un bautizo). Na súa difusión destacan a Galia, Italia e Hispania (traído posiblemente por escravos, libertos e comerciantes orientais) fronte a provincias coma Dacia, o seu compoñente social destaca a frecuente presencia de mulleres e de libertos, e dentro da aristocracia no momento da chegada da deusa e durante moito tempo a familia Claudia e os Cornelio Escipión estiveron moi implicados nas celebracións da Megale Meter entre outras. 4 Alvar 2007: 459 5 Alvar 2007: 465

Isis e Osiris son dos deuses exipcios dos cales se conserva o mito dende o 3º milenio aínda que algo helenizado. O mito representa ( segundo relato de Plutarco) o ciclo vital a través do asasinato de Osiris por Seth e o seu renacer no inframundo a vez que nace o seu fillo con Isis, Horus o vingador.“Na escala de valores isíacos poderiamos destacar a castidade, a obediencia dos mandamentos e o arrepentimento polas faltas cometidas, a defensa da familia, das leis e da xustiza, da harmonía e a paz... En suma, coa defensa da familia, do ordenamento xurídico e da orde social”^6. Este mito estendese primeiro polos reinos helenísticos e entre o I século A.C. e o II D.C chega a todas as provincias, incluíndo as mais periféricas de Britannia, Belgica e Dacia. No imperio ata Caligula non estivo demasiado ben visto polas autoridades o seu culto, tras os consolidase e integrase (foi seguido por varios emperadores que presidiron algunhas importantes celebracións), grazas o seu significado claramente conservador, chegando o seu momento mais puxante entre Marco Aurelio e Gordiano III. En Roma o calendario recollía moitas festividades referentes a Isis, destacando a Isia que entre o 26 de outubro e o 3 de novembro conmemora o mito. Derivado de Osiris e de Hades, no reino tolemaico crease a divindade Serapis que grazas o pulo das autoridades consolidase e tamén cobra importancia no dominio romano celebrándose a súa festividade o 25 de abril. No caso de Mitra a realidade é un pouco distinta. O primeiro é que non se conserva o mito escrito no marco romano. A divindade ten unha orixe indo- irania onde vela pola orde e se lle atribúen aspectos coma garante dos contratos de toda índole, a lealdade (esta relacionado co termino amigo e alianza) e atributos ígneos. No panteón Zoroastrista ocupa o lugar de comandante militar que defende a orde fronte o caos (pensase que foi o primeiro en recibir o nome de quen trae a luz o mundo) Existe moito debate sobre se o culto de Mitra romano conserva estes aspectos de maneira forte ou se en cambio so lle queda o nome. Na figura 1 temos unha representación dunha Tauroctonía, momento no que por encargo do Sol (corvo) Mitra mata o touro na mesma caverna na que el mesmo nacera (símbolo da bóveda celeste), o sangue é bebido por un 6 Carbó 2010: 376 Figura 1 : Tauroctonía de Mitra do século II atopada en Roma, Museo del Louvre, Paris

algúns monarcas da zona posteriormente) e coa conquista pasou a estenderse polos romanos, pero polo medio os reinos helenísticos fixeron identificacións entre Mitra e Helios e Mitra e Apolo ademais de outras influencias que lle darían o seu carácter mistérico. O culto a Mitra parece chegar a Roma no último cuarto do século I D.C. (no 80 D.C. aparece en unha inscrición en referencia a Mitra por un liberto) froito da repatriación de veteranos que participaran nas campañas dos Flavios en oriente onde tomarían contacto cos ritos que teñen moitas connotacións militares ou da vida militar (é posible que a xerarquía da comunidade sexa de raíz militar). A súa difusión o igual ca súa chegada a Roma esta moi ligada o exercito (que é a súa principal base social) o que fai que a abundancia de mitreos principalmente sexa proporcional o numero de militares, polo que os limes destacan na distribución do culto no imperio aínda que os escravos e mercadores tamén expandiron as comunidades de Mitra. En relación coas institucións, o culto Mitra nunca tivo o apoio oficial que si que acadaron outros cultos, aínda que dentro da corte imperial si que tivo presencia (destacando que Cómmodo iniciase a titulo persoal) e certo respecto xa que o fin o cabo atacar as comunidades de Mitra podería traer malestar no exercito. No século IV cobra relevancia o intentar por parte dos emperadores pagáns a súa integración no ámbito do Sol invicto, pero o culto a Mitra mantense “independente” pero a oficialización do cristianismo (con todos os ataques que os apócrifos fixeron cara Mitra) e os cambios na organización militar minguaron a importancia do culto ata desaparecer. Un trazo do culto de Mitra moi importante para entender non tivo unha extensión moito mais amplía é a súa exclusión as mulleres da comunidade.

O culto imperial e as súas raíces orientais.

Dende a formación dos reinos helenísticos o mundo grego estendese e a súa fe chega as zonas costeiras de Asia menor o levante e Exipto e en menor medida cara o interior por tanto conviven variedade de culturas e relixións e os monarcas buscan unha forma de lexitimación e cohesión social que non podían encontrar na relixión das polis: “En Grecia existía un antiquísimo culto os heroes, aínda que había unha diferencia [...] os primeiros tratábanse de homes mortos heroizados”^10 polo que a filosofía foi a solución establecéndose un tres principios para lograr facer os reis deuses 1º “O home como medida das cousas” de Protagoras 2º O goberno do logos dos estoicos 3º Os deuses gregos coma antigos reis terreais (con exceso de areté) de Evémero de Mesenia. Esta concepción pasa a Roma xa na derradeira etapa da república “Pompeio contaba 25 anos cando celebrouse a pompa triunfal; naquela ocasión vestiu incluso a clámide dos grandes macedonios no lugar da ritual (toga pieta)”^11 , tendo notable influencia no culto imperial pero dende unha óptica o principio mais tradicional, ligando o emperador coas virtudes divinizadas primeiro no ámbito municipal e a partir de Vespasiano cunha disposición provincial. Primeiro con Heliogábalo e xa no século IV cos últimos 10 Lozano 2007: 122 11 Zanker 1987: 29-

emperadores pagáns relacionase a divindade do emperador (e a súa familia) co Sol Invictus. Dende antigo existía a divindade Sol (de raíz grega) pero a principios do IV moitos a crise política e relixiosa fixo adoptar este como principal culto pagan. A súas raíces teñen inspiracións estoicas astrolóxicas e neoplatónicas e das ideas monoteístas. As ideas estoicas sobre o goberno supremo do logos mais a consideración astrolóxica de que o sol era o mais relevante dos astros xa foron plasmando influencias sociais en Roma dende antigo sendo de gran importancia a adopción do calendario solar 12 e a idea de autores como Plinio o vello de que o panteón é unha serie de manifestacións dunha soa divindade. Chegando con estes puntos a lóxica da relixión solar onde o sol é o logos e este (seguindo plantexamentos neoplatónicos) goberna o mundo intelixible, mentres que a modo de reflexo o emperador goberna o mundo material. Pese o seu plantexamento coherente co pensamento da época, esta idea non acadou gran popularidade entre o pobo. 12 Lozano 2007: 125