


Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: derecho de la persona y la familia, Profesor: cualquiera cualquiera, Carrera: Derecho, Universidad: USC
Tipo: Ejercicios
1 / 4
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!



Nome:.................................................................................................................................
DNI:....................................................................................................................................
CASO PRIMEIRO: Dona Águeda foi inscrita no Rexistro Civil de Barcelona como nacida en dita cidade e filla do matrimonio formado por don Donato e dona Noelia, falecidos o 28 de agosto de 2002 e o 14 de maio de 2007, respectivamente, sendo dona Águeda a única filla. No mes de febreiro de 1992 dona Águeda tivo noticia de que os seus pais, que aparecían legalmente como biolóxicos, non o eran, senón que era filla de Dona Gracia, quen no ano 1992 estaba casada con don Rogelio e tiña, como froito do matrimonio, catro fillas. No mes de maio de 1992 coñeceu á súa nai, quen lle comunicou a identidade do seu pai, don José Augusto. No mes de setembro dese ano sometéronse ás probas de paternidade, obtendo un resultado positivo. Dona Gracia faleceu o día 5 de abril de 2010 en San Sebastián, habendo outorgado testamento, no que dona Gracia non aparece reflexada nin contemplada. Meses despois, dona Gracia exerce acción de reclamación da filiación materna non matrimonial, con impugnación da filiación contraditoria, solicitando asimesmo a súa declaración de herdeira de dona Gracia e a anulación parcial do testamento da súa nai e da partición da herdanza realizada polas fillas matrimoniais desta.
Cuestión: Deben prosperar as pretensións de dona Águeda?
Ver Sentenza do Tribunal Supremo de 12 de xaneiro de 2015 (RJ\2015\610)
CASO SEGUNDO: Don Rodolfo e Dona Estela contraxeron matrimonio en 1977. En 1981 tivo lugar o nacemento do fillo, don Darío. O matrimonio separouse en 1986 e disolveuse por divorcio en 1989. Acredítase por informe médico relativo a don Rodolfo, con certificado de data de 3 de agosto de 1999 que "se constatan cifras baixas de espermatozoides que farían moi difícil conseguir un embarazo por vía natural nese momento...". Tras recibir este informe, e con data de 15 de setembro de 1999, don Rodolfo presenta demanda contra dona Estela e don Darío, impugnando a paternidade marital.
Cuestións: 1. Está exercida a acción en prazo?^1 2. Debe ter relevancia na resolución do suposto a negativa do fillo a someterse ás probas biolóxicas?
Ver Sentenza doTribunal Supremo de 16 de outubro de 2008 (RJ\2008\5696)
CASO TERCEIRO: Dona María Virtudes e dona Eufrasia mantiveron unha relación de parella de forma pública e notoria dende xaneiro de 1996 ata xuño de 2006, sen contraer matrimonio. O 13 de novembro de 2003 naceu por técnica de reprodución asistida, con material xenético de donante anónimo, don Esteban, sendo nai biolóxica Dona María Virtudes. O menor foi inscrito no Rexistro Civil cun nome que incorporaba o apelido de dona Eufrasia. As relacións entre ela e Esteban se desenvolveron como propias de nai e fillo, producíndose tal tratamento tanto por parte de dona Eufrasia como dos seus familiares. Tras a ruptura da parella, dona Eufrasia exerce unha acción de reclamación de filiación extramatrimonial manifestada por constante posesión de estado, ao abeiro do artigo 131 do Código civil.
Cuestión: Debe prosperar a acción de reclamación? Téñase presente o disposto polo apartado terceiro do artigo 7 da Lei 14/2006, de 26 de maio, sobre técnicas de
(^1) Obsérvese que a redacción actual do artigo 136 débese ao artigo 2.4 da Lei 26/2015, de 28 de xullo. Na redacción anterior, o artigo 136 establecía: "El marido podrá ejercitar la acción de impugnación de la paternidad en el plazo de un año contado desde la inscripción de la filiación en el Registro Civil. Sin embargo, el plazo no correrá mientras el marido ignore el nacimiento.
Si el marido falleciese antes de transcurrir el plazo señalado en el párrafo anterior, la acción corresponde a cada heredero por el tiempo que faltare para completar dicho plazo.
Fallecido el marido sin conocer el nacimiento, el año se contará desde que lo conozca el heredero"
Vid. Sentenzas do Tribunal Supremo de 29 de outubro de 2008 (RJ\2008\5802); de 5 de decembro de 2008 (RJ\2009\147); de 4 de xullo de 2011 (RJ\2011\5965).
.