Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


RENACEMENTO: esculturas, Apuntes de Historia del Arte

Esculturas do renacemento ABAU Galicia

Tipo: Apuntes

2020/2021

Subido el 20/02/2021

an3r.r
an3r.r 🇪🇸

5

(1)

5 documentos

1 / 5

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
O DAVID DE DONATELLO
Representa ao mozo David idealizado despois de matar a Goliat, tendo aos seus pés a súa cabeza, realizada con
moita minuciosidade. David está espido, de pé, co cabelo longo, leva o sombreiro toscano de palla, coroado de
loureiro, e vai calzado cunhas botas ata os xeonllos. Sostén unha espada coa man dereita, coa que cortou a
cabeza de Goliat, e unha pedra, coa que abateu ao seu inimigo. A súa perna dereita soporta firmemente todo o
peso do corpo mentres que a esquerda descansa. Xa non é representado coma un heroe senón coma un mozo
sensual, do que non se sabe como puido vencer no combate. Hai un gran contraste entre a serenidade do rostro
de David e a expresividade da cabeza de Goliat.
Hai todo un sistema de contrarios, a perna dereita e o codo esquerdo atrásanse mentres o xeonllo esquerdo e a
man dereita se adiantan, un pé queda en posición máis elevada que o outro e a cabeza rompe a verticalidade
inclinándose. A diagonal exterior da espada contribúe a acentuar a inestabilidade do corpo.
Nesta figura Donatello procura a perfección anatómica. Recupera a curva praxiteliana: o torso mantense ergueito
mentres sube a cadeira dereita e flexiona a perna contraria. Con ela apórtanse movemento e sensualidade á súa
anatomía.
A anatomía está tratada cun modelado suave, co que trata de imitar a pel humana, especialmente nos pectorais e
abdominais.
Xogos lumínicos: sitios con máis sombra e con máis luz.
O seu rostro é sereno, o que se relaciona coa súa actitude de repouso tralo combate.
Temática
Foi encargada por Cosme de Medici. Posiblemente tivera un destino público polo que a súa finalidade sería
conmemorativa e simbólica: o triunfo da inocencia, a virtude e a intelixencia fronte a un inimigo poderoso.
Simbolizaría así o triunfo de Florencia fronte a Milán.
Isto relacionaríase coa pasaxe bíblica de David e Goliat. Segundo a Biblia, o novo pastor de Belén, David,
ofreceuse ao rei de Israel, Saúl, para aceptar o desafío do xigante Goliat, que quería decidir nunha loita persoal o
vencedor da guerra que mantiñan estes dous pobos. David conseguiu vencer ao seu adversario. Probablemente
isto relaciónase coa vitoria de Xesús sobre Satanás, do ben sobre o mal.
Por outra banda, non hai unanimidade na lectura iconográfica desta obra, e algúns críticos argumentan que non
se trata da vitoria do rei David, senón da representación do dun deus pagán
Modelos e influencias
É o primeiro vulto redondo de dimensións reais dende a Antigüidade e o primeiro nu completo do Renacemento.
Como curiosidade para comprender a importancia de Donatello en Italia: se España se entregan no cine os
premios Goya, alí entréganse os premios Donatello.
pf3
pf4
pf5

Vista previa parcial del texto

¡Descarga RENACEMENTO: esculturas y más Apuntes en PDF de Historia del Arte solo en Docsity!

O DAVID DE DONATELLO

Representa ao mozo David idealizado despois de matar a Goliat, tendo aos seus pés a súa cabeza, realizada con moita minuciosidade. David está espido, de pé, co cabelo longo, leva o sombreiro toscano de palla, coroado de loureiro, e vai calzado cunhas botas ata os xeonllos. Sostén unha espada coa man dereita, coa que cortou a cabeza de Goliat, e unha pedra, coa que abateu ao seu inimigo. A súa perna dereita soporta firmemente todo o peso do corpo mentres que a esquerda descansa. Xa non é representado coma un heroe senón coma un mozo sensual, do que non se sabe como puido vencer no combate. Hai un gran contraste entre a serenidade do rostro de David e a expresividade da cabeza de Goliat. Hai todo un sistema de contrarios, a perna dereita e o codo esquerdo atrásanse mentres o xeonllo esquerdo e a man dereita se adiantan, un pé queda en posición máis elevada que o outro e a cabeza rompe a verticalidade inclinándose. A diagonal exterior da espada contribúe a acentuar a inestabilidade do corpo. Nesta figura Donatello procura a perfección anatómica. Recupera a curva praxiteliana: o torso mantense ergueito mentres sube a cadeira dereita e flexiona a perna contraria. Con ela apórtanse movemento e sensualidade á súa anatomía. A anatomía está tratada cun modelado suave, co que trata de imitar a pel humana, especialmente nos pectorais e abdominais. Xogos lumínicos: sitios con máis sombra e con máis luz. O seu rostro é sereno, o que se relaciona coa súa actitude de repouso tralo combate. Temática Foi encargada por Cosme de Medici. Posiblemente tivera un destino público polo que a súa finalidade sería conmemorativa e simbólica: o triunfo da inocencia, a virtude e a intelixencia fronte a un inimigo poderoso. Simbolizaría así o triunfo de Florencia fronte a Milán. Isto relacionaríase coa pasaxe bíblica de David e Goliat. Segundo a Biblia, o novo pastor de Belén, David, ofreceuse ao rei de Israel, Saúl, para aceptar o desafío do xigante Goliat, que quería decidir nunha loita persoal o vencedor da guerra que mantiñan estes dous pobos. David conseguiu vencer ao seu adversario. Probablemente isto relaciónase coa vitoria de Xesús sobre Satanás, do ben sobre o mal. Por outra banda, non hai unanimidade na lectura iconográfica desta obra, e algúns críticos argumentan que non se trata da vitoria do rei David, senón da representación do dun deus pagán Modelos e influencias É o primeiro vulto redondo de dimensións reais dende a Antigüidade e o primeiro nu completo do Renacemento. Como curiosidade para comprender a importancia de Donatello en Italia: se España se entregan no cine os premios Goya, alí entréganse os premios Donatello.

GATTAMELATA

Gattamelata, sobre un cabalo que avanza, pasa revista das tropas. Preséntase como un guerreiro sereno, firme, portando unha espada e un bastón que lle confiren un aire triunfal. Coa cabeza descuberta, porta coiraza romana cunha gorgona alada no seu centro e suxeita cunha man as rendas, e coa outra o bastón de mando. O seu rostro reflicte a dignidade do home xusto. Trátase dun retrato idealizado nos seus trazos físicos (menos anos dos que tiña), e nobre e altivo, reflexo da súa personalidade. Donatello: penetración psicolóxica. Vemos tres liñas principais: a vertical do guerreiro sobre o cabalo, a diagonal da bengala e a horizontal que indica o movemento cara a diante. O contorno do conxunto está pechado, delimitado polas curvas do cabalo cuxa pata dianteira se apoia nunha bola (dominio do mundo), o que favorece a sensación de equilibrio e harmonía. A súa posición elevada amosa o poder e a autoridade do guerreiro. Resulta unha obra clasicista pola serenidade que expresa o movemento en repouso e o avance lento do cabalo. A estatua levántase sobre un zócolo de mármore, tamén obra de Donatello, e conta nos seus lados con portas de mármore que recrean as portas do Hades, como imitación dos sarcófagos da Antigüidade. Temática A escultura foi feita como homenaxe ao Erasmo de Narni, xefe dos exércitos mercenarios ao servizo de Venecia, alcumado Gattamelata pola súa astucia. É un monumento-tumba e símbolo dun personaxe máis temido que amado polo pobo. Ten unha clara intención propagandística. Curiosamente, os seus restos non repousan nel. Modelos e influencias Donatello serviuse de modelos clásicos, principalmente da estatua ecuestre de Marco Aurelio en Roma, pero tamén de modelos contemporáneos. Este tipo será retomado na posteridade, sendo de especial relevancia o seu paso ao lenzo en obras de Tiziano (Carlos V).

MOISÉS

É unha escultura exenta e de corpo enteiro aínda que, dada a configuración do sepulcro, só pode ser vista de fronte. Moisés dirixe a cabeza cara á esquerda, e está coroado polos cornos que o identifican. O seu brazo dereito apóiase sobre as Táboas da Lei mentres que coa súa man acaricia a súa barba. A obra foi realizada segundo a idea de escultura deste autor nun só bloque de mármore, estruturada nun eixe vertical sobre o que se move a figura nun forzado contrapposto. A técnica é perfecta. Michelangelo trata o mármore como un material maleable, dando a sensación dun modelado máis que dunha talla. O pulido do material deixa esvarar a luz; as pregas da roupa teñen un gran naturalismo, provocando grandes contrastes de luces e sombras, aportando volume. A anatomía é perfecta: dun naturalismo asombroso, poderosa, de forte musculatura, que exhibe unha gran fortaleza. Existe un lixeiro contraposto a pesar de estar sentado: xiro da cabeza e os movementos contrarios de pernas e brazos (brazo esquerdo cara arriba e dereito cara abaixo, perna esquerda cara fóra e dereita cara dentro). Represéntase o momento en que Moisés, furioso ante a infidelidade do seu pobo, decide erguerse. O rostro mostra a furia a través dunha gran expresividade dramática, a denominada polos críticos terribilitá. Moisés parece estar a punto de estalar e empezar a berrar, frunce o entrecello, a súa psique pódese captar a través do xesto e a mirada furiosa: é un traballo psicolóxico moi estudado. Michelangelo abandona os rostros sereos da súa primeira época e opta por unha expresividade dramática, anticipo do que será o Barroco. Moitos recursos subliñan a tensión espiritual da figura: · A musculatura en tensión. · A fereza da ollada. · As poderosas mans maltratando a súa barba A vida que irradia Moisés é tal que seica Michelangelo cando o rematou lle tería espetado: “ Fala!” Foi realizada en varios períodos da vida do artista, o que é un reflexo da súa personalidade cambiante. De feito, os estudos demostran que o mestre cambiou a postura da cabeza nun dos últimos períodos, xa que esta non estaba xirada nun principio: capacidade de M de facer esto sin que se note. Temática Forma parte dun conxunto sepulcral. O Papa Xulio II, o seu mecenas, fíxolle o encargo. O tema representado é un pasaxe no cal Moisés, ao regresar coas Táboas da Lei tras estar corenta días nun monte para ensinárllelas ao pobo de Israel, descubre que este adoraba ritos paganos. Modelos e influencias Influencia: obra helenística do Laoconte.

TUMBAS MEDICEAS

Son dous sepulcros que ocupan paredes opostas na Sancristía Nova de San Lourenzo de Florencia. Deseñados como sepulcros-retablo, simetricamente dispostos, exhiben unha estrutura piramidal coa imaxe do defunto enriba, enmarcados entre pares de pilastras, e abaixo dúas figuras alegóricas do paso do tempo, como símbolo do éxito da familia Medici. Os xóvenes Medici están idealizados. Michelangelo plasma prototipos perfectos segundo os principios do clasicismo de amosar a beleza espiritual. Aparecen idealizados como xenerais romanos. Agora ben, Michelangelo engadeu trazos da personalidade de cada un, co que hai unha captación psicolóxica dos mesmos. Así, Lourenzo o Magnífico, á dereita, está sentado en silencio, en actitude de repouso, melancólico, concentrado no seu pensamento como símbolo da vida contemplativa e acompáñano, deitadas sobre os sarcófagos en contraposto, as alegorías que simbolizan as horas de transición, Aurora e Crepúsculo, entendidas como robustos corpos nus, dende a xuventude da Aurora á vellez do Crepúsculo. O seu irmán Xuliano, á esquerda, representado como mozo guerreiro de altivez imperial, amósase presto á acción con coiraza e portando o bastón de mando, cheo de enerxía, dirixindo a mirada ao exterior como se estivera a piques de entrar en acción, simbolizando a vida activa. Está flanqueado polas figuras alegóricas das horas positivas: Día e Noite. A Noite é unha muller de poderosas formas que se agocha, e o Día é un mozo que se volve. A condición de inacabadas dos dous rostros das alegorías masculinas son a demostración do método de Michelangelo que, ao conseguir sacar a idea mental do mármore, xa perdía o interese pola súa continuación e finalización completa. É nas figuras espidas que simbolizan o tempo onde máis claramente se están a romper os principios clasicistas. Son figuras que se afastan dos ideais renacentistas e presaxian o Manierismo. A súa inestabilidade, a sensación de esvarar sobre a tapa do sarcófago, o forzado das súas posturas, ou o alongamento do canon, non teñen que ver co clásico. Michelangelo está traballando de xeito persoal sen aterse ás normas, esculpe á su maniera, de aí o nome do manierismo. Este conxunto destaca pola singular relación que se establece entre os dous conxuntos escultóricos e a Madonna dos Medicis, situada nunha terceira parede. O feito de que ambos os dous duques miren cara á melancólica Virxe establece un contacto visual e espiritual. Temática Giovanni Medici convertiuse en papa, conseguindo acadar por primeira vez para a familia dos Medici o nivel máis alto que calquera familia nobre podía alcanzar en Italia. Encargoulle a Michelangelo a construción dunha sancristía nova como gran sepulcro de catro membros da familia. Non chegou a completarse, primeiro por mor da expulsión dos Medici de Florencia e despois pola partida de Michelangelo a Roma. Fixéronse dúas das catro tumbas de mármore.