Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Tema 3 de Educación Comparada, Apuntes de Ciencias de la Educación

Apuntes tema 3 de Educación Comparada

Tipo: Apuntes

2018/2019

Subido el 03/07/2023

usuario desconocido
usuario desconocido 🇪🇸

2 documentos

1 / 39

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
1.- EVOLUCIÓN DOS ESTUDOS COMPARADOS DA
EDUCACIÓN.
Entendemos que o mellor modo de comprender a natureza dos Estudos
Comparados da Educación, da Educación Comparada ou da Pedagoxía
Comparada, é analizar as súas orixes e evolución.
Nesta liña, trataremos de presentar un esquema de interpretación, un
modelo, que nos permita ver as diferentes etapas da evolución desta parte do
coñecemento da educación.
Non se trata de coñecer con gran minuciosidade toda a súa evolución,
senón máis ben de resaltar as etapas fundamentais desta evolución.
Este modelo, elaborado por F. Ferrer (1990), vaise construír en base ó
criterio metodolóxico, ó método a aplicar para o desenvolvemento do
coñecemento da educación comparada. Xa que este permite unha visión global
desta disciplina da Pedagoxía.
Outro criterio que se pode aplicar é o cronolóxico. O problema que se
presenta ó construír un modelo en función deste criterio é que levaríanos a
entender a evolución dos coñecementos comparados da educación, por unha
parte, como un continuo, é dicir, que cando finaliza unha etapa comeza outra,
sen ter en conta que moitas veces dúas tendencias poden convivir durante
períodos de tempo máis ou menos longos, ata que unha sexa capaz de desbancar
a outra.
Por outra parte, si se aplica só un criterio cronolóxico, non poderiamos
clasificar ou analizar aqueles autores que non defenden as ideas ou
metodoloxías da etapa na que viviron, e, polo tanto, deixaríanse de clasificar
pf3
pf4
pf5
pf8
pf9
pfa
pfd
pfe
pff
pf12
pf13
pf14
pf15
pf16
pf17
pf18
pf19
pf1a
pf1b
pf1c
pf1d
pf1e
pf1f
pf20
pf21
pf22
pf23
pf24
pf25
pf26
pf27

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Tema 3 de Educación Comparada y más Apuntes en PDF de Ciencias de la Educación solo en Docsity!

1.- EVOLUCIÓN DOS ESTUDOS COMPARADOS DA

EDUCACIÓN.

Entendemos que o mellor modo de comprender a natureza dos Estudos Comparados da Educación, da Educación Comparada ou da Pedagoxía Comparada , é analizar as súas orixes e evolución.

Nesta liña, trataremos de presentar un esquema de interpretación , un modelo, que nos permita ver as diferentes etapas da evolución desta parte do coñecemento da educación.

Non se trata de coñecer con gran minuciosidade toda a súa evolución, senón máis ben de resaltar as etapas fundamentais desta evolución.

Este modelo, elaborado por F. Ferrer (1990), vaise construír en base ó criterio metodolóxico, ó método a aplicar para o desenvolvemento do coñecemento da educación comparada. Xa que este permite unha visión global desta disciplina da Pedagoxía.

Outro criterio que se pode aplicar é o cronolóxico. O problema que se presenta ó construír un modelo en función deste criterio é que levaríanos a entender a evolución dos coñecementos comparados da educación, por unha parte, como un continuo , é dicir, que cando finaliza unha etapa comeza outra, sen ter en conta que moitas veces dúas tendencias poden convivir durante períodos de tempo máis ou menos longos, ata que unha sexa capaz de desbancar a outra.

Por outra parte , si se aplica só un criterio cronolóxico, non poderiamos clasificar ou analizar aqueles autores que non defenden as ideas ou metodoloxías da etapa na que viviron, e, polo tanto, deixaríanse de clasificar

autores sumamente importantes para o coñecemento da Pedagoxía Comparada por non aplicar o procedemento metodolóxico maioritario nese momento.

Curiosamente, a pesares de aplicar o criterio metodolóxico, establécense tres etapas na evolución dos coñecementos comparados da educación que se deron por este orden na historia destes estudos. É dicir, que a pesares de aplicar o criterio metodolóxico, obtemos un modelo que é moi similar ó que se construiría, salvando algunhas excepcións, de utilizar o criterio cronolóxico.

As tres etapas que podemos diferenciar, en base ó criterio metodolóxico, con respecto á evolución dos estudos comparados da educación, podémolas denominar, seguindo ó profesor F. Ferrer (1990), do seguinte modo:

  • Etapa Descritiva.
  • Etapa Interpretativa.
  • Etapa Comparativa. Como xa apuntamos, con estas tres etapas trátase de analizar a evolución destes coñecementos, como coñecementos da educación, que nacen entre finais do século XVIII e principios do XIX. É dicir, trátase de estudar como evolucionou este tipo de coñecemento dende finais do século XVIII ata hoxe, para ter unha visión global desta disciplina pedagóxica.

1.1.- Antecedentes históricos.

Agora ben, o que comecemos falando da educación comparada ou da Pedagoxía Comparada dende finais do século XVIII ou principios do XIX, non quere dicir que non se fixeran "estudos comparados" en épocas anteriores.

Así dende a antigüidade vense analizando a realidade educativa a partir de comparacións. Este tipo de comparacións denomínanse relatos de viaxes (García Garrido, 1991; Ferrer, 1990). Trátase na maioría dos casos, como o seu

Referencias que ían dende os países asiáticos máis importantes (China, India, Xapón, etcétera) ata os pobos máis evolucionados do mundo que se acababa de descubrir. Sobre estes últimos hai relatos tanto da educación que estes pobos daban aos seus fillos, como a educación que os colonizadores proporcionaban aos nativos (por exemplo as crónicas sobre as misións Xesuíticas no Paraguai).

Esta tendencia á descrición e comparación entre culturas faise tan importante que moitos autores describen as costumes de países imaxinarios sacando conclusións ou ensinanzas positivas que puideran ser útiles para o seu propio país.

Este é un dos motivos da aparición, durante a idade moderna, das grandes Utopías e a gran cantidade de novelas escritas describindo países imaxinarios. Pódense destacar como exemplos destas descricións as seguintes: “ La Utopía” de Tomás Moro; “ La Nueva Atlantis” de Francis Bacon e “ La Ciudad del Sol” de Campanella. Entre as novelas están: “ La historia de los Sevarambes” de Denis Vayrasse; “ Las aventuras de Telémaco” de Fenelón e “ la Historia de Ajaoianos” de Fontenelle (en pleno século das luces).

1.2.- Etapa Descritiva.

Podemos dicir que esta etapa comeza a finais do século XVIII e esténdese o longo do século XIX. Esta etapa é tamén coñecida por "etapa da Pedagoxía ou do Ensino no estranxeiro" ou tamén por "etapa dos enquisadores".

Como xa apuntamos, a finais do século XVIII prodúcese un cambio cuantitativo e cualitativo no interese pola comparación. É a partires desta data na que as comparacións vanse a realizar de xeito deliberado e non se van circunscribir a ningún ámbito determinado da realidade, senón que polo

contrario esténdense a tódalas áreas ou esferas da actividade humano, e de xeito especial ás institucións sociais.

Este interese xeral pola comparación atópase nas fontes do século ilustrado. Así un dos seus piares foi o nacionalismo. É nesta época na que se produce o nacemento e a progresiva expansión dos nacionalismos. Nacionalismos que se baseaban na diferenza co outro máis có que lles unía. De aí que unha vez establecida a conciencia nacional había que buscar ou establecer a identidade nacional , e esta podíase xerar ó través da comparación cos outros países ou nacións, xa que permitía detectar claramente o que diferenciaba uns dos outros.

Neste sentido, a comparación empeza ser exercida dun modo completamente novo, é dicir, dende este momento vai realizarse de xeito consciente e deliberado.

Outro dos piares da ilustración é o racionalismo , a razón coma fonte de progreso, felicidade e sabedoría. Este talante racionalista ten como consecuencia que a maioría dos homes da ilustración inclináranse, como método de traballo, pola comparación.

Un exemplo claro da unión entre nacionalismo, racionalismo e a tendencia a comparar, podémola descubrir en Diderot , no seu artigo dedicado a verba "lexislador" na Enciclopedia, na cal afirmaba que había que modificar no home o "espírito de propiedade" polo "espírito de comunidade", o que levaría concretamente a entender o "amor á patria" como o único "obxecto de paixón" do home. Desta sentencia despréndese unha clara confesión de racionalismo e nacionalismo por parte de Diderot, pero ademais, esta sentencia intenta demostrala por medio da comparación, e para elo utiliza ao pobo Inca do Perú como elemento probatorio;

Con respecto á educación ademais destes dous movementos atopámonos con tres feitos importantes:

a) A aplicación da comparación ás diferentes ciencias.

b) Os estados comezan a formularse a necesidade de crear "células educativas" para acadar o ensino obrigatorio e de balde. Células que van ser o embrión dos futuros sistemas educativos

c) A aparición dos primeiros estudos de "Educación comparada" :

  • C.A. Basset en 1800 publicou o libro "Ensayos sobre la organización de algunas partes de la Instrucción pública"(no que se destaca a importancia que ten para os educadores o coñecemento da realidade educativa doutros países).
  • Jullien de París en 1817 publica o libro: "Esquisse et vues préliminaires d'un ouvrage sur l'éducation comparée" (pódese dicir que é o primeiro estudo sistemático de educación comparada que se coñece ata o momento). Aínda que a meirande parte dos especialista consideran a Jullien de París como o pai da educación comparada, o feito de que a súa obra non fora coñecida pola sociedade científica ata 1943, fai que algúns autores consideren que o verdadeiro pai é Cesar Augusto Basset.

Isto é así porque vai influír máis nos investigadores posteriores e no crecemento do coñecemento da educación comparada que Jullien de París a pesar de ser a obra deste último moito máis avanzada de acordo co que na actualidade entendemos por educación comparada.

1.2.1. Jullien de París:

Naceu no ano 1775, aos 19 anos (1794) é nomeado "subsecretario" pola "Comisión Executiva de Instrución Pública". Morre en París en 1848 aos 73 anos de idade.

A principal obra, pola que se considera o pai da Educación Comparada é o "Esquisse et vues preliminaires d'un ouvrage sur l'education comparee", xa citada, que foi escrita en 1817, pero que non se coñeceu ata un século máis tarde, concretamente ata que a atopara F. Kémeny, húngaro de Budapest, nun mercado de libros de París e a remitira ó B.I.E. (Oficina Internacional da Educación) en 1935. Pero é P. Roselló, sendo o director de dito organismo, o que descubre a importancia de dita obra, reeditándoa en 1943.

A importancia desta obra está en que é o primeiro intento serio de realizar un estudo sistemático de Educación ou Pedagoxía Comparada, e incluso un dos primeiros intentos, xunto co de Herbart, de fundamentar unha ciencia autónoma da educación.

Pero para desgraza da Pedagoxía, en xeral, e da educación comparada, en particular, non se lle deu, no seu momento, a importancia que tiña.

Neste sentido, debemos recordar que esta obra aparece no mesmo momento que aparecen estudos comparados doutras ciencias, polo que un estudo comparado da educación non era unha idea utópica.

Ademais do anterior, está o feito, sumamente importante para a comprensión desta obra, da aparición das “células educativas” o que provoca que se empezara falar de “educación popular” e de “instrución pública”, como dous fenómenos de gran relevancia dentro do pensamento pedagóxico.

2ª PARTE:

Establece a utilidade de realizar estudos comparativos dos principais centros educativos dos diferentes países, sobre todo dos seus métodos e contidos.

Para facer estes estudos entende que é necesario elaborar o que denomina "táboas comparativas de observacións". Estas deberían permitir realizar descricións dos diferentes sistemas educativos e, polo tanto, permitir realizar valoracións dos mesmos, comprobando deste xeito se avanzaban, atrasaban ou estancaban con respecto aos demais.

As táboas por il elaboradas constaban de seis partes aplicables a cada país a estudar.

  1. Educación primaria e común.
  2. Educación secundaria e clásica.
  3. Educación superior e científica.
  4. Educación Normal.
  5. Educación das mulleres.
  6. Educación nas súas relacións coa lexislación e coas institucións sociais.

Cada unha de estas partes atopábase limitada polo seguinte:

a) Que é o que se tiña que investigar?.

b) Cales eran as preguntas que se tiñan que facer os que estudaban estes sistemas educativos?, para poder describilos en profundidade, primeiro, e para poder comparalos, despois. Finalmente, tamén destacaba a importancia que teñen os factores esóxenos (externos) ó sistema educativo, como podían ser os relixiosos, os xeográficos, os políticos, etcétera.

En resumen , podemos dicir que as contribucións da súa obra á educación ou pedagoxía comparada, aparte do intento, xa de por si importante, de aumentar a comprensión internacional e a paz, serían as seguintes:

  1. Destacar a importancia que ten, para o mellor coñecemento do ámbito educativo, o que se utilice unha metodoloxía empírica e científica, fundamentalmente, na educación comparada.
  2. Para la realización destes estudos é necesario elaborar instrumentos que sirvan para esta finalidade (táboas comparativas de observacións).
  3. Destacar a importancia que concede ós factores externos sobre a educación.
  4. Destacar as vantaxes que ten o coñecemento da educación doutros países.
  5. Destacar, finalmente, a contribución da educación comparada ó avance da educación no mundo. Pódese dicir, finalmente, sen temor a equivocarnos que Jullien de París é un visionario da súa época e incluso, pódese manter que se adiantou a épocas posteriores.

1.2.2. Factores que configuran esta etapa.

Ademais das reflexións xa sinaladas, podemos dicir que hai catro factores que van configurar esta etapa:

a) Nestes momentos comézase a falar de políticas educativas en diversos países, é dicir, o estado ou algúns estados comezan a preocuparse, ou polo menos mostran certa preocupación, pola educación. Este feito, como xa comentamos, ven dado pola c onsolidación dos nacionalismos (conciencia nacional e identidade nacional) e polo desenvolvemento progresivo das escolas elementais.

b) Empézase estudar e analizar o ensino profesional, o secundario e o superior.

1.2.4. Contribucións particulares por países.

Trataremos de expoñer as achegas que consideramos máis importantes clasificadas por países.

A) FRANCIA: V. Cousin : No ano 1831 viaxa a Alemaña comisionado polo Consello Superior de Instrución Pública Francés, para que estude principalmente o funcionamento da escolaridade obrigatoria e o ensino medio. Informes seus sobre Prusia traducíronse ó Alemán e ó Inglés, estendéndose as súas ideas aos Estados Unidos de América e incluso a América Latina por medio de Sarmiento. En Francia influíu principalmente na Reforma Guizot (1833-34). P. E. Lavasseur : Destaca o seu traballo no ámbito da estatística educativa, trata de confrontar os datos estatísticos do ensino primario de diferentes países europeos.

B) ALEMAÑA: A.H. Niemeyer : Estuda a reforma universitaria que leva a cabo Napoleón e interésase pola educación de Suíza. F.W. Thiersch : Defende este tipo de viaxes e estudos pois considera que axudan a mellorar o sistema de ensino.

C) ESTADOS UNIDOS DE AMÉRICA DO NORTE: H. Mann : Interesouse pola aplicación práctica dos métodos de Pestalozzi. Tamén foi un gran impulsor do ensino público, de balde e obrigatorio, de feito foi un grande admirador de Sarmiento polo seu intento de difundir a educación popular. H. Barnard : Estaba interesado por cuestións de organización administrativa. E o primeiro director da Oficina Federal de Educación de EE.UU. en 1867, polo que se pode considerar como o fundador da política educativa norteamericana. Así mesmo é un grande admirador de H. Mann. J. Griscom : Entre 1918 e 1919 publica un estudo, sobre Gran Bretaña, Francia, Suíza, Italia e Holanda, que tivo un grande impacto nos EE.UU.

D) RUSIA: L. Tolstoi : Realizou diversos viaxes por Europa, sendo moi reticente a transplantar as ideas europeas o seu país.

E) AMÉRICA LATINA:

D.F. Sarmiento (1811-1888): Foi presidente da República Arxentina entre 1868 e 1874. Preocupouse fundamentalmente pola educación popular. Defende o acceso de todas as clases sociais á educación e que esta preparara ás persoas para unha mellor integración no mundo laboral. Ademais, a Educación debería formar a conciencia nacional arxentina, a identidade arxentina, nos nenos e futuros dirixentes do país.

F) INGLATERRA: M. Arnold (1822-1888): Vai ter un grande peso no mundo cultural inglés. Neste sentido vai crear o precedente do que máis adiante será o Ministerio de Educación. Aínda que a súa achega máis importante sexa o seu intento por delimitar os factores determinantes á hora de construír os sistemas educativos. Estes factores serían:

  • As diferenzas nacionais.
  • As tradicións históricas.
  • O carácter nacional.
  • As condicións sociais.
  • As condicións económicas.
  • As condicións xeográficas. Pero para Arnold a Educación Comparada non se debe utilizar para transplantar modelos, senón que debe ser utilizada para apoiar e ilustrar ao profesor.

1.2.5. Os precursores españois.

As memorias españolas que, pola súa presentación e tratamento, recordan ás realizadas no estranxeiro son escasas, dun reducido número de páxinas e, polo tanto, con pouca información con respecto ás obras estranxeiras. Na meirande parte dos casos, só se refiren a cuestións específicas e moi raras veces fan referencia a totalidade do sistema educativo, non xa de varios senón dun só país.

máis que as dúas caras da mesma moeda, dúas expresións do atraso do sistema educativo español e da vontade de melloralo para polo á altura do resto dos países europeos.

Patriotismo que viña provocado polos estudos que sobre o sistema educativo español facíanse dende o estranxeiro. Nalgúns destes estudos a educación en España quedaba moi lonxe da dos países máis avanzados, pero o peor, para moitos destes autores españois, era que na meirande parte das obras estranxeiras non se falaba do noso sistema educativo, é dicir, esquecíannos. En palabras de Bengoa (cfr. Pedró,1987, p.206): “Ninguna publicación importante se ocupa para nada de nosotros. En el extranjero no se acuerdan para nada de nosotros; existimos como si no existiéramos, ninguna estadística apunta nuestro estado, ni nuestro nombre.” Por unha banda, este sentimento patriótico é o motor que fai que, moitos autores españois, se poñan a traballar na elaboración de estatísticas e estudos que dean a coñecer o estado real da educación en España ou, como dirían eles, da Instrución Pública en España.

Por outra banda, tamén provocou unha concienciación do atraso e do esquecemento da educación en España, o que provocou nestes mesmos autores, extensible ao resto dos intelectuais, un afán rexeneracionista a todos os niveis, onde a educación xogaría o papel fundamental. É dicir, vinculan o progreso, incluído o económico, ao desenvolvemento da Instrución Pública. Esta tese rexeneracionista fundamentábase nos exemplos que se veñen dando nos países estranxeiros máis avanzados. Tese que xa fora apuntada e defendida por Juan de Olavarría (cfr. Pedró, 1987, p.207) baixo o lema: “pan y luces·”: “la nación más instruída será necesariamente la más poderosa”, tese da que se derivan, en palabras deste autor, tres proposicións: “ Primera , de dos pueblos iguales en supreficie y población, el más poderoso y rico será el que reciba la mejor educación moral e intelectual.

Segunda , de dos naciones iguales en instrucción y población, la más floreciente será la que tenga más concentrada su población en el menor espacio. Finalmente, tercera , de dos pueblos iguales en instrucción, superficie y población, el más feliz será el que produzca más con menos trabajo”. Resumindo, podemos dicir, que o atraso de España, incluído o económico, non terá solución se non se mellora a instrución pública. Neste sentido, este espírito rexeneracionista, que impregna as obras destas persoas, exprésanos o que eles demandaban da práctica educativa que se estaba a realizar nos países máis avanzados, así como a constatar o atraso da educación (instrución pública) española comparada coa dos países máis desenvolvidos.

Con respecto a isto último, dicir que a posición de todos eles é de absoluta unanimidade: a educación en España non se pode comparar coa que se da nos países europeos máis avanzados, aínda que tamén manteñen que non é tan grande a diferenza como moitos autores estranxeiros queren facer ver.

De tódolos xeitos, é difícil atopar autores ou obras nas que se fagan xuízos favorables ó sistema educativo español, o máis normal é que non se comente esta situación ou de facelo emítanse xuízos desfavorables. Por outra parte, na maioría dos casos evítase comparar España con ditos países, e cando se fai sempre sae mal parada. Aínda que debemos ter en conta que o fenómeno comparativo, no noso país, é relativamente tardío, como manifesta Pedró (1987, p. 215) “es posible encontrar unos pocos autores, entre 1850 y 1870, en los que ya aparece [la comparación] en un lugar preeminente, pero siempre en temas muy puntuales”.

É nas dúas últimas décadas do século XIX cando a comparación se xeneraliza, participando case sempre, como un elemento máis, o sistema educativo español, chegándose en todos os casos a mesma conclusión: o atraso endémico da educación en España. Dous exemplos desto son o que escribiu en 1879 Pedro de Alcántara (cfr. Pedró, 1987, p. 216) sobre a educación popular:

1.3.1. Factores que están na orixe da etapa:

Podemos dicir que hai catro factores que, no seu conxunto, van configurar esta etapa. Dous deles están moi delimitados no tempo, mentres que os outros dous non o están tanto.

A) M. Sadler pronuncia, o 20 de outubro de 1900, unha conferencia sobre o sistema educativo que vai ter unha gran transcendencia no mundo da educación, conferencia que se vai publicar ese mesmo ano. B) A creación na Universidade de Columbia do primeiro curso de Educación Comparada o longo do ano académico 1899-1900. O curso denominábase "Estudo Comparado dos Sistemas de Educación" e foi impartido por James E. Russell. C) Por esta época a maioría dos estados avanzados comezan a desenvolver e/ou consolidar os seus propios sistemas públicos de educación. D) Empezan rexurdir valores relacionados coa comprensión internacional en diferentes capas sociais de determinados países, provocando que se vaia rachando, en diferentes países e capas sociais, có etnocentrismo que viña imperando. Esta etapa pódese subdividir en 4 apartados ou correntes, principalmente, en función do tipo de enfoque que se aplique. Estas catro correntes serían: A) Michael Sadler como o precursor da etapa. B) O Enfoque Interpretativo-Histórico. C) O Enfoque Interpretativo-Antropolóxico. D) O Enfoque Interpretativo-Filosófico.

1.3.2. Michael Sadler (1861-1943):

Baseándose nas achegas de Arnold, intenta aplicar nas análises comparadas a metodoloxía científica. Pódese dicir, en certa medida, que introduce o tratamento científico nos estudos comparados da educación.

A visión que ten da Educación Comparada pódese resumir en 4 principios xerais:

1º) Considera que os sistemas educativos son como organismos vivos, que se están constantemente modificando ou adaptando ás presións e aos conflitos políticos e ideolóxicos. 2º) O obxecto da Educación Comparada é atopar aquilo que é intanxible, que non se pode tocar, a forza espiritual que fai que algúns sistemas educativos teñan máis éxito que outros. Isto manifestarase nas prácticas eficientes do sistema escolar. 3º) Esta forza espiritual fórmase a partires de factores externos á escola, como son o Estado, as Igrexas, a Economía, a Familia, as minorías nacionais, a influencia das universidades, os problemas financeiros e a política. Factores esóxenos que hai que ter moi en conta en todo estudo comparado. Ou dito doutro xeito , que analizar o sistema educativo dun país non chega con estudar as súas escolas, xa que un país non só utiliza o sistema escolar para educar ás novas xeracións, e dicir , débese distinguir entre sistema educativo dun país e o seu sistema escolar. 4º) A Educación Comparada debe ter como finalidade práctica a de mellorar o coñecemento do propio sistema educativo, o que a converte nun eficaz instrumento de toda reforma educativa.