




Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Tema 5. Principios e fundamentos da documentación informativa
Tipo: Apuntes
1 / 8
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!





Sandra Blanco
Xornalismo: saber prudencial É necesario recoñecer a natureza prudencial do xornalismo. (Galdón 2002). Características fundamentais: -Obxecto: comunicar un saber sobre as realidades humanas actuais. -Suxeitos: informadores coas cualidades e a preparación profesional específica para comunicar ade- cuadamente o saber, empresarios e cidadáns. -Medios: produtos informativos de diverso formato, periodicidade, soporte. -Finalidade: contribuír á formación de cidadáns libres, responsables e solidarios. A natureza específica que define o xornalismo é a prudencia (Galdón 2002). A verdade específica do xornalismo parte dunhas verdades intelectualmente coñecidas, é unha ver- dade práctica. A prudencia actúa nun espazo de liberdade. “O xornalismo é un saber prudencial que consiste na comunicación adecuada do saber sobre as rea- lidades humanas actuais que lles é útil coñecer aos cidadáns para actuar libre e solidariamente” (Galdón, 2002, p.19). Xornalismo e documentación Relación do xornalismo coa documentación (Galdón 2002).
-A documentación xornalística é un saber práctico. -A finalidade da documentación é a elaboración dunha información xornalística verdadeira, intelixi- ble e adecuada, é un saber ao servizo do Xornalismo. -Para que exista documentación ten que haber valoración, selección, clasificación e arquivo. -Ditas fases conciben o uso futuro da información documental. -Os documentos poden ser de calquera natureza e difundirse por calquera medio onde viaxa a infor- mación xornalística. Principios teleolóxicos- Principio verificativo Os principios teleolóxicos responden ao obxectivo de elaborar unha información xornalística verda- deira, intelixible e orientadora. Estes son: verificativo, explicativo e editorial. Principio verificativo: -A verificación é un fundamento da actividade documental, condición sine qua non. -É unha acción singular tanto no inicio como no final do proceso documental. -É de natureza crítica. -É aplicable universalmente, a feitos, datos, xuízos e ideas. Criterio de veracidade Feitos contidos nos documentos: -grao de coincidencia cos datos xa coñecidos por outras fontes -número e calidade de fontes citadas -proximidade ou afastamento espacial do observador -grao de elaboración e tempo empregado -distanciamento obxectivo -autoridade específica sobre a materia tratada -grao de interese ideolóxico -actualización dos datos Xuízos sobre a natureza ou o significado das realidades (declaracións, información complementaria, etc.): -é necesario comprobar a verdade ou falsidade -a parcialidade ou integridade dos feitos -o grao de validez de adecuación lóxica Opinións: -verificar a coherencia con outras anteriores -adecuación lóxica e razoabilidade -interese ideolóxico ou político -diferenciar xuízos de opinións Criterio de veracidade: opinións e ideas, do tipo conviccións e crenzas, valoracións políticas, ideol- óxicas, culturais, etc.: -observar o grao de novidade -a relación co devir histórico -a proxección social -os efectos negativos e positivos -a transcendencia
-Non debe entrar en conflicto cos principios verificativo e explicativo. -Perspectiva subxectiva. -Razón de delimitación sobre as mesmas fontes e métodos. Os fundamentos editoriais da empresa deben estar claramente formulados. O centro de documentación debe contemplar a existencia de verdades obxectivas. A valoración e a selección de documentos pode realizarse cunha perspectiva con preferencia por de- terminados temas. O principio editorial está subordinado ao verificativo e explicativo. Principios formais e circunstanciais Os principios formais e circunstanciais fan referencia ás condicións dun uso posterior da documen- tación xornalística e ás condicións derivadas dos tipos de fontes e da limitación temporal. Estes son: perdurabilidade, adecuación funcional e limitativo. Principio da perdurabilidade “Razón formal da actividade documental xornalística, que tende a fixar a utilidade futura e o grao de permanencia dos textos e referencias na elaboración da información xornalística” (Galdón 2002, p.49) -A elaboración da información faise con perspectiva de futuro. -Incide sobre todas as tarefas documentais e os seus métodos. -Non se limita a determinar a utilidade futura dos textos e referencias. Pautas para establecer a perdurabilidade a) Estudo dos materiais usados anteriormente no servizo. b) Comprobación habitual do grao de utilización previa destas fontes. c) Consultas frecuentes aos redactores solicitando a valoración de utilidade das fontes. Principio de adecuación funcional “Regra metodolóxica na actividade documental xornalística, pola cal esta oriéntase ao tratamento específico que precisa cada tarefa e medio documental, de acordo coa súa natureza e coa función que realiza” (Galdón 2002, p.52) -Tarefas, fontes e elementos diversos na actividade documental xornalítica. -Un camiño polo que se chega ao cumplimento dos fins. -Dar un tratamento específico a cada obxecto en particular, tendendo ao mesmo tempo á unidade e complementariedade. Pautas de principio de adecuación funcional a) Dar un tratamento diferenciado aos feitos, ás opinións, ás análises e ás ideas, diferenciando as fontes de acordo cos contidos. b) Diferenciar tamén as fontes polas súas características formais. c) Cada tarefa documental realízase de acordo coa súa propia natureza. d) Existe un esquema funcional da actividade que responde á necesidade de dotala de homoxeneida- de e unidade.
Principio limitativo “Conxunto de circunstancias reais ou de actividade documental xornalística, que limitan o seu exer- cicio e a utilización de medios”. (Galdón 2002, p.63) Limitacións: -Localización e ámbito de difusión -Tipo de publicación -Actualidade informativa e periocidade -Eficiencia do servizo de documentación (custe-traballo-rendemento)
A necesidade de estar documentado é inherente ao xornalista. Funcións de documentación: -previsora -orientadora -preparatoria -profesional -crítico-verificadora -modélico-narrativa -completiva -suxestiva -lingüístico-clarificadora -probatoria -informativa Función previsora Información previsible, eventos planificados e efemérides. Identificación de potenciais noticias futuras coa análise documental. Revisión noutros medios e fontes de información e reporte á redacción. Función preparatoria Proporcionar ao xornalista a documentación necesaria antes de enfrontarse ao obxecto informativo. Investigación previa, aspecto diferencial. Función crítico-verificadora Verificación dos datos que se difunden e da expresión empregada para comunicalos. Comprobación da exactitude, contraste de fontes, comprobación semántica. En caso de erro, rectificar é a única forma de recuperar a credibilidade. Galdón (2002) fala dunha función rectificadora da documentación. Función completiva Enriquecemento da noticia, evitar a superficialidade. Contextualización e análise marcan a diferenza. Función lingüístico-clarificadora Revisión do sentido das expresións e palabras da peza informativa. A linguaxe comunica, manipula, seduce e convence. Función informativa Da tarefa documental poden crearse productos informativos cronoloxías, perfís biográficos, cadros explicativos, etc. Carácter de síntese para ampliar e complementar un tema. Pódese falar dunha función ilustrativa cando se elabora unha peza que pon en contexto unha noticia relacionando outros momentos históricos.
O documentalista dixital Base documental -Esencia do perfil profesional -Habilidade selectiva-avaliadora -Habilidade recuperatoria -Habilidade xestora -Habilidade integradora-coordinadora Lateral xornalístico -Relación documentación-xornalismo -Contexto laboral: medio de comunicación -Materia prima: información xornalística -Usuario principal e colaboración xornalística dixital -Actividade informativa Coñecementos tecnolóxicos son un requisito: linguaxe, bases de datos, edición audiovisual, busca- dores, ofimática e bases de datos. O equilibrio no triágulo require cooperación e entendemento entre documentalistas e xornalistas. O xornalista dixital Evolución do medio dixital >renovación do perfil profesional Tradicional función da vixilancia, garante de calidade, filtro informativo e elaborador de contidos. O xornalista dixital “debe distinguirse por ser un profesional que técnica profesional e éticamente desenvolve un compromiso social nun novo medio que por primeira vez permite unha comunica- ción documentada e participante. É cada vez máis, un xestor da información. -Habilidades no profesional do xornalismo dixital -Nadar na información -Buscar fóra da rede -Facilitar o self-service -Optimización multiplataforma -Dinamizador da intelixencia colectiva -Perfil multimedia -Publicación inmediata e controlada -Información vixente e actual -Xestión do caos -Xestión da documentación -Colaboración multidisciplinar Sinerxías redacción-documentación Adaptación da documentación aos procesos de traballo da redacción. Visibilidade do servizo de do- cumentación. Papel da documentación nas rutinas da redacción -Busca da información: recursos dixitais, sistemas de busca, selección e avaliación dos recursos para orientar ao xornalista.
-Producción de información: equipos interdisciplinares, deseño de sistemas. -Entrega da información papel formativo do servizo de documentación, tamén orientador e previsor. Competencias do profesional da documentación -Competencias profesionais -Competencias persoais Perfís do documentalista dixital -Seleccionador de información -Avaliador da información -Difusor da información -Xestor, guía ou orientador -Formador nas habilidades documentais -Membro do equipo de redacción Información xornalística dixital Novas relacións entre a redacción e o servizo de documentación Atributos especificativos do discurso informativo dixital: -contexto -medio e soporte -condición dinámica do contido -interacción e participación Ideas clave -Principios: verificativo, explicativo e editorial; perdurabilidade, adecuación funcional e limitativo. -Funcións: previsora, preparatoria, crítico-verificadora, completiva, lingüístico-clarificadora, infor- mativa, orientadora, profesional, modélico-narrativa, suxestiva e probatoria. -Perfil triangular do documentalista dixital. -Atributos do perfil profesional do documentalista dixital; seleccionador; avaliador; difusor; xestor, guía ou orientador; formador e membro da redacción.