Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Filosofía Griega: Períodos, Pensadores Presocráticos y Socráticos, Apuntes de Historia de la Filosofía

Este texto contextualiza la filosofía griega clásica, específicamente los períodos presocrático y socrático. El período presocrático se centra en el estudio de la naturaleza y la razón, mientras que el período socrático se enfoca en el estudio del home y la sociedad. Se mencionan pensadores como Parménides, Anaxágoras y Sócrates, y se abordan temas como la existencia de dos caminos para alcanzar el conocimiento, el atomismo y la dualidad ontológica y epistemológica.

Tipo: Apuntes

2020/2021

Subido el 15/02/2021

anacxnq
anacxnq 🇪🇸

3 documentos

1 / 7

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
FILOSOFÍA TEMA 1
1. CONTEXTUALIZACIÓN
As polis gregas son cidades da Grecia clásica constituídas por un núcleo urbano e un territorio
rural que as rodea. Atenas era unha das máis grandes. No centro destas cidades situábase a
ágora onde tiña lugar a vida cotidiana. Teñen autonomía con respecto ás outras polis. A historia
da Antiga Grecia divídese en tres períodos: arcaico (fórmanse e multiplícanse as polis), clásico
(chegan ao apoxeo) e helenístico (decadencia e pérdida de independencia). A civilización
clásica concebía a polis como unha comunidade harmónica e cohesionada, e as diferencias
sociais carecían de relevancia, todos eran iguais baixo a autoridade da lei (isonomía). O ben da
polis destaca por riba dos intereses particulares dos seus membros, a polis oriéntase cara o
ben común.
DO MITO Ó LOGOS.
O paso do mito ao logos é o cambio de comezar a empregar a razón e o coñecemento para
explicar as cousas e deixar de crer nas narracións fantásticas.
PERÍODOS DA FILOSOFÍA GREGA.
1. Período presocrático (VII-VI a.C.): os filósofos deste período céntranse no estudo da natureza,
razón pola cal se denomina ás veces período cosmolóxico.
2. Período clásico (V-IV a.C.): dúas etapas:
Período antropóloxico (mediados do s. V a.C.): pásase de reflexionar sobre a physis a
ocuparse fundamentalmente da ética e da política. Muda o interese pola natureza polo
estudo do home e da sociedade (xiro antropóloxico). Os sofistas son un conxunto de
pensadores da metade do século V a. C. que se adican a ensinar retórica, política e
moral, preocúpanse por coñecer o home e non a natureza, ao contrario dos
presocráticos. Os sofistas adoptan unha postura escéptica e relativista e defenden o
carácter convencional das leis e os ideais do home: o bo, o malo, o xusto e o inxusto
non son algo inmutable, cambian dun pobo a outro, dunha cultura a outra. Protágoras
resume o relativismo dos sofistas en: “o home e a medida de todas as cousas”. Sócrates
(non sofista) comparte cos sofistas o interese pola política e polo home, pero non
comparte o escepticismo e o relativismo.
Período dos sistemas: desenvólvese ao longo do século IV a. C. Platón e Aristóteles
desenvolven a súa labor filosófica e escriben todas as súas obras durante este período.
Ambos se interesan polo estudo do cosmos e do home e a sociedade.
3. Período helenístico (IV-I a. C.): abarca dende a morte de Alejandro Magno ata a conquista de
Exipto por parte de Roma. Os filósofos deste período centran o seu interese nos problemas
éticos. O Estoicismo, o Epicureísmo e o Escepticismo son as tres escolas que levan a cabo unha
filosofía de tipo práctico que ensine aos homes a ser felices. Esta etapa péchase co
Neoplatonismo que terá un carácter místico e relixioso.
2. A ORIXE DO COSMOS NA FILOSOFÍA PRESOCRÁTICA
FILOSOFÍA PRESOCRÁTICA
Os filósofos presocráticos foron unha serie de pensadores que viviron entre os séculos VI e V a.
C. na antiga Grecia, entre o final da época arcaica e o comezo da clásica. Foron os primeiros
filósofos da historia, deixan atrás a comprensión mítico-relixiosa da realidade. A partir do
século IV ponse en marcha unha nova forma de pensamento: o paso do mito ó logos. Esto
concibe o mundo como un sistema ordenado no que cada cousa ocupa o lugar que lle
corresponde e todo o que sucede, faino necesariamente.
Considérase que todas as cousas teñen unha esencia e que os cambios están rexidos por leis
impersoais. O nome desta realidade é physis ou natureza, que fai referencia á totalidade das
cousas que forman o universo e designa a esencia das cousas: aquelo que fai que unha cousa
sexa o que é, aquilo que permanece constante ao longo das transformacións que sofre e aquilo
que é común a unha pluralidade de individuos distintos que pertencen a unha mesma clase.
Os presocráticos explicaron o que é a physis remitíndoa á sua orixe, o arxé ou principio.
A filosofía presocrática comprende varias escolas e autores:
pf3
pf4
pf5

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Filosofía Griega: Períodos, Pensadores Presocráticos y Socráticos y más Apuntes en PDF de Historia de la Filosofía solo en Docsity!

FILOSOFÍA TEMA 1

1. CONTEXTUALIZACIÓN

As polis gregas son cidades da Grecia clásica constituídas por un núcleo urbano e un territorio rural que as rodea. Atenas era unha das máis grandes. No centro destas cidades situábase a ágora onde tiña lugar a vida cotidiana. Teñen autonomía con respecto ás outras polis. A historia da Antiga Grecia divídese en tres períodos: arcaico (fórmanse e multiplícanse as polis), clásico (chegan ao apoxeo) e helenístico (decadencia e pérdida de independencia). A civilización clásica concebía a polis como unha comunidade harmónica e cohesionada, e as diferencias sociais carecían de relevancia, todos eran iguais baixo a autoridade da lei (isonomía). O ben da polis destaca por riba dos intereses particulares dos seus membros, a polis oriéntase cara o ben común.

DO MITO Ó LOGOS.

O paso do mito ao logos é o cambio de comezar a empregar a razón e o coñecemento para explicar as cousas e deixar de crer nas narracións fantásticas.

PERÍODOS DA FILOSOFÍA GREGA.

  1. Período presocrático (VII-VI a.C.): os filósofos deste período céntranse no estudo da natureza, razón pola cal se denomina ás veces período cosmolóxico.
  2. Período clásico (V-IV a.C.): dúas etapas:
    • Período antropóloxico (mediados do s. V a.C.): pásase de reflexionar sobre a physis a ocuparse fundamentalmente da ética e da política. Muda o interese pola natureza polo estudo do home e da sociedade (xiro antropóloxico). Os sofistas son un conxunto de pensadores da metade do século V a. C. que se adican a ensinar retórica, política e moral, preocúpanse por coñecer o home e non a natureza, ao contrario dos presocráticos. Os sofistas adoptan unha postura escéptica e relativista e defenden o carácter convencional das leis e os ideais do home: o bo, o malo, o xusto e o inxusto non son algo inmutable, cambian dun pobo a outro, dunha cultura a outra. Protágoras resume o relativismo dos sofistas en: “o home e a medida de todas as cousas”. Sócrates (non sofista) comparte cos sofistas o interese pola política e polo home, pero non comparte o escepticismo e o relativismo.
    • Período dos sistemas: desenvólvese ao longo do século IV a. C. Platón e Aristóteles desenvolven a súa labor filosófica e escriben todas as súas obras durante este período. Ambos se interesan polo estudo do cosmos e do home e a sociedade.
  3. Período helenístico (IV-I a. C.): abarca dende a morte de Alejandro Magno ata a conquista de Exipto por parte de Roma. Os filósofos deste período centran o seu interese nos problemas éticos. O Estoicismo, o Epicureísmo e o Escepticismo son as tres escolas que levan a cabo unha filosofía de tipo práctico que ensine aos homes a ser felices. Esta etapa péchase co Neoplatonismo que terá un carácter místico e relixioso.

2. A ORIXE DO COSMOS NA FILOSOFÍA PRESOCRÁTICA

FILOSOFÍA PRESOCRÁTICA

Os filósofos presocráticos foron unha serie de pensadores que viviron entre os séculos VI e V a. C. na antiga Grecia, entre o final da época arcaica e o comezo da clásica. Foron os primeiros filósofos da historia, deixan atrás a comprensión mítico-relixiosa da realidade. A partir do século IV ponse en marcha unha nova forma de pensamento: o paso do mito ó logos. Esto concibe o mundo como un sistema ordenado no que cada cousa ocupa o lugar que lle corresponde e todo o que sucede, faino necesariamente. Considérase que todas as cousas teñen unha esencia e que os cambios están rexidos por leis impersoais. O nome desta realidade é physis ou natureza, que fai referencia á totalidade das cousas que forman o universo e designa a esencia das cousas: aquelo que fai que unha cousa sexa o que é, aquilo que permanece constante ao longo das transformacións que sofre e aquilo que é común a unha pluralidade de individuos distintos que pertencen a unha mesma clase. Os presocráticos explicaron o que é a physis remitíndoa á sua orixe, o arxé ou principio. A filosofía presocrática comprende varias escolas e autores:

  • A escola de Mileto: Tales, Anaximandro e Anaxímenes. Propoñen unha filosofía monista, é dicir, un solo arxé. Tales propuxo como arxé a auga, Anaxímenes o aire e Anaximandro unha materia indeterminada e infinita que denominou ápeiron.
  • Pitagóricos: escola fundada por Pitágoras, o seu interese pola filosofía é dobre, por unha banda dende o punto de vista antropolóxico, é de destacar que sostiveron a inmortalidade e a transmigración das almas. Dende o punto de vista cosmolóxico atenderon a harmonía e a orde do universo subliñando un carácter matemático. No cosmos reina unha harmonía e unha orde matemática. Afirma que o universo está feito de números, polo tanto ese é o seu arxé.
  • Heráclito: afirma que todo cambia e nada permanece, o mundo é un continuo devir no que todas as cousas están sometidas a unha incesante transformación e nada permanece constante e realízase dacordo con certas leis e proporcións. As afirmacións principais de Heráclito son as seguintes: -O cosmos é lume. O lume é o arxé de todas as cousas: o cosmos é un lume vivente concebido como loita de contrarios.
    • A lei ou logos que rexe o Universo é a loita de contrarios.
    • Os contrarios constitúen unha unidade profunda.
    • A harmonía do cosmos é dinámica, resultado do equilibrio dinámico das tensións entre os contrarios.
    • O mundo é un permanente devir.
    • A causa do permanente devir é que o cosmos está constituído por elementos contrarios que loitan entre si. O mundo é a unidade tensa dos contrarios.
    • O devir do mundo non é caótico senón que está sometido a unha lei que o rexe todo: o logos.
  • Parménides: Dun modo oposto á postura dinámica de Heráclito, para Parménides o real non é o devir senón o ser (o arxé é o ser). Para chegar a esta conclusión parte de dúas afirmacións: “o ser é e o non ser non é” e “non é posible que o ser non sexa nin que o non ser sexa”. Características do ser: -É eterno, non pode nin ser xerado nin destruído. -É único. -É inmutable, non pode cambiar. -Finito, compacto, homoxéneo, esférico e indivisible. A consecuencia destas afirmacións é a consideración de que o movemento e a pluralidade son irracionais e inintelixibles, unha mera apariencia, un non-ser que non pertencen ao campo da verdade senón ao da mera opinión. As afirmacións fundamentais da filosofía de Parménides son: ·Existencia de dous camiños para alcanzar o coñecemento da realidade:
    • A vía da verdade: camiño seguido polo sabio, condúcelle ao mundo do ser. Alcánzase exercendo a razón e o pensamento, é propia dos filósofos e ten como obxectivo o coñecemento do ser das cousas.
    • A vía da opinión camiño seguido pola maioría de homes, conduce a un mundo aparente, en perpetuo devir. Coñecemento a través dos sentidos, só atende á apariencia das cousas. -1º verdade: o ser é e o non ser non é -2º verdade: o ser é un, indivisible, eterno, inmutable, infinito.

PLURALISTAS

  • Empédocles. O universo procede da combinación de catro elementos: lume, aire, auga e terra. A súa combinación e disgregación dan lugar ao cosmos baixo a atracción de dúas forzas: Amor e Odio. O amor une, o odio separa, así explícase o devir do universo. Ten que existir algo inmutable (os elementos) e a natureza caracterízase polo devir, conciliando así os dous puntos de vista de Parménides e Heráclito.
  • Anaxágoras: acepta o principio de que ningunha realidade nova pode orixinarse (só o ser é). Afirma que todo existe desde sempre: partículas diminutas de todas as substancias (homeomerías) existían e existen por sempre, móvense coa forza da Nous, unha Intelixencia Ordeadora. Esto influirá enormemente a Platón na doutrina do Demiurgo ordenador. As afirmacións da filosofía de Anaxágoras son:
    • Infinidade de sementes (homeomerías) que compoñen todas as cousas existentes. -Ao principio esas sementes formaban unha masa compacta inmóbil

Pertenceu aos sofistas, aos que combateu enérxicamente. Comparte con eles o seu interese polo home, polas cuestións morais e políticas, pero distínguese en varios aspectos: -Non cobra polos seus ensinos. -Adopta un método totalmente oposto (os sofistan facían longos discursos e comentaban textos antigos). -Achega aos temas político-morais unhas solucións radicalmente novas. O relativismo non lle satisfacía, xa que se cada un entendera por bo e por xusto cousas distintas, a posibilidade de entendemento entre os homes sería imposible. O intelectualismo moral é definir con precisión os conceptos para restablecer a comunicación e facer posible o diálogo sobre os temas morais e políticos. Según Sócrates, soamente sabendo o que é a xustiza pódese ser xusto, só sabendo o que é bo, pódese facer o ben. A isto denomínase intelecualismo moral (doutrina que identifica a virtude co saber).

  1. PLATÓN (427-347 a.C.)

VIDA OBRA E INFLUENCIAS

Nace en Atenas no ano 427 a.C. O seu primeiro mestre é Crátilo, seguidor da filosofía de Heráclito, de quen aprendeu a continua mutabilidade do mundo sensible (cambio) e a imposibilidade de ter un coñecemento verdadeiro. Tamén tivo influencias de Parménides (que lle serviu para explicar o mundo intelixible) e de Sócrates, o seu verdadeiro mestre e do cal colle todos os pensamentos morais. De aquí arranca a súa doutrina a Teoría das Ideas: afirma que existen unhas entidades inmutables (ideas) e por outro lado as cousas do mundo sensible (copias desas ideas). Platón fixo varias viaxes e coñeceu aos pitagóricos, que iflúen na teoría da alma (mortalidade, reencarnación). Platón era dualista, é dicir, tiña dúas ideas independentes. Tipos de dualismo:

  • Dualismo ontolóxico (dous mundos): mundo sensible e mundo intelixible.
  • Dualismo epistemolóxico (dous coñecementos: opinión, o coñecemento do mundo sensible; e ciencia, o coñecemento do mundo intelixible).
  • Dualismo antropolóxico: corpo (mundo sensible) e alma (mundo intelixible). Intentou levar á práctica as súas ideas políticas dun goberno de sabios-filósofos pero sen éxito, xa que foi vendido como escravo. Logo desto funda a Academia, escola de filosofía á que se adica ata a súa morte no 347 a.C. Platón expresa os seus pensamentos mediante o diálogo xa que opina que é unha forma viva de filosofar que reproduce o dramatismo e o vigor da dialéctica. Co diálogo, mediante preguntas, respostas, aclaracións e refutacións, chégase ó descubrimento da verdade. O protagonista da maioría dos diálogos é Sócrates. Podemos clasificar os seus diálogos en catro períodos:
  • Época de xuventude ou socrática (393-389): A apoloxía de Sócrates, Critón, Protágoras, Trasímaco, Lisis, Cármides e Euttfron. Estes escritos están moi influídos polo seu mestre e tratan maioritariamente temas relacionados coas palabras que expresan conceptos importantes da cultura grega (xustiza, creación poética, educación, valor, amizade, saber). Moitos están inacabados e non chegan a unha solución definitiva. -Época de transición (388-385): primeira viaxe a Sicilia e fundación da Academia. Neste período atopamos Gorxias, Menón, Eutidemo, Hipias Menor, Crátilo, Hipias Maior e Menéxeno. Múltiples preocupacións, as políticas predominan. Empezan a aparecer temas propiamente platónicos e de influencia órfica e pitagórica, como a inmortalidade, a reminiscencia, etc. -Época de madurez (384-372): diálogos como Fedón, Banquete, República e Fedro. Nesta época precísase a teoría das ideas, a teoría do amor e exponse algún dos grandes mitos: o do destino das almas, o da súa caída, o dos cabalos alados, etc. -Últimos escritos ou críticos (371-347): pertencen a esta época Parménides, Teeteto, Sofista, Político, Filebo Timeo, Critias e Leis. Nestes diálogos o autor discute a súa propia teoría das ideas e interésase por problemas lóxicos, abandonando as cuestións metafísicas e Sócrates xa non é o interlocutor principal.

REALIDADE E COÑECEMENTO EN PLATÓN

Ao longo dos seus escritos obsérvase a evolución da súa teoría das ideas. Nos primeiros diálogos é de intención ética e inspiración socrática, trata de buscar a definición das virtudes.

Nos escritos de madurez a teoría experimenta unha transformación fundamental, aquí defende a existencia das ideas como entidades verdadeiramente existentes, universais, eternas, perfectas e imperecedoras e das cales todas as demáis cousas dependen. As ideas (eidos) son a esencia de todas as cousas particulares, aquilo polo que unha cousa é o que é. Teñen unha existencia separada das cousas polo tanto existe o mundo sensible (o das cousas particulares) e o mundo intelixible (o das ideas). Existe unha relación de imitación e de participación entre as cousas particulares e as ideas, sendo estas consideradas causa ou modelo das cousas. Hai unha xerarquización das ideas, algunhas ocupan o lugar supremo da idea de Ben. Nos últimos diálogos realiza unha revisión crítica, cuestiónase de novo a natureza das ideas, as relacións entre elas, as relacións entre as ideas e o mundo, e suavízase o dualismo e a separación entre as ideas e as cousas. NATUREZA DAS IDEAS: As ideas son similares ás entidades matemáticas, ninguén veu en realidade un círculo, só figuras trazadas aproximadas ao círculo ideal. Para Platón a forma do círculo existe, pero non no mundo físico do espazo e do tempo. As ideas son os modelos das cousas (paradigmas) son as que lles dan aos obxectos físicos comúns o que teñen estes de realidade, son captadas pola razón, pola intelixencia. Por exemplo, a palabra xustiza pode aplicarse a moitas accións concretas porque estas teñen algo en común, parécense á idea de xustiza. A teoría das ideas aplícase nun plano ético e político (xustiza, ben). A teoría das ideas é a forma de explicar como o mesmo termo universal pode referirse a moitas cousas ou acontecementos particulares. Cada cousa no mundo é o que é en virtude do seu parecido coas ideas. As ideas están xerarquizadas: a idea suprema é a Idea de Ben (sol no mito da caverna). A afirmación de que as ideas son verdadeiras realidades non implica que sexan todas iguais. A Teoría das Ideas está destinada a explicar o camiño polo que se acada o coñecemento (epistemoloxía) e tamén como as cousas chegaron a ser o que son (ontoloxía). IMITACIÓN E PARTICIPACIÓN DAS IDEAS: É a relación que hai das ideas cas cousas. Nun dos diálogos de Platón, Fedro , aparece unha ampla referencia das ideas dentro dunha narración mítica na que se conta o destino das almas. No mito do carro alado, dirixido por un auriga, do que tiran dous cabalos, aparecen os deuses nas súas cabezas e poden ver as ideas fóra do universo. O que Platón quere expresar ao afirmar a súa “separación” do mundo físico é que as ideas non dependen na súa verdade, no seu ser, na súa presencia dos seres físicos; estes dependen delas. O mundo sensible, polo tanto, é “un mundo aparente e sometido ao devir, e non é plenamente real senón que é unha sombra do intelixible”. SISTEMA DAS IDEAS: IDEA DE BEN. Platón considera que o mundo das ideas (intelixible) alberga as formas dos seres físicos e tamén as ideas matemáticas que rexen o mundo material. A este mundo tamén pertencen as ideas estéticas (beleza) e as morais e políticas (xustiza, bondade…). Todo isto ten un sistema ordeado no que se relacionan nunha graduación xerarquizada e na súa cúspide está a Idea de Ben. Esta é a idea suprema, que lle da sentido e realidade ao resto do mundo intelixible e, polo tanto, ao mundo material. Esta idea non necesita orzamentos que a xustifiquen e é o fundamento de todo o ser e todo o entender. É a esencia e a causa de todo o real, compáraa co Sol, no mundo intelixible o Ben sería a causa que fai posible a existencia e o coñecemento das ideas. Na concepción platónica coñecer é recordar. O coñecementoé reminiscencia (anamneses). GRADOS DO COÑECEMENTO Platón distingue dúas clases de coñecemento: o verdadeiro saber, a auténtica ciencia (epistéme) e a opinión, ou saber aparente (doxa). Segundo el a calidade do coñecemento depende da natureza dos obxectos coñecidos, así o coñecemento dos obxectos do mundo sensible será aparente: doxa, que alude ao mundo sensible. Esto vénnos subministrado polos sentidos, que nos enganan, e cando a alma se eleva ao mundo das ideas ten lugar o verdadeiro coñecemento: epistéme, que se refire ao mundo intelixible. A cada nivel distingue dous coñecementos:

  • A nivel de doxa establece a conxectura ou imaxinación (eikasía) e opinión plausible ou crenza (pistis).

Na última parte da República analiza os distintos réximes políticos, establecendo unha relación entre os cidadáns e o réxime no que viven. Aristocracia: o réxime máis perfecto. Un monarca ou uns homes superiores, pola súa educación e altruísmo, gobernan o estado. Establécese equilibrio entre as clases sociais. Este réxime correspóndese ca sociedade ideal de República (os máis sabios gobernan, os valentes defenden e os traballadores producen medios). Nesta sociedade reina a xustiza porque cada parte fai o seu cometido. Timocracia: domina o elemento pasional sobre o racional, é o goberno dos militares. Oligarquía: é o goberno dos ricos. Créanse cidades de ricos e de pobres. Só se busca a ganancia. Democracia: os pobres vencen e estenden o poder, por eleccións, a todos. Reina a liberdade pero finalmente conduce ao caos e á corrupción. Platón nunca foi un fervente admirador da democracia, pero tampouco a desprezaba, mesmo a consideraba superior á timocracia e á oligarquía, pero coidaba que era o máis fráxil de todos os réximes. Tiranía: un tirano toma o poder e o pobo acábao aceptando, este establece unha orde falsa. Este é o réxime máis corrupto. Platón nega o principio básico de democracia: a igualdade. A súa concepción da sociedade básase na desigualdade, as distintas clases non se deben mesturar. Para el a democracia é inxusta (menos ca tiranía) xa que pretende establecer igualdade aos que son desiguais por natureza. En cambio, proclama a absoluta igualdade entre homes e mulleres, elas serán educadas do mesmo xeito ca os homes e terán as mesmas oportunidades.