
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Esquema para el comentario 1 de Descartes
Tipo: Guías, Proyectos, Investigaciones
1 / 1
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!

Nesta proposta vai redactada a parte específica de comentario do fragmento, recordade, faltaría a contextualización (coa que comezamos) e situar ao autor no horizonte da historia da filosofía (co que rematamos). O texto pertence a obra Regras para a dirección do espírito , tratado inconcluso escrito en París no 1628, no que Descartes pretende explicar en detalle en que consiste e cales son as regras do método. Neste fragmento defende como proposta filosófica fundamental a necesidade dun método para a investigación. Trátase dun texto de epistemoloxía, pois o método Cartesiano é o camiño (ou procedemento) para acadar a verdade, obxectivo de toda actividade cognoscitiva. Na filosofía moderna a teoría do coñecemento cobra especial importancia. Se na filosofía antiga e medieval a reflexión comezaba coa análise do real e secundariamente dirixíase ao coñecemento, cos modernos comézase por analizar o coñecer e o papel activo do suxeito en dito proceso, pasando despois a outras disciplinas filosóficas como a metafísica ou a ética. Os conceptos fundamentais , que quedarán definidos na exposición da cuestión temática son os seguintes: método, “luz natural” (ou pensamento racional), espírito, coñecemento e verdade ( ou “luz do día”, expresión que nos trae ao recordo un dos textos máis emblemáticos da filosofía, o mito da caverna, da República de Platón). En canto á estrutura argumentativa. Trátase dun texto explicativo no que podemos distinguir dúas partes. Una primeira, que iría dende o inicio ata “aqueles que botan a súa vida nas escolas”. Aquí Descartes xustifica a necesidade do método: “Os estudos desordenados e as meditacións escuras” confunden á razón. En consecuencia, e preciso exercitar a intelixencia e o pensamento racional e facelo de acordo cun método. E unha segunda, onde define o método como un conxunto de “regras certas e fáciles”. Finalmente menciona as súas vantaxes: Evitar o erro, acadar a verdade e aumentar progresivamente o noso coñecemento, evitando esforzos inútiles.