Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


01. Introdución, Apuntes de Lengua y Literatura Gallega

Asignatura: Historia externa da lingua galega, Profesor: Eduardo Miguel Moscoso Mato, Carrera: Lengua y Literatura Gallega, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

Antes del 2010

Subido el 27/10/2007

luz_varela
luz_varela 🇪🇸

4.3

(756)

231 documentos

1 / 2

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
1. Historia externa e lingüística histórica
1.)a A Historia (externa) da lingua estuda a lingua en relación aos procesos
históricos que condicionan os falantes da mesma.
1.)bA Lingüística histórica, Gramática histórica1 ou Historia interna estuda a
lingua a través do tempo, a evolución das palabras sen atender ás circunstancias
históricas nas que se desenvolve.
É Yakov Malkiel o que usa por primeira vez os termos de Historical
linguistic (Lingüística histórica) e Language history (Historia lingüística ou Historia
da lingua2). Son dúas disciplinas diferentes, pero que se poden axudar mutuamente.
2. Diglosia funcional e diglosia social
2.1. Historia do termo diglosia
1.)c Charles A. Ferguson foi o primeiro en empregar o termo, no artigo
“Diglossia” (1959) publicado na revista Word. Úsao para referirse á situación
do mundo árabe a comezos do séculos XX, no que conviven:
Unha lingua A: árabe coránico, variedade culta, lingua aprendida.
Unha lingua B: árabe popular, lingua nativa de tódolos falantes.
Neste caso as dúas linguas conviven en harmonía, A non ameaza a B porque as
dúas linguas pertencen a tódolos falantes. Isto é o que se denomina diglosia
funcional.
)1 John J. Gumperz (1961) matiza o concepto dicindo que a diglosia non se
restrinxe a sociedades nas que existen dúas linguas, senón que tamén emprega
o termo para distinguir os niveis culto e popular dunha mesma lingua.
)2 J. Fishman (1964) pon en relación a diglosia co bilingüismo, termos
aplicábeis a persoas (de xeito individual) e lugares. Di que as situacións que se
poden dar son:
Diglosia e bilingüismo: as linguas desempeñan papeis diferentes, pero
tódolos falantes teñen acceso ás dúas.
Bilingüismo sen diglosia: propia de comunidades nas que se dan cambios
na poboación. Exemplo: os italianos que viven en Nova York usan a súa
lingua materna e van aprendendo a outra lingua.
Nin bilingüismo nin diglosia: daríase nunha hipotética comunidade
pequena con moi poucas diferenzas sociais, pero é pouco común que no
espazo dun estado haxa unha soa lingua.
Diglosia sen bilingüismo: dúas linguas conviven nun espazo común. É
propio de sociedades con clases sociais moi afastadas nas que case non hai
contacto entre os grupos sociais.
Outra posíbel situación é a do conflito lingüístico.
2.2. Diferenzas entre a diglosia funcional e a diglosia social
1. Introdución
PAGE 2
1 O termo gramática emprégase en ocasións como sinónimo de morfosintaxe, o que
dificulta a definición do concepto. Ás veces gramática e lingüística confúndense.
2 O termo Historia da lingua é máis transparente.
pf2

Vista previa parcial del texto

¡Descarga 01. Introdución y más Apuntes en PDF de Lengua y Literatura Gallega solo en Docsity!

1. Historia externa e lingüística histórica

1.)a A Historia (externa) da lingua estuda a lingua en relación aos proc esos históricos que condicionan os falantes da mesma. 1.)bA Lingüística histórica , Gramática histórica^1 ou Historia interna estuda a lingua a través do tempo, a evolución das palabras sen atender ás circunstancias históricas nas que se desenvolve.

É Yakov Malkiel o que usa por primeira vez os termos de Historical linguistic ( Lingüística histórica ) e Language history ( Historia lingüística ou Historia da lingua^2 ). Son dúas disciplinas diferentes, pero que se poden axudar mutuamente.

2. Diglosia funcional e diglosia social

2.1. Historia do termo diglosia 1.)c Charles A. Ferguson foi o primeiro en empregar o termo, no artigo “Diglossia” (1959) publicado na revista Word. Úsao para referirse á situación do mundo árabe a comezos do séculos XX, no que conviven:

  • Unha lingua A : árabe coránico , variedade culta, lingua aprendida.
  • Unha lingua B : árabe popular , lingua nativa de tódolos falantes. Neste caso as dúas linguas conviven en harmonía , A non ameaza a B porque as dúas linguas pertencen a tódolos falantes. Isto é o que se denomina diglosia funcional. )1 John J. Gumperz (1961) matiza o concepto dicindo que a diglosia non só se restrinxe a sociedades nas que existen dúas linguas , senón que tamén emprega o termo para distinguir os niveis culto e popular dunha mesma lingua. )2 J. Fishman (1964) pon en relación a diglosia co bilingüismo , termos aplicábeis a persoas (de xeito individual) e lugares. Di que as situacións que se poden dar son:
  • Diglosia e bilingüismo : as linguas desempeñan papeis diferentes , pero tódolos falantes teñen acceso ás dúas.
  • Bilingüismo sen diglosia : propia de comunidades nas que se dan cambios na poboación. Exemplo: os italianos que viven en Nova York usan a súa lingua materna e van aprendendo a outra lingua.
  • Nin bilingüismo nin diglosia : daríase nunha hipotética comunidade pequena con moi poucas diferenzas sociais, pero é pouco común que no espazo dun estado haxa unha soa lingua.
  • Diglosia sen bilingüismo : dúas linguas conviven nun espazo común. É propio de sociedades con clases sociais moi afastadas nas que case non hai contacto entre os grupos sociais.

Outra posíbel situación é a do conflito lingüístico.

2.2. Diferenzas entre a diglosia funcional e a diglosia social

1. Introdución

PAGE 2

(^1) O termo gramática emprégase en ocasións como sinónimo de morfosintaxe, o que

dificulta a definición do concepto. Ás veces gramática e lingüística confúndense. (^2) O termo Historia da lingua é máis transparente.

Diglosia funcional (endodiglosia) Diglosia social (exodiglosia)

  1. Variedades :
    • A
    • B
      1. Variedades :
        • A: alóctona
        • B: autóctona
  2. Distribución por funcións en tódolos falantes, polo que non ha falantes nativos de A.
    1. Distribución social (que non impide o uso por funcións). Hai falantes nativos de A.
  3. Non hai conflitividade lingüística porque non hai substitución lingüística.
    1. Hai conflitividade lingüística , polo que pode haber substitución lingüística:
      • B F 0 E 0A, a máis frecuente
      • A F 0 E 0B, en etapas de reivindicación lingüística.
  4. Situación estática , proceso estanco. 4. Situación dinámica , proceso dinámico asociado a elementos funcionais.

3. Procesos de (re)afirmación lingüística

Danse dentro da diglosia social. Nestes procesos distínguense dous momentos: 3.)1 Asimilación lingüística de A sobre B, que pode ser:

  • dos falantes (procesos de substitución lingüística), é dicir, a lingua B cada vez é usada en menos contextos;
  • da lingua : contaminación lingüística de A sobre B (léxica, morfolóxica...). É máis fácil que se dea entre linguas etimoloxicamente emparentadas. )3 (Re)afirmación lingüística , que pode levar consigo:
  • recuperación de falantes e funcións en favor de b;
  • rexeneración lingüística (“purismo”). 1. Introdución

PAGE 2