Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Tema 1. Conceptos básicos, Apuntes de Historia de la Lengua

Asignatura: Historia da lingua galega, Profesor: Eduardo Miguel Moscoso Mato, Carrera: Lengua y Literatura Gallega, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

2015/2016
En oferta
30 Puntos
Discount

Oferta a tiempo limitado


Subido el 28/11/2016

lauragilrodriguez58
lauragilrodriguez58 🇪🇸

3.4

(5)

1 documento

1 / 3

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
Tema 1. Conceptos básicos
1. Historia da lingua e Lingüística histórica
Historia da lingua: refírese á historia externa e estuda a relación entre a lingua, os cambios
que sofre e os factores históricos e socioeconómicos que afectan ao colectivo que fala esa
lingua.
Lingüística histórica estuda o cambio lingüístico en si. Tamén chamada gramática histórica.
2. Diglosia funcional e diglosia social
Diglosia (Ferguson, 1959): Aceptado, estendido e matizado para se referir a unha sociedade
con dúas linguas ou dúas variedades dunha lingua para funcións diferentes, o que hoxe é
para nós diglosia funcional. Ferguson usouno para se referir ao árabe, do que dicía que había
unha variedade popular e outra canónica.
Diglosia funcional: 2 códigos (A e B); A úsase como ferramenta en rexistros formais, B é
adquirida e usada no cotiá. Non hai conflitividade, son códigos complementarios. A lingua A
non ten falantes nativos.
Diglosia social: dous grupos en situación de desigualdade usan dúas linguas diferentes.
Diferenzas:
FUNCIONAL SOCIAL
Variedade: A e B: ENDODIGLOSIA Linguas: A (foránea) e B (autóctona):
EXODIGLOSIA
Distribución funcional (non hai falantes nativos de
A)
Distribución social (si hai falantes nativos de A)
Non hai substitución lingüística, non hai
conflitividade
Si hai substitución lingüística*, si hai conflitividade
Estatismo Dinamismo.
*Substitución lingüística (B A ou A B): reacción en favor de B; movementos como o
Rexurdimento, que levan consigo unha pretensión normalizadora. Para que isto pase, ten que existir
conflito lingüístico. Cambiase dun idioma a outro debido ao estatus desa lingua, de A a B; o caso
contrario é menor pero tamén ocorre de B a A. Este tipo de substitución vese cando hai posibilidade
de cambio social de mobilidade social (sc. XX, XXI). Dáse cando hai esta motivación e ocasión
(antes mal visto polos galegos que falaban castelán).
pf3
Discount

En oferta

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Tema 1. Conceptos básicos y más Apuntes en PDF de Historia de la Lengua solo en Docsity!

Tema 1. Conceptos básicos

1. Historia da lingua e Lingüística histórica

  • Historia da lingua: refírese á historia externa e estuda a relación entre a lingua, os cambios que sofre e os factores históricos e socioeconómicos que afectan ao colectivo que fala esa lingua.
  • Lingüística histórica estuda o cambio lingüístico en si. Tamén chamada gramática histórica. 2. Diglosia funcional e diglosia social
  • Diglosia (Ferguson, 1959): Aceptado, estendido e matizado para se referir a unha sociedade con dúas linguas ou dúas variedades dunha lingua para funcións diferentes, o que hoxe é para nós diglosia funcional. Ferguson usouno para se referir ao árabe, do que dicía que había unha variedade popular e outra canónica.
  • Diglosia funcional: 2 códigos (A e B); A úsase como ferramenta en rexistros formais, B é adquirida e usada no cotiá. Non hai conflitividade, son códigos complementarios. A lingua A non ten falantes nativos.
  • Diglosia social: dous grupos en situación de desigualdade usan dúas linguas diferentes.
  • Diferenzas: FUNCIONAL SOCIAL Variedade: A e B: ENDODIGLOSIA Linguas: A (foránea) e B (autóctona): EXODIGLOSIA Distribución funcional (non hai falantes nativos de A) Distribución social (si hai falantes nativos de A) Non hai substitución lingüística, non hai conflitividade Si hai substitución lingüística*, si hai conflitividade Estatismo Dinamismo. *Substitución lingüística (B → A ou A → B): reacción en favor de B; movementos como o Rexurdimento, que levan consigo unha pretensión normalizadora. Para que isto pase, ten que existir conflito lingüístico. Cambiase dun idioma a outro debido ao estatus desa lingua, de A a B; o caso contrario é menor pero tamén ocorre de B a A. Este tipo de substitución vese cando hai posibilidade de cambio social de mobilidade social (sc. XX, XXI). Dáse cando hai esta motivación e ocasión (antes mal visto polos galegos que falaban castelán).

3. Bilingüismo e diglosia En 1964 o lingüísta Fishman puxo en relación os conceptos de diglosia e bilingüismo; para el o concepto de diglosia era un comportamento social (dúas linguas nunha sociedade) e o bilingüismo era individual (dúas linguas nun individuo). Bilingüísmo→ individual/ Diglosia→ social CADRO DE FISHMAN 1 DIGLOSIA E BILINGÜISMO

BILINGÜISMO SEN DIGLOSIA

DIGLOSIA SEN BILINGÜISMO

NON DIGLOSIA E NON BILINGÜISMO

  1. Dúas linguas con separación de funcións. A comunidade de falantes domina as dúas linguas.
  2. Non existe relación entre grupos sociais falantes dunha e outra lingua; dúas comunidades sociais que habitan un espazo común e unha delas é moi impermeable, non deixa a posibilidade de pasar dun grupo a outro; clases sociais abocadas a conflictos lingüísticos ao non darse a mobilidade social.
  3. Non é común; é unha situación transitoria que se da en lugares de forte emigración.
  4. Situación practicamente irreal, xa que son escasas as sociedades nas que só hai unha lingua ou variedade.

4. Dialectalización e lingüificación. O caso galego

  • Dialectalización: considerar unha lingua como dialecto.
  • Lingüificación: reconsiderar de novo como lingua a que se considerara anteriormente dialecto.
  • Procesos de asimilación e (re)afimación lingüística (ante casos de diglosia social dinámica): 1)Asimilación lingüística: a lingua A ocupa o lugar de B, polo que se produce un retroceso de falantes de B e polo tanto tamén unha perda de contextos. Ademais a lingua A contamina a B, producínse o fenómeno coñecido como hibridación, que se observa no léxico, na fonética, na gramática, etc, con casos diferentes entre as diferentes linguas. A hibridación a súa vez leva consigo dous procesos: -Obsolescencia para B: ruptura da transmisión e ausencia de léxico científico e técnico. -Dialectalización: considerar a lingua B como dialecto de A.