Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


A creta micénica, Apuntes de Historia del Arte

Asignatura: historia e cultura da epoca antiga, Profesor: xose anxo fernandez canosa, Carrera: Historia del Arte, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

2015/2016

Subido el 07/02/2016

carlotabgr
carlotabgr 🇪🇸

4

(29)

18 documentos

1 / 6

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
A GRECIA MICÉNICA.
PERIODIZACIÓN
CRONOLOXÍA
CARACTERIZACIÓN HISTÓRICA
Heládico Antigo
2500-2000
Proto-pazos: Lerna
Desenvolvemento de xefaturas
Heládico Medio
2000-1600
Chegada dos gregos.
Heládico Recente
1600-1100
Desenvolvemento da cultura micénica desde os círculos de tumbas até o submicénico.
Chegada dos gregos
3 hipóteses cronolóxicas:
Cara o 2000 aEC. (conta con testemuños lingüísticos e arqueolóxicos).
Cara o 1600 aEC. (desenvolvemento da civilización micénica): débiles argumentos de apoio.
Cara o 1300 aEC. (fin da civilización micénica): débiles argumentos de apoio.
HIPÓTESE DE CRONOLOXÍA ALTA: 2 tipos de testemuños a favor (lingüísticos e
arqueolóxicos).
Lingüísticos: taboíñas de Lineal B cara o 1200 aEC.: En Grecia xa se falaba unha forma arcaica de
grego (“grego micénico”). Diferenciación dialectal do grego histórico (edio, xónio, dórico, etc.)
posterior ao fin do mundo micénico. Polos datos que temos, a chegada dos gregos non foi moi
serodia, non anterior aos inicios da Idade do Bronce.
Arqueolóxicos (cara o 2200-2100, inicio do Bronce medio da Grecia Continental ou Heládico
Medio): primeira ruptura da cultura material dentro do Bronce grego.
1. A cultura micénica.
A cultura micénica é a civilización da Grecia continental e insular (fundamentalmente o
Peloponeso) entre os século XVI e XII aEC. (Heládico Redente I-III).
A civilización micénica nace a finais do heládico medio. Atopáronse círculos de tumbas de fosa
(reforzadas e amuralladas) A e B de Micenas (s. XVII-XVI), enterramentos con paralelos
contemporáneos noutras zonas de Grecia (Mesenia ou Argólide) máis sen precedentes no continente
pola riqueza do seu enxoval. Os “tesouros” incluían a sala do tesoro.
Círculos de tumbas de foxa de Micenas:
!Datábeis en transición Heládico Medio-Heládico Recente.
!Pobreza do período anterior, agora documéntase un forte aumento do luxo e da riqueza
(aínda no círculo de tumbas de foxa máis antigo: o B, descuberto en 1.952).
!Hábitat de Micenas nesta época: descoñecido.
pf3
pf4
pf5

Vista previa parcial del texto

¡Descarga A creta micénica y más Apuntes en PDF de Historia del Arte solo en Docsity!

A GRECIA MICÉNICA.

PERIODIZACIÓN

CRONOLOXÍA

CARACTERIZACIÓN HISTÓRICA

Heládico Antigo 2500- Proto-pazos: Lerna Desenvolvemento de xefaturas Heládico Medio 2000- Chegada dos gregos. Heládico Recente 1600- Desenvolvemento da cultura micénica desde os círculos de tumbas até o submicénico. Chegada dos gregos 3 hipóteses cronolóxicas: Cara o 2000 aEC. (conta con testemuños lingüísticos e arqueolóxicos). Cara o 1600 aEC. (desenvolvemento da civilización micénica): débiles argumentos de apoio. Cara o 1300 aEC. (fin da civilización micénica): débiles argumentos de apoio. HIPÓTESE DE CRONOLOXÍA ALTA: 2 tipos de testemuños a favor (lingüísticos e arqueolóxicos). Lingüísticos: taboíñas de Lineal B cara o 1200 aEC.: En Grecia xa se falaba unha forma arcaica de grego (“grego micénico”). Diferenciación dialectal do grego histórico (edio, xónio, dórico, etc.) posterior ao fin do mundo micénico. Polos datos que temos, a chegada dos gregos non foi moi serodia, non anterior aos inicios da Idade do Bronce. Arqueolóxicos (cara o 2200-2100, inicio do Bronce medio da Grecia Continental ou Heládico Medio) : primeira ruptura da cultura material dentro do Bronce grego.

1. A cultura micénica. A cultura micénica é a civilización da Grecia continental e insular (fundamentalmente o Peloponeso) entre os século XVI e XII aEC. (Heládico Redente I-III). A civilización micénica nace a finais do heládico medio. Atopáronse círculos de tumbas de fosa (reforzadas e amuralladas) A e B de Micenas (s. XVII-XVI), enterramentos con paralelos contemporáneos noutras zonas de Grecia (Mesenia ou Argólide) máis sen precedentes no continente pola riqueza do seu enxoval. Os “tesouros” incluían a sala do tesoro. Círculos de tumbas de foxa de Micenas: ! Datábeis en transición Heládico Medio-Heládico Recente. ! Pobreza do período anterior, agora documéntase un forte aumento do luxo e da riqueza (aínda no círculo de tumbas de foxa máis antigo: o B, descuberto en 1.952). ! Hábitat de Micenas nesta época: descoñecido.

2. Sociedade. ! Wa-na-ka, o soberano: o Espallado polo mundo micénico. Aparece en Ano Englianós, Tebas, Tirinte, o Knossos. o En Ano Englianós, tiña un te-me-no que estaba exento de do-so-mo a Posidón. o Servidores que exercían certas profesións: oleiro do rei, costureiras reais, o e-te-do- mo do rei. o Non ten un carácter divino, senón que aparece como un ser humano. En Ano Englianos, está encargado dun culto dun deus e dunha deusa: Poseidón é chamada Po-ti-ni-ja. Os rituais celebrábanse en Pa-ki-ja-ma, un santuario. ! Ra-wa-ke-ta: o Interpretouse como xefe dun “pobo de armas” ai se relacionar “ra-wo” co termo grego de xefe de pobo de armas, pero a interpretación da problemas. o Nunca aparece en contextos militares, senón en contextos de tipo cultural. o Ten un te-me-no (un terceiro do wa-na-ka), suxeito a do-so-mo. o No mundo minoico existía unha nobreza que eran os e-qe-ta, ga-si-re-we, eran grandes propietarios de terras. o Nobreza vinculada a función guerreira. ! E-que-ta: o Nobres seguidores do rei, comparados aos comités. o Terratentes, coñécense polo seu patronímico, pois teñen certo cargo aristocrático. o Son escravistas. o En Knossos usan un indumento que os caracteriza. o Teñen funcións de índole militar, tendo carros posiblemente. o Grupo aristocrático guerreiro. ! Qa-si-re-we: o Nobres independentes e grandes propietarios de mo-ra. o Actúan como comandantes e oficiais das guarnicións militares micénicas chamadas o-ka. o É unha das posibilidades de procedencia etimolóxica de Basileus, o rei homérico. ! Da-mo o É o conxunto de poboación libre que constituíu o pobo. o Posuíu terras, tanto de individuos particulares como comunais.

  • No que a artesanía se refire, é ben coñecido na actualidade o funcionamento do sector metalúrxico. Os forxadores de metal en bruto que teñen que traballar por medio do pa-si-re-u. A estrutura da propiedade da terra: Mo-ra Ko-to-na Terras posuídas pola nobreza militar allea ao pazo e da que a penas temos noticias, xa que carecían de interese para a burocracia palacial e do templo. Grupo de terras de menos tamaño. Dous tipos: Ko-to-na ki-ti-me-na: pertencen a particulares que parecen ser de elevada condición. Ke-ke-me-na ko-to-na: constitúen terra comunal, que se asigna a particulares como o-na-ta. (“arrendatarios”). 4. Expansión micénica. Dende o ano 1400 prodúcese a extensión micénica. A conquista de Creta foi o feito máis relevante, tras iso produciuse a substitución de cretenses por micénicos no Mediterráneo: Actividade comercial. Establecementos micénicos en diversos puntos do Mediterráneo: Sicilia, Sardeña, Illas Eolias. Fundacións micénicas: non eran colonias, nin centros urbanos senón lugares de desembarco e emporios comerciais. A vías comerciais micénicas estendéronse até o punto de poder fornecerse de produtos de lonxe, como o ámbar. A expansión micénica orientouse especialmente para o leste: asentamentos en Asia Menor. Os micénicos tiveron gran potencia na política internacional do momento (os akhiyawa dos documentos hititas). 5. A relixión. Tratouse dunha relixión politeísta na que o panteón de deuses comparte bastantes destes co panteón grego da época clásica: algúns olímpicos (Poseidón, Demeter, Zeus, Hera, Enialio (Ares) e Dioniso; Atenea, Hefesto, Apolo, Artemisa e Hermes son obxecto de debate; e deuses non coñecidos, como as diversas potnias das que falas as táboas. Gran importancia de Posidón. É frecuente en Ano Englianós. Intimamente vinculado ao seu pazo e soberano. Do seu culto sabemos poucas cousas: ! Tiña un santuario en Anos Englianós, sendo o único testemuñado que tiña procesión, interpretado como que conduce á xente (a-ke(que)-wa-tu). ! Era destinatario do aceite na cerimonia do re-ke-to-ke-ri-jo. ! Era beneficiario dun do-so-mo, ofrenda ou tributo ritual. Fai referencia a el como posuidor dos bens do Estado, cumprindo unha función similar á que cumprían santuarios en Oriente Próximo. A parte do culto aos olímpicos, culto a outras divinidades menores como as Ninfas, os Panes, os daimones… Pode que tamén se rendese culto aos heroes aínda que isto no está claro.

Existían cultos populares que se levaban a cabo normalmente no campo, nunha serie de santuarios situados en covas e nos cumes das montañas. Existiu un sacerdocio organizado: designado cos nomes de i-ji-ne-u e i-ji-ne-ja. Estes eran diferenciados segundo as súas funcións: portadores da chave, da auga ritual, etc. Aparecen outras personaxes executando función rituais como o rei e algúns funcionarios, da mesma maneira que vemos aos sacerdotes desempeñando funcións económicas como administradores das terras do templo. No mundo micénico as funcións económicas e relixiosas non estaban delimitadas, senón que eran unha unidade.

6. Fin do mundo micénico. O mundo micénico non desaparece de súpeto. Foi un proceso de desintegración que durou século e medio. Foi a finais do século XIII (HR III B-C) onde se destruíron a maioría dos palacios. O sistema político non se recuperará.

  • Do 1200 ao 1125-1100 aEC.: o É un período de supervivencia deste mundo. a) Condicións dispares segundo as zonas: certas zonas medran, noutras hai migracións. b) Fragmentase o mundo micénico en ámbitos rexionais distintos. Reconstrúese parcialmente Micenas e Tirinte. Hai indicios de recuperación en Tebas. A imaxe xeral é un drástico decline demográfico: abandónanse os campos e prodúcense movementos migratorios. Tucídides recolleu e transmitiu a tradición segundo a cal oitenta anos despois da caída de Troia tería lugar a invasión do Peloponeso polos descendentes de Heráclides. As razóns que se teñen para falar dunha invasión dórica son: ! A existencia en épocas posteriores dun dialecto espallado por case todo o Peloponeso coñecido como dialecto dórico. ! Aparición no HR III C dunha serie de novidades arqueolóxicas que serían atribuíbles aos dorios tras a súa invasión: Fíbulas de violín, mais estas aparecían xa no HR III B o que fai que dificilmente poidan ser intrusivas. Aínda que se puidese demostrar que realmente proceden do norte, diso non podería concluírse que tivesen relación cos grandes desastres xa que aparecen entre os micénicos antes das catástrofes. ! Certas armas, especialmente espadas, que aparecen no mundo micénico antes do 1200 aEC., de orixe balcánica ou centro europea poderían indicar infiltracións dóricas, mais o número da que aparecen é demasiado pequeno para que se poida supor a entrada dun continxente de tropas estranxeiras. ! Cerámica non micénica como a aparecida en Korakou no HR III C que parece ser, con efecto, procedente do Norte, mas a súa cantidade é demasiado pequena para ser consciente coa idea dunha invasión de área. ! A aparición do ferro, a cremación, enterramentos en cistas ou costas que non fan a unha aparición repentina, senón que son elementos que se van desenvolvendo.