



Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: historia e cultura da epoca antiga, Profesor: xose anxo fernandez canosa, Carrera: Historia del Arte, Universidad: USC
Tipo: Apuntes
1 / 5
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!




1. Introdución. Creta descuberta por Sir Arthur John Evans, quen comezou a escavar o “Pazo de Minos” en 1900. Foi responsable da glorificación e idealización da Civilización Minoica: ! Os minoicos eran seres pacíficos, estetas (gustaban de rodearse de cousas belas), amantes dos deportes … ! Era unha visión determinada polo que se escavaba: o pazo, o sector señorial. Posteriormente, foron aparecendo máis obxectos al escavar Creta: ! Modificación desta visión a medida que se foi coñecendo máis a civilización minoica. ! As fontes que nos acercan a Creta Minoica son a arqueoloxía, a iconografía e a glíptica. ! As fontes escritas só trataban temas administrativos, estas seguen sendo mudas para nos. ! Sociedade con riqueza, complexidade social, política e económica por iso é necesaria a escritura. o Existen tres tipos de escritura dentro das formas escritas: " lineal A : a gráfica, é a máis típica, sen estar descifrada, " lineal B : é unha escritura silábica, foi posible descifrala porque se pensaba que era unha variante do grego. 2. Período prepalacial. A sociedade vai evolucionando ata atoparse cunha gran xerarquización. Aparecen diferentes niveis sociais que se pode demostrar cos cemiterios (algúns mortos enterrados con moitas riquezas), asentamentos (onde os máis pequenos están subordinados ós máis grandes). Será unha sociedade de palacios que se dedicará principalmente ao cultivo de diferentes produto. Sociedade gandeira e diferentes chans de cultivo. Palacio Como estructura social e política. Como estructura arquitectónica. Modelo endóxeno: Preferencia polos modelos de desenvolvemento endóxeno (local) fronte á difusión de modelos exóxenos (estranxeiro). Evolución dos elementos a partir da propia sociedade. Por tanto, a Creta Minoica tiña unha evolución propia. O cultivo do produto mediterráneo xerou unha gran riqueza que se almacenou, polo tanto desenvolveuse os centros distributivos para almacenar a riqueza, Isto xerou unha élite superior e centros de poder e almacenamento amplo. Teoría de Renfrew: di que a sociedade palacial aparece grazas ao desenvolvemento da sociedade cretense: 1. Policultivo mediterráneo: cereais, oliveira … que permite facer un mellor uso dos excedentes e se desenvolven e (2) aparecen elites que controlan a xestión dos excedentes (3) para así trocalo por artesanía, polo que esta elite se converterá nun impulsor da actividade artesanal. Os pazos minoicos eran, unha boa parte, dedicada ao almacenamento e á produción artesanal.
Modelo exóxeno: Os modelos artesáns son introducidos polos foráns, iso é, influencia esóxena: elementos que se traen de fóra, exportados. Na parte arquitectónica existen dúas posibilidades: (evolución arquitectónica)
Outra diferenza é a diminución das zonas dedicadas ao almacenamento no MFI fronte ao MMIII. Este espazo dedicarase agora á produción de produtos de luxo e de ritual. Grandes residencias: imitan a arquitectura palaciana. Indicio de aparición dunha nova xerarquía social. Aparecen cerca dos pazos das cidades principais e tamén en cidades secundarias.
6. Sociedade cretense. A identidade dos señores do pazo segue sendo unha incógnita. Puideron concentrar todo o poder político ou un poder compartido. Paleopalacial: sociedade xerarquizada obxectos de luxo, a propia arquitectura monumental indican a existencia dunha elite. ! Neopalacial: ! Nobreza das “grandes residencias”: altos funcionarios. ! Casos semellantes ás “grandes residencias”: unha dases próxima á nobreza. ! Artesáns que viven nas súas casas e traballan nelas, agrupados cerca do pazo. Traballaban para o pazo a tempo completo ou só traballaban para el por encomenda. ! Agricultores. 7. División territorial. No Neopalacial, Creta queda dividida en privincias dependendo cada unha dun pazo. # Malia: meseta Lasiti e golfo de Misabello. # Knossos: vales de Creta central e norte. # Festo: planura Mesara (sur). # Zacros: extremidade oriental. A organización interna das rexións e as relacións entre centros palaciais, as cidades secundarias e os habitats rurais non son claros. 8. Talasocracia (imperio marítimo). Serie de textos que falan dun poder exercido dende Knossos, de Minos. Un imperio construído dende o mar, como o texto de Tucíclides e Apolodoro. 9. O comercio minoico. Necesidade de desenvolver as relacións exteriores para fornecerse de prata, chumbo, cobre ou estaño. No Paleopalacial: ! Citera parece ter sido o 1º dos asentamentos cretenses no continente. Kastri: restos arquitectónicos dunha instalación permanente no paleopalacial. ! Importantes cantidades de cerámica minoica na Argólide e ao redor do golfo de Sarónica. Influencia minoica en Lerna e en Laconia. ! Desenvolvese a relación entre Creta e as Cícladas occidentais. ! Chipre: contactos de pouca importancia no MMI e II. E aínda non parece abastecer de cobre a Creta.
! Puñais sirios e cilindros da 1ª dinastía babilónica. Fragmentos de vasillas minoicas en Beirut, Biblos, Ras Shamra e Qatna. Documentación oriental fálanos sobre o comercio con Mesopotamia e as relación co rei de Babilonia. ! Exipto: contactos máis importantes e directos do que se tendía a crer. Algúns puideron chegar indirectamente pola costa síria, mais outros tiveron que ser directamente como a estatuiña de User en Knossos no MMII (cerámica de casca de ovo). Cerámica de Camarés en Exipto. Algunhas pezas indican un coñecemento da arte exipcia, como o aplique de vasilla en forma de esfinxe en Malia (MMII), ou influxo exipcio na xoia das avellas o una espada de acróbata de Malia. ! Papel do pazo é difícil de saber. Con todo, os obxectos que aparecen en Exipto son de produción palacial e de consumo restrinxido. No Neopalacial: ! Expansión dos contactos minoicos polo Exeo. ! Non houbo unha expansión xeral: faltan vestixios en moitas illas e noutras os que parecen ser por contactos indirectos.
9. Fin do mundo minoico. No final do Neopalacial prodúcese o fin da presenza minoica no Exeo. A colonia de Citera abandonada, Hagia Irini (Keos) desaparece. A presencia minoica desaparece e aparece a micénica. No Dodecaneso mantense máis ao mesmo tempo que a micénica. Nun lapso pequeno de tempo, salvo Knossos, todos os pazos son destruídos, as “residencias” saqueadas e incendiadas. Hipótese de Marinathos sobre a erupción de Thera. Problemas: o Destrucción de Akrotiri do MR IA e a de Creta MR IB (50 anos de diferenza). o Acción destrutiva foi demasiado selectiva, como en Pirgos. Hipótese da ocupación micénica: Novos tipos de tumbas e de costumes funerarios: tholoi micénicos en Kefala e en Arcanes cara o