Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Actividade 1 - texto medieval, Apuntes de Lengua y Literatura Gallega

Asignatura: GALEGO II, Profesor: Ramón Mariño Paz, Carrera: Lengua y Literatura Gallega, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

2016/2017

Subido el 14/06/2017

rocioloureiro
rocioloureiro 🇪🇸

2.5

(2)

1 documento

1 / 5

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
LINGUA GALEGA II
Exercicio 1 (entrega o 17 de marzo de 2016)
Rocío Loureiro
1. Texto do exercicio
Por que se algũus máis complidamente quiserem saber o começo de como foi poblada
Troia e os reis que ende ouvo et a estoria de Jaasón e de Medea, lean por este libro que
o acharám máis conplidamente como está enno Libro de Troia, segu ndo foi sacado [e]
o achamos enna General Estoria, que ajunta con os feitos que passaron enno mundo ata
el rei dom Afonso, que o fezo tornar de latim en romanço e castelão, e concertou
tódalas estorias que de escripvir fossem e que passaron enno mundo ata os seu tenpo,
tam bem de gentiis como de cristãos e de mouros, con a Blivia; et poso as cousas en
quaes tenpos e en aqueles anos en que passaron, segundo que o acharán quen máis
conplidamente o quiser saber en aquela General [Estoria] que el fezo fazer.
Para vĩir aa estoria de Troia começaremos ennos reis e señores que poblaron a terra e a
cidade, como lles chamavan e quem foron, et dizervos ei ende os feitos que fezeron. O
primeiro foi el rei Ce[li]o, o segundo el rei Saturno et o [terceiro] el rei Júpiter. Et
d’ende a alende contará a estoria todo o feito de Troia como foi.
2. Análise do texto: aspectos gráfico-fónicos e morfosintácticos. Conclusión.
Coa intención de facer un comentario unitario, non foi dividido en seccións. As propias
serían fenómenos gráfico-fónicos e fenómenos de natureza morfosintáctica, mais
aparecen presentes na análise. Dado que o texto presente en este documento non está
numerado, pois non concordaba ca orde numérica que segue o texto do cal foi copiado,
todas as alusións farán referencia á enumeración do texto presente na páxina 23 da
‘Guía docente e material didáctico’.
O fragmento proposto para a análise pertence á obra titulada Historia Troiana que
integra, xunto coa Crónica Troiana, o denominado ‘Ciclo clásico ou Materia de Troia’.
Neste ciclo reúnense aquelas obras que remiten á historia de Troia. Historia Troiana,
datada a finais do s. XIV complementa a Crónica Troiana, xa que narra os feitos
anteriores ao inicio da guerra, como a expedición dos argonautas ou a infancia de
Aquiles: Por que se algũus máis complidamente quiserem saber o começo de como foi
poblada Troia e os reis que ende ouvo et a estoria de Jaasón e de Medea, lean por este
libro que o acharám máis conplidamente como está enno Libro de Troia [...] Para vĩir
aa estoria de Troia começaremos ennos reis e señores que poblaron a terra e a cidade,
como lles chamavan e quem foron, et dizervos ei ende os feitos que fezeron [...] Et
d’ende a alende contará a estoria todo o feito de Troia como foi.
Antes de proceder ca análise do texto en profundidade, mencionar o uso da letra cursiva
ou dos corchetes para indicar as interpretacións do editor. Como exemplos temos: que
(l.1) posible interpretación de q; e Ce[li]o (l.12) por *Ceo.
Cereixo Silva (1997) na súa tese de doutoramento recolle ata nove variantes do
adverbio ‘completamente’ (comprida-, complida-, conplida-, conpida-, conprida-,
LINGUA GALEGA 2, Exercicio 1. Rocío Loureiro Abalo
1
pf3
pf4
pf5

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Actividade 1 - texto medieval y más Apuntes en PDF de Lengua y Literatura Gallega solo en Docsity!

LINGUA GALEGA II

Exercicio 1 (entrega o 17 de marzo de 2016) Rocío Loureiro

  1. Texto do exercicio

Por que se algũus máis complidamente q u iserem saber o começo de como foi poblada Troia e os reis que ende ouvo et a estoria de Jaasón e de Medea, lean por este libro que o acharám máis co n plidamente como está e n no Libro de Troia, segu n do foi sacado [e] o achamos e n na General Estoria, que ajunta co n os feitos q ue passaro n e n no mundo ata el rei dom Afonso, q ue o fezo tornar de latim en romanço e castelão, e concertou tódalas estorias q ue de esc r ipvir fossem e q ue passaron e n no mu n do ata os seu te n po, tam bem de gentiis como de cris tãos e de mouros, con a Blivia; et poso as cousas en q u aes t en pos e en aq ue l e s anos en q ue passaro n , segundo q ue o achará n que n máis co n plidame nt e o q u iser sab er en aq ue la General [Estoria] q ue el fezo fazer.

Para vĩir aa estoria de Troia começaremos ennos reis e señores que poblaron a terra e a cidade, como lles chamavan e quem foron, et dizervos ei ende os feitos que fezeron. O p r imeiro foi el rei Ce[li]o, o seg un do el rei Saturno et o [terceiro] el rei Júpiter. Et d’ende a alende contará a estoria todo o feito de Troia como foi.

  1. Análise do texto: aspectos gráfico-fónicos e morfosintácticos. Conclusión.

Coa intención de facer un comentario unitario, non foi dividido en seccións. As propias serían fenómenos gráfico-fónicos e fenómenos de natureza morfosintáctica, mais aparecen presentes na análise. Dado que o texto presente en este documento non está numerado, pois non concordaba ca orde numérica que segue o texto do cal foi copiado, todas as alusións farán referencia á enumeración do texto presente na páxina 23 da ‘Guía docente e material didáctico’.

O fragmento proposto para a análise pertence á obra titulada Historia Troiana que integra, xunto coa Crónica Troiana, o denominado ‘Ciclo clásico ou Materia de Troia’. Neste ciclo reúnense aquelas obras que remiten á historia de Troia. Historia Troiana , datada a finais do s. XIV complementa a Crónica Troiana , xa que narra os feitos anteriores ao inicio da guerra, como a expedición dos argonautas ou a infancia de Aquiles: Por que se algũus máis complidamente quiserem saber o começo de como foi poblada Troia e os reis que ende ouvo et a estoria de Jaasón e de Medea, lean por este libro que o acharám máis conplidamente como está enno Libro de Troia [...] Para vĩir aa estoria de Troia começaremos ennos reis e señores que poblaron a terra e a cidade, como lles chamavan e quem foron, et dizervos ei ende os feitos que fezeron [...] Et d’ende a alende contará a estoria todo o feito de Troia como foi.

Antes de proceder ca análise do texto en profundidade, mencionar o uso da letra cursiva ou dos corchetes para indicar as interpretacións do editor. Como exemplos temos: que (l.1) posible interpretación de q; e Ce[li]o (l.12) por * Ceo.

Cereixo Silva (1997) na súa tese de doutoramento recolle ata nove variantes do adverbio ‘completamente’ ( comprida-, complida-, conplida-, conpida-, conprida-,

conpryda-, cõplida-, cõprida-, cunplida- ). A maioría dos adverbios recollidos pertencen a textos literarios en prosa pero tamén se recollen datos de obras literarias en verso e de documentos tabelónicos, redactados entre mediados do XIII e principios do XVI. Mais no texto o relevante é a vacilación da consoante nasal sonora en posición implosiva. Na liña 1 temos a forma sen interpretación do editor: complidamente. Na primeira sílaba 0 2 C 2 0 2 C 3 0 2 C 2 0 2 aparece grafado coa letra m e ca n (^) C 3na segunda sílaba afectada, concordando coas regras ortográficas do galego actual. Pola contra nas seguintes formas deste adverbio, o editor interpretou para os dous casos de posición implosiva do son [en] a letra 0 2C 2n 0 2C 3: conplidamente (l.3,8). Destacar aquí, que na primeira das formas a interpretación só está en * con- , quedando a outra sílaba tal e como estaba no texto (véxase -men- ). Pola contra no segundo caso (l.8), en ambas foi interpretado coa letra 0 2C 2n 0 2C 3. O que pode levar a pensar que canto menos no texto o son antes citado, en posición implosiva antes de 0 2 C 2 0 2 C 3 0 2 C 2 0 2 C 3 0 2 C 2 0 2 p escribíase con m e con n (^) C 3cando a letra 0 2 C 2 0 2 seguinte non fose p (^) C 3. Pero non se pode dar firmeza a isto xa que no galego medieval existes diferentes manifestacións gráficas para este son en posición implosiva: acharám (l.3), acharán (l.8) quen (l.8), quem (l.11), alende (l.13), tam (l.6), en (l. 5,7,8, 9), etc. 0 3 Outro forma de representar o son anteriormente citado é a través do diacrítico ( ) sobre0 3 as vocais nasais: cristãos (l.7), castelão (l.5). Como no portugués actual, o til posto sobre a vogal indica que debe nasalizarse esa mesma vogal e as que a preceden. É preciso resaltar que no galego medieval, as vogais nasais eran, ademais, distintivas (mão ‘man’ – mao ‘malo’). Alén destas, no texto atopamos outras vogais con este trazo como algũus (l.1). Esta nasalidade é froito dunha evolución: centrándonos no “ũus”, simplemente mencionar que da palabra orixinaria (*AL ĭC ŭNO , ALIQUIS co reforzo UNOS) por un proceso de consonantismo, a oclusiva xorda converteuse en sonora ( /p/,/ t/, /k/ = /b/, /d/, /g/ ; respectivamente) dando lugar a ‘algo’ (recollido en textos como na Crónica Troiana ); pero a nasalización da vogal aparece pola perda do -n- intervocálico. A evolución sería así: ūNOS 0 2C 3ũnos 0 2C 3ũos 0 2C 3ũus. Outro exemplo da perda desta letra entre vogais é o caso de vĩir (l.10): VEN īRE 0 2C 3v 1 EB Dir 0 2C 3vĩir.

Pola contra en gentiis (l.7) non temos o fenómeno anterior, pois na forma orixinal ‘gentiles’ é non é posible que aconteza a nasalización. O que sucede con esta forma é que coa perda do -l- intervocálico ( GENTīLēS 0 2C 3 genties) o e pecha un grao asimilándose ó i. A evolución completa sería: GENTī LES 0 2C 3genties 0 2C 3gentiis 0 2C 3xentís.

Aproveitando o exemplo antes citado, vemos como en todo o texto non hai ningunha 0 2 C 2 0 2 fricativa palatal xorda, representada coa letra x (^) C 3. Pola contra hai mostras do mesmo fonema pero sonoro: General (l.4,9), ajunta (l.4), gentiis (l.7). Outras evolucións presentes no texto son ende (l.2,11) e dom (l.5); ambas formas finais son froito dun proceso de cambio de substracción, é dicir, de apócope. Por un lado: DŏMĭNU˃ dono0 2C 3 don; e por outro: ĭNDE˃ arc. ende 0 2C 3arc. én. Esta última forma, con un amplo uso na lingua medieval, no texto non se atopa na forma máis evolucionada. Neste caso, por disimilación o ĭ abre un grao e convértese en e.

En todo o fragmento só temos un caso dunha lateral palatal lles (l.11). Tal e como afirma de Azevedo (1997) ademais dos grafemas li (con variantes lj, ly e lli ) recollidos en textos so século XIII, hai outras grafías para representar a lateral palatal como o ll (de orixe castelán-leonesa correspondente ao resultado da procedente da xeminada latín

  • LL-). Esta última, recollida en textos galegos do século XII ao século XVI, foi nova grafía adoptada para o valor da lateral palatal. Outra grafía tamén presente nos textos

desta forma radica na mesóclise do pronome vos en posición enclítica co primeiro verbo en infinitivo. Un dos trazos que caracteriza o período medieval son os pretéritos non gramaticais: quiserem saber (l.1) e quiser saber (l.9); fezo fazer (l.9) e fezeron (l.11).

En resumo, podemos afirmar que estamos ante un texto da Baixa Idade Media e dos inicios da penetración do castelán en Galicia. Algunha das características que nos poden 0 2 C 2 0 2 C 3 0 2 C 2 0 2 levar a esta conclusión é o uso da ll e da ñ (^) C 3, as cales están presentes no castelán e non no galego-portugués da época trovadoresca. Na parte histórica postrovadoresca, como afirma Mariño (2008) os textos de carácter literario escritos en galego, eran minoritarios. Pola contra abundaban as traducións de textos en latín e en castelán. Algún exemplos disto poden ser o verbo escripvir na liña (l.6) ou as abundantes conxuncións copulativas latinas (véxase et ). Tampouco hai que esquecer que a obra, á cal pertence este fragmento, é unha obra bilingüe (en castelán e en galego); sendo a parte en galego posterior á primeira.

Por outra banda, xa no período trovadoresco, destaca a ausencia dunha gramática. Carvalho Calero (1966) fala de “koine”:

Los cultivadres del lirismo gallego-portugués, cualquiera que sea su nacionalidad, escriben en una lengua, que con todas las convenciones propias de unha “koiné” literaria, es, sin embargo, el reflejo inmediato de una lenga viva, hablada en Galicia y el norte de Portugal, que se adelgaza para expresar las sutilezas de la canción de amor y las meditadas ingenuidades de la canción de amigo, pero que nunca nos produce la impresión de unha lengua de laboratorio.

Pola contra na etapa posterior, reflexada no texto, a penetración do castelán implica unha transformación fonética simplificando así o noso consonantismo.

Bibliografía

Mariño Paz, Ramón (2008): Historia da lingua galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.

Ferreiro Fernández, Manuel (1999): Gramática histórica galega. Santiago de Compostela: Edicións Laiovento, v. I.

de Azevedo Maia, Clarinda (1997): História do galego-português: estado linguístico da Galiza e do Noroeste de Portugal desde o século XIII ao século XVI: (com referência à situação do galego moderno). Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian: Nacional de Investigação Científica e Tecnológica, D.L.

Pérez Pascual, X. Ignácio/ Amando Reboleiro González (1987): História da lingua. Santiago de Compostela: Vía Láctea.

Cereixo Silva, María Amparo (1997): Os adverbios en –mente no galego medieval. Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de filoloxía.

Parker, Kelvin M. (ed.) (1975): Historia Troyana. Introducción e texto. A Coruña: Fundación “Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa”. Recollido da ‘Lista de Obras’ do TMILG. https://www.google.es/url? sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=2&cad=rja&uact=8&ved=0ahUKEwi1jpbSusLLAh VLbRQKHa6EDFcQFggpMAE&url=https%3A%2F%2Filg.usc.es%2Ftmilg% 2Fobras.html&usg=AFQjCNFgkTSXeJXZo0khs7he2R3uUx4NEA [15/03/16]

Pichel Gotérrez, Ricardo (2010): “A prosa medieval galega á luz do testemuño da Historia troiana: apuntamentos codicolóxicos”, en Actas del XIII Congreso Internacional Asociación Hispánica de Literatura Medieval , v. II, p. [1515] – 1530

G. Gondar, Francisco (1978): O infinitivo conxugado en galego. Santiago de Compostela: Universidad, Secretariado de Publicaciones,, D.L

G. de Diego, Vicente (1984): Elementos de gramática histórica gallega: fonética-morfología. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Secretariado de Publicacións.

Carvalho Calero, Ricardo (1966): Gramática elemental del gallego común. Vigo: Galaxia, p. 89-100. https://books.google.es/books?id=YsMQggGe1KwC&pg=PA89&lpg=PA89&dq=koin %C3%A9+linguistica+galego+medieval&source=bl&ots=P6IqaDs4fw&sig=C- a0AXISrt6OxGOAmSUYymTyhG8&hl=es&sa=X&sqi=2&ved=0ahUKEwjalcjOqMfLAhUEl A8KHTGFDWAQ6AEINDAD#v=onepage&q&f=false [16/03/16]