Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Apuntes Gallego bachiller, Apuntes de Gallego

Aquí tenéis apuntes de gallego para la gramática del segundo trimestre, espero que os ayude

Tipo: Apuntes

2019/2020

Subido el 01/03/2020

diego-barbeito
diego-barbeito 🇪🇸

24 documentos

1 / 3

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
TEMA 5 - SEMÁNTICA
3. Significado léxico e significado gramatical
As unidades lingüísticas, isto é, as palabras, desempeñan distintas funcións nos
enunciados e tamén se refiren a significados diferentes.
As palabras que designan obxectos, entidades, calidades, accións e estados da
realidade teñen significado léxico e forman o fondo léxico dunha lingua.
As palabras que indican propiedades gramaticais (xénero, número, persoa, tempo,
deíxe, cuantificación, etc.) dise que teñen significado gramatical e forman parte
da gramática dunha lingua.
As palabras con significado léxico constitúen inventarios abertos que poden
incrementarse por distintos procedementos; son palabras léxicas os substantivos,
adxectivos, verbos e moitos adverbios. As palabras con significado gramatical forman
inventarios pechados e serven para marcar as relacións gramaticais entre as palabras;
son palabras gramaticais os pronomes, artigos, preposicións e conxuncións.
4. Estruturas léxico-semánticas
O léxico dunha lingua organízase semanticamente por medio de diferentes
estruturas: a familia léxica, o campo semántico e o campo asociativo.
4.1. Familia léxica
A familia léxica, denominada tradicionalmente familia de palabras, é o conxunto de
vocábulos que partillan unha mesma raíz e que, en consecuencia, teñen un significado
esencialmente común.
Forman parte da familia léxica tanto as voces que presentan un lexema patrimonial,
como aquelas que posúen un lexema culto.
LEXEMA PATRIMONIAL ±CULTO
area areal, arear, areeiro, areento, areoso,
areúdo
arena, arenícola, arenífero, areniforme
dor adoecer, dó, doente, doenza, doer,
doído, dorido
dolor, doloroso, indolencia, indolente
persoa
impersoal, persoal, persoalmente,
persoeiro
personalidade, personalismo,
personalizar, personaxe, personificación
sangue sanguento, sanguinario, sanguíneo,
sanguiño
desangrar, sangrado, sangrador,
sangradura, sangrar, sangría
vir
avir, convir, intervir, provir, vida, vinda,
vindeiro
inconveniencia, inconveniente,
conveniencia, conveniente, proveniencia,
proveniente
xerar xeral, xeración, xerador, xerativo
dexeneración, dexenerar, rexenerar,
xeneralato, xeneralidade, xeneralización,
xeneralizar, xénero
pf3

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Apuntes Gallego bachiller y más Apuntes en PDF de Gallego solo en Docsity!

TEMA 5 - SEMÁNTICA

3. Significado léxico e significado gramatical

As unidades lingüísticas, isto é, as palabras, desempeñan distintas funcións nos enunciados e tamén se refiren a significados diferentes.  As palabras que designan obxectos, entidades, calidades, accións e estados da realidade teñen significado léxico e forman o fondo léxico dunha lingua.  As palabras que indican propiedades gramaticais (xénero, número, persoa, tempo, deíxe, cuantificación, etc.) dise que teñen significado gramatical e forman parte da gramática dunha lingua. As palabras con significado léxico constitúen inventarios abertos que poden incrementarse por distintos procedementos; son palabras léxicas os substantivos, adxectivos, verbos e moitos adverbios. As palabras con significado gramatical forman inventarios pechados e serven para marcar as relacións gramaticais entre as palabras; son palabras gramaticais os pronomes, artigos, preposicións e conxuncións.

4. Estruturas léxico-semánticas

O léxico dunha lingua organízase semanticamente por medio de diferentes estruturas: a familia léxica , o campo semántico e o campo asociativo. 4.1. Familia léxica A familia léxica, denominada tradicionalmente familia de palabras, é o conxunto de vocábulos que partillan unha mesma raíz e que, en consecuencia, teñen un significado esencialmente común. Forman parte da familia léxica tanto as voces que presentan un lexema patrimonial, como aquelas que posúen un lexema culto. LEXEMA PATRIMONIAL ±CULTO area areal, arear, areeiro, areento, areoso, areúdo arena, arenícola, arenífero, areniforme dor adoecer, dó, doente, doenza, doer, doído, dorido dolor, doloroso, indolencia, indolente persoa impersoal, persoal, persoalmente, persoeiro personalidade, personalismo, personalizar, personaxe, personificación sangue sanguento, sanguinario, sanguíneo, sanguiño desangrar, sangrado, sangrador, sangradura, sangrar, sangría vir avir, convir, intervir, provir, vida, vinda, vindeiro inconveniencia, inconveniente, conveniencia, conveniente, proveniencia, proveniente xerar xeral, xeración, xerador, xerativo dexeneración, dexenerar, rexenerar, xeneralato, xeneralidade, xeneralización, xeneralizar, xénero

4.2. Campo semántico O campo semántico identifícase cun conxunto de palabras pertencentes á mesma categoría gramatical e que fan referencia á mesma realidade extralingüística (física ou conceptual), nun ámbito restrito; isto é, o campo semántico está conformado por unha rede de vocábulos de significado afín e, ao mesmo tempo, distinto: o léxico das cores, das plantas, do parentesco… Desta maneira, pertencen ao campo semántico definido polo sema [ + corpo humano ] voces como boca, brazo, cabeza, cella, cotobelo, embigo, nariz, nocello, ollos, ombro, orellas, perna, pescozo, pestana, etc. Porén, o concepto de campo semántico pódese estender tamén aos sinónimos que un termo posúe, mesmo cando pertencen a rexistros de lingua diferentes ou constitúen expresións idiomáticas. Do campo semántico de morrer, por exemplo, formarían parte bater a bota, desaparecer, espichar, estirar a pata, falecer, fechar os ollos, finar, pasar a mellor vida, pór o pé na cova… O campo semántico estrutúrase á volta das seguintes unidades: sema, semema e arquisemema. 4.2.1. Sema As palabras poden analizarse en elementos significativos mínimos chamados semas ou trazos semánticos, que permiten establecer oposicións entre as unidades integrantes dun campo semántico. O contido semántico de egua, por exemplo, vén dado por semas como [vertebrado], [mamífero], [vivíparo], [herbívoro] e [terrestre]. Campo semántico “animal” Palabra Sema [vertebrado] Sema [mamífero] Sema [vivíparo] Sema [herbívoro] Sema [terrestre] Egua + + + + + León + + + - + Porco + + + - + Ser humano + + + - + Golfiño + + + - - Galiña + - - - + Araña - - - - + 4.2.2. Semema O semema é o conxunto de semas que conforman un vocábulo. Así, o semema de araña é unha suma dos semas [invertebrado] + [arácnido] + [ovíparo] + [carnívoro] + [terrestre]. Campo semántico dos “animais” Palabra Sema 1 Sema 2 Sema 3 Sema 4 Sema 5 Egua [vertebrado] [mamífero] [vivíparo] [herbívoro] [terrestre] León [vertebrado] [mamífero] [vivíparo] [carnívoro] [terrestre] Porco [vertebrado] [mamífero] [vivíparo] [omnívoro] [terrestre] Ser humano [vertebrado] [mamífero] [vivíparo] [omnívoro] [terrestre]