Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Apuntes gallego para bachillerato, Apuntes de Gallego

Aquí tenéis apuntes de gramática para el segundo trimestre de gallego

Tipo: Apuntes

2019/2020

Subido el 01/03/2020

diego-barbeito
diego-barbeito 🇪🇸

24 documentos

1 / 5

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
VALORES DE “SE”
En galego hai dúas formas homónimas de “se” que cómpre
distinguir, como conxunción e como pronome persoal.
a) Como conxunción (nexo de subordinada)
Se collen o tren das doce chegarán a Vigo ás tres.
Este rapaz sempre fai como se non oíse.
Pregúntalle se vai ir á voda de Xurxo.
Non lle fagas caso se che di que vaias con el.
b) Como pronome persoal. Neste caso distinguimos:
1. Valor reflexivo.
Indicando a coincidencia entre o axente e o paciente da
acción (REFLEXIVIDADE) , isto é, o suxeito realiza unha
acción que recae sobre si mesmo. Admite o reforzo
a si
mesmo
e alterna coas distintas persoas: me, te,se, nos
vos.
Ex. (El) queimouse (a si mesmo) e tivo que ir ao
médico.
pf3
pf4
pf5

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Apuntes gallego para bachillerato y más Apuntes en PDF de Gallego solo en Docsity!

VALORES DE “SE”

En galego hai dúas formas homónimas de “se” que cómpre distinguir, como conxunción e como pronome persoal.

a) Como conxunción (nexo de subordinada)

Se collen o tren das doce chegarán a Vigo ás tres.

Este rapaz sempre fai como se non oíse.

Pregúntalle se vai ir á voda de Xurxo.

Non lle fagas caso se che di que vaias con el.

b) Como pronome persoal. Neste caso distinguimos:

1. Valor reflexivo.

Indicando a coincidencia entre o axente e o paciente da acción (REFLEXIVIDADE) , isto é, o suxeito realiza unha

acción que recae sobre si mesmo. Admite o reforzo a si

mesmo e alterna coas distintas persoas: me, te,se, nos

vos.

Ex. (El) queimouse (a si mesmo) e tivo que ir ao

médico.

Manolo peitéase con coidado.

Vístese de vagar.

Lavouse en media hora.

OLLO!! En galego é incorrecto o uso das formas reflexivas na función de CI cando na oración xa aparece un CD expreso.

Ex. Lavou os dentes (non, lavouse os dentes)

Peiteou os cabelos (non, peiteouse os cabelos)

  1. Valor recíproco. Indica a dous ou máis suxeitos executando e recibindo alternativamente a acción verbal. Neste caso pode desempeñar a función de CD ou CI.

Ex. Anxo e Antía quérense moito.

CD

Aloumiñábanse con tenrura.

CD

Aínda se seguían escribindo cartas de amor.

CI

Caeu dunha árbore.

Veu de Madrid.

  1. Valor impersoal. Neste caso o se tampouco ten función sintáctica. Se é a marca de impersoalidade. Son construcións que carecen de suxeito (pero se lle quitamos o se aparece tan suxeito). Só se emprega co verbo en 3º persoa de sg. Non admite o plural. Non varían coa persoa verbal.

Ex: Auxiliouse aos feridos

Estase ben aquí

Admírase ao heroe

En Galicia lese pouco

Maltrátase ao contribuínte

  1. Pasivas reflexas. A diferenza das impersoais con se, as pasivas reflexas si que teñen un Suxeito que concorda co verbo. Aparecen co verbo en singular ou en plural, pero sempre en voz activa (fronte á pasiva normal) e non levan o C. Axente.

Ex. Véndese casa.

Nesta cidade constrúense moitos edificios.

Ofrécese traballo.

Alúganse apartamentos.

Resolvéronse moitas incógnitas.

Nesas hortas plántanse patacas.