






Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Una introducción a los signos lingüísticos y sus dos posibilidades de relación con el referente: iconicidad y arbitrariedad. Se explica el concepto de discreto, dualidad de estructuración y el mecanismo importante de organización lingüística llamado MOI. Además, se discuten las unidades de la lengua humana y su productividad, y se comparan ejemplos no lingüísticos y lingüísticos.
Tipo: Apuntes
1 / 11
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!







A lingüística é unha ciencia que investiga, traballa e ocúpase da linguaxe e das linguas tanto orais coma xestuais (de signos). As linguas orais é os sistema fundamental de comunicación. A linguaxe é o instrumento mais importante que pode estudiar unha ciencia, e o mais potente para aprender
o Reparar na linguaxe como facultade universal e privativa da especie humana (nosa). o Comprender as propiedades das linguas humanas fronte a outros sistemas de comunicación. o Reflexionar criticamente sobre os 15 trazos de deseño da linguaxe humana: sirven para diferenciar a linguaxe humana fronte o Analizar a complexidade da linguaxe humana
o Linguaxe (+ abstracta): capacidade ou facultade especificamente humana e representa o UNITARIO, o HOMOXÉNEO
o Linguas (+concreta): Proxección da linguaxe (capacidade) en miles de linguas concretas (ca. 6000?) Sistema de signos lingüísticos que se combinan a partir de certas regras e son compartidos por emisor e receptor para codificar e descodificar mensaxes. Representa a DIVERSIDADE, o HETEROXÉNEO Diversidade: intraidiomática e interidiomática
o Lingüística: disciplina científica que estuda a linguaxe e as linguas
o Remiten a unha división metodolóxica (criterios intrínsecos: obxecto de estudo, finalidade do estudo e metodoloxía empregada) o Plano do obxecto de estudo: linguaxe e lingua(s) o Plano da disciplina que aborda o obxecto de estudo: Lingüística En conclusión a linguaxe e as linguas non son unha disciplina, son obxecto de estudo da Lingüística e a lingüística non é un obxecto de estudo, é unha disciplina
Hockett propón unha serie de rasgos ou trazos os cales algúns deles están nos sistemas de comunicación pero non hai ningún que teña os 15 trazos excepto a linguaxe humana (en todas as linguas do mundo)
A linguaxe ten 2 modalidades: oral e xestual
➔ Trazos 1‐4: fan referencia á canle vocal‐auditiva: prima a modalidade oral fronte á visual (linguas de signos, tan complexas coma as orais)
➔ Trazos 5‐15: más interesantes pois recollen as dúas modalidades (oral e xestual)
A canle é a transmisión vocal, é dicir, a base principal é o son no que o emisor fai uso do aparato fonoarticulatorio e o receptor do sistema auditivo. A mecánica desta transmisión dos sinais acústicos básase na expansión de ondas sonoras de xeito radial a través do medio aéreo sorteando obstáculos físicos.
2. TRANSMISIÓN IRRADIADA E RECEPCIÓN DIRIXIDA Oderiva do trazo anterior, alude á canle vocal. O son propagase en todas as direccións desde a súa fonte e diminúe gradualmente ao alonxarse dela. Claquera ser que estea á distancia adecuada detectará a procedencia do sinal acústico 3. EVANESCENCIA Deriva tamén do trazo 1, alude á canle vocal. As emisions sonoras disípanse de xeito gradual e uniforme, o que conta cunha desvantaxe, a fugacidade que é unha característica propia de todo sistema comunicativo baseado nos sons; e cunha vantaxe, rematada a emisión, queda a canle libre para outras emisións (diálogo, interacción). Se o sinal non se capta no momento da súa emisión pérdese a aparición dos sistemas substitutivos e o papel da memoria e as emocións 4. RETROALIMENTACIÓN TOTAL Tamén alude á canle vocal. A persoa que está falando pode auto‐escoitarse ao tempo que capta a resposta ao seu sinal > fundamental para o axeitado desenvolvemento da comunicación. 5. INTERCAMBIALIDADE Calquera usuario dunha lingua pode ser emisor ou receptor, intercámbianse os roles > todo falante é á súa vez oínte. 6. ESPECIALIZACIÓN Un sistema comunicativo é especializado se a súa función principal é a comunicación. A linguaxe humana (as linguas) é un sistema especializado porque o empregamos como instrumento de comunicación 7. SEMANTICIDADE Un sistema de comunicación ten a propiedade ou trazo da semanticidade dende o momento en que os elementos que o compoñen remiten a algo externo a eles mesmos, establecéndose vínculos con referentes concretos do contorno. Eses elementos convértense en sinais porque significan algo Os signos lingüísticos teñen semanticidade = significan algo: − “ O neno come pan” − “o neno” − “pan” − Morfema de nº (sing) − Morfema de modo (indicativo) 8. ARBITRARIEDADE/ICONICIDADE Pero… baixo que forma se presenta a semanticidade nos sistemas comunicativos? Dúas posibilidades segundo sexa a relación entre o SINAL e o REFERENTE (obxecto, realidade): - Iconicidade: relación de semellanza formal - Arbitrariedade: ausencia de semellanza formal 9. CARÁCTER DISCRETO Un sinal é discreto se se diferencia con claridade do resto de sinais do sistema ao que pertenece - Do contrario, estamos diante dun sistema continuo. A linguaxe humana está conformada maiormente por elementos discretos:
Un sistema de comunicación pode ser:
Natureza multidimensional da linguaxe humana:
Moitos e variados enfoques sobre a linguaxe como obxecto de estudo da Lingüística Semiótica:
Dobre natureza da linguaxe(indisociable)
Fundamentos culturais o A LH é un sistema comunicativo complexo o Permite transmitir e intercambiar mensaxes >> facilita o desenvolvemento da cooperación e socialización Falar do presente Falar do que non está presente: referencias ao pasado, ao futuro>>creatividade Fundamentos simbólicos ou representacionais o Todo ser percibe e constrúe a realidade que o rodea (terreo das experiencias, das sensacións) segundo o sistema representacional que posúe (terreo da representación, das percepcións) >> existen tantas realidades como especies o A LH é un sistema de representación moi potente (podemos referirnos ao que existe e ao que non existe e podemos comunicalo)
NATUREZA BIOLÓXICA
Fundamentos psicolóxicos o Natureza psicolóxico‐cognitiva da LH o Forma parte dos procesos mentais superiores (memoria, percepción, razonamento...) o Etapas de adquisición da lingua materna (importancia do chamado periodo crítico) Fundamentos neurolóxicos e anatómicos o Precisamos un SNC cunhas características específicas (tamaño, composición...) o Precisamos unhas estruturas anatómicas específicas Aparato auditivo Aparato respiratorio Aparato fonatorio Aparato articulatorio
→ Os códigos son básicos para a existencia de comunicación > dimensión social inherente → Os códigos máis elaborados teñen estrutura (elementos + regras) → Linguaxe humana: SIGNOS lingüísticos + regras➔ código lingüístico → Outros tipos de SIGNOS ➔ outros tipos de códigos
Tipos de códigos Código de barras Código QR Código xenético
Segundo se baseen ou non noutros códigos: o Códigos directos: Linguaxe oral Linguas de signos Xestos que acompañan a linguaxe oral o Códigos substitutivos: De primeiro grao Sistemas de escritura Códigos de asubíos (+ de 70 grupos en todo o mundo asubían para expresarse) De segundo grao Código Morse Sistema Braille
Segundo sexa a relación entre a información transmitida (referente) e o elemento comunicativo (sinal) Códigos arbitrarios: compostos por sinais que non gardan relación de semellanza formal co referente Códigos icónicos: compostos por sinais que gardan unha relación de semellanza formal co referente. Códigos mixtos: compostos por sinais que usan tanto elementos icónicos como arbitrarios
Cada vez que empregamos a linguaxe, facémolo cunha intencionalidade distinta dependendo de se o foco da mensaxe está posto no/a emisor/a, no/a receptor/a, na propia mensaxe, na canle empregada, etc. Estas distintas finalidades que se poden acadar mediante o uso social da linguaxe son as chamadas funcións lingüísticas dependen dos factores (ou elementos) do proceso comunicativo e poden actuar de maneira simultánea, predominando unhas ou otras en función da natureza da mensaxe Lingüistas interesados neste tema: Karl Bühler • Roman Jakobson • M.A.K. Halliday
Factores do proceso comunicativo o Emisor/a: persoa que elabora e emite a mensaxe o Receptor/a: persoa que recibe e interpreta a mensaxe o Mensaxe: información que se quere comunicar o Código: sistema de signos e regras empregados e compartidos por emisor/a e receptor/a para codificar e descodificar a mensaxe o Canle: medio físico (aire, papel, pantalla…) a través do cal se transmite a mensaxe o Contexto, referente ou situación comunicativa: circunstancias que engloban a emisión, transmisión e comprensión da mensaxe
Función da linguaxe
o Función expresiva ou emotiva: centrada no/a emisor/a. O foco ponse na actitude, sentimentos e opinión do falante respecto do contido da mensaxe. o Función apelativa ou conativa: centrada no/a receptor/a. O emisor busca influír sobre a conducta do interlocutor, provocar unha resposta. Esta función está presente cando chamamos a alguén, cando preguntamos algo, cando pedimos algo, cando prohibimos ou ordenamos algo ou cando damos un consello. o Función poética: centrada na mensaxe cun propósito estético. o Función metalingüística: centrada no código. Falamos sobre a lingua facendo uso dela (cfr. Trazo de deseño de Hockett: reflexividade). o Función fática ou de contacto: centrada na canle. Son mensaxes que buscan establecer, prolongar ou pechar unha vía de comunicación entre emisor e receptor. o Función representativa, denotativa ou referencial: centrada no contexto, situación ou referente. As mensaxes conteñen información o más obxectiva posible sobre a realidade extralingüística.
Información | Cognición | Comunicación
O contorno é unha fonte de datos (non constitúen información) para os seres humanos. Para transformar datos en información os seres vivos analizan e procesan eses datos con mecanismos sensoriais e cognitivos específicos que permiten transformar o mundo exterior (da experiencia) nun mundo interior (de representación) para cada especie. Cada especie representa A de xeito particular a contorna na que vive; crea un modelo de mundo
Información | Cognición | Comunicación
O coñecemento é a capacidade para comprender por medio da razón a natureza e cualidades da realidade que nos rodea.
Por outra parte, a cognición é unha facultade propia do ser vivo específica para cada especie que lle permite rexistrar, procesar e interpretar a información que recibe a través da experiencia, producindo un modelo particular de mundo. Implica o uso de habilidades mentais superiores: a atención, a memoria, os sentimentos, as emocións, o razonamento, a capacidade para resolver proble mas, a toma de decisións e a aprendizaxe.
A información, fronte aos datos en bruto, permite que o ser modifique a súa conduta, algo fundamental para a vida de todos os seres (desde bacterias ata persoas)
Cando os seres vivos obtemos información do contorno, interpretamos algo e outorgamos significación a algo que en si mesmo carece dela (exs: fenómenos atmosféricos, estacionais…), é dicir, representamos dita información.
Por que é tan importante a información / significación? Porque xorden os SIGNOS
Converxen: os tres tipos de sinais presuponen informacion
Diverxen: non todos os sinais presuponen comunicación:
o Síntomas: NON presupoñen comunicación; só transmiten información (cando os interpretamos)
o Símbolos: SI presupoñen comunicación, ademais de información COMUNICAN o Signos: SI presupoñen comunicación, ademais de información
o Comunicación: un emisor (E) produce mensaxes precisas que trasladan significados a un receptor (R) ➔ necesitamos un sistema de comunicación (código) compartido por E e R para facer referencia á realidade o Codificación: trasvase da realidade que nos rodea a sinais (SÍMBOLOS e SIGNOS) con intención comunicativa
SÍNTOMAS Exemplos: pasos na neve, ronsel dun avión, pratos sucios, encoro baleiro Informan, pero carecen de intención comunicativa Conectados de xeito natural coa realidadeá que remite relación motivada por causas naturais SÍMBOLOS Teñen intención comunicativa e unha relación de iconicidade, é dicir, unha relación motivada por causas de semellanza formal con aquilo que representan (ao contrario da arbitrariedade). Exs.: maquetas, mapas, planos… SIGNOS Teñen intención comunicativa e unha relación arbitraria, é dicir, inmotivada, con ausencia de semellanza formal con aquilo que representan (ao contrario da iconicidade)
Mediante os signos da linguaxe codificamos a realidade para que poida ser comunicada (compartida). Os signos lingüísticos son un subtipo muy potente dos signos en xeral, o que nos leva a falra dos 15 trazos de deseño de Hockett engadindolle creatividades a esa realidade baseándonos na recursividade Sabemos que os signos contan cpm 2 dimensións, unha ontolóxica (do existir) e outra semiolóxica (do significar) ‐> rasgo de semanticidade; e os non‐signos só teñen unha única dimensión Volvendo á semanticidade de Hockett recordamos que un sistema de comunicación ten a propiedade ou trazo da semanticidade dende o momento en que os elementos que o compoñen remiten a algo externo a eles mesmos, establecéndose vínculos con referentes concretos do contorno. Estes elementos converteránse en sinais porque significan algo. Os signos lingüísticos teñen semanticidade e por isto dicimos que significan algo:
Os 3 autores coinciden en que as unidades sen significado serven para diferenciar significados A ultima característica que comparten é que neste modo de distribución de unidades lingüísticas faise reutilizando constantemente un nº reducido de elementos chámanlle economía da linguaxe Hockett fala de unidades con significado chamadas pleremas e sen significado chamadas cenemas. Ex: oso/oso, boca/poca ‐ Hockett menciona que con un nº reducido de cenemas podemos construir nunha lingua un nº infinito de palabras. ARTICULAR ARTICULAR (analizar) fonema Clausula trazo fónico Frase CONSTRUIR Palabra Morfema CONSTUIR