Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Comentario das clases interactivas, Esquemas y mapas conceptuales de Historia antigua

Comentario das clases interactivas

Tipo: Esquemas y mapas conceptuales

2019/2020

Subido el 07/09/2023

lua-alvarez
lua-alvarez 🇪🇸

5

(1)

5 documentos

1 / 4

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
Comentario interactivas de Historia
antiga da Península Ibérica
pf3
pf4

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Comentario das clases interactivas y más Esquemas y mapas conceptuales en PDF de Historia antigua solo en Docsity!

Comentario interactivas de Historia

antiga da Península Ibérica

Ao largo das tres clases interactivas impartidas polo profesor Canosa profundaremos no tema dos sacrificios bárbaros e na importancia do deus Ares a través de varios textos. No primeiro texto o autor é Estrabón, xeógrafo grego que viviu na época do emperador Augusto, e que fixo unha descrición da iberia, pese a nunca chegar a pisar esta terra. En canto ao seu contexto histórico, os protagonistas de dito texto son dous pobos prerromanos que habitaban a península: lusitanos e montañeses. En canto á importancia do texto cabe destacar que este trata de facer unha descrición (dende o punto de vista romano) da xente que habitaba a península antes da chegada dos romanos. Pasando ao comentario do texto, débese ter en conta que dentro da península existe un contraste entre o sur e o levante coas zonas do norte e do interior, serán sobre as prácticas de vida das segundas sobre as que se centra o texto. Estrabón comeza falando da terminoloxía sacrificio “ thýo ”, verbo que fala dun sacrificio moi concreto; o acto sacrificial de “ thusia ”, é dicir, o sacrificio dun animal do cal se reparten as partes entre as distintas “clases sociais”. Pero neste caso Estrabón non analiza minuciosamente os sacrificios debido a que o autor o que lle interesa é destacar aqueles trazos máis estraños para el que describen aos bárbaros. O chamativo é o feito de que se sacrifiquen seres humanos, inda que se descoñece ata que punto isto pode ser real, xa que esta é unha práctica que se adoita relacionar cos bárbaros. O que se adoita crer neste caso é que só se trata dun tópico que ten como intención denigrar a estes pobos; claro caso de etnocentrismo, é dicir, a concepción pola cal as normas da civilización propia son as que dividen aos humanos entre civilizados e bárbaros. Inda que si que é verdade que existen testemuñas antigas sobre estas prácticas entre os galos, os que practicaban a adiviñación a través de sacrificios humanos (facían presaxios sobre as convulsións dos homes tras seren apuñalados na espalda). Os gregos pola súa parte tamén realizaban sacrificios, pero de animais (ovellas, cabras e tenreiros); de feito, facían sacrificios en contextos militares e realizaban a hieroscopia, isto é, a adiviñación do futuro a través dos sacrificios. Nunha segunda clase interactiva, partimos do feito de que o artigo baséase nos estudos de George Dumézil, lingüista francés que se centrou nos indoeuropeos. A súa teoría máis coñecida é a que fala sobre pobos indoeuropeos que contan cunha lingua e características relixioso-mentais comúns. Así establece dentro da mentalidade destes pobos un esquema que conta con distintas funcións: soberanía, guerreira e fertilidade. En canto á soberanía sería bipartita (sacerdotal e xurídica), os deuses representantes serían Mitra ou Varuna. Pero este esquema conta con problemas, posto que en Grecia só estaría Zeus na soberanía; inda que se

Marte como un deus agrario é tardío, sendo a súa figura arcaica a guerreira, como deus combatente. Pasando a actual Galicia, atopámonos con dous tipos de documentación: romana e epigráfica. Sábese que hai un deus céltico co nome de Marte e que conta con algúns adxectivos como destrutor, grande, amo do combate, o que dirixe o destino. Polo que en moitos aspectos responde a un deus no combate do mundo latino, inda que con diferenzas; xa que o Marte céltico ten unhas relacións coa función de soberanía (a función guerreira está moi asociada a esta), cuestión que non sucede no Marte latino. Segundo as fontes (Estrabón e a epigrafía), o Marte galaico aparecería co nome de coso entre os séculos I e V; existen unha serie de divindades de guerra en todo este territorio que se adoitan simplificar a un só deus da guerra coa raíz coso. Na epigrafía, nun primeiro momento aparece co nome indíxena, mentres que outras veces faino asociado ao de Marte e outras só queda o nome de Marte (desaparecendo o nome indíxena). Unha das consecuencias é que todos os pobos da Gallaecia contarían cun único deus da guerra debido ao predominio da unidade cultural (fronte á fragmentación política). Tamén se atopan concordancias entre os sacrificios do Marte galaico co Ares galo. Outro elemento é que os pobos célticos realizaban competicións (ximnásticas, de combate, carreiras) en honra do Ares céltico. Un elemento que se vincula é que en moitos casos cada unha das funcións estaban no ámbito político e social. O Ares galaico responde socialmente á existencia dun grupo de guerreiros (á aristocracia militar), cuestión que na actualidade xa non se mantén; a minoría guerreira ocuparía á aristocracia e ás clases produtivas da terceira función.