



Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: teorias de la comunicacion, Profesor: Manuel Outeiriño, Carrera: Periodismo, Universidad: USC
Tipo: Apuntes
1 / 5
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!




Juan Aceiro Casal
A natureza mutable e oscilante das sociedades vense demostrando dende o albor da humanidade. Erguidas sobre un longo proceso de asentamento e transformacións técnicas e científicas, esta adaptación de ducias de séculos constitúe o sustento material e instrutivo dos mesmos Estados modernos que hoxe en día, coa súa pertinente burocratización e exercicio do dominio público, nós coñecemos. O Estado moderno é froito dunha tendencia innegable á normalización e control dos aspectos reguladores nos espectros sociais, económicos e políticos, xa sexa por medio dunha intervención indirecta como a través da expresa nomenclatura das autoridades lícitas e respectivas en cada eido estatutario. Está é, en esencia, a configuración do poder centralizado tal e como o concibimos no momento presente. A período transitorio que comprende dende a ruptura coa sociedade feudal ata entrados no século XIX, coa inminente explosión técnica e industrial que este implica, exerce un marco definitorio nos primeiros signos dun capitalismo, aínda que primitivo, efectivo e altamente cualificado en boa medida grazas á acumulación de coñecemento, o empirismo material, a adopción da racionalidade, o ímpeto colonial ou mesmo ás dinámicas de poderío hexemónico no continente europeo. Se o impacto destes preceptos era xa notorio e evidente a mediados do século XIX, ata que punto e en que formas se manifestaría nun futuro próximo ou mesmo no noso futuro presente?
Partindo das lecturas marxistas máis clásicas, o vertixinoso desenvolvemento de tódolos activos humanos e materiais a disposición dos poderes económicos non era outra cousa que a absoluta entrega e integración destes ó servizo da clase capitalista que, por outra parte, dadas as infinitas contradicións que do seu dominio derivaban, implicaban unha chea de atrocidades, tendencias deshumanizadoras e mesmo a perda das crenzas, postulados e valores sociais que guiaban a interacción humana máis elemental. A grandes xestos, o capitalismo avanzado actuaría como axente lexitimador do poder, limitador e impedimento do arranxo das problemáticas sociais, cunha forte actitude destrutiva fronte ás construcións e relacións que caracterizan á idiosincrasia humana e incluso, dada a determinación coa que exerce esta manipulación no eido da fauna social, como un ente que deseña ós seus designios os novos trazos que han de imperar na conduta dos seres sociais. A formulación de Weber, por exemplo, ve na ruptura, transición e apertura dunha nova sociedade fronte á vella a adopción dunha serie de valores, conviccións, rutinas e principios agrupados arredor dun novo cerco cultural, antes plasmado pola anterior sociedade e agora radicalmente cambiado, o cal ten un impacto colosal na mentalidade individual da colectividade. En ámbolos dous supostos, existe a idea reforzada do desprestixio que das institucións e dogmas relixiosos se ven a conxugar co imparable progreso técnico e social que experimenta a sociedade en fase transitoria.
O avance técnico que garante esta profunda transformación hai de vir acompañado dun reforzo intelectual, crítico e mediático, que non só desbarate as vellas formas, senón que se implique na preservación das mesmas que procurará impor. Do mesmo xeito que o Renacemento sacou en boa medida a Europa do escurantismo medieval, agora os medios de comunicación masivos están a afondar e demostrar a maleabilidade social que somos capaces de engulir e en que forma reaccionamos, senón é outra que a mesma á que se nos estimula procedente dos núcleos de poder económico/político. Xa fora a imprenta no seu momento como a difusión e o soporte electrónico hoxe en día, o propósito segue sendo unívoco. Mentres Marx indaga as repercusións sociais e os aspectos deshumanizadores que implica o capitalismo moderno e Weber penetra nas inxerencias e na materia correspondente ó dominio cultural, Thompson atópase nun término que encaixa máis na maneira en que o eixo cultural é determinante no noso sistema de valores. Estes valores áchanse nun termo de brutais dimensións simbólicas antes ca pragmáticas, pois constitúen o peso do carácter do individuo anterior á perpetración de calquera acción. Non son nin únicas nin froito exclusivo da forxa do individuo, senón que constitúen un indicio do modo en que estes valores, crenzas, posturas, etc. se espallan e reproducen dentro da mente do individuo, e lle son entregadas por medio das múltiples redes comunicativas que florecen no mundo social e hiperconectado que se foi edificando dende case o xurdimento da imprenta e ata o periodismo occidental contemporáneo (1).
Só podemos aspirar a comprender as dinámicas destes medios se nos remitimos á terra da que medran. Dun xeito bastante sobrio, poderiamos dicir que o capitalismo é aquel sistema mediante o cal, coa propiedade privada de medios e materiais e mediante man de obra asalariada, fabrícanse determinados bens que na súa última etapa serán expostos e vendidos ó público por un prezo que compensará os custos de produción. A natureza deste proceso implica unha relación social de puro encaixe vertical levado ó extremo, é de estrita dominación. O control dun poder implica a ligazón a outro tipo de poder que, en esencia, se manifesta con múltiples facetas e aglutina moitos campos. A preponderancia do eido económico no capitalismo é tal que se reproduce nas súas vertentes políticas, sociais, coactivas, ideolóxicas, etc. Esta é unha historia de reprodución, acumulación e medra que parte dende as sociedades agrario-feudais, pasando polas explosións demográficas, da produción e do consumo, para finalmente chegar ó excedente e inaugurar o comercio, amais de todo o que implica
moitos casos, e a pesar do progreso técnico e humano, haberían de padecer varios séculos máis de escurantismo no mellor dos casos.
Deixando a un lado algunhas as consideracións referidas a este pausado proceso evolutivo, cos seus altibaixos, e dirixido á culminación dunha nova etapa das relacións e comunicación humanas, creo de urxente obriga eludir certos detalles que comprometan o avance desta análise. Por iso vexo necesario achegarnos directamente ó século XIX como punto de partida destes mesmos tratamentos que ata de agora non se visualizaron dende unha perspectiva máis recente. Para Thompson a explosión paulatina das redes de comunicación tal e como as conceptualizamos hoxe está no devandito século; a expansión das comunicacións, a razón dos distintos motivos expostos e relacionados con nocións tales como o Estado moderno ou o colonialismo, e o dinamismo cambiante dos contidos e mensaxes que rebordan as distintas canles creadas nos últimos douscentos anos. O propósito ó que apunta o perfeccionamento destes medios segue a obedecer á pura mecánica capitalista, segue a atender ós mesmos fins dos poderes fácticos tradicionais —político, económico e militar— e, por suposto, seguen a ser unhas vías de explotación concentradas nuns poucos donos e intermediarios quen, sexan ou non conscientes, apostan por obxectivos intrinsecamente egoístas e insostibles no tempo. O que quero dicir é que, en certo modo, domina unha propicia inxenuidade respecto ás moitas posibilidades nos modelos cambiantes das comunicacións e das interaccións sociais que veñen sendo revolucionadas dende hai tempo polos grandes saltos tecnolóxicos. É máis que certo que estas tecnoloxías seguen a estar en mans de propietarios cuns intereses totalmente obvios, que seguen a empregar as canles que ofrecen para a difusión de contido cunha enorme carga simbólica e ideolóxica (2). Debemos afastarnos desta interpretación fatalista; debemos acadar o máximo potencial comunicativo e técnico do que se nos ten disposto, porque a comunicación non consiste na mera transmisión de mensaxes estáticas, senón que implica a resposta, a participación activa. Isto é algo que, no escenario moderno, debería manifestarse na procura do coñecemento, alleo ou descoñecido.
A interacción comunicativa tal e como a concibimos, no sentido de encontro directo e sen mediación, ven a diferir enormemente cando engadimos as novas tecnoloxías de comunicación á fórmula. A ausencia física, a presenza dunha mediación tecnolóxica, a ruptura cos impedimentos espaciais e temporais ou a quenda de respostas que muta á simultaneidade son feitos, accións manifestas que denotan novas formas de crear interaccións e, de aí, pasar ás accións. Son entón, tamén, novas formas de facer valer o peso do poder, en tanto este rango de acción é capaz de superar non só o espazo e o tempo, senón tamén a localización (3). Neste sentido, non aprecio tanto un rigor analítico no texto como unha enumeración desordenada de aspectos políticos, económicos e sociais tocados por estes recentes cambios. Sobre isto, máis que un estudo minucioso, semella á ollada parcial dunha postura incongruente e dubitativa que non se toma as molestias de afondar nas súas consecuencias e ramificacións máis inmediatas. Este é, a grandes trazos, o maior erro de Thompson, xa que non presta a atención que debería ás implicacións dos medios para con os seus moitos e diversos contextos históricos, senón que ó tratalos de sucesos illados e independentes deixa este terreo a medio explorar. Máis que definir os tempos, o que pretende Thompson é encaixar estas teses dentro dun marco historicista, ser capaz de asegurarse un oco dentro das teorías definitorias da actualidade, pero é precisamente por iso polo que non alcanza unha interpretación máis universal, senón apresurada e limitada.
Notas
(1). O paralelismo expresado entre o traballo de Thompson e Understanding media cultures: social theory and mass communication (2002, Sage Publications) de Nick Stevenson resulta asombroso no tocante a temas como o desenvolvemento primario do escenario renacentista e a consolidación do Estado moderno. Así, por exemplo, tanto Thompson como Stevenson coinciden en exposicións como as de Benedict Anderson (pp. 122-123):
“[Benedict] Anderson argumenta que o período comprendido entre 1500 e 1550 combiou a necesidade do capital impreso de atopar novos mercados, os avances tecnolóxicos da imprenta e a expresión de idiomas distintos ó latín en forma impresa. Estes factores crearon novas linguaxes de poder que axudaron a fomentar formas de lexitimidade nacional socavando a autoridade central da igrexa feudal”
“A imprenta subministra os recursos naturais para as formas nacionais de uniformidade, ó mesmo tempo que dá a luz nocións de individualidade. Ó lograr isto, a prensa de Gutenberg converteu o espazo e o tempo no calculable, o racional e o predicible. A énfase lineal e lóxica da escritura reflexouse na reximentación uniforme do tempo do reloxo. O impacto racionalizador da imprenta achandou o camiño para os mapas xeográficos, os horarios ferroviarios e as nocións de perspectiva na pintura”
(2). O inequívoco debate dentro dos nosos medios seguirá a ser durante moito tempo os contidos e lecturas que a través deles se dispersan ó gran público. A pesar das mudas experimentadas, a través dos cambios xeracionais e a revolución tecnolóxica, a súa visión colectiva debería ser unívoca: a dunha serie de medios expostos e controlados polas dinámicas de explotación capitalistas, que non escapan á súa profundidade ideolóxica a menos que se dispoñan fisuras dentro deles, rupturas visibles que evidencien as contradicións sistemáticas da nosa sociedade. Fisuras como as que Giovanni Sartori expresa brevemente en Homo videns: la sociedad teledirigida (2012, Taurus, p. 113)
“A violencia exercida polos medios de comunicación podería combaterse mostrando unha maneira máis comprensible, isto é, reducible á experiencia e á vida cotiá, os límites entre imaxe e cousa, percepcións, representación, desexo e satisfacción. Deste modo aprenderíase a non enganarse a un mesmo e non deixarse enganar. Ou, resumíndoo en poucas palabras: converter ós medios en fábrica de pensamento en vez de fábrica de soños, en actividade en vez de accionismo, en creatividade en vez de imitación”
(3). Así, tamén son de especial interese o cuestionamento que Stevenson (voltando á devandita obra da nota 1), e en paralelo con Thompson, formula arredor das posibilidades comunicativas xurdidas da converxencia tecnolóxica e humana dos últimos douscentos anos:
“Así como o tempo se entrelaza coas acción e os significados humanos, o espazo non só actúa como o fondo indiferenciado da interacción humana, senón que se crea e transforma socialmente mediante dita actividade” (p.
“A vella esfera pública burguesa, baseada na cultura editorial e a interacción cara a cara, foi substituída por un discurso instantáneo dun único sentido que non deixa espazo para a resposta. Tal é a velocidade implacable dos sistemas modernos de comunicación que o suxeito xa non é capaz de construír unha versión estable do pasado” (p. 152)