



Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: teorias de la comunicacion, Profesor: Manuel Outeiriño, Carrera: Periodismo, Universidad: USC
Tipo: Apuntes
1 / 7
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!




Juan Aceiro Casal
Os medios de masas poñen á disposición da xente unha enchente cantidade de material e bens culturais como antes nunca se vira. Está ben en dicir, que esa xente, esta “masa” non só se fixo entusiasta consumidora, senón que tamén, nun escaso tempo relativamente falando, convertíuse no modelo co que os medios de masas moldean actualmente os seus contidos. Ata que punto se fixo partícipe a sociedade na construción destes discursos e contidos de consumo? É un interrogante un tanto desolador, dadas as súas múltiples lecturas e interpretacións. Existe un baremo plausible, capaz de situar nun espectro de calidade as expresións culturais? Outra cuestión que nos atengue. E é a cultura de medios unha construción artificial na que a sociedade permanece ausente e só está como mera observadora de mensaxes superficiais, insulsas e conformistas? Sen dúbida a pregunta se convertirá nun continuo ó longo desta análise.
Prensa, radio, televisión, etc. propóñennos unha perfecta disposición de situacións e historias que en boa medida distan da nosa realidade, a dos consumidores. Aséntanse, como se permite observar o propio Eco, en que a realidade que se nos presenta, dende os divertimentos, ó pensamento colectivo ou ós comportamentos e actitudes “populares” expresados neles non son máis que ficcións, visións e ideas da clase dominante burguesa que se alza como axente impositor. Impositor das súas ideas, conceptos, formas de vida, metas, soños e, sobre todo, da idea de dominación e do respecto ó statu quo imperante. A clase burguesa dótase destas ferramentas para a eficaz difusión e consolidación do seu control, non só espallándose máis aló desta autoridade das relacións sociais, senón que se transforma no impulsor tralo noso consumo creativo, artístico e cultural que se difunde dun xeito masivo, a un público amplo e que escapa da tradición popular. O resultado, unha sociedade homoxénea que expón tanto os seus bens como os seus males.
Pero quen son as xentes que se propuxeron que, decididamente, a catalogación e desfrute da cultura íase converter nun debate de reforzados pensamentos clasistas? Quen son os seus detractores? Eco vira a mirada ás dúas ramificacións interpretativas, ós dous postulados: os apocalípticos e os integrados. Os primeiros, representantes das antigas institucións, das costumes e a tradición, en moitos casos como proba vivinte dun tipo de sociedade cultural en decadencia. Non se adaptan ás novas formas expresivas, non comprenden á mocidade, desprezan a difusión masiva da cultura e ás súas canles como tamén a súa mensaxe, que ven como unha manifestación da maior das vulgaridades e da mediocridade en xeral. Ó seu discurso agresivo, pesimista e enraizado na idealización do pasado, que bota ó lume inquisidor todo aquilo contemporáneo e postremeiro, débeselle este bíblico calificativo, o de apocalíptico (1). Mentres os apocalípticos rifan en proclamas e violentas alocucións, os seus opostos non teñen máis que loas para os fenómenos presentes e vindeiros. É aquí onde xorden os integrados, grupo que se apoia firmemente na convicción de que a difusión masiva de contidos se converteu na ferramenta que permite unha manifestación das máis variadas expresións culturais, pero non só polo alcance, senón que grazas ó novo desenvolvemento tecnolóxico as oportunidades de integración, creación e diversificación multiplícanse exponencialmente.
Ambos actores, en vista de Eco, postulan extremos inaccesibles á hora de beneficiar realmente á cultura, tanto na súa reprodución, como acceso e difusión. A súa incapacidade de cuestionamento e de exercicio autocrítico só se ve eclipsada pola súa túzara neglixencia á hora de procurar un equilibrio, unha lectura intermedia que non critique deliberadamente tal ou cal postura, senón que sexa capaz de responder ás necesidades inmediatas da cultura, que aposte pola conciliación de conceptos e asumindo a inevitable existencia da cultura de masas para que sexa esta, en absoluta maioría, quen ostente e desfrute de tódolos seus beneficios e implicacións consecuentes. Deixando a un lado as consideracións prácticas e analíticas, Eco parte dende unha nova formulación expresiva: o artisticamente incorrecto, circunstancial e incatalogable que se amalgamou dende a cultura directamente producida polas masas e máis as obras contemporáneas das escolas rupturistas. O resultado é un produto altamente innovador e especialmente accesible, que resulta chocante á sensibilidade máis conservadora e, en consecuencia, convértese en trasunto do denominado “mal gusto”.
Unha estética “Kitsch”, superficializada e simplificada para o consumo de masas, que chega a alcanzar un notable grao de aceptación por este amplo público e que, como afirma Eco, evidencia o carácter impositivo e mercantilista que da arte masificada se deriva (2). Unha arte gandula que se nos presenta como un desfrute singular, construída a partir de recursos omnipresentes no coñecemento colectivo, rozando a comicidade e a compracencia e que, sen embargo, non require dun gran esforzo para o seu goce. En conxunción co autor Walther Killy e a súa análise literaria, Eco incide na tremenda carga sentimental coa que se nos achega esta ramificación da cultura de masas, na súa intencionada provocación e abundancia dun romanticismo poético/afectivo moi reiterado que, sen embargo, resulta fugaz.
Entorno a estes personaxes, amais, existe unha peculiaridade que se manifesta por medio dunha asimilación, emprendida tanto polos individuos como pola colectividade nun determinado período de tempo. E é que a caracterización da que se envolven certos personaxes convértelles en toda unha síntese dos anhelos e receos máis insospeitados. Deste xeito transcenden ó grao de mitos, condición exacerbada dos desexos mundanos do individuo, quen ademais atopa neles un modelo ou reflexo no que verse esculpido. Esta tendencia humana a crear asociacións simbólicas, tanto materiais como abstractas, de adherir a súa cultura a un xigantesco espectro de crenzas, lendas, encarnacións e personificacións está predisposto para nos lembrar a liña recta da conduta moral e ética da que non nos podemos torcer. Para tales efectos, o mito debe fundamentarse na historia, máis sobre todo na convicción coa que esta se asimila que na súa veracidade ou verosimilitude; tal construción, de case unha fervente carga pía, é en esencia o mesmo comportamento co que adoptamos a cultura de masas. Porque, como non asociar o consumo superfluo asentado no imaxinario pretencioso que tras del se configura? Como non discernir esta mitificación tan vagamente elaborada? A simboloxía que arrodea tanto ós personaxes coma ós obxectos é signo dunha aspiración que supera a condición humana pero por medio da mera posesión material; é un desexo constante, frustrante e atractivo a partes iguais. Eco preséntanos pois a figura definitiva do retraemento que posiblemente a cultura de masas presente chegou a crear: Superman. O ser que supera as tribulacións da vida moderna baixo o aspecto de Clark Kent para converterse no ente que sortea tódalas adversidades físicas e mortais.
O lector ve en Superman esta imaxe á que aferrarse ansiadamente, por non dicir que actúa a modo de salvoconduto dos devezos máis inconscientes. Nun xiro fortuíto dos acontecementos, Clark Kent abandona á súa persoa para superarse e cumprir, non só incribles fazañas, senón tamén os aspectos máis arrevesados do cotián e continxente (5). Por canta satisfacción se lle outorga ó lector, existe unha contradición moi fonda, e é que por moito que Superman chegue a pugnar ó máis terrible dos inimigos, nunca alcanza a redención absoluta; atópase atrapado no que o propio universo superheroico entende como “a batalla de nunca acabar”. Nunca muta, non envellece, nin tampouco alcanza totalmente as súas metas vitais. É por isto que o lector xamais sacia a súa procura dunha resposta convincente, senón que se contenta con que o superhome cumpra coa súa demanda interior de superación e transcendencia unha, e outra e outra vez. Este encoméndase a unha confortable expulsión de desilusións e ambicións desatendidas de forma periódica, un rito de pura liberación ante tal impresión vital de constante castración. Toda a desconformidade que asolaga a existencia de Superman está marcada, sobre todo, por dous fitos: a imposibilidade de casar definitivamente con Lois Lane e a súa propia e utópica morte (6). Estes feitos están deseñados para se prolongar indefinidamente no tempo, sen que ningún signo chegue a mostrar a súa consecución e manteña a Superman no noso plano; un tremendo paralelismo que se aprecia na incapacidade do home común por culminar as súas metas e que simplemente, por medio de seres como o kriptoniano, conténtase en que o material actuará como bo substitutivo ante as vicisitudes do seu traxecto vital, agardando un pracer que non chega e unha autoestima que non acada.
Notas
(1). O adianto de Antonio Gramsci a Eco en Notas sobre Maquiavelo, sobre la política y sobre el Estado moderno (2003, Nueva Visión, pp. 76-77) resulta máis que notorio:
“Os vellos dirixentes intelectuais e morais da sociedade senten que se lles funde o terreo baixo os pés, decátanse de que as súas ‘prédicas’ convertéronse precisamente en ‘prédicas’, é dicir, en algo alleo á realidade, en pura forma sen contido, en larva sen espírito; de aquí a súa desesperación e as súas tendencias reaccionarias e conservadoras: a forma particular de civilización, de cultura, de moralidade que eles representaron, descomponse e por isto proclaman a morte de toda civilización, de toda cultura, de toda moralidade e piden ó Estado que adopte medidas represivas, e se constitúen nun grupo de resistencia apartado do proceso histórico real, aumentando deste modo a duración da crise, porque o ocaso dun modo de vivir e de pensar non pode producirse sen crise”
(2). Matei Calinescu en Five faces of modernity: Modernism, Avant-Garde, Decadence, Kitsch, Postmodernism (1987, Duke University Press, p. 252) recalca sobre todo a accesibilidade do kitsch como mostra do seu atractivo e como a dualidade que o arrodea está procurada para remarcar isto último, a parte doutras cualidades significativas a ollos do comprador:
“O ecléctico estilo do kitsch ten outra característica notable, a saber, a de suxerir dispoñibilidade comercial. Un obxecto kitsch é atractivo non só porque ten un aspecto agradable senón tamén porque este —ou calquera obxecto similar— pode ser obtido por calquera disposto a compralo. Incluso as variedades de kitsch máis laboriosas e custosas contan cun anuncio incorporado, unha invitación á posesión e ó desfrute inmediato. O encanto estético do kitsch é claramente comercial.
Esta característica explica a curiosa ambigüidade semiótica da maioría dos obxectos kitsch. Ditos obxectos están destinados a parecer xenuínos e habilmente falsos. O papel desta falsedade paradóxica non é demasiado difícil de dilucidar. Por un lado, os signos visibles da falsedade están deseñados para disipar a impresión de singularidade ou rareza que debería crear unha falsificación perfecta. Ser raro contradiría a sensación de dispoñibilidade comercial do kitsch. Por outro lado, tal falsedade chama a atención do espectador cara certas cualidades agradables, tales como competencia, habilidades de imitación, versatilidade e tenrura”
(3). Dominic Strinati en An Introduction to Theories of Popular Culture (2004, Routledge, p. 41) apunta a un tema tal como a mesma consideración da alta e baixa cultura, e especialmente o que atinxe á súa explotación. Para Strinati, unha ou outra etiqueta son resultado dos propios procesos históricos que rematan por converter produtos anteriormente considerados comerciais pasan a ser exemplos estéticos, creativos e alzándose co calificativo de “clásico”:
“As distincións debuxadas polos críticos da cultura de masas entre a masa e a alta cultura non son tan claras ou estáticas como din. Os límites trazados entre a cultura popular e a arte, ou entre a cultura de masas, alta e popular, están sendo constantemente esluídos e cambiados. Non se dan necesariamente, nin son consistentemente obxectivos e historicamente constantes, xa que a miúdo son indistintos e historicamente variables. A teoría da cultura de masas tende a condenar á cultura de masas como un todo. Dise que F. R. Leavis, por exemplo, descartou o cine como unha forma cultural seria, aínda que MacDonald estaba preparado para contar algúns exemplos de cine como arte, sendo o caso das películas de Einsestein. Parte do jazz apreciase agora como arte, aínda que na primeira metade do século pasado foi condenado como cultura de masas pola teoría da cultura de masas e a Escola de Frankfurt. Alfred Hitchcock fixo películas comerciais para o sistema de Hollywood, pero dende entón definíuselle como un autor, un xenio orixinal e creativo. Os primeiros discos de rock & roll, antes descartados polos críticos de música como papa estúpida, agora gozan dunha consideración ‘clásica’ ó cambiar os estándares críticos. Sería posible seguir, pero o que se desprende dos exemplos citados é a dificultade de manter unha clara división entre a arte e a cultura popular”
(4). Para Susan Wright en Subjectivity and Subjectivisation: Linguistic Perspectives (1995, Cambridge University Press, p. 152) a mesma subxectividade no ente literario reside na súa forma evasiva e excepcional que non se pode atopar dentro das construcións non literarias, é dicir, son elementos significativos que sitúan a textualidade puramente artística á marxe doutras obras, dótaas dunha carga subxectiva e autoral:
comezar unha nova vida noutro lugar. A súa cápsula aterrizou nun campo de millo estadounidense, e foi adoptado por un granxeiro e a súa esposa. Criado como ‘todo un rapaz americano’, vese sen embargo a si mesmo, diferente. Desenvolve habilidades superhumanas como resultado da súa fisioloxía extraterrestre e do sol amarelo da Terra, podendo realizar fazañas sobrehumanas como Superman. Un heroe aclamado, é considerado como ‘o mellor cidadán da nosa sociedade’; sen embargo, a súa superioridade superpoderosa provelle de ‘ases extraterrestres na manga’. Superman é, simultaneamente, un estadounidense e un extraterrestre foráneo, e é esta mesma dualidade o que lle converte nun superheroe”