Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Análisis Crítico de la Sociedad Postindustrial: Poster y la Dominación Científica - Prof. , Apuntes de Periodismo

Este documento analiza la teoría de mark poster sobre la sociedad postindustrial y su relación con la dominación por la ciencia. El texto examina cómo la información se ha vuelto un producto restringido por las normas de mercantilización capitalista y cómo esto afecta la construcción de realidades. Además, se discute la relación entre poster y teóricos como marx, weber, habermas y adorno, y cómo estos últimos han abordado la cuestión de la dominación por la ciencia. El documento también incluye una discusión sobre la importancia de la lingüística en la comprensión de la sociedad postindustrial.

Tipo: Apuntes

2017/2018

Subido el 23/01/2018

juan_aceiro
juan_aceiro 🇪🇸

3.8

(40)

58 documentos

1 / 5

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
O concepto de sociedade postindustrial. Bell
e o problema da retórica. Mark Poster
Juan Aceiro Casal
pf3
pf4
pf5

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Análisis Crítico de la Sociedad Postindustrial: Poster y la Dominación Científica - Prof. y más Apuntes en PDF de Periodismo solo en Docsity!

O concepto de sociedade postindustrial. Bell

e o problema da retórica. Mark Poster

Juan Aceiro Casal

A posturas unificadoras non tenden a casar ben e se Poster procurara isto nun primeiro momento seguramente este fragmento non estaría adicado á análise da sociedade postindustrial, senón ó mellor a una teoría conciliadora que non deixara indiferente nin farto de suspicacia a ninguén. Da rúbrica marxista e weberiana xurdiría unha amalgama intelixente, pero non ausente de discusión e, aínda que este non é o tema do texto, cabe sinalalo (1). Polo que respecta ó noso recto sendeiro, e que vén ó caso, hai un aspecto claramente dominante, o miolo desta lectura: a información converteuse nun ben prezado, un produto máis rexido polas normas de mercantilización capitalista e que, unha vez apartada da súa interpretación lingüística e aplicada a outras materias analíticas, perde toda a súa capacidade construtiva ou mesmo dunha utilidade fundada. Dun xeito similar argumenta o propio Poster respecto ás definicións e fontes empregadas por Bell á hora de sintetizar esta nova realidade caracterizada pola súa imparable modernización: das melloras en comunicación pasando polos medios de masas e ata a recente computación; e é que a sociedade postindustrial que nos formula Bell, aínda que afastada dunha total converxencia entre os aspectos a ter en conta, resulta inconfundiblemente excluínte. Unha parte que pretende ser un todo e que, amais de erroneamente absorbido, convértese en toda unha imperfecta imposición.

As contradicións de Bell son tales que a súa reafirmación á limitación do acceso universal ós contidos acabaría por ser una reprodución máis da dinámica de explotación capitalista; mentres estes contidos estean suxeitos a un valor e amparados pola actuación coercitiva estatal inevitablemente entrarán a formar parte deste solipsismo circular que é o intercambio perpetuo de bens. A realidade está máis que afastada desta sutil petición restritiva, senón que, sendo todo un fenómeno que redefine a posición do individuo ante a sociedade, as novas indagacións nos campos da electrónica e da comunicación solventaron en boa medida os obstáculos de adquisición e acceso ós contidos, unha vez dixitalizados (2). Isto elévase á categoría de fenómeno lingüístico en tanto as súas inmensas posibilidades e de natureza incontrolable non pasan desapercibidas ós ollos dos opositores da entropía máis elemental e, por suposto, anulan calquera interpretación mercantilista como fundamento esencial do postindustrialismo de Bell. Procurando sintetizar as palabras de Poster, este incide: os cambios sociais experimentados na nova sociedade das tecnoloxías domésticas e da comunicación cuaisilimitada non transformaron en gran medida as dinámicas de capital-traballo marxistas, que seguen a se reproducir incluso nos labores dos servizos, do consumo e do coñecemento.

Deixando a un lado a Bell, Poster semella querer redirixir a discusión entorno ós fundamentos críticos no tocante á ciencia política e produtiva dunha economía, en tanto cambiante, tamén intrincada nos seus procesos de desenvolvemento social. É inevitable pois chegar mediante isto a Marx, cando a súa visión postremeira fita á deconstrución do proceso produtivo capitalista no referido ós inevitables procesos de automatización e mecanización que, segundo Poster, anulan cando menos as propias condicións de explotación denunciadas por Marx. Certamenente, no pensamento marxista orixinal, a transición a un modelo mecanizado de produción sería favorable polo mero feito de liberación física deste proceso, non por tanto nun cambio nas dinámicas do traballo asalariado, aínda que este é un tema un tanto espiñento nos tempos que corren (3). Asemade, Poster ten unha fixación deshumanizadora da visión de Marx por mor dun suposto cientifismo na súa lectura das relacións humanas, as cales e en adiante procurarían avantaxar na Escola de Frankfurt. Nisto último, tanto Adorno como Horkheimer salientan as implicacións de dominación e supremacía que abondan na presunción humanística e como o seu orgulloso casamento con outras disciplinas afástanos incluso a eles mesmos (e en palabras de Poster) do campo da teorización e a análise dos discursos, que non poden ser entendidos ó estar exentos dunha lectura tanto nas súas estruturas como na construción das mensaxes, dos receptores e da súa descodificación. Con todo, sigo sen entender esta reticencia de Poster a estes intentos de ligación teórica, que por algún motivo ve como obstrución ante calquera interpretación estrutural e lingüística, algo que repite ó longo do texto e sen embargo, non advirto ningún signo ou intento de exemplarizar esta idea por ningures.

Tampouco semellan escapar destes reproches Marcuse ou Habermas, quen ó parecer outórganlle á ciencia un papel de mecanismo interesado, unha fonte de xustificación ideolóxica que se extende ás modernas institucións e sociedades dun xeito que o propio discurso, moldeado e afondado por e dende estas institucións, viu definir ó propio entendemento que da sociedade que nos arrodea e do mundo chegamos a ter. Esta viraxe da ciencia á servidume coas posturas máis conservadoras, grazas a interminables e capciosos medios burocráticos que non son máis que a reprodución constante da razón máis mansa e simplificada á dominación. Trataríase esta burocracia asfixiante dun actor irracional falsamente ataviado de razón, por tanto impasible e inmutable do seu propósito. Tomando a Weber como raíz destas análises, vese como os intelectuais francforteses gardan unha relación semellante á do seu compatriota alemán, case medio século antes. Por tanto, entendo que estes postulados weberianos son a ollos de Poster incompletos, como os anteriores, ó tratárense de materia analítica que, afastada das mensaxes, céntrase nos mecanismos da orde preestablecida e como os procesos de

Notas

(1). Deixando a un lado esta idea, afondo no eixo temático que se expón de entrada. En Postindustrial Possibilities: A Critique of Economic Discourse (1990, University of California Press, pp. 11-12), Fred L. Block xa nos introduce de primeiras de que xeito debemos facernos á idea deste marco rupturista; postula que é o propio conxunto social o que redefine o paso a esta nova sociedade postindustrial, dentro dun período transitorio marcado pola incerteza e o desmantelamento dos vellos preceptos ideolóxicos ata entón imperantes:

“Hai dúas virtudes especiais nesta forma de definir a era postindustrial. Primeiro, tal definición non supón unha teoría particular de como se constitúe a sociedade ou de que dinámica social é máis fundamental. É posible recoñecer que a sociedade entrou nunha era postindustrial incluso en ausencia dunha teoría que explique por que se produciron esas tendencias “postindustriais”. En resumen, a teoría postindustrial debe estar ligada a unha ou outra posición no debate entre as teorías materialistas e idealistas do cambio histórico.

En segundo lugar, a definición destaca o feito de que o postindustrialismo é un período de transición no que os esforzos por definir que tipo de sociedade é e como debe ter unha urxencia e intensidade especiais. É un período no que as preguntas básicas sobre a organización da sociedade están “en xogo” e a sociedade pode experimentar cambios rápidos na ideoloxía política. A rapidez con que o liberalismo perdeu o favor popular é un exemplo dese cambio. Neste tipo de transición, aqueles que son capaces de moldear a definición de qué tipo de sociedade xorde despois do industrialismo terán unha influencia adicional na loita para dar forma ás institucións sociais”

(2). A virtuosidade, a satisfacción e o desenvolvemento do home por medio do consumismo máis atroz non é outra cousa que o reflexo dunha sociedade hipersaturada de contidos planos e aparentemente singulares que nunca sacian esa necesidade de falsa diferenciación e pluralismo, que non queda máis que ligado ó estritamente estético e narcisista. Theodore Roszak en Person/Planet: The Creative Disintegration of Industrial Society (2003, Authors Guild Backinprint, p. 111):

“Aquí temos exactamente a confusión de individualismo e personalidade que frustrou tan severamente a procura do autodescubrimento. Como consecuencia da competencia no mercado, o individualismo capitalista non ten nada que ver ca ‘singularidade’ e a ‘autonomía’, a menos que interpretemos a ‘autonomía’ nos termos máis baixos posibles como un egoísmo illado. É por iso que o capitalismo desenvólvese tan facilmente na era do réxime e a organización do home. É por iso que adopta tan facilmente as estratexias da publicidade nos medios de comunicación, un vergoñento asalto á ‘singularidade’ e a ‘autonomía’. Ó non estar familiarizado coas virtudes, non dubida en violalas por completo. De feito, é precisamente o anhelo de nos ver dentro dunha experiencia única e autónoma da personalidade o que pon en tea de xuízo todo estándar polo que a sociedade burguesa se guiou durante os últimos tres séculos. Se o dereito de autodescubrimento sobrevive dentro da nosa cultura, é grazas a unha minoría marxinal de artistas, visionarios e inconformistas que lograron gañar o seu camiño a través dun sentido da personalidade contrario ó xerme da ‘civilización empresarial’ ”

(3). Nos próximos cento vinte cinco anos, a automatización será total no sistema produtivo. As consecuencias que se alertan deste monumental cambio van dende o paro tecnolóxico ata o impacto medioambiental, por non falar do inmediato deterioro da lei do valor-traballo a cal perdera todo o seu potencial. Chris Weller e Skye Gould en Here's when robots will start beating humans at every task (19/06/2017, Business Insider). Recuperado de

(4). Coas súas implicacións utilitaristas e sometidas a un xuízo ético. Para Raymond Bernard Cattell, en A New Morality from Science: Beyondism (1972, Pergamon Press p. 37), a fundamentación pragmática/política na eido científico constitúe un síntoma da súa atadura ó servizo de entidades coercitivas e finalistas, ostentadoras do poder:

“Nas ciencias físicas, pola natureza dos datos e as leis, unha contaminación deliberada ou accidental das conclusións por valores persoais que se fan pasar por ciencia é moito menos que perigosa. Pero houbo casos e nos que o prestixio da ciencia usouse consciente o inconscientemente para apoiar valores políticos de esquerda ou de dereita [...] Nestes casos, o autor non tende a usar deliberadamente o seu prestixio científico de maneira máis directa que mostralo como unha insignia de intelixencia. O lector razoablemente non ten dificultade para discernir a opinión persoal do autor, [...] dun ex cathedra , dunha declaración científica autorizada por un especialista no eido. [...] Nas ciencias sociais, a menos que se introduzan deliberada e explicitamente novas

salvagardas para separar as conclusións persoais das investigacións obxectivas, a contaminación por valores propagandísticos convertirase nun perigo perenne, insidioso e mortal”

(5). En resumidas contas, segundo Jim Vernon en Hegel's Philosophy of Language (2007, Continuum, p. 14) e sintetizando a concepción primaria hegeliana, a natureza da linguaxe reside no propio significado que nós decidimos darlle ó tempo que interactúa dentro de construcións máis complexas igualmente suxeitas ós designios da evolución colectivo/histórica que os viu definir:

“Se é na linguaxe onde as nosas ideas adquiren certa aparencia de obxectividade, pero é na linguaxe comunmente experimentada onde rexorde a dúbida sobre a súa obxectividade, entón a nosa procura para determinar a universalidade das nosas ideas debe ter lugar na linguaxe, pero non dentro da linguaxe comunmente empregada. Noutras palabras, debemos determinar a universalidade expresada na linguaxe, pero non simplemente mediante o uso subxectivo ou común da linguaxe. Debemos abstraer a linguaxe da forma vivida, sen abstraernos da linguaxe mesma, xa que é nesta última onde as nosas ideas comezan a adquirir obxectividade. Ó examinar a linguaxe fóra de uso, podemos chegar a saber que pasa se calquera universal pode expresarse a través del. Pola miña conta, o noso impulso por determinar a obxectividade das nosas ideas lévanos (ou polo menos debería levarnos) a formular a nosa linguaxe adquirida como un mero conxunto de palabras illadas, sen asociacións nin sentidos, o que Hegel chama ‘nomes como tales’. Ó investigar a linguaxe (é dicir, as unidades intuídas de idea e significante) de forma illada dos seus sentidos comunicativos (é dicir, a partir da continxencia de expresións particulares de intención subxectiva), podemos determinar que as realidades formais necesariamente se adhiren entre palabras qua palabras”