


Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Conceptos clave relacionados con la sociedad de redes, la sociedad postindustrial y la industria cultural, a través de las perspectivas de autores como van dijk, castells, bell, poster, adorno y horkheimer, entre otros. Se analizan los cambios en la estructura social, la organización y la producción cultural en la sociedad actual, caracterizada por la conectividad, la información y la globalización.
Tipo: Apuntes
1 / 4
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!



O termo sociedade de rede foi acuñado por J. Van Dijk, máis tarde desarrollado por Manuel Castells na súa triloxía “A era da información”, e tamén comentado por Peter Marcuse. Por conta da crecente conectividade das persoas, resulta que a estructura dunha sociedade xa non é tan clara como cando se ordenaban os territorios. Os vínculos que se tratan electronicamente non son tan reais como as relacións cara a cara, e esto leva á aparición dunha sociedade distinta. As redes serían as formas de organización que existen dende que se formou a humanidade pero que nos últimos tempos, seu uso se expandiu. A información expándese de forma sostida e rápida polo planeta como forma de organización social e dominante, por conta da crecente conectividade das persoas. A estructura da sociedade non é tan clara como cando se ordenaban os territorios, a organización xa non está caracterizada polas xerarquías. As redes carecen de centros e iso aplícase á descentralización do poder.
O concepto de sociedade postindustrial é tratado por Bell en termos totalizadores, igualando a sociedade postindustrial á da información. Para Poster, isto non é así, existen unha serie de deficiencias nas posicións teóricas da sociedade postindustrial que nos impiden avanzar na formación dunha teoría do modo da información. Son as seguintes: Tendencia á totalización: Poster afirma que Bell totaliza porque pretende definir a toda a sociedade. Poster atribúe a causa da xeración da sociedade postindustrial a unha innovación técnica, en contra do que afirmaba Bell: “coñecemento e información son as variables constituíntes da sociedade postindustrial, ao contrario que na anterior sociedade industrial, que se basaba no traballo e o capital”. Incapacidade de establecer unha teoría da información fundamentada lingüísticamente: Bell, como Weber e Marx, da por sentado que o campo
social se compón de campos de acción. Céntrase na economía e trata a información como feitos económicos. A escasez de productos materiais non se lle pode aplicar á información, polo que Bell di que a escasez é de tempo. Ao tratar a información a xeito económico e non lingüístico, a información e as súas novas estructuras poden introducir cambios no modelo de comunicación social. Obsesión por privilexiar o modelo epistemolóxico da ciencia: Marx defende a teoría do valor do traballo e a súa sustitución pola ciencia que para el é unha forma de coñecemento. Para Poster, a ciencia non é só unha forza social: é unha forza política. Na sociedade da información hai tamén unha transformación das relacións socias, unha crecente capacidade de conexión, a converxencia de actividades sociais dispares, tendencias globalizadoras, menor constricción espazo-temporal, a dependencia de sistemas complexos, terciarización e a substitución da industria pola producción de información.
O termo industria cultural é concebido por Adorno e Horkheimer en lugar de cultura de masas, para que se evite pensar que esta xorde espontaneamente das masas, xa que realmente xorde das transnacionais. É o proceso de substitución das culturas nacionais por industrias culturais. Este termo non se debe confundir co de cultura popular, xa que, para a escola de Frankfurt, a cultura popular é aquela apreciada por moita xente. O mundo moderno é homoxéneo e está condicionado pola cultura. Implica un paradoxo á sociedade industrual, xa que non da recompensa e degrada á economía artística. Adorno e Horkheimer din que a industria cultural é formularia, é dicir, hoxe en día temos unha serie de espectativas consumistas e pedimos continuamente os mesmos programas.
A teoría de Shils define o centro como unha zona central na estructura da sociedade, e dende onde se leva a cabo a actividade de goberno. Así, a noción de centro é un fenómeno que pertence ás crenzas e valores dunha sociedade. O sistema central de valores xira en torno a unha autoridade, implícita no sistema e dotada de cualidades dinámicas. Shils engade que
esquemas xenerativos a partir dos cales os suxeitos perciben o mundo e actúan nel. É un conxunto de accións realizadas comunmente por un individuo sen chegar a ser accións absolutamente mecánicas, existe un grao de variabilidade e de improvisación. A estructura social está formada por un conxunto de campos. Un campo social é un espazo de acción e de influencia e con relacións sociais determinadas, definidas pola posesión de unha forma específica de capital. Bourdieu distingue entre capital cultural e capital económico. Hai un conxunto de relacións sociais que van unidas por homoloxía a un conxunto de actividades e de bens, e estas prácticas e bens están unidos relacionalmente. Os individuos, ao elexir unha serie de hábitos, vanse encasillando nun campo social concreto. A cada clase de posición lle corresponde unha clase de hábitos. O hábito establece as diferenzas entre o que é bo e o que é ruín, sen embargo, os hábitos, e polo tanto estas diferenzas, poden variar para cada clase social. Polo tanto o hábito establece diferencias entre uns e outros. A definición de campo social está fundada na teoría marxista da loita de clases, pero os campos, á diferencia das clases, son menos ríxidos, máis permeables, dependendo da posición que cada quén ocupa neles. Campo Social