Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Comentario sobre o documental "Side by side"., Apuntes de Historia del Arte

Asignatura: Introduccion al lenguaje cinematografico, Profesor: xose nogueira, Carrera: Historia del Arte, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

2016/2017

Subido el 10/05/2017

bvarrod
bvarrod 🇪🇸

3.5

(6)

3 documentos

1 / 4

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
Introdución á Linguaxe Cinematográfica (Grupo D)
Side by side ou o seu título en castelán El impacto del cine digital é un documental
dirixido por Christopher Kenneally, e producido por Justin Szlasa e Keanu Reeves en
2012. Como ben augura o título en español o filme amósanos a pegada que deixou a
aparición da produción dixital e as novas tecnoloxías na industria do cine e as posturas
fronte a esta innovación de distintos directores, produtores e actores.
Un dos principais temas que trata esta largometraxe é o de é mellor se a produción en
filme ou en dixital, e a pesar de que as opinións se contrapoñen unhas as outras todos
están de acordo con que son técnicas totalmente diferentes e con acabados moi dispares,
por unha banda o filme, que é o procedemento clásico de produción, implica que necesita
un revelado para ver o acabado das tomas que gravaches, é dicir, que debe haber un equipo
que se encargue de revelalo todo e que tes que agardar por este equipo para poder ver se
o traballo dun día valeu para algo, outro problema é que a aplicación de efectos especiais
no filme é difícil e hai poucas opcións. Mentres que, no sistema de produción dixital, ti
podes ver o que estas a gravar ao momento e cando ti queiras, non tes que agardar pola
revelación, e a aplicación de efectos especiais é máis doada, xa que se pode facer mediante
ordenador, con aplicación específicas para iso, e cunha extensa gama de posibilidades á
elixir, é dicir, fai o proceso de produción dunha película moito máis doado.
Por outra banda, os entrevistados deixan caer ao final do documental que quizais o filme
é mellor para a conservación das gravacións debido a que mentres que a innovación da
técnica dixital non deixa de avanzar, é dicir, que cada vez que asimilas un formato da
reprodución a parece un máis novo que te obriga a ter que adaptarte outra vez, se unha
cámara se estraba e a queres reparar non podes porque a casa xa non fabrica tal modelo,
isto leva a pensar que quizais nun futuro as gravación de hoxe en día non se poidan
reproducir porque non haberá a tecnoloxía apropiada para elo, tamén pode ser que, por
calquera razón, esta tecnoloxía falle nun futuro; contra isto o filme tería a solución xa que
actualmente aínda se fabrican proxectores de filme.
A rivalidade do filme e o dixital en cuestións de acabado xa sería unha opinión de gustos,
hai directores, produtores etc. que prefiren o acabado “granuloso” do filme, sen embargo
outros prefiren os píxeles xa que outorgan un acabado nais definido e natural á imaxe,
cantos máis píxeles teña unha imaxe maior definición terá.
pf3
pf4

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Comentario sobre o documental "Side by side". y más Apuntes en PDF de Historia del Arte solo en Docsity!

Introdución á Linguaxe Cinematográfica (Grupo D)

Side by side ou o seu título en castelán El impacto del cine digital é un documental dirixido por Christopher Kenneally, e producido por Justin Szlasa e Keanu Reeves en

  1. Como ben augura o título en español o filme amósanos a pegada que deixou a aparición da produción dixital e as novas tecnoloxías na industria do cine e as posturas fronte a esta innovación de distintos directores, produtores e actores.

Un dos principais temas que trata esta largometraxe é o de é mellor se a produción en filme ou en dixital, e a pesar de que as opinións se contrapoñen unhas as outras todos están de acordo con que son técnicas totalmente diferentes e con acabados moi dispares, por unha banda o filme, que é o procedemento clásico de produción, implica que necesita un revelado para ver o acabado das tomas que gravaches, é dicir, que debe haber un equipo que se encargue de revelalo todo e que tes que agardar por este equipo para poder ver se o traballo dun día valeu para algo, outro problema é que a aplicación de efectos especiais no filme é difícil e hai poucas opcións. Mentres que, no sistema de produción dixital, ti podes ver o que estas a gravar ao momento e cando ti queiras, non tes que agardar pola revelación, e a aplicación de efectos especiais é máis doada, xa que se pode facer mediante ordenador, con aplicación específicas para iso, e cunha extensa gama de posibilidades á elixir, é dicir, fai o proceso de produción dunha película moito máis doado.

Por outra banda, os entrevistados deixan caer ao final do documental que quizais o filme é mellor para a conservación das gravacións debido a que mentres que a innovación da técnica dixital non deixa de avanzar, é dicir, que cada vez que asimilas un formato da reprodución a parece un máis novo que te obriga a ter que adaptarte outra vez, se unha cámara se estraba e a queres reparar non podes porque a casa xa non fabrica tal modelo, isto leva a pensar que quizais nun futuro as gravación de hoxe en día non se poidan reproducir porque non haberá a tecnoloxía apropiada para elo, tamén pode ser que, por calquera razón, esta tecnoloxía falle nun futuro; contra isto o filme tería a solución xa que actualmente aínda se fabrican proxectores de filme.

A rivalidade do filme e o dixital en cuestións de acabado xa sería unha opinión de gustos, hai directores, produtores etc. que prefiren o acabado “granuloso” do filme, sen embargo outros prefiren os píxeles xa que outorgan un acabado nais definido e natural á imaxe, cantos máis píxeles teña unha imaxe maior definición terá.

Na miña opinión, cos avances na filmación dixital o acto de producir unha película volveuse tan doado e rápido que calque ra pode producir unha. Isto provocou que nos últimos anos se producisen máis películas do que viña sendo habitual e isto fixo que triunfara a mediocridade xa que de cada dez filmes que vexo só tres son realmente bos, é verdade que antes tamén había algunha filme mala pero non tantas, francamente opino que realizar unha metraxe se volveu tan sinxelo que calquera cree que pode facer un cando non é así.