

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Este documento explora la reforma agraria liberal en españa, centrándose en las desamortizaciones como un proceso clave para transformar la estructura agraria del antiguo régimen. Se analiza el contexto histórico, las diferentes etapas de las desamortizaciones, sus objetivos económicos, políticos y sociales, y las consecuencias a largo plazo, tanto positivas como negativas, para la economía, la sociedad y la cultura española.
Tipo: Apuntes
1 / 3
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!


A reforma agraria liberal, tratase dun conxunto de leis coas que se trata de transformar a estrutura agraria do Antigo Réxime, empeza entre 1808 e 1812 coa Constitucion de Cadiz, e consolidase entre 1835 e 1860, ao mesmo tempo que se institucionalizaba o liberalismo en España. Este problema da estrutura agraria do Antigo Rexime tratase de algo xa antigo, con propostas de reforma dos ilustrados, como a de Jovellanos co Informe da Lei Agraria ou con Olavide. Esta reforma no seguiu a via revolucionaria, senon que seguiuse a “via prusiana”, e dicir, unha reforma dende arriba, de ahí que se premien os intereses do novo bloque dominante, a vella nobreza e a burguesía co “Pacto das clases propiertarias”. Duas das medidas mais importantes orientadas para sentar as bases do desenvolvemento dun capitalismo agrario son a abolición do Rexime Señorial, que se consegue co Decreto de Agosto de 1811, nas Cortes de Cadiz, onde se abolian os dereitos xuridiscionais e convertianse os territorios en propiedade privada, en favor dos señores, convertidos agora en latifundistas. E a outra gran medida eran as Desamortizacións.
No Antigo Réxime, a situacion xuridica da propiedade da terra caracterizabase pola ausencia da propiedade libre e individual, mais da metade das terras non se podian comprar nin vender, xa que eran terras amortizadas, nas que encontramos as das mans mortas, pertencentes a Igrexia, ademais das vinculadas co morgado, as terras dos concellos e as terras comunais,ademais, en alguns casos existia a division de dominios e tamén os intereses da Mesta.
Para os liberais estes intereses da Mesta eran obstaculos para o desenvolvemento dunha agricultura de mercado e pensaban que as desamortizaciones, coas cales se expropiaba e vendia en poxa publica os bens amortizados para converterlos en propiedade mercantilizable, e dicir, susceptible de ser comprada ou vendida, sendo asi porpiedade libre, ia ser a solucion que resolveria os problemas da agricultura en España.
Pero no foi un proceso inmediato, as primeiras desamortizacions viron na epoca de Godoy e das Cortes de Cadiz, co “Decreto Xeral de Desamortización” no ano 1813, ainda que tivo poco exito pola restauración do Absolutismo en 1814, e continuaron durante o Trienio Liberal, que afectaba principalmente a Igrexia e no que se aceptaban os Titulos de debeda como metodo de pago, e ao igual que co Decreto Xeral de Desamortización, tivo pouca vixencia pola restauración do absolutismo. Ata chegar a época isabelina na que se executa as principais medidas desamortizadoras.
Empezando coas Leis de Mendizabal, co decreto de “Lei Xeral da Desamortización Eclesiástica” en 1837, ainda que as Leis de Mendizabal se extendan entre 1836 e 1844, porducindose a desamortización do 80% dos bens do clero regular. Seguidamente en 1841 Espartero escribe o seu decreto, onde como di no articulo 1 “todos as propiedades do clero secular (..) son bens nacionais (...)”, e no articulo 3 dicese que se poñen en venta estas
propiedades, desamortizando o 40% dos bens do clero secular, completando a desamortización eclesiastica empezada por Mendizabal, conseguindo mais de 3. millons de Reales, ainda que só un 20% en metalico.
Finalmente chega a “Lei Xeral de Desamortización” en 1855 de Madoz, durante o Bienio Progresista, iniciando asi a desamortización civil que se extendera ata 1867, coa que se poñian en subasta os bens do Estado e dos concellos, ademais de alguns eclesiasticos que faltaban. Tratase da lei con maior impacto, tanto polo volume de terras como polas consecuencias que trouxo, recadaronse ao rededor de 13.000 millons de Reales.
Os obxetivos da Desamortizacion poden dividirse en tres grupos, no economico encontramos os financieiros, Mendizabal pretendia reducir o deficir da Facenda pola Debeda Pública, ademais de recaudar fondos para a guerra carlista, e por otro lado Madoz pretendia tamen reducir o deficit ademais de buscar investimentos para a construccion da rede ferroviaria. En termos de politica economica, tratase dun metodo para frear o encarecemento dos productos agarios e estimular a produccion, ademais de consolidar un novo tipo de propiedade privada susceptible de ser explotada capitalmente. En relacion a sociopolitica foi unha medida para xerar unha clase media de campesiños propietarios de afin ao rexime. E finalmente en termos politicos, as desamortizacions vendeuse como unha estratexia politica enfocada na consolidacion da Monarquia Constitucional, e do trono de Isabel II, fronte ao Absolutismo, ao acrlismo e ao poder da Igrexia, e por ultima a consolidacion do Estado Liberal.
Facendo un balance en relacion cos obxetivos inicias acadouse con gran cumprimento, a nivel financieiro supuxo un considerable alixeramento do déficit do Estado, amortizando a debeda publica e certos investimentos en infraestructuras, ademais en termos economicos instituzionalizase a propiedade privada individual, plenamente merzantilizable. Tamen se acadou un incremento da produccion agraria, por ampliacion de superficie cultivada, e por ultimo os rendementos medios caeron en algun caso. No eido social, xerou un grupo significativo de propietarios afíns ao réxime, e por ultimo no plano politico, favoreceu tamen o reforzamento politico da Monarquia isabelina, facilitando a derrota do Carlismo, especialmente cando mas forte se amosaba aproximadamente nos anos 30.
En relacion coa reforma agraria, foi un rotundo fracaso e unha oportunidade historica perdida, algunhas das nefastas consecuencias son a perpetuacion da estrutura da propiedade e da escasa demanda interna, que lastrou o desenvolvemento economico xeral. Tamen foi concebida como unha medida maioritariamente politica e financieira, foi unha burbulla especulativa que desviou investimentos potencialmente produtivos e impediu remover os vellos sistemas de cultivo, un freo para a desamortizacion tecnica.