Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Conceptos e macromagnitudes económicas, Apuntes de Economía

Asignatura: economia 1º, Profesor: María del Pilar Murías Fernande, Carrera: Periodismo, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

Antes del 2010

Subido el 04/05/2009

lucy4ever
lucy4ever 🇪🇸

3.9

(20)

4 documentos

1 / 12

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
Tema 0.- Conceptos e macromagnitudes económicas
1. Actividade económica. Conceptos previos.
¿En que consiste a actividade económica?
A actividade económica ten lugar cando se combinan unha serie de recursos para obter un
conxunto de bens e servizos.
A eses recursos que se combinan (o traballo, unha máquina) chámanselle factores de
produción. Xeralmente dende a Economía Clásica, que naceu no 1776 con Adam Smith,
considéranse tres tipos de factores:
O traballo (L): actividade física ou intelectual.
A terra: terra urbanizable, recursos mineiros... é dicir, recursos naturais.
O capital (K): serie de recursos que a diferenza dos recursos naturais son creados
polo home e que son necesarios para a produción de bens e servizos. Ex. Máquinas,
industrias, infraestruturas...
O resultado da actividade económica é a produción. Coñécese como produción ao conxunto
de bens e servizos obtidos grazas á actividade económica.
Bens
Finais: os que se dirixen directamente ao consumidor.
Non finais: o destino directo non é de momento o consumidor.
Bens intermedios: bens que xa foron transformados pero que aínda deben ser
máis transformados para ser dirixidos ao consumidor.
Bens de produción: bens que serven para a produción doutros bens e
servizos. Nunca se destinan ao consumo final.
Ex. Panadería: o ben de produción sería o forno, o ben intermedio sería a fariña e o ben
final a barra de pan.
Servizos
Servizos de mercado: aqueles nos que hai un proceso de compra e venda por parte
dun consumidor e unha empresa, por exemplo. O prezo ven dado pola lei da oferta
e da demanda. Ex. Un electricista.
Servizos de non mercado: servizos públicos, servizos que non dependen da lei da
oferta e da demanda. Aquí o prezo está subvencionado polo estado.
¿Onde ten lugar a actividade económica? ¿Quen a realiza?
A actividade económica ten lugar no seo das empresas.
PAGE 14
pf3
pf4
pf5
pf8
pf9
pfa

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Conceptos e macromagnitudes económicas y más Apuntes en PDF de Economía solo en Docsity!

Tema 0.- Conceptos e macromagnitudes económicas

1. Actividade económica. Conceptos previos.

¿En que consiste a actividade económica?

A actividade económica ten lugar cando se combinan unha serie de recursos para obter un conxunto de bens e servizos.

A eses recursos que se combinan (o traballo, unha máquina) chámanselle factores de produción. Xeralmente dende a Economía Clásica, que naceu no 1776 con Adam Smith, considéranse tres tipos de factores:

  • O traballo (L): actividade física ou intelectual.
  • A terra: terra urbanizable, recursos mineiros... é dicir, recursos naturais.
  • O capital (K): serie de recursos que a diferenza dos recursos naturais son creados polo home e que son necesarios para a produción de bens e servizos. Ex. Máquinas, industrias, infraestruturas...

O resultado da actividade económica é a produción. Coñécese como produción ao conxunto de bens e servizos obtidos grazas á actividade económica.

Bens

  • Finais : os que se dirixen directamente ao consumidor.
  • Non finais : o destino directo non é de momento o consumidor.
    • Bens intermedios: bens que xa foron transformados pero que aínda deben ser máis transformados para ser dirixidos ao consumidor.
    • Bens de produción: bens que serven para a produción doutros bens e servizos. Nunca se destinan ao consumo final.

Ex. Panadería: o ben de produción sería o forno, o ben intermedio sería a fariña e o ben final a barra de pan.

Servizos

  • Servizos de mercado : aqueles nos que hai un proceso de compra e venda por parte dun consumidor e unha empresa, por exemplo. O prezo ven dado pola lei da oferta e da demanda. Ex. Un electricista.
  • Servizos de non mercado : servizos públicos, servizos que non dependen da lei da oferta e da demanda. Aquí o prezo está subvencionado polo estado.

¿Onde ten lugar a actividade económica? ¿Quen a realiza?

A actividade económica ten lugar no seo das empresas.

¿Cales e cantos son os axentes da economía?

  • As empresas : utilizan os factores de produción que ofrecen as familias para producir bens e servizos que van a ofrecer ás familias, ou dito doutra maneira, que as familias van a demandar.
  • As familias : os papeis fundamentais que desenvolven son:
    • Son as propietarias dos factores de produción.
    • Son a principal unidade de consumo da economía.

Así pois, as familias ofrecen os factores de produción ás empresas e van a demadnar bens e servizos creados polas empresas.

  • O Estado : aínda que as dúas anteriores son os principais axentes, este constitúe o terceiro axente da economía. A súa aparició débese ao non cumprimento das condicións para que un mercado funcione correctamente.

Condicións para que o mercado funcione correctamente

  1. (^) Que nese mercado exista competencia. Esta existirá se ningún dos axentes que participen no mercado teñen a capacidade de influír no prezo.

Existe competencia se no mercado conviven moitos produtores dun produto e moitos demandantes.

Malia todo existen os monopolios, monopsonios e os oligopolios.

  • Monopolio : dase cando existe un único oferente do ben e do servizo, un único produtor.
  • (^) Monopsonio: situación onde existe un único demandante. Neste caso o demandante será quen decida o prezo. Ex. Existen varias empresas que fabrican pezas a construción de trens pero só hai unha gran empresa que fabrique trens.
  • Oligopolio : non existe un único oferente senón un grupo reducido de oferentes.

Así pois, a competencia perfecta é a maior utopía da economía. O exemplo máis parecido atópase no mercado agrario.

O perxudicado nun mercado onde non existe competencia son as familias.

  1. (^) Os bens que se intercambian no mercado teñen que ser homoxéneos. Só neste caso garantízase de que se unha empresa sube o prezo, os demandantes deixen de comprarse a dita empresa e se pasen a outra.

A homoxeneidade refírese á caracterísitcas, servizos postventa, garantías...

Malia todo, hai empresas que queren gañar cuota de mercado invertindo moito en políticas de diferenciación de marketing. Desta forma conseguen que os compradores veñan o seu produto distinto do resto. A primeira forma de

  1. Tipo de cambio. Mecanismo de comparación a nivel internacional.

PIB

Trátase do concepto básico para medir o valor. Tamén recibe o nome de Grosi Domestic Product

Defínese como o valor dos bens e servizos finais producidos nun entorno económico durante un período de tempo determinado. Pódese calcular a nivel nacional, rexional...

  1. “Valor”

Valor= prezo * cantidade

¿Que prezo imos a considerar?

  • Prezo de mercado: prezo ao que os consumidores poden adquirir ese ben. De utilizares este daría lugar ao PIMpm
  • Prezo a custo de factores: é o que costa realmente, en termos de recursos naturais, traballo e capital, fabricar dito produto. Unha vez que temos os costes dos factores, para obter os prezos de mercado, dependendo do produto o prezo de mercado será:

Prezo de mercado= Costes de factores + impostos – subvención

Un ex. de produto que se paga por debaixo do seu coste de factores será o billete de autobús pois o Estado da subvencións. Deste xeito, nós acabamos pagando menos do que custa realmente ese produto.

PIMpm = PIBcf + impostos – subvencións

  1. (^) “Finais” / intermedios

No PIB non se recolle o valor dos bens intermedios para evitar que eses produtos intermedios se contabilicen máis dunha vez.

Ex. Unha economía con 3 axentes económicos.

Trigo

Agricultor Muiñeiro Panadeiro

Custo da semente= Trigo F 0E 0 100 u.m. --------- custo de trigo= 100 u.m. Fariña F 0E 0 250 u.m.------------ custo da fariña= 250 u.m.

Pan F 0E 0450 u.m.

V.E.=100 V.E.= 150 u.m. V.E.= 200 u.m.

Hai un único proceso produtivo: a transformación do trigo en pan.

O agricultor consegue a semente a un custo de 0 u.m. porque o ten na casa, por exemplo. O agricultor sementa ese trigo e obteno por un valor de 100 u.m. Ese trigo será vendido ao muiñeiro quen paga polo trigo esas 100 u.m. Con ese trigo o muiñeiro consegue fariña por valor de 250 u.m. neste caso o Valor Engadido= 250-100= 150 u.m. Na seguinte etapa o muiñeiro véndelle a fariña ao panadeiro por 250 u.m. e o panadeiro consegue un valor de 450 u.m. O V.E. do panadeiro = 200 u.m.

PIB= 450 (vén de sumar o V.E. de cada fase de produción ou o prezo da última fase de produción).

Do contrario o trigo contaríase tres veces, a fariña dúas; é dicir, estaríanse contando os bens intermedios.

  1. PIB/ PNB (Produto Nacional Bruto) (¿Que quere dicir “Interior”?

O PIB é o valor do produto xerado NO TERRITORIO FÍSICO dun país. Porén, o PNB é o valor do produto xerado polos RESIDENTES dese mesmo país.

O PIB non ten en conta a produción obtida por nacionais españois fóra de España, pero ten en conta a produción obtida por estranxeiros no territorio español.

Ex. Unhas señoras que veñen a recoller temporalmente a fresa a España. Esa produción

contabilízase no PIB español e no PNB rumano.

  1. Variable fluxo / Variable stock (fai relación a “nun período determinado de tempo” da definición).

O salario dunha persoa é Variable fluxo pois este tipo de variable refírese a un período de tempo determinado.

O PIB é una Variable fluxo xa que se refire a o tempo dun ano. Cada Variable de fluxo está relacionada a unha Variable stock, riqueza que se mide nun instante determinado do tempo. A riqueza dun país é unha Variable stock xa que dá mostra da riqueza dun momento específico.

  1. Bruto / Neto (¿Que quere dicir Bruto?)

O PIN desconta do valor da produción total (do PIB) a cantidade de diñeiro que sería necesaria para reemprazar os bens de capital que nos permiten obter esa produción.

Polo tanto PIB > PIN

Estacionalidade : ao longo do ano sabemos que no trimestre 3 a taxa vai ser superior que o trimestre anterior pois coincide cos anos de verán.

0.3. Inflación

Partindo de que Valor= prezo * cantidade, atopámonos con dúas variacións:

  • Variacións reais: dáse cando aumenta a cantidade.
  • Variacións monetarias: dáse cando aumentan os prezos.

Se se incrementa o PIB por unha variación real estamos fronte unha situación positiva. Porén, se o incremente se debe unha subida dos prezos, será negativa.

¿Que parte do aumento de PIB é variación real e que parte é monetaria? Esta é unha cuestión clave en economía.

Coñécese como inflación a un aumento innecesario do prezo, ou por dicilo dunha forma más correcta: trátase da subida xeneralizada e sostida dos prezos dos bens e servizos nunha economía. Con ‘xeneralizada’ quérese dicir que afecta a todos os sectores da economía. ‘Sostida’, pola súa parte, aporta que se produce durante un período prolongado de tempo. É dicir, non é unha subida puntual.

Causas da inflación

  • Causas de demanda: cando aumenta a demanda agregada da economía pode chegar un momento que aumente sobre as posibilidades da oferta. Un aumento da demanda produce aumento de prezos.
  • Custos de produción: por ex. se aumenta o prezo do petróleo aumentarán os prezos noutros mercados pois ese ben é necesario na maioría das economías. Tamén se pode producir inflación se se aumentan os salarios dos traballadores.

Efectos da inflación

  1. Diminúe a capacidade adquisitiva da xente. Coa inflación prodúcese unha perda de poder adquisitivo, isto é, o diñeiro perde valor.
  2. A inflación tende a reducir a inversión. Se a inflación é moi alta a incertidume dos empresarios tamén o será. E para isto hai que ter moi en conta que a enimiga número un da inflación é a incertidume. A inflación afecta máis aos acreedores e beneficia aos deudores. Ex Un compañeiro pide 1€ para una Coca Cola. Mércaa e disfruta do refresco. Ao día seguinte (existindo inflación) o compañeiro devólvecho pero agora a Coca Cola costa 1,05€ co cal ti xa non podes mercala xa que non tes cartos suficientes.

A deflación

Trátase do proceso de eliminar do crecemento dunha variable medida en diñeiro o efecto dos prezos. Así obtense unicamente a variación real.

Ex.

Nunha economía onde so se producen dos bens (A e B) obsérvase:

Ano 0

A 2 5

B 5 2

Ano 1

A 2 5

B 5 4

PIB (año 0) = 25+52= 20 PIB en termos monetarios ou PIB en prezos correntes. Isto significa que os prezos utilizados son os do ano no que estamos. PIB (año 1) = 36+54= 38

Variación total: 18 u.m.

¿Como podemos ver cal foi o incremento? Para iso hai que ver o PIB do ano 1 en prezos constantes do ano 0.

PIB= 35+5

(Cóllese a cantidade do ano 1 e os prezos do ano 0).

Así calculamos o PIB dun ano determinado como se os prezos non se houbesen modificado. Deste xeito observamos as modificacións reais. Sempre se colle o Ano 0 para hallalo, isto é, os prezos do ano 0.

Así da variación total= 18 u.m., a variación real é 5 u.m., e a monetaria 13 u.m. (18-5). A variación real é a que lle interesa á economía.

¿Como se mide a inflación?

IPC (Índice de Prezos ao Consumo): mide a evolución dos prezos dun conxunto de bens e servizos que se supoñen representativos dos hábitos de consumo dunha poboación durante un período determinado de tempo.

As variacións do IPC é o que denominamos inflación.

Para calcular o IPC requírese:

Porque os seus prezos flutúan moito duns períodos a outros, isto é, non son estables. Por iso interesa ás veces máis coñecer o IPC da cesta extraendo ese produtos e coñecer o daqueles bens cuxos prezos non varían tanto.

Debemos saber que a taxa de variación do IPC é a inflación.

Volvendo ao exemplo anterior:

IPC = (103,33-100/ 100) * 100 = 3,33%

(Taxa de inflación do período 1)

¿Que datos de inflación aparecen na prensa?

O INE calcula o IPC mensualmente. Preséntase de 3 formas distintas

Esta é a máis importante.

Os prezos tamén teñen certa estacionalidade ao longo do ano. Ex. As laranxas en inverno son máis baratas porque é a súa época sendo máis caras no verán.

Índice Prezos de Consumo Armonizado (IPCA): evolución dos prezos de consumo no conxunto da U.E. Ten pouco que ver co IPC español porque a cesta é distinta. Así, se queremos comparar prezos cos países da U.E. teremos que coller unha cesta representativa do consumo no conxunto da U.E.

0.4.- Balanza de pagos

Xorde da necesidade dos países de comerciar e ter relacións económicas entre eles. Ningún país pode illarse completamente do exterior aínda que houbo países que o intentaron dando lugar á autarquía, isto é, cando un país se quere abastecer por el só limitando o máis posible as actividades económicas con outros países. Un exemplo actual sería Cuba.

Trátase dun documento que rexistra sistematicamente as transaccións económicas que

durante un período determinado (soe ser un ano) realiza unha economía co resto do mundo.

Debemos saber que a balanza de pagos non ten nin déficit nin superávit: a balanza de pagos é 0. Polo tanto, cada vez que se fale de déficit e superávit en realidade debería estar falándose da Balanza Corrente. Ademais, existen tantas balanzas de pagos como países.

Está formada por:

  • Conta financieira
  • Conta corrente

Dentro de cada conta corrente hai 4 subbalanzas compostas de Ingresos (supón unha entrada de diñeiro para o país que fai a balanza) e outra de pagos (supón unha saída de diñeiro do país que fai a balanza co resto do mundo). Tamén hai un saldo (Saldo = I-P)

· Balanza Comercial: recolle as transaccións de mercancías (bens) entre distintos países, isto é, do país que elabora a balanza co resto do mundo.

Ingresos Pagos Saldo = I-P

Exportación de bens Importacións de bens

· Balanza de servizos: recolle as transaccións de servizos entre un país e o resto mundo

Ingresos Pagos Saldo= I-P

Exportacións de servizos Importación de servizos

As partidas máis importantes son transportes e turismo.

· Balanza de rendas: recolle as remuneracións de traballo e capital procedentes dun país distinto do país no que se aplica ese traballo e ese capital.

Ex. as traballadoras rumanas que veñen a España. O salario que recibe sitúase na balanza de rendas e pagos. Porén, se un traballador español está en Francia, a súa renda atópase en ingresos.

Remuneración de capital : recóllese na balanza de rendas en ingresos. Por exemplo, un español compra accións dunha empresa estadounidense. Ao final de ano recibe uns dividendos polos beneficios xerados. Eses cartos constitúen ingresos para España. Porén, se unha empresa alemana ten accións dunha empresa española, os dividendos xerados constitúen un pago para España.

Dividendos : reparto de beneficios entre os accionistas dunha empresa