

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: fundamentos, Profesor: María Sieira, Carrera: Derecho, Universidad: USC
Tipo: Apuntes
1 / 3
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!


Constitución de 1812
En xuño de 1808, fórmanse as Xuntas en cidades e vilas. As elites dominantes coa axuda do pobo, crearon novas institucións de goberno, as Xuntas, que se encargaron da loita contra franceses e tamén de propugnar medidas para reformar o sistema político. As Xuntas asumiron o poder supremo e a soberanía na súa xurisdición, substituíron ás institucións e ás autoridades tradicionais e declarar a guerra a Francia. En cada poboación estableceuse unha Xunta local, todas elas baixo a autoridade da Xunta suprema provincial. En Galicia comezou a sublevación contra Francia, na provincia da Coruña. As Xuntas provincias formaron a Xunta Suprema Central Gobernativa de España e Indias, que exerceu o goberno dende setembro de 1808. A Partir de 1810 foi substituída polo Supremo Consello de Rexencia.
Durante a guerra, xurdiu a necesidade de convocar Cortes xerais para coñecer a vontade do país. Liberais pretendían establecer unha constitución baseada na soberanía do pobo e na separación de poderes. As Cortes reuníronse en Cádiz o 24 de setembro de 1810. Asistiron liberais e absolutistas realistas. Elaborouse a Constitución e ademais, numerosos decretos que eliminaron o Antigo Réxime e establecían un novo modelo político, administrativo, social e económico inspirada no liberalismo. Os decretos destacados foron a proclamación da soberanía nacional e a separación de poderes e a abolición dos señoríos xurisdicionais e dos privilexios de orixe feudal. Tamén decretaron a liberdade de imprenta, a regulamentación do poder executivo, a formación de Consellos populares e Deputacións provincias, a creación do Tribunal Supremo de Xustiza e a supresión do Tribunal de Inquisición. Estas medidas das Cortes de Cádiz foron revolucionarias e as masas populares, facendo caso dos eclesiásticos, víronas como atentatorias contra a relixión e a tradición.
O 19 de marzo de 1812 aprobouse a Constitución polas Cortes Xerais Extraordinarias reunidas na cidade de Cádiz, que é coñecida popularmente co nome de La Pepa, día de San Xosé, de aí dito alcuño. Oficialmente, a Constitución de Cádiz estivo en vigor dous anos, desde o día da súa promulgación ata o 24 de marzo de 1814, día en que foi revogada co regreso a España do rei Fernando VII. Aínda que foi restaurada de 1820 a 1823 durante o Trienio Liberal e de 1836 a 1837 como norma constitucional transitoria durante a elaboración da Constitución española de 1837. De ideoloxía liberal, establece un novo modelo político baseado na soberanía nacional , o poder reside no pobo, e este elixe ós seus representantes mediante sufraxio universal, aínda que, masculino. Ademais, establece a separación de poderes, a monarquía constitucional como forma de goberno, recolle unha serie dereitos e liberdades como son a liberdade de imprenta, a igualdade ante a lei e a propiedade privada. Esta Constitución establece tamén o unitarismo e centralismo político e por outro lado o catolicismo do Estado.
Constitución de 1869
En setembro de 1868, en Cádiz, tivo lugar a Revolución a Gloriosa, cun levantamento das tropas da Mariña. O malestar social crecente e o descontento da clase política polas
actuacións da raíña, uníronse a grupos opositores e iniciouse así dita Revolución. Tras o triunfo da Revolución de 1868 formouse un Goberno Provisional (1868-1871), que puxo fin ó reinado de Isabel II. O goberno provisional presidido polo xeneral Serrano, contando con apoio de demócratas e formado por unionistas e progresistas, convocou eleccións a Cortes Constituíntes que se celebraron do 15 ó 18 de xaneiro de 1869 por sufraxio universal masculino. A vitoria foi para a coalición gobernamental monárquico- democrática, e así creouse a Constitución de 1869, cualificada como democrática polo propio presidente das Cortes Constituíntes cando foi aprobada o 1 de xuño e promulgada o 6 de xuño.
Dita Constitución establecía a soberanía nacional, a monarquía como forma de goberno, así como a separación de poderes atribuíndo o poder xudicial ó Tribunal e o poder executivo ó rei. Ademais establecíanse as cortes bicamerais, Congreso e Senado. Recollíanse dereitos e liberdades e eliminábase a confesionalidade do Estado.
A Constitución de 1869 foi abolida definitivamente tras o triunfo do pronunciamento de Martínez Campos en decembro de 1874 o que deu paso á restauración borbónica en España que se rexeu pola súa propia Constitución de 1876. A Constitución de 1869 considerouse a primeira constitución democrática da historia do constitucionalismo español.
Constitución de 1931
A Constitución da República Española de 1931 foi aprobada o 9 de decembro de 1931 polas Cortes Constituíntes tras as eleccións xerais españolas de 1931 que seguiron á proclamación da Segunda República e estivo vixente ata o final da Guerra Civil Española en 1939. A República Española no exilio continuou recoñecendo a súa vixencia ata 1977, cando o proceso político da chamada Transición Española permitiu a redacción dunha nova Constitución democrática, a actual Constitución de 1978.
Dentro do bienio reformista da II República, que abarca de abril de 1931 a novembro de 1933, aprobouse a Constitución de 1931, a cal non foi sometida a referendo, o que provoca o rexeitamento da dereita, xa que impediu coñecer o grao de identificación cidadá.
A Constitución de 1931 define España como unha República de traballadores de toda clase e como un Estado integral compatible coa autonomía dos municipios e das rexións. España determínase como unha República parlamentaria, na cal as Cortes teñen o poder lexislativo exercendo o control dos orzamentos e do Goberno. En canto ó presidente da República, que era elixido polos deputados para un mandato de seis anos, tiña a facultade de nomear e cesar ó presidente do Goberno e tamén a facultade de suspender e disolver as Cortes. E estas últimas, podían destituílo en caso de emprego abusivo das súas prerrogativas. Por outra banda, o presidente do Goberno e os seus ministros exercían o poder executivo, responsable ante as Cortes. En canto ó sistema económico, a Constitución combinaba o dereito da propiedade privada co dereito do Estado a intervir en asuntos económicos, establecendo un modelo de economía mixta que provocou a oposición das dereitos e dos propietarios e industriais, sen embargo,