Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Dialectología gallega, Esquemas y mapas conceptuales de Filología Gallega

dialectología tema 1, sobre cambio lingüístico

Tipo: Esquemas y mapas conceptuales

2013/2014

Subido el 29/10/2023

usuario desconocido
usuario desconocido 🇪🇸

2 documentos

1 / 3

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
1. O ESTUDO DA VARIACIÓN LINGÜÍSTICA
VARIACIÓN
Natalie Schilling, 2014 chama a atención sobre a variabilidade da linguaxe humana: entre 5.000 e 8.000
linguas con algunha subvariedade. Ademais, as linguas varían co tempo, porque se usan e están vivas.
A variación é “o estado habitual da lingua”, “unha característica intrínseca da linguaxe”, “unha evidencia
coma a verdade matemática”, “un feito consubstancial ás linguas”, “sistemática e inherente ás linguas
naturais”, “un fenómeno dinámico que emana do uso dun sistema vivo e cambiante”, “un trazo inherente ás
linguas naturais motivado por factores internos e externos”.
John Edwards, 2013 a variación é a única constante lingüística. A visión histórica e contemporánea das
linguas e culturas en contacto pode revelar que o cambio se produce de xeito non aleatorio.
M. Etxebarria, 2013 O silencio debeuse á concepción de que a variación lingüística era asistemática á
natureza das linguas.
Trask, 2000 Antes, os lingüistas observaban a lingua como homoxénea e invariable, o cambio era unha
modificación abrupta. A partir dos anos 60, comezaron a recoñecer que a variación é o estado natural das
linguas. A variación móstrase altamente estruturada e a escolla de variantes está determinada socialmente.
VARIACIÓN situación, nunha comunidade lingüística, que supón a existencia de varias unidades
lingüísticas para expresar unha determinada función (fonema, significado, función gramatical, ...). Prodúcese
entre unidades que teñen o mesmo significado ou función e se empregan nos mesmos contextos. Pode ser:
Variación interlingüística urdu, francés, nepalí, pastún, ... diferenzas entre as diversas linguas.
Variación intralingüística variedades histórica, xeográfica, social, individual, ... diferenzas no
interior dunha mesma lingua. Distinguimos entre variación individual e variación na comunidade.
Pode darse en tódolos niveis do sistema lingüístico fonética, prosodia, morfoloxía, sintaxe, léxico,
semántica, pragmática, ... Supón a alternancia ou competencia de formas diferentes (sons, palabras,
morfemas, construcións, ...). P. ex.: ti/tu, desgraciado/desgraciao.
VARIABLE
Característica ou unidade lingüística que mostra variación pronome tónico de 2ª p (variantes: ti e tu). A
súa descrición debe adaptarse ó nivel de análise do sistema que se pretende estudar fonética (vogal
tónica do substantivo sol), morfosintáctica (formación do plural das palabras agudas rematadas en -n), léxica
e semántica (denominación para a acción de apertar algo cos dentes).
VARIANTE
Cada unha das realizacións dunha variable. Ti e tu como variantes da variable: pronome tónico de 2ªp.
VARIEDADE
D. Crystal, 2008 sistema de expresión lingüística gobernado no seu uso por diferentes factores (rexionais,
sociais, ocupacionais, ...).
Forma dunha lingua diferenciada doutras por unha serie de variantes que acostuman estar determinadas
por factores que poden ser de distinto tipo (social, xeográfico, económico, racial, ...). Ten un significado máis
xeral que dialecto. Por exemplo, nunha zona din este/esta, nós, muito, irmán, ...; algunhas zonas comparten
características, mentres que noutras decántanse por outras.
Pódese entender como sinónimo de lingua (estritamente, dende o punto de vista lingüístico, non hai linguas
temos variedades, como as variedades románicas) ou como sinónimo de forma dunha lingua.
pf3

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Dialectología gallega y más Esquemas y mapas conceptuales en PDF de Filología Gallega solo en Docsity!

VARIACIÓN

Natalie Schilling , 2014 → chama a atención sobre a variabilidade da linguaxe humana: entre 5.000 e 8. linguas con algunha subvariedade. Ademais, as linguas varían co tempo, porque se usan e están vivas. A variación é “o estado habitual da lingua”, “unha característica intrínseca da linguaxe”, “unha evidencia coma a verdade matemática”, “un feito consubstancial ás linguas”, “sistemática e inherente ás linguas naturais”, “un fenómeno dinámico que emana do uso dun sistema vivo e cambiante”, “un trazo inherente ás linguas naturais motivado por factores internos e externos”. John Edwards , 2013 → a variación é a única constante lingüística. A visión histórica e contemporánea das linguas e culturas en contacto pode revelar que o cambio se produce de xeito non aleatorio. M. Etxebarria , 2013 → O silencio debeuse á concepción de que a variación lingüística era asistemática á natureza das linguas. Trask , 2000Antes , os lingüistas observaban a lingua como homoxénea e invariable , o cambio era unha modificación abrupta. A partir dos anos 60, comezaron a recoñecer que a variación é o estado natural das linguas. A variación móstrase altamente estruturada e a escolla de variantes está determinada socialmente. VARIACIÓN → situación, nunha comunidade lingüística, que supón a existencia de varias unidades lingüísticas para expresar unha determinada función (fonema, significado, función gramatical, ...). Prodúcese entre unidades que teñen o mesmo significado ou función e se empregan nos mesmos contextos. Pode ser :  Variación interlingüística → urdu, francés, nepalí, pastún, ... → diferenzas entre as diversas linguas.  Variación intralingüística → variedades histórica, xeográfica, social, individual, ... → diferenzas no interior dunha mesma lingua. Distinguimos entre variación individual e variación na comunidade. Pode darse en tódolos niveis do sistema lingüístico → fonética, prosodia, morfoloxía, sintaxe, léxico, semántica, pragmática, ... Supón a alternancia ou competencia de formas diferentes (sons, palabras, morfemas, construcións, ...). P. ex.: ti/tu, desgraciado/desgraciao.

VARIABLE

Característica ou unidade lingüística que mostra variación → pronome tónico de 2ª p (variantes: ti e tu). A súa descrición debe adaptarse ó nivel de análise do sistema que se pretende estudar → fonética (vogal tónica do substantivo sol ), morfosintáctica (formación do plural das palabras agudas rematadas en -n), léxica e semántica (denominación para a acción de apertar algo cos dentes).

VARIANTE

Cada unha das realizacións dunha variable. Ti e tu como variantes da variable: pronome tónico de 2ªp.

VARIEDADE

D. Crystal , 2008 → sistema de expresión lingüística gobernado no seu uso por diferentes factores (rexionais, sociais, ocupacionais, ...). Forma dunha lingua diferenciada doutras por unha serie de variantes que acostuman estar determinadas por factores que poden ser de distinto tipo (social, xeográfico, económico, racial, ...). Ten un significado máis xeral que dialecto. Por exemplo, nunha zona din este/esta, nós, muito, irmán, ...; algunhas zonas comparten características, mentres que noutras decántanse por outras. Pódese entender como sinónimo de lingua (estritamente, dende o punto de vista lingüístico, non hai linguas temos variedades, como as variedades románicas) ou como sinónimo de forma dunha lingua.

A relación entre lingua, variedade e dialecto

LINGUA (galego) → VARIEDADE A (usada nos textos de ensino), B (usada por adolescentes na cidade de Pontevedra) e C (usada por adultos no concello de parroquias rurais de Chantada).

Linguas, dialectos e estándares

Natalie Schilling , 2014A lingua estándar é a versión do idioma que se considera correcta. A lingua é a versión estándar máis a suma de todas as variedades que a compoñen. O termo dialecto non ten connotacións negativas en lingüística, é unha etiqueta neutral para referirse a calquera variedade dunha lingua, incluída a variedade estándar.

ANÁLISE DA VARIACIÓN

FONÉTICA. Realización da 1ª sílaba do demostrativo aquí: aki, ajki, ejki. Realizacións da conxunción e, cando vai seguida de vogal: e, j, ʝ, ɟ. MORFOSINTÁCTICA. Pronome persoal átono/clítico de 3ªp feminino en función de CD, cando vai despois dun ditongo: viuna / viua / viula. 1ªp do pretérito imperfecto de indicativo do verbo ter: tiña / tía / tenía. LÉXICA. Froito do piñeiro: piña / pina / pinareta, pinabeta / caroca, caroza, carocha / cachola.

Como se interpreta a variación nos estudos lingüísticos?

Lingüística tradicional ( ata mediados do s. XX ) o A variación non é azarosa e superficial (ten unha incidencia menor) o Os cambios lingüísticos prodúcense de forma abrupta e non teñen relación directa coa variación o O interese dos estudos céntrase na variación temporal (histórica) e espacial o Representantes : G. I. Ascoli , G. Wenker , Julles Gilliéron , M. De Paiva Boléo , R. Menéndez Pidal. Francisco Fernández Rei e Antón Santamarina Fernández.  Lingüística moderna ( mediados do s. XX ) o Xorde a sociolingüística variacionista o Recoñécese que a variación é sistemática e debe ser estudada cuantitativamente o A variación lingüística pode explicar tendo en conta distintos tipos de factores → sociais, económicos, étnicos, xeracionais, formativos, ... o O interese dos estudos lingüísticos esténdese a outros tipos de variación o Os cambios lingüísticos prodúcense a partir de situacións de variación e de forma progresiva o Representantes : Francisco Dubert , Xulio Sousa , Jean Séguy , ...

Factores externos que determinan a variación ⇝ Françoise Gadet, 2003

Variación determinada polo usuario Tempo Histórica, xeracional, ... ( diacrónica ) Estudo do cambio lingüístico e lingüística histórica Espazo Xeográfica, rexional, local, espacial ( diatópica ) Dialectoloxía Sociedade, comunidade Social ( diastrática ) Sociolingüística variacionista Variación determinada polo uso Estilos, niveis, rexistros Situacional, estilística, funcional ( diafásica ) Sociolingüística variacionista, estilística, análise do discurso Canle, medio Oral, escrito, .. ( diamésica ) Sociolingüística variacionista, ...

DIALECTOS E DIALECTOLOXÍA

Dialecto → variedade dunha lingua definida por trazos lingüísticos propios e asociada cunha área xeográfica concreta. Tamén se utiliza nalgunhas tradicións académicas como sinónimo de variedade lingüística (rexional, social, histórica, ...) e en contraste coa variedade estándar. As diferenzas dialectais poden estar