






Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Asignatura: Historia de la educación, Profesor: Vicente Peña, Carrera: Pedagogía, Universidad: USC
Tipo: Apuntes
1 / 10
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!







1. Teses centrais da obra de Ph, Ariès respecto da infancia na Idade Media e na Modernidade. Según Ariès, a infancia na idade media ten un significado totalmente diferente ao da Idade Moderna. Na Idade Media a infancia era como una curta etapa da vida onde se era totalmente fráxil para poder sobrevivir por el mesmo dentro da sociedade. Unha vez o neno supera esta etapa, no momento en que son capaces de desenvolver certas tarefas, xa son considerados adultos. Non se pasaba por una etapa hoxe coñecida como adolescencia nin se educaba mediante alguna institución, senón que realizaba un aprendizaxe social no que se educaba mediante as relación cos demáis, o traballo cos vecinos, e a convivencia comunitaria. Pero no Renacemento prodúcese un cambio de mentalidade. A crise feudal e a expansión das urbes dan lugar a una nova organización do traballo e novos sistemas de aprendizaxe. Aparecen as primeiras escolas. Polo que na Modernidade a infancia é un período no que debes ir da man dun adulto. Sustitúese a introducción do neno no mundo laboral pola escola. As familias cambian de mentalidade dándolles os coidados que necesita ao neno e precupándose máis pola súa integración na escola e evitando a introducción inmediata no mundo laboral. 1.Teses centrais da obra de Ph. Ariès respecto da infancia na Idade Media e na Modernidade. A primeira tese de Ph. Ariés refírese á sociedade tradicional antiga, na cal a infancia se reducía a ese período no que o neno figuraba coma bebé non sendo capaz de valerse por si mesmo. A infancia non era recoñecida coma unha etapa dentro do ciclo vital, senón que se relacionaba ca adultez, pois o neno en canto podía desenvolverse por si mesmo comezaba a relacionarse e a traballar cos adultos. A aprendizaxe do neno producíase a través da convivencia cos adultos, polo que a educación que recibía non lle garantizaba os valores e os coñecementos necesarios para o seu completo desenvolvemento. A estrutura familiar non exercía no neno unha función afectiva xa que valoraba de xeito máis importante outras funcións como a conservación dos bens, a práctica dun oficio común, a axuda e a protección da honradez ó longo das súas vidas etc. As relacións sociais afectivas buscábanse sobre todo fóra do núcleo familiar, cos veciños, cos amigos, cos anciáns etc. A segunda tese de Ph. Ariès está centrada no neno e nas familias da sociedade industrial. Nesta etapa expándese a escola como motor de aprendizaxe tendo unha gran relevancia no desenvolvemento da infancia. O neno separábase dos adultos para asistir a escola formando parte así do proceso de escolarización, sendo recluído durante un longo período de tempo nestas institucións. Deste xeito comeza así unha nova etapa na que dentro do propio entorno familiar, os
pais comezan a interesarse máis polos estudos e as necesidades dos seus fillos e fillas.
2. Tipo de neno ou perfil da infancia que aparece reflectido na obra Emilio de Rousseau e educación que recibe. Emilio é un neno varón que pertence á clase burguesa. Nesta obra, Rousseau, manifesta gran preocupación polo feito de que o neno non é un home senón que ten unha identidade de seu. Rousseau elabora un programa educativo que abrangue dende o nacemento ate o casamento. Esta ensinanza levarase a cabo coa figura do preceptor afastando ó neno da sociedade que o corrompe para achegalo ó medio natural que favorece o desenvolvemento físico e moral deste mesmo. Rousseau será precursor do movemento da escola nova, atenderá a psicoloxía e á evolución de Emilio xirando todo entorno ó neno a través dun programa paidocentrista, centrado enteiramente no neno, considerándoo centro do sistema educativo. Defende que por medio da educación se pode controlar os sentimentos e a natureza humana, para isto a educación debe centrase de forma individual, pois cada neno é diferente e débense ter en conta as etapas de desenvolvemento, o xénero e o carácter do propio neno. Este participa directamente e de xeito activo no proceso formativo. Trátase dunha educación negativa na que ó neno hai que apartalo do mal e do erro (a sociedade pode pervertilo e contaminalo). O neno pasa a ter unha identidade de seu para o cal se deseña un programa educativo específico. Rousseau é un dos fundadores da infancia pero tamén do patriarcado moderno. 3. Causas do infanticidio e da exposición dos nenos. A atención institucional aos expósitos de Europa. Ata o S.XV o infanticidio era una realidade que manifestaba o desprezo e desinterese pola infancia. As causas eran as taras físicas, a escasez económica ou que se tratase de fillos ilexítimos. O infanticidio era maior nas nenas que nos nenos pos era máis caro coidalas e non compensaba pos os nenos daban máis beneficio. As veces abandonaban aos nenos en conventos ou cruces de camiños para que os encontrase alguén que os poidese coidar. A asistencia para a infancia abandonada naceu en Francia nos S.Vl e S.Vll e estaban ligados á mensaxe cristiá de amor e caridade cara outros pos eso as ordes relixiosas tamén se facían cargo de recollelos nenos abandonados e nos hospitais encrontrábanse zonas destinadas ao coidado destes nenos. 3. Causas do infanticidio e da exposición dos nenos. A atención institucional aos expósitos en Europa. As principais causas do infanticidio e da exposición dos nenos son as económicas, xa que moitas
co mundo dos adultos de maneira que os nenos son separados da realidade. A través da inserción os nenos acollidos ao rexime social laboral quedan absorbidos nun subsistema incomunicado cos canais da cultura intelectual. No ámbito da vida familiar producese tamen un cambio, dado que as familias comenzan a coller conciencia da importancia do desenvolvemento do neno e da súa educación, asi como dos seus coidados. No século XVI e XVII aparecen os primeiros comportamentos proteccionistas dos modelos pedagóxicos predominantes nos campos modernos.
6. Idea central que se infire do traballo de Ll. DeMause respecto das relacións paternofiliais e da consideración e o tratamento da infancia ó longo da historia. A obra de Ll. DeMause enlaza a historia da infancia coa historia das violencias que esta sufre. Non acepta a hipótese da felicidade inicial na infancia e plantexa unha historia da infancia dende a Antigüidade ata a actualidade, onde a evolución dos modelos de crianza seguen o proceso de: infanticidio, abandono (certo avance respecto do infanticidio), ambivalencia (o neno é educable e moldeable), intrusión (entrada na vida do neno), socialización (abrangue o s. XIX e XX, integra ó neno na sociedade) e axuda (mediados do s. XX en diante, os dous pais participan de maneira mais activa no desenvolvemento do neno, e aparece a escola nova, onde o neno ocupa o lugar central na actividade escolar). DeMause postula que non era que os pais e os adultos do pasado carecesen de amor para os seus fillos, senón que lle faltaba madurez emocional para ver ós fillos como persoas. O adulto pode adoptar diferentes maneiras á hora de reaccionar fronte ó neno, pode usalo para satisfacer o seu inconsciente (reacción de proxección), para substituílo por un personaxe que bota en falta (reacción de reversión), e pode sintonizar cas necesidades do neno (reacción de regresión). Cabe destacar que hai unha variación de modelos de crianza en función dos países e dos medios dos que se dispoña, así é que a relación ca infancia difire en actitudes que van dende o infanticidio ata unha relación empática, pois os pais e as nais comezan a participar máis no desenvolvemento da vida do neno. A violencia que se segue exercendo sobre os nenos deriva da violencia que o adulto cando era neno sufriu, producíndose así unha cadea que promove a violencia de xeración en xeración. O volume de DeMause advirte da alta influencia que ten a violencia na vida infantil constatándoa como norma de comportamento, e á superación de dita violencia. 7. Principais obxeccións ás teses de Ph. Ariès e de Ll. DeMause sobre a historia da infancia. Philippe Ariés explica que a infancia doutras épocas, sobre todo no medievo, se contemplaba como unha idade cuxa vida resultaba mesturada coa de outras idades e, polo tanto, non era susceptible de ser recoñecida nas súas peculiaridades. Dito doutra forma, non existía un sentimento da infancia, concebíndose ó neno como un “home en pequeno”. Os cambios no sentimento da infancia virían condicionados pola propia evolución da familia e pola aparición da
escola, orixinándose, a partir do século XVIII, unha invasión do sentimento de infancia na sensibilidade colectiva. Esta constatación fixo que Ariés afirmase que a familia e a escola retiraron ó cativo da sociedade dos adultos. Este fenómeno apareceu no século XVIII, cando a familia acababa de reorganizarse en torno ó neno. Demause pola contra, non comparte estes plantexamentos de P. Ariés, sinala que a historia da infancia aparece intimamente entrelazada coa historia das violencias exercidas sobre esta e, na súa interpretación psicoxenética sobre a evolución da familia e as relacións establecidas no seu seno entre pais e fillos, plantexa que, fronte ó neno, o adulto adoptou diversas formas de reacción psicolóxica, que van dende a proxección do seu propio inconsciente ata o que el denomina “reacción de regresión por empatía”, no sentido de sintonizar coas necesidades propias do neno. A súa teoría esboza unha historia da infancia, dende a Antigüidade ata o momento actual, onde a evolución dos modelos de crianza infantís seguiron o seguinte proceso: Infanticio. Abandono. Ambivalencia. Intrusión. Socialización. Axuda. Sen dúbida a obra de P. Ariés marcou o descubrimento historiográfico da historia da infancia e que a obra de DeMause intentou recorrer cientificamente esa historia. Sen embargo a Ariés se lle pode reprochar que hai unha infancia que el apenas describe, a infancia labrega, mariñeira ou proletaria da revolución industrial, así como tampouco nos describe os procesos de socialización das funcións familiares, ligados a condicións económicas e ideolóxicas e, relacionados, ó mesmo tempo, coa extensión dos xardíns da infancia e da escola primaria. Pola contra a Ll. DeMause se lle podería obxectar, tal e como el recoñece, que a variación dos modelos de crianza non é igual en todos os países e en todos os medios sociais, e que calquera intento de periodizar a historia da educación infantil debe ter en conta que a evolución psicoxenética procede con diverso ritmo nas diversas liñas familiares e que moitos pais quedan bloqueados ó nivel de modelos históricos anteriores. 8- Que resulta máis correcto, falar da historia da infancia ou das historias das infancias? Razoa a resposta. A infancia englóbase dende unha perspectiva moito máis xeral, o proceso de comunicación entre os cativos, pasando todos eles por un proceso xeral o que cada un deles ten unha historia propia, única e diferenciada. Non hai un único modelo para definir as fases polas que pasou a historia da infancia. Desde o punto vista teórico pódese falar en singular da historia da infancia identificada como unha etapa da vida pero as vivencias desa etapa ou a educación recibida polos nenos a etapa amósase diferente dunhas sociedades a outras ou duns contextos a outros distinguindo así diferentes historias
interese social e político da infancia como un ben público que repercute no Estado, tanto no propio orden social como pola inversión que supón a infancia como fundamento do futuro poder nacional. E en terceiro lugar, polo propio ben do neno. Polo seu interese físico e moral. Unha intervención que se revelará amplísima e con numerosas ramificacións ata converterse nun verdadeiro movemento pro-infancia que se fai difícil de sintetizar pola súa extensión e diversidade. De este amplo movemento hai dous campos especiais a destacar: a atención ao desenrolo físico (a loita contra o abandono físico da infancia) e a atención ao desenrolo social ( os camiños de socialización e resocialización, cando fora necesario. A loita contra o abandono moral da infancia). Inda que en ambas dimensións, o abandono físico e abandono moral, soían estar moi unidas.
11. Cando comeza a regularizarse o traballo infantil en España e que criterios reguladores se establecen? A primeira tentativa lexislativa en España na q10. Razóns que xustifican a intervención pública e privada ante o deterioro que orixinan os procesos de urbanización e industrialización na familia e na infancia. Pódese ver un claro exemplo do efecto variable e flexible dos procesos de urbanización e industrialización sobre os modelos familiares dos obreiros, ambientes de pobreza nos que conflúen outros factores negativos que xeran carencias familiares, económicas e sociais, no paso cara á marxinación, primeiro, e cara á desviación, despois, era unha ancha vía permanentemente aberta e concorrida. A imaxe da realidade descrita polos estudosos sociais dun entorno familiar e infantil en risco como consecuencia do custe moral e humano dos procesos de urbanización e industrialización facía necesaria e lexitimaba a intervención dos filántropos reformadores e do Estado, por tres razóns principais: en primeiro lugar, pola incapacidade de aquelas familias que non ofrecían garantía moral nin sanitaria para ocuparse do coidado e educación dos seus fillos. En segundo lugar, polo interese social e político da infancia como un ben público que repercute no Estado, tanto no propio orden social como pola inversión que supón a infancia como fundamento do futuro poder nacional. E en terceiro lugar, polo propio ben do neno. Polo seu interese físico e moral. Unha intervención que se revelará amplísima e con numerosas ramificacións ata converterse nun verdadeiro movemento pro-infancia que se fai difícil de sintetizar pola súa extensión e diversidade. De este amplo movemento hai dous campos especiais a destacar: a atención ao desenrolo físico (a loita contra o abandono físico da infancia) e a atención ao desenrolo social ( os camiños de socialización e resocialización, cando fora necesario. A loita contra o abandono moral da infancia). Inda que en ambas dimensións, o abandono físico e abandono moral, soían estar moi unidas. ue se propoñía unha certa regulación do traballo infantil nas industrias corresponde a un proxecto de lei xeral sobre exercicio, política, sociedades, xurisdición e inspección manufactureira que se presentou nas Cortes o ministro de Fomento en 1855. Establecendo idade mínima os oito anos e soamente media xornada, para que lles quedara tempo
para a súa instrución escolar. A partir dos doce anos e hasta os dezaoito poderán traballar dez horas como máximo, e en horario diurno. Houbo que esperar case vinte anos, 24 de xullo de 1873, durante o sexenio revolucionario, para que se aprobara a primeira lei reguladora nesta materia. Establécense os dez anos como idade mínima para ingresar en fábricas, talleres, fundicións e minas, nada se dicía de establecementos comerciais ou outro tipo de traballos. O horario laboral aumentaba progresivamente ca idade: cinco horas ata os trece anos para os varóns e catorce para as mulleres, e de oito horas desde isas idades ata os quince anos para eles e dezasete para elas. O traballo nocturno so se prohibía nos establecementos con motores hidráulicos ou de vapor. E regulábase que as empresas con máis de 80 obreiros e obreiras adultos (+17) e que estivesen a máis de 4km dun lugar poboado, terían que ter unha escola primaria ao seu cargo, á que poderían asistir obreiros e os seus fillos menores de 9 anos. A asistencia era obrigatoria durante 3 horas diarias para todos os nenos da empresa menores de 13 anos e as nenas menores de 14. Esta primeira lexislación complementaríase cun Real Decreto do 26 de xullo de 1878 que prohibía o traballo dos menores de 16 anos en espectáculos públicos. A Comisión de Reformas Sociais organizou unha ponencia que elaboraría as bases dun posible proxecto de lei reguladora do traballo das mulleres e menores, e que se desenrolaría a partir do 13 de novembro do 1900 coa aprobación do seu regramento de aplicación. A Lei prohibía o traballo aos menores de 10 anos e regulaba as horas e condicións laborais dos comprendidos entre os 10 e 14 anos (6h para a industria e 8 para no comercio e non se permitía o traballo nocturno). A patronal debía conceder duas horas diarias non computables entre as de traballo aos menores de 14 anos que non houberan recibido a instrución primaria, para que a puideran cursas ou completar. Os decretos aclaratorios recuperanban a normativa do mantemento pola patronal dunha escola elemental por cada establecemento fabril de máis de 150 obreiros que non posuíra unha escola nun radio de 2 km, e se establecía o deixar tamén unha hora libre diaria de traballo aos menores de 18 anos que non estiveran instruídos para a súa asistencia escolar; prohíbese o traballo dos menores os domingos, festas etc. Este sería o texto vixente legal ata 1934. 12.Innovacións cientifico-pedagóxicas máis salientables o denominado “seculo do neno” e relación coa infancia. O s. XX ábrese coa publicación de Ellen Key “O século do neno” (1900), criada nun ambiente liberal estricto no que en ocasións padecerá situación de violencia para rematar sendo unha muller moi avanzada para o seu tempo, caracterizada por ser unha gran defensora do feminismo. Foi unha muller autodidacta, que promulga que o s. XX debe ser o século da infancia debendo ocupar un lugar central. Esa centralidade do neno dou lugar ó crecemento de investigación que tiñan a infancia como foco de atención. Innovacións pedagóxicas: A euxenesia (Inglaterra, 1883,1904).
·As desaparicións e os secuestros nos nosoos días, e, ligado a esto, o tráfico de órganos. Co fin de poñer solución a estes problemas, desenvolvéronse os chamados “Obxectivos do Milenio”, oito propósitos (todos eles vinculados directa ou indirectamente á protección da infancia) formulados no ano 2000 que tiñan como obxectivo contribuír ao desenvolvemento dos países en vías de desenvolvemento, e que pretendían para o ano 2015: erradicar a pobreza extrema e a fame, lograr a ensinanza primaria universal e gratuíta, reducir a mortalidade na infancia, mellorar a saúde materna, combater o VIH e outras enfermidades, promover a igualdade entre xéneros nas ensinanzas, garantir a sostenibilidade do medio ambiente (e á súa vez a auga potable para combater a malnutrición), e fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento. A pesar das intención dos obxectivos do milenio, hai moitos nenos e nenas a quenes non afectaron as iniciativas, os nenos que están excluídos dos servizos esenciais, que non son obxecto de protección de ningún goberno. Aínda que dende o ano 2000 fóronse logrando diversos avances en materia da infancia, como a redución da taxa de mortalidade infantil ou o aumento de nenos escolarizados, así como a creación de movementos e institución que a defenden, non se conseguiu erradicar ningún dos males que afectan á infancia. Por tanto, debido ao incumprimento dos ODM, acordáronse os “Obxectivos do Desenvolvemento Sostible”, que amplían os ODM e teñen pensado o seu cumprimento para o 2030. Creemos que para conseguir acabar ou reducir os males que afectan á infancia, é moi importante a labor das organizacións que velan polo benestar dos nenos, coma UNICEF, xa que os nenos non teñen recursos suficientes para facer valer as súas necesidades.