


Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Ejercicios inglés nivel b2 para bachillerato
Tipo: Ejercicios
1 / 4
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!



Debido á dilatada historia da maior parte das cidades españolas, estas posúen elementos de época moi distintas, que lles confiren ás súas diferentes zonas un carácter diverso: o centro histórico, cos seus monumentos e rúas estreitas e tortuosas; os ensanches, de trazado regular; os arrabaldes, de crecemento desordenado; os desenvolvementos urbanos densos, en eidficación aberta; e as novas periferias, cada vez máis dispersas e fragmentadas.
As distintas partes da cidade conéctanse entre si a través dos sistemas de transporte urbano. Estes sistemas son utilizados pola poboación para a realización diaria de actividades. A cidade é un organismo en constante evolución. Transfórmase constantemente, non só polo seu crecemento cara ao exterior, senón tamén polos procesos de reestruturación que teñen lugar no seu interior. As áreas urbanas expándense en superficie coma nunca antes o fixeran, coa creación de novos espazos residenciais e áreas de actividade económica.
Os crecementos non sempre se producen nos bordos do espazo xa edificado, senón que, con frecuncia, os novos centros comerciais, parques empresariais ou urbanizacións se constrúen en lugares cuxos arredores non presentan ningunha outra edificación. Neste sentido, fálase dun proceso de fragmentación do espazo urbano, xa que este se presenta como un conxunto de espazos illados e conectados entre sí por autovías e estradas.
Cidade difusa
Nos últimos anos producíronse decisivos cambios na morfoloxía urbana. O modelo de cidade mediterránea, compacta, foise substituíndo polo tipo de cidade difusa de modelo anglosaxón.
A cidade difusa ou dispersa esténdese horizontalmente e está separada en áreas especializadas e monofuncionais: zonas residencias (diferenciadas por prezos e por grupos sociais), áreas comerciais, zonas de lecer, centros de ensino, universidades, barrios administrativos e de oficinas... Ademais disminúe aquilo que é propio da cidade: o contacto humano, os intercambios e a sociabilidade.
Trátase dunha zona urbana caracterizada pola mestura de usos e de funcións e pola tendencia a ocupar un territorio moi extenso. A dispersión ou espallamento urbano implicou unha aceleración na ocupación do espazo, xa que os modelos de urbanismo suburbano son altamente consumidores de solo. Tamén implicou unha exacerbación da mobilidade individual: as viaxes pendulares cotiás (por motivos de traballo, estudo ou lecer) aumentaron en número e distancia xa que o ámbito de relación pasou a ser o da escala rexional metropolitana.
Os cambios no centro urbano (degradación vs rehabilitación)
A partir da segunda metade do século XX, os centros históricos de moitas cidades españolas comezaron a sufrir unha progresiva deterioración e abandono. Xa a mediados do século XIX, coa construción dos ensanches, as clases altas comezaron a abandonar os centros históricos, e despois tamén o fixeron outros grupos sociais.
Desde mediados do século XX, intensificouse a perda de poboación nestas zonas. A maior parte dos que permaneceron eran anciáns con baixos niveis de renda, polo que o centro experimentou un proceso de envellecemento e empobrecemento. Todo isto reflectiuse nunha deterioración urbana, xa que moitas vivendas quedaron baleiras, e noutras non se realizaron as obras necesarias de mantemento e renovación.
Ao mesmo tempo, a actividade económica tamén se foi desprazando cara aos ensanches, onde se podía dispoñer de edificios máis amplos e modernos para instalar os negocios. O centro histórico só foi capaz de reter algúns centros administrativos e eclesiásticos instalados en edificios monumentais, así como os comercios tradicionais, pero gran parte do emprego trasladouse a outras zonas.
Ao longo das últimas décadas (especialmente, a partir dos anos oitenta do século pasado), as tendencias anteriores víronse, en parte, compensadas por procesos de revitalización destas zonas debido a:
Pese a esta transformación dos centros históricos nos últimos anos, aínda subsisten algúns problemas; especialmente nalgúns barrios onde, so envellecemento da poboación e o baixo nivel de renda, se unen a marxinación social e a conformación de áreas cunha forte concentración de inmigrantes, o que dificulta a súa integración no conxunto da sociedade.
Nos últimos anos, as grandes cidades teñen un ritmo de crecemento menor, pero continúan estendéndose no espazo, debido á difusión de parte da súa poboación e da súa actividade económica cara a periferias cada vez máis afastadas. Estas periferias estrutúranse en diferentes áreas: barrios residenciais, áreas industriais e áreas de equipamento:
Os barrios marxinais de infravivenca ou choupanas xorden sobre solo ilegal, rústico ou verde, e sen organización urbanística. As vivendas son autoconstruídas con materiais de refugallo e carecen dos servizos elementais.
Os barrios de vivendas de promoción oficial construídos con axuda estatal e con limitacións no prezo de venda ou de alguer. Na maioría dos casos, formaron barrios de trama aberta con vivendas en bloques, caracterizados pola monotonía, a baixa calidade construtiva, que motivou o seu envellecemento prematuro, e graves carencias en equipamentos e servizos.
Os polígonos de vivenda de promoción privada adoptaron trama aberta en bloques ou torres con amplos espazos entre as vivendas para xardíns ou aparcamentos. Os edificios xeométricos, creadores dunha paisaxe monótona, deron a estos barrios a imaxe de “colmea”. O uso destes polígonos foi sobre todo residencial; os comercios e as dotacións de barrio concentráronse en certas zonas.
Os barrios de quinteiro pechado rexurdiron nas décadas de 1980 e 1990, como forma de recuperar a escala humana en altura e a organización das rúas. Teñen menor densidade e danlle un uso colectivo ao patio, ben privado (xardíns, xogos infantís, piscina) ou ben público (prazas).
As áreas de vivenda unifamiliar proliferan na periferia a partir da década de 1980, favorecidas polo desexo da clase media de contacto coa natureza o polo uso do automóbil. Presentan un uso do solo fundamentalmente residencial. Nalgúns casos xurden zonas residenciais exclusivas, construídas con capital privado, separadas do resto da cidade por muros e valos, con gardas de seguridade que controlan o seu acceso ás persoas que non residen nelas.