

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Ejercicios de práctica para estudiar
Tipo: Apuntes
1 / 2
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!


Agudas
vogal : café, xampú, acolá vogal + n : alguén, traizón, lacazán vogal + s : paspallás, autobús, nordés vogal + ns : xardíns, irmáns, parabéns
os ditongos ai, au, ei, eu, oi, ou, iu, ui (con ou sen s): ademais, bacallau, papeis, bocoi consoante distinta de n ou s: persoal, robot, per- correr
Graves
consoante distinta de n ou s: túnel, cráter, tándem grupos consonánticos distintos de ns: álbums, cómics, bíceps
vogal : gravata, xarope, almorzo vogal + n : mitin, dolmen, slogan vogal + s : lapis, venres, choromicas vogal + ns : slogans, mitins, dolmens
Esdrúxulas Levan todas acento gráfico: cóxegas, cirúrxico, hipopótamo, déixao, pilláronte, limpísima...
- O i e u tónicos levan til cando van antes ou despois dunha vogal coa que non forman ditongo, senón hiato:
xuízo (xu-í-zo), saúde (sa-ú-de), ruído (ru-í-do).
- Os grupos iu e ui non levan til cando é tónico o primeiro elemento, pois neste caso forman ditongo: lingüista,
partiu, puido.
- Os latinismos e palabras estranxeiras de uso habitual acentúanse segundo as regras xerais: accésit, currículo,
sándwich.
- As abreviaturas levan til cando forma parte delas a vogal acentuada da palabra completa: ár. (abreviatura de
árabe), gót. (abreviatura de gótico).
■ Algunhas palabras que poden ofrecer dúbidas
acne, diocese, elite, medula, neon, omoplata, parasito, atmosfera, paxaro, heroe, vertixe, reuma, argon
alvéolo, anódino, auréola, endócrino, gladíolo, óboe, olimpíada, período, rícino, termóstato, rubéola, amálga- ma, térmite
Non se acentúan: as palabras monosílabas (agás nos casos de acento diacrítico), os adverbios en -mente, os
demostrativos, os interrogativos e os exclamativos.
O acento gráfico emprégase ás veces para distinguir palabras que, doutro xeito, te-
rían a mesma forma na escrita. Trátase de palabras que, segundo as regras de acen-
tuación, non levarían acento (monosílabos, graves rematadas en vogal, etc.).
O acento diacrítico colócaselles:
Palabras con acento diacrítico
Con acento Sen acento
á (prep. a + art_. a;_ «ala») ás (prep. a + art. as; «alas»)
bésta (arma) bóla («esfera»)
cá (comp. ca + art. a) chá/s («plana/s»)
có/s (comp. ca + art. o/os) cómpre/n («é mester»)
dá (pres. e imperat. de dar) dás (pres. de dar)
dó («compaixón») é (pres. de ser)
fóra (adv.) máis (adv.)
nó («lazo») nós («nosoutros»; pl. de nó)
ó (prep. a + art. o) ós (prep. a + art. os)
óso (do corpo) pé (do corpo)
póla («rama») pór («poñer») présa («apuro»)
sé («sede»; imperat. de ser) só («soamente», «sen compaña»)
té (infusión) vén (pres. de vir)
vés (pres. de vir) vós («vosoutros»)
a (art.; prep.; pron.) as (art.; pron.)
besta (animal) bola (de pan)
ca (conx. comp.) cha/s ( che + a/as)
co/s (prep. con + art. o/os) compre/n («merque/n»)
da (prep. de + art. a) das (prep. de + art. as)
do (prep. de + art. o) e (conx. copulativa)
fora (antepret. de ser e de ir) mais (conx.)
no (prep. en + art. o) nos (pr. átono; prep. en + art. os)
o (art.; pron.) os (art.; pron.)
oso (animal) pe (letra)
pola (prep. por + art. a; «galiña») por (prep.) presa («prendida»; «presada»)
se (conx. condicional; pron.) so (prep. «debaixo de»)
te (pron.; letra) ven (pres. de ver; imperat. de vir)
ves (pres. de ver ) vos (pron. átono)
O acento diacrítico
Ten en conta
As formas verbais que levan acento diacrítico consérvano cando van seguidas de pronome enclítico: Dá o caderno a María. → Dálle o caderno.