Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


ejercicios para practicar gramática, Ejercicios de Lengua y Literatura

Este pdf contiene ejercicios para la ABAU de Galicia con soluciones para que puedas comprobar tus respuestas

Tipo: Ejercicios

2020/2021

Subido el 04/04/2021

fashion-style-2
fashion-style-2 🇪🇸

5

(1)

4 documentos

1 / 1

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
Actividade 1º Bacharelato xuño.
Bo día. Supoño que todos e todas estades desexando acabar e fartos de tanta actividade
online. Desta vez envíovos un texto tipo ABAU con preguntas de comprensión. Saúdos e sorte.
Era un cabalo sumarísimo, sen máis órganos que os estritamente indispensables para a
locomoción, sen ningún de nutrición, que sen dúbida perdera por lle non seren útiles, por
seren se cadra indignos do cabalo perfecto, que nin debe comer, nin beber, nin arder, senón
somentes correr: un cabalo reducido a unha soa función, un cabalo rigorosamente científico.
Era un cabalo pantasma, tan lixeirísimo na súa masa coma nos seus movementos. Sostíñase
nas súas catro patas por un verdadeiro milagre de levitación, e tan pouco pesaba que non
deixaba na terra a marca das pisadas. Voaba como unha palla no vento…
Moralmente era un asceta o cabalo do médico de Abrantes. Pode que antes tivera pecado
moito, mais de tódolos xeitos, Abrantes foi para el unha Tebaida expiatoria e santa. Facer, fixo
méritos de abondo para conquerir un ceo, ou polo menos un limbo axeitado á súa alma de
besta padecente. Era un faquir que vivía do xaxún, única mantenza que lle daba a Providencia,
que o que é o médico non lle daba senón traballo.
Aquela besta heroica viviu en Abrantes a epopea da fame, sen protesta, sen unha queixa, sen
rincho nin couce… Ninguén soubo apreciar as virtudes excelsas daquel ser singular.
Vicente Risco, Os europeos en Abrantes, 1927
1. Sinala a estrutura do texto, indicando os núcleos de contido de cada parte ou fai un resumo.
2. Indica, de maneira xustificada, cal cres que é o punto de vista que adopta o autor na
descrición do cabalo:
a) obxectivo e realista; b) subxectivo e idealizado; c) irónico e humorístico.
3. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras:
órganos (liña 1), perfecto (l. 3),asceta (l. 8), méritos (l. 9), abondo (l. 10), besta (l. 13).
4. Identifica as dúas seguintes construcións sintácticas e responde:
[a] sen máis órganos que os estritamente indispensables (liña 1)
[b] tan lixeirísimo na súa masa coma nos seus movementos (liña 5)
— Sería posible que aparecesen en vez de que e coma outros nexos? Cales? Xustifica a
resposta.

Vista previa parcial del texto

¡Descarga ejercicios para practicar gramática y más Ejercicios en PDF de Lengua y Literatura solo en Docsity!

Actividade 1º Bacharelato xuño. Bo día. Supoño que todos e todas estades desexando acabar e fartos de tanta actividade online. Desta vez envíovos un texto tipo ABAU con preguntas de comprensión. Saúdos e sorte. Era un cabalo sumarísimo, sen máis órganos que os estritamente indispensables para a locomoción, sen ningún de nutrición, que sen dúbida perdera por lle non seren útiles, por seren se cadra indignos do cabalo perfecto, que nin debe comer, nin beber, nin arder, senón somentes correr: un cabalo reducido a unha soa función, un cabalo rigorosamente científico. Era un cabalo pantasma, tan lixeirísimo na súa masa coma nos seus movementos. Sostíñase nas súas catro patas por un verdadeiro milagre de levitación, e tan pouco pesaba que non deixaba na terra a marca das pisadas. Voaba como unha palla no vento… Moralmente era un asceta o cabalo do médico de Abrantes. Pode que antes tivera pecado moito, mais de tódolos xeitos, Abrantes foi para el unha Tebaida expiatoria e santa. Facer, fixo méritos de abondo para conquerir un ceo, ou polo menos un limbo axeitado á súa alma de besta padecente. Era un faquir que vivía do xaxún, única mantenza que lle daba a Providencia, que o que é o médico non lle daba senón traballo. Aquela besta heroica viviu en Abrantes a epopea da fame, sen protesta, sen unha queixa, sen rincho nin couce… Ninguén soubo apreciar as virtudes excelsas daquel ser singular. Vicente Risco, Os europeos en Abrantes, 1927

1. Sinala a estrutura do texto, indicando os núcleos de contido de cada parte ou fai un resumo. 2. Indica, de maneira xustificada, cal cres que é o punto de vista que adopta o autor na descrición do cabalo: a) obxectivo e realista; b) subxectivo e idealizado; c) irónico e humorístico. 3. Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras: órganos (liña 1), perfecto (l. 3), asceta (l. 8), méritos (l. 9), abondo (l. 10), besta (l. 13). 4. Identifica as dúas seguintes construcións sintácticas e responde: [a] sen máis órganos que os estritamente indispensables (liña 1) [b] tan lixeirísimo na súa masa coma nos seus movementos (liña 5) — Sería posible que aparecesen en vez de que e coma outros nexos? Cales? Xustifica a resposta.