Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad


Financiero, Apuntes de Derecho Financiero y Tributario

Asignatura: Derecho Financiero I, Profesor: MARIA BEGOÑA VILLAVERDE GOMEZ, Carrera: Derecho, Universidad: USC

Tipo: Apuntes

2013/2014

Subido el 04/04/2014

sweetbetty
sweetbetty 🇪🇸

3.7

(6)

3 documentos

1 / 12

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
Lección 2.- Fontes
Begoña Villaverde
Curso 2011-2012
¿Cales son as fontes do Dereito Tributario?
As mesmas que as do resto dos sectores do Dereito.
Agora ben, o sistema de fontes presenta algunhas peculiaridades no Dereito Tributario.
De feito, a propia LXT conten unha listaxe de fontes aplicables neste sector do ordenamento xurídico:
Di o artigo 7 LXT que os tributos rexeranse:
a) Pola Constitución.
b) Polos tratados ou convenios internacionais que conteñan cláusulas de natureza tributaria e,
en particular, polos convenios para evita-la dobre imposición, nos termos previstos no artigo 96 da
Constitución.
c) Polas normas que diten a Unión Europea e outros organismos internacionais ou
supranacionais ós cales se lles atribúa o exercicio de competencias en materia tributaria de
conformidade co artigo 93 da Constitución.
d) Por esta lei, polas leis reguladoras de cada tributo e polas demais leis que conteñan
disposicións en materia tributaria.
e) Polas disposicións regulamentarias ditadas en desenvolvemento das normas anteriores e,
especificamente no ámbito tributario local, polas correspondentes ordenanzas fiscais.
No ámbito de competencias do Estado, correspóndelle ao ministro de Facenda ditar
disposicións de desenvolvemento en materia tributaria, que revestirán a forma de orde ministerial,
cando así o dispoña expresamente a lei ou o regulamento obxecto de desenvolvemento.
A devandita orde ministerial poderá desenvolver directamente unha norma con rango de lei
cando así o estableza expresamente a propia lei.
2. Terán carácter supletorio as disposicións xerais do dereito administrativo e os preceptos do
dereito común
1.- A Constitución Española (CE): o seu valor normativo
a) Debes recordar que:
A CE pode verse desde unha dobre vertente:
-organización propia do Estado que garante dereitos e liberdades individuais
pf3
pf4
pf5
pf8
pf9
pfa

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Financiero y más Apuntes en PDF de Derecho Financiero y Tributario solo en Docsity!

Lección 2.- Fontes

Begoña Villaverde Curso 2011-

¿Cales son as fontes do Dereito Tributario? As mesmas que as do resto dos sectores do Dereito. Agora ben, o sistema de fontes presenta algunhas peculiaridades no Dereito Tributario. De feito, a propia LXT conten unha listaxe de fontes aplicables neste sector do ordenamento xurídico: Di o artigo 7 LXT que “os tributos rexeranse: a) Pola Constitución. b) Polos tratados ou convenios internacionais que conteñan cláusulas de natureza tributaria e, en particular, polos convenios para evita-la dobre imposición, nos termos previstos no artigo 96 da Constitución. c) Polas normas que diten a Unión Europea e outros organismos internacionais ou supranacionais ós cales se lles atribúa o exercicio de competencias en materia tributaria de conformidade co artigo 93 da Constitución. d) Por esta lei, polas leis reguladoras de cada tributo e polas demais leis que conteñan disposicións en materia tributaria. e) Polas disposicións regulamentarias ditadas en desenvolvemento das normas anteriores e, especificamente no ámbito tributario local, polas correspondentes ordenanzas fiscais. No ámbito de competencias do Estado, correspóndelle ao ministro de Facenda ditar disposicións de desenvolvemento en materia tributaria, que revestirán a forma de orde ministerial, cando así o dispoña expresamente a lei ou o regulamento obxecto de desenvolvemento. A devandita orde ministerial poderá desenvolver directamente unha norma con rango de lei cando así o estableza expresamente a propia lei.

  1. Terán carácter supletorio as disposicións xerais do dereito administrativo e os preceptos do dereito común”

1.- A Constitución Española (CE): o seu valor normativo a) Debes recordar que: A CE pode verse desde unha dobre vertente: -organización propia do Estado que garante dereitos e liberdades individuais

-norma xurídica superior do ordenamento xurídico (art. 9.1 CE: «os cidadáns e os poderes públicos están suxeitos á Constitución e ao resto do ordenamento xurídico». Normativamente, considerase que ten eficacia directa,o que significa que: Os xuíces ordinarios están obrigados a aplicar a Constitución, polo que: -poden inaplicar por inconstitucionais normas con rango inferior ao da lei, -con relación ás leis, exercen un xuízo de constitucionalidade; ∑ se son preconstitucionais, non aplican a lei por considerala derrogada ∑ se son posteriores e consideran que son contrarias á CE, están obrigados a interpoñer cuestión de inconstitucionalidade ante o TC. -teñen a obriga de interpretar todo o ordenamento xurídico de acordo cos principios constitucionais

O Tribunal Constitucional ten o monopolio para a declaración de inconstitucionalidade das normas con rango de lei

b) Está presente o Dereito Financeiro e Tributario na CE? O contido dedicado á materia financeira na CE é moi significativo. Podemos facer referencia aos seguintes bloques que serán obxecto de estudo nas leccións seguintes:

-principios reitores do Dereito Tributario: principios materiais e formais en materia de ingresos públicos

-poder tributario: cómo se reparte a potestade tributaria entre os distintos titulares deste poder e como pode ser exercido

-principios reitores do Dereito Orzamentarios: principios materiais e formais en materia de gasto público

Asemade, a CE regula diversas fontes normativas (tratados internacionais, normas con rango de lei e regulamentos), atribuíndo competencias (quen pode ditar as normas) e regulando o seu posible contido (delimitación material), o que afecta ao sistema de fontes no Dereito Tributario.

2. Os tratados internacionais e o dereito supranacional. a) Debes recordar que: De acordo co art. 96CE, os tratados internacionais forman parte do ordenamento interno, unha vez celebrados validamente e publicados en España.

∑ impliquen obrigas financeiras para a Facenda Pública. É o caso de tratados nos que se recoñecen inmunidades e privilexios a organizacións internacionais. (OTAN; UN, etc)

3. Dereito supranacional. a) Debes recordar que: O Dereito Comunitario supón unha nova orde xurídica a favor dos Estados Membros que ceden parte dos seus dereitos soberanos: crea dereitos e obrigas a favor dos cidadáns deses Estados. As normas comunitarias clasifícanse en o dereito orixinario (Tratados da CECA, CEE e Euratom, coas súas modificacións), o dereito derivado, que a súa vez se clasifica en: -actos normativos de carácter vinculante: ∑ Regulamentos: son normas abstractas de alcance xeneral, que obrigan a tódolos Estados no seu contido. É aplicable directamente, sen medidas de adaptación interna. ∑ Directivas: diríxense a un, a varios ou a tódolos Estados membros. Obrigan respecto ao resultado, pero deixan liberdade ao Estado para decidir os medios de aplicación. Requiren desenvolvemento normativo interno. ∑ Decisións: obrigan a un Estado determinado, en tódolos seus elementos. -actos non vinculantes: ditames e recomendacións -actos atípicos: regulamentos financeiros e regulamentos de orden interno -outras fontes: decisións dos representantes, convenios entre Estados, convenios da UE, costume e principios xerais. Aplicación do Dereito comunitario -Principio de primacía: as normas comunitarias prevalecen sobre as normas internas dos Estados. Fan inaplicable as disposicións contrarias internas, pero sen derrogalas (Sentencia do TXUE Asunto Simmethal). ∑ pódese inaplicar as disposicións contrarias directamente polos xuíces nacionais ∑ as normas internas deben interpretarse consonte o dereito comunitario -Principio de efecto directo: as normas comunitarias son fonte directa de dereitos e obrigas para os seus destinatarios, particulares ou Estados, podendo ser alegadas ante os tribunais. Isto, en principio non é aplicable ás directivas, que requiren unha norma de transposición. Pero: xurisprudencia do TXUE poden ter efecto directo se: -se trata dunha relación contribuínte -Estado, nunca entre particulares

-« efecto útil»: que o Estado incumpra as súas obrigas de traspoñer a directiva, e nela poidan recoñecerse dereitos concretos, que poidan ser directamente aplicables sen norma intermedia. (S TXCE, Asunto Ursula Becker) -doutrina do «stoppel»: o Estado non pode alegar o seu propio incumprimento para inaplicar a norma comunitaria. Na aplicación das normas comunitarias non hai xerarquía, aínda que: -os tratados prevalecen sobre o dereito derivado. -as normas posteriores derrogan ás normas anteriores, calquera que sexa a súa denominación ou órgano que a emite. b) Que regula o Dereito comunitario tributario? O Dereito comunitario regula distintos aspectos do Dereito tributario con distinta incidencia. Así, podemos sinalar : -a harmonización fiscal comunitaria. Ten como obxectivo achegar as lexislacións internas dos distintos Estados membros en determinadas materias. Neste punto debemos ter presente que non hai unha cesión de soberanía en materia fiscal. Ten lugar unha harmonización ben de xeito directo a través de Directivas (IVE, IIEE, impostos sobre a concentración de capitais – IOS; AXD-, algunhas materias de imposición sobre sociedades), ou ben de xeito indirecto, mediante as sentenzas do TXUE, que teñen obrigado a numerosas reformas na normativa interna española. -recursos comunitarios de natureza tributaria, que verían sendo as fontes de financiamento comunitario. Sería o caso do arancel aduaneiro común e do Imposto sobre soldos, salarios e emolumentos dos funcionarios e axentes das Comunidades Europeas -cooperación na aplicación dos tributos que deben realizar uns Estados membros a favor doutros e da propia institución comunitaria

4.- A lei: lei orgánica, lei ordinaria. A codificación. O principio de legalidade e a reserva de lei. A Lei de Orzamentos (remisión). a) Debes saber que: É preciso distinguir entre: -principio de legalidade: sometemento á lei dos poderes públicos Efecto: a Administración só pode facer o que lle permite a Lei -reserva de lei: unha norma superior (CE) sinala que determinadas materias só poden ser reguladas por lei. Efecto: as normas que non cumpran esa reserva son inconstitucionais.

DESTACADO:

c) ¿Qué é a reserva de lei tributaria? Xustificación actual : -garante principios coma os de xeneralidade e igualdade dos cidadáns (tratamento uniforme) e o de seguridade xurídica. -aval democrático do reparto das cargas públicas. Onde se regula? Na Constitución Española: establece unha reserva de lei respecto aos tributos no art. 31.3: «só se poderán establecer prestacións persoais ou patrimoniais de carácter público conforme á lei» Engade o art. 133 CE:

  1. A potestade orixinaria para establecer tributos corresponde exclusivamente ao Estado, mediante Lei.
  2. As Comunidades Autónomas e as Corporacións locais poderán establecer e exixir tributos, de acordo coa Constitución e as Leis.
  3. Todo beneficio fiscal que afecte aos tributos do Estado deberá establecerse en virtude de Lei.
  4. As administracións públicas só poderán contraer obrigas financeiras e realizar gastos de acordo coas Leis. Como pode ser configurada a reserva de lei? o absoluta: tódalas cuestións referidas a materias reservadas á lei deben regularse por normas legais o relativa: só se teñen que regular por lei os elementos básicos; os elementos non esenciais poden establecerse polo regulamento. Esta é a natureza da reserva de lei tributaria.

Que notas definen a reserva de lei? -constitúe un límite para o poder executivo -supón unha obriga para o poder lexislativo -o control do seu cumprimento corresponde ao TC

DESTACADO: A que afecta a reserva de lei tributaria: -prestacións patrimoniais de carácter público: xunto cos tributos, alcanza a outros ingresos como as cotizacións á Seguridade Social (STC 185/1995), os xuros de mora, as sancións... Pero o máis claro é o tributo:

-elementos do tributo aos que lle afecta a reserva de lei: TC: o establecemento e determinación dos elementos esenciais dos tributos (STC 37/1981, 179/1985). Son elementos esenciais: o elementos de identificación: feito impoñible e obrigados tributarios o elementos de cuantificación: base impoñible, tipo de gravame e cota tributaria o Non afecta a todos os elementos do tributo por igual; é máximo no caso do feito impoñible (SSTC 73/2011, 221/1992) o cuestións que afecten a dereitos e obrigas dos obrigados tributarios, agás as normas de procedemento. o establecemento de beneficios fiscais. Por expreso mandato constitucional: art. 133. CE: « Todo beneficio fiscal que afecte aos tributos do Estado deberá establecerse en virtude de lei». Fala de establecemento, non de derrogación ou modificación. o disposicións de carácter sancionador. d) A que nos referimos cando falamos da Lei? As materias reservadas á lei deben ser reguladas por Lei:

  • orgánica: Debemos lembrar que: son leis que se aproban mediante maioría absoluta no Parlamento, e afectan a determinadas materias: desenvolvemento dos dereitos fundamentais e liberdades públicas; estatuto de autonomía; réxime electoral xeral e as demais previstas na CE Interesa ao dereito Tributario: En canto que regulan determinadas materias tributarias: financiamento autonómico ou aspectos penais dos ilícitos tributarios:delitos contra a Facenda Pública, contrabando) Tamén esixen forma de lei orgánica a aprobación dos Estatutos de Autonomía ou de determinados tratados internacionais, , que regulan contidos tributarios
  • ordinaria. É o xeito ordinario de usar o poder lexislativo. Xa coñecemos o procedemento lexislativo (Dereito Constitucional) e non cabe indicar ningunha especialidade no Dereito Tributario mais alá da xa citada obriga de dar cumprimento á reserva de lei tributaria -lei de orzamentos : é unha lei, pero segundo a CE non pode crear tributos, e só pode modificalos cando así o autorice unha lei tributaria substantiva
  • leis das CCAA : poden regular todas as materias sobre as que teñan competencias. (limitado pola propia configuración do seu poder tributario). b) Outras normas con valor de lei: decreto -lei e decreto -lexislativo. Presentan certo interese, polo que se lle dedicará un tratamento diferenciado.

-Textos refundidos: reúnen nun único texto normas xa vixentes dispersas en distintos textos normativos. Pódese autorizar ao Goberno a elaborar un texto único ou a harmonizar, aclarar e regularizar os textos legais refundidos. Se se extralimita do autorizado na lei delegante ¿é nulo o decreto lexislativo ou o exceso ten carácter regulamentario? A LXCA equiparaos a regulamentos (sométeos o seu control), pero o TS ven considerando que se trata de normas nulas. b) Papel no Dereito tributario Neste ámbito do Dereito é moi frecuente atopar textos refundidos, debido á intensa actividade lexislativa neste sector, que da coma resultado reformas dos textos vixentes que terminan por crear textos necesitados de reordenación ou de creación dun texto único. Así, contase cun Decretos lexislativos que regulan o imposto sobre Sociedades (4/2002), o imposto sobre a renda de non residentes (5/2002) , sobre transmisións patrimoniais (1/1993), entre outros. 6.- O regulamento a) Debes recordar que: Se trata dunha disposición de carácter xeral que, aprobada polo executivo, forma parte do ordenamento xurídico Distinción con actos administrativos: estes non son fonte do dereito, esgótanse co seu cumprimento e non teñen carácter xeral (na maioría dos casos). Límites: a Constitución e a Lei -non pode regular cuestións reservadas á lei -non pode ir contra a lei (nulo) -pero non é necesario que exista unha lei para que se poida ditar un regulamento. Titular da potestade regulamentaria: -orixinaria: o Goberno, conforme o art. 97 CE -derivada: os Ministros, cando así lles autoriza unha lei, con carácter xeral ou para o caso concreto. En materia tributaria, art. 7 LXT, con carácter xeneral. Tipos de regulamentos:

  1. Decretos (emitidos polo Goberno) e Ordenes Ministeriais (por un Ministro, previa autorización dun Decreto). O Ministro ten potestade regulamentaria propia só para regular cuestións internas do seu Departamento.
  2. Executivos (desenvolven unha lei preexistente) e independentes (sen lei previa).
  3. Xurídicos, que afectan a dereitos e deberes dos cidadáns e administrativos, que se ditan para organización interna.

Comunidades Autónomas: teñen potestade regulamentaria, segundo o que se estableza nos seus propios Estatutos de Autonomía. Entidades locais: non teñen potestade lexislativa, pero poden ditar ordenanzas (fiscais). Responden ao principio democrático por seren aprobadas polo Pleno, polo que se lles recoñece un ámbito de actuación superior que ao resto de regulamentos (STC 233/1999). Control xurisdicional: en xeral, Tribunais de Xustiza (excepcionalmente, TC). b) Teñen algunha especialidade no Dereito Tributario? Non, se ben sempre debemos ter presente o funcionamento da reserva de lei, que veda o uso do regulamento en determinados ámbitos do dereito Tributario. 7.- Outras fontes En dereito Tributario teñen a condición de Dereito supletorio (art. 7.2 LXT): Tanto disposicións xerais do Dereito Administrativo coma preceptos do Dereito común. Coma o Dereito Tributario é dereito público: o Aplicación supletoria do Dereito administrativo referido aos procedementos. o Aplicación directa das normas xerais do Dereito Público. o A doutrina xurisprudencial recaída en materia de Dereito público proxéctase sobre o ordenamento tributario. Aplicación supletoria das normas do Dereito común, Civil, Mercantil, Laboral. Costume (art. 1.3 CC) a) Debes lembrar: Requisitos para a súa aplicación: o Falta de lei. o Que non sexa contraria a moral ou á orde pública. o Que resulte probada. b) En materia tributaria: O principio de legalidade impide o costume. Só resulta relevante cando integra o presuposto do feito normativo. Asemellase aos: Usos administrativos: Poden servir para controlar a arbitrariedade. Precedente (criterio decisorio utilizado) e práctica administrativa (repetición de condutas).

Principios xerais do dereito (art. 1.4 CC) Aplícanse en defecto de lei ou costume e ademais informan ao ordenamento. Algúns principios están positivizados nos textos legais (non é preciso)