

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
interactiva administrativo día 7 de abril
Tipo: Apuntes
1 / 3
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!


INTERACTIVA ADMINISTRATIVO Marta Álvarez Núñez Grupo A 1 Responde ás seguintes preguntas fundamentando a túa resposta en dereito: 1. Podería a sociedade mercantil Charming Suites SA presentar as declaracións responsables de maneira presencial no rexistro da ATG? ¿Qué consecuencias tería? Non, non podería facelo legalmente. Segundo o artigo 14. 2 da Lei 39 / 2015 , están obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións Públicas, entre outros: as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e os profesionais que requiran colexiación obrigatoria para exercer. Charming Suites SA é unha sociedade mercantil, polo que está obrigada ao uso de medios electrónicos. Polo tanto, se presentase as declaracións presencialmente en papel, a Administración debería requerirlle a súa emenda (art. 68. 4 LPACAP), dándolle un prazo de 10 días para corrixir a presentación mediante o procedemento adecuado. Mentres non emende, a presentación non produciría efectos xurídicos. 2. Qué natureza xurídica ten a comunicación que realiza a comunidade de propietarios á Xunta? É vinculante para a Administración? Trátase dunha denuncia administrativa, que non é vinculante, pero pode dar lugar á iniciación dun procedemento de oficio (art. 62 LPACAP). A Administración pode: iniciar actuacións previas, arquivar a denuncia se non aprecia indicios de infracción e abrir un procedemento de inspección ou sancionador. En ningún caso a denuncia obriga á Administración a actuar, pero deberá motivar a súa decisión se non o fai. 3. De iniciarse un procedemento de inspección: a) Reúne a comunidade de propietarios do inmoble colindante a condición de "interesada" conforme ao artigo 4 da Lei 39 / 2015 , do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas? Sí, pode ser considerada parte interesada. O artigo 4. 1 LPACAP define como interesados aos que inicien o procedemento e aos que teñan dereitos ou intereses legítimos afectados pola decisión. A comunidade sofre afección directa pola actividade turística veciña (ruído, seguridade, convivencia, etc.), polo que pode ostentar interese lexítimo. b) Podería representar a asociación os intereses da comunidade? Si, sempre que a asociación teña entre os seus fins estatutarios a defensa de dereitos relacionados coa vivenda e conte con autorización expresa da comunidade (representación legal, artigo 5 LPACAP).
Se non actúa en nome da comunidade, non será parte interesada, pero podería actuar como denunciante. c) No caso de ser recoñecida como parte interesada, podería a comunidade presentar alegacións no procedemento? Podería presentalas de maneira física? Si, como interesada, pode presentar alegacións en calquera momento anterior á resolución do procedemento (art. 76. 1 LPACAP). Respecto á forma, a comunidade de propietarios non está obrigada ao uso de medios electrónicos, agás que teña personalidade xurídica como tal (ex. CIF propio). Polo tanto, sí podería presentar alegacións de maneira física, sempre que non se trate dunha entidade suxeita á obrigatoriedade electrónica segundo o art. 14 LPACAP. 4. Indica cal é a eficacia e a validez da resolución da Directora da ATG de apreciarse contradición coa norma urbanística? A resolución da ATG ten eficacia administrativa, pero non será válida se contravén a normativa urbanística vixente. O Decreto 12 / 2017 establece que a declaración responsable non exime do cumprimento da normativa urbanística, de convivencia e de propiedade horizontal (art. 4. 2 ). Se o Plan Especial de Protección da Cidade Histórica prohíbe este uso turístico, a autorización sería contraria a dereito e, polo tanto, podería ser anulada por contravir disposicións de rango superior (art. 47. 1 da Lei 39 / 2015 , nulidade de pleno dereito se infrinxe o ordenamento urbanístico de forma clara). A Administración podería revogar ou deixar sen efecto a autorización (art. 109 LPACAP). 5. Qué pode facer Charming Suites SA ante unha eventual baixa rexistral? En caso de que a Xunta proceda a dar de baixa as vivendas do REAT, Charming Suites SA poderá interpor recurso administrativo, por exemplo un recurso de reposición (optativo) ante a propia ATG no prazo de 1 mes. Tamén podería interpor un recurso contencioso-administrativo ante o xulgado correspondente no prazo de 2 meses desde a notificación (arts. 112 - 123 LPACAP e art. 46 da Lei 29 / 1998 da Xurisdición Contencioso-Administrativa). Podería alegar a existencia dun acto administrativo firme (a inscrición no REAT), a eventual falta de motivación ou contradicións no procedemento de baixa e que non foi responsable do incumprimento urbanístico (aínda que este argumento ten pouca forza se o uso está expresamente prohibido polo plan urbanístico).