

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Encuentra los documentos específicos para los exámenes de tu universidad
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
apuntes de automatismos fp de tecnologi
Tipo: Apuntes
1 / 3
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!


A detección de avarías é un dos traballos máis importantes de calquera técnico de mantemento e /ou electricista.
A evolución tecnolóxica apórtanos procedementos informáticos para localizar avarías, de forma que un maior nivel de información da automatización, facilita notablemente a detección e recursos de avarías.
Polo que respecta a nas instalacións automáticas con PLC, o proceso de resolución de avarías é o seguinte:
Si nos atopamos cunha avaría nun automatismo sen a documentación apropiada, o proceso de resolución será moito mais difícil.
Cada técnico acabará especializándose nun campo e ao final terá controladas todas as avarías, pois na maioría dos casos serán sempre as mesmas. Agora ben, si o técnico de mantemento está cada día enfrontándose a diferentes tipos de automatizacións, será necesario que sexa metódico e sega os pasos indicados anteriormente.
O PLC é un dispositivo moi fiable, e na maioría dos casos, a avaría nun sistema automatizado con PLC non está causada polo propio PLC, senón polos dispositivos conectados.
Na táboa seguinte atópanse algunhas avarías comúns nos sistemas automáticos industriais, así como posibles causas e a actuación a tomar para resolver o problema.
Defecto observado Posibles causas Actuación a realizar
Funcionamento incorrecto dun pulsador
Non recibe alimentación Seguir o cableado ata chegar ao problema Está sucio Limpalo Está quente Comprobar a corrente de alimentación Está roto Substituílo
Funcionamento incorrecto dun final de carreira
Non recibe alimentación Seguir o cableado ata chegar ao problema Non se acciona mecanicamente Comprobar o obxecto que ten que accionalo Está roto Substituílo Non recupera a súa posición de repouso
Substituílo
Funcionamento incorrecto dun detector fotoeléctrico, capacitivo ou inductivo
Non recibe alimentación Seguir o cableado ata chegar ao problema Está sucio Limpalo Está desaliñeado Aliñalo e suxeitalo correctamente Non detecta Aliñar, acercar o obxecto, comprobar o material do obxecto a detectar e o tipo de detector ou ben substituír
Detecta pero non aporta sinal de saída
Defecto observado Posibles causas Actuación a realizar
Funcionamento incorrecto dun relé ou contactor
Non recibe alimentación Seguir o cableado ata chegar ao problema Non recibe suficiente alimentación Comprobar a tensión a tensión da bobina e a tensión de alimentación e substituír si é necesario Ten a bobina queimada ou rota Desmontar e comprobar cun ohmímetro. Reparar e substituír Contactos deteriorados Comprobar a corrente e substituír os contactos e o dispositivo por outro máis adecuado Nun relé: non fai bo contacto coa base
Analizar a conexión e sostelo correctamente
Funcionamento incorrecto dunha electroválvula
Non recibe alimentación Seguir o cableado ata chegar ao problema Está bloqueada mecanicamente Revisar as súas partes móbiles. reparar ou substituír Ten a bobina queimada ou rota Desmontar e comprobar cun ohmímetro. Reparar e substituír
As proteccións actuaron
Sobrecarga Inspeccionar si existe calquera problema no motor ou na carga. Rearmar ou cambiar a protección Curtocircuíto Inspeccionar si existe calquera problema no motor, na súa carga ou ben nos condutores de alimentación. Rearmar ou cambiar a protección
O motor non se move
Non recibe alimentación Seguir o cableado ata chegar ao problema Está bloqueado Inspeccionar si é do propio motor ou debido á carga Ten os debanados queimados Rebobinar e substituír Saltan as proteccións Inspeccionar o posible problema e rearmar ou Non se activa o contactor^ cambiar as proteccións
O motor quéntase
Non recibe alimentación Comprobar a tensión de alimentación e seguir o cableado ata chegar ao problema Só xira nun sentido Comprobar o contactor e o circuíto de manobra. Comprobar si se inverteron dúas fases no circuíto de potencia Falta unha ou dúas fases Comprobar as proteccións e as conexións Está mal conectado Comprobar o tipo de conexión (estrela-triángulo) Demasiada frecuencia Medir a frecuencia da rede eléctrica. Si está conectado nun variador, baixar a frecuencia Demasiada carga Dimensionar o motor correctamente e substituílo Defectos no bobinado Comprobar posibles curtocircuítos
O PLC non funciona
Non recibe alimentación adecuada Comprobar a alimentación necesaria do PLC: tensión (230V ou 24V) e corrente (ca ou cc). Posteriormente verificar a alimentación real que está recibindo
Non é posible transferir o programa ao PLC
O tipo de PLC definido no programa non é o mesmo que o PLC ao que se desexa realizar a transmisión
Comprobar referencia do PLC conectado e do PLC definido no programa. Si non coinciden cambiar o PLC programado
O porto do PC non é adecuado Comprobar a configuración do porto de comunicacións entre PC e PLC. Probar con outras posibles configuracións O cable de comunicacións ten unha avaría
Averiguar a configuración do cable de comunicación e comprobar que é correcta. Si non o é realizar soldaduras adecuadas ou cambiar o cable